Home » Espectaculos » Recent Articles:

Os máis novos protagonizan a semana de Nadal no Teatro Colón

diciembre 25, 2016 Espectaculos No Comments

O Nadal é unha época especialmente fermosa e emocionante para os máis novos da casa, e por iso o Teatro Colón ten plantexada unha programación especial para a vindeira semana, coa que os máis cativos poderán desfrutar da maxia do teatro á súa medida.

O luns 26 de decembro, ás18:00 horas, un dos contos de fadas máis fermosos de todos os tempos toma as táboas con “La Bella y La Bestia, un conto musical”. Esta versión de ‘A bela e a besta’ fálanos da bondade e do amor. De Bela que, por salvar ao seu pai, accede a compartir os días dun ser deforme. O seu temor vaise convertendo en cariño e admiración ante as moitas calidades que agacha esa imaxe monstruosa que aterroriza a todos. A dramaturxia no esencial mantense fiel ao texto de Giovanni Straparola, está concibido como un musical que realza este clásico da literatura, que emociona a nenos e adultos.

Apáganse as luces … ábrese o pano … escoitas música … todo un mundo máxico ante os teus ollos, o que ocorre no escenario é único e irrepetible. (Entradas dende 10€).

O martes 27 de decembro, ás 18:00 horas, os soños fanse realidade con “Dreams, el musical”. Despois de vivir un pesadelo, Sara esperta crendo que xa é hora de deixar de crer nos soños. Esa mesma noite sentirá o poder dos desexos tras comprobar que o príncipe William chegou dende o Reino Máxico para que os soños se fagan realidade. Dende aquel intre, acompañada en todo momento polo príncipe William, intentará conseguir o seu desexo de ser a princesa do reino. Pero terá que ter coidado porque Leopold, o irmán malvado do Príncipe Wiliam, fará todo o posible para que non poida conseguilo. Acompáñanos nesta trepidante viaxe polos grandes clásicos das túas películas favoritas: Frozen, O Rei León, Aladdín, A bela e a besta, La Sirenita e moitos máis. (Entradas dende 15€).

E xa o mércores 28, ás 18:00 horas, a protagonista será unha das figuras máis emblemáticas do universo animado infantil. “La Abeja Maya”, de Ferroteatro, é un espectáculo pedagóxico de teatro musical infantil sobre a sostenibilidade e o medio ambiente para nenos e nenas de ata 8 anos.

Lucia é unha alegre nena dun pobo cercano ao bosque onde habita a Abella Maya e o seu amigo Willy. Ela é a axudante do profesor Gambinni, aloucado investigador, amante da natureza e sobre todo, das plantas, por iso, se propuxo a valerosa misión de salvar da desaparición total á flor máis bela de toda a comarca, a Florae Bellisimus.

 

Maya e Willy axudaranos a levar a cabo os seus plans, descubrindo, xunto aos nenos do público, as claves do misterio que evitará a desaparición da famosa flor: ‘O enigma das flores’.

 

Mediante este novo espectáculo en vivo da serie televisiva ‘La Abeja Maya’, os nenos e nenas aprenderán a valorar a importancia de respectar o medio ambiente, interactuando mediante cancións, bailes e actividades coas que pasaremos un día inesquecible. (Entradas dende 8€).

A praza de María Pita acollerá desde hoxe unha vintena de actuacións, dentro das actividades de Nadal

diciembre 16, 2016 Espectaculos No Comments

A praza de María Pita acollerá desde hoxe venres e ata o día 30 deste mes unha vintena de actuacións, programadas polo Concello dentro das actividades de Nadal, e que terán lugar entre as cinco e as sete da tarde, dependendo do día. As propostas, dirixidas a un público infantil, inclúen teatro, títeres e outros espectáculos. Ademais, ata o día 24, os e as pequenas poderán visitar a Papá Noel, que ten na praza a súa propia caseta, en horario de tarde, entre as 17.00 e as 21.00 horas ( a excepción do propio día 24, que será de 17.00 a 19.00 horas) e, os días 17, 18, 22, 23 e 24, tamén de mañá, entre as 12.00 e as 14.00 horas.

Estas accións súmanse ás propostas que enchen estes días a praza, que tamén acolle atraccións, un mercadiño con tres postos de venda ambulante –garrapiñada, algodón de azucre e mazás caramelizadas, e un terceiro de flocos de millo– e a caseta solidari a A Casa dos Xoguetes, que impulsa a Oficina de Información ás persoas Consumidoras, OMIC. Nela, ata o próximo 3 de xaneiro, todas as persoas que se acheguen poderán levar os xoguetes que máis lles gusten, cun sorriso como moeda de cambio. O horario desta caseta será, de luns a venres, de 17.00 a 20.00 horas, os sábados e domingos, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, agás nas fins de semana de Nadal e Aninovo –o día 24, será de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas, ao igual que do día 31 de decembro, mentres que os días 25 e o 1 de xanerio será de 17.00 a 20.00 horas–. Ademais, na Casa de Papá Noel, organizaranse talleres para nenas e nenos desde o día 26 ata o 31 de decembro, con tres sesións diarias –unha pola mañá, entre as 12.30 e as 14.00 horas, e dúas pola tarde, entre as 17.00 e as 20.00 horas–.

As escolas infantís municipais manteñen até o día 9 de decembro os espectáculos musicais e de teatro relacionados cos seus proxectos educativos

diciembre 6, 2016 Espectaculos No Comments

A Concellería de Xustiza Social, a través do servizo de educación, ten en marcha dende o pasado día 24 de novembro unha serie de espectáculos musicais e teatrais na rede de escolas infantís municipais, que se manterán até o vindeiro 9 de decembro. En horario de mañá, os centros públicos da Escola Infantil Municipal A Caracola, Agra do Orzán, Carricanta,Os Rosales, Luis Seoane, Monte Alto, Os Cativos e Carmen Cervigón, acollen dúas obras, interpretadas por compañías coruñesas como Caramuxo Teatro, Katarsis, Teatro da Semente, Títeres Trompicallo, Felix Arias, Gloria Mosquera e Magín Blanco e Pablo Díaz.

unnamed

A titular de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, destacou que “a elección de obras está relacionada co proxecto educativo que está a desenvolver cada escola”. “Apostamos por unha educación pública de calidade, cunha serie de actividades complemetarias e formativas, como é o caso dos programas de actividades que pon en marcha o servizo de educación en colaboración coas asociacións de pais e nais”, comentou ao fío a responsable municipal.

Hoxe Contacontos de “O cociñeiro Martiño” en “Moito Conto”

noviembre 26, 2016 Espectaculos No Comments

Hoxe sábado, 26 de novembro, ás 12:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a sesión de contacontos a cargo de Iago López sobre o seu libro O cociñeiro Martiño.

unnamed

A campaña de promoción do comercio de proximidade co gallo do Samaín amplíase cos pasarrúas infantís nos que participan máis de 300 nenos e nenas de toda a cidade

octubre 25, 2016 Espectaculos No Comments

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, visitou hoxe aos rapaces e rapazas do CEIP Curros Enríquez que participaban nun dos pasarrúas infantís co gallo da festividade do Samaín que o Concello organizou nas principais rúas comerciais da cidade, de cara a promocionar os establecementos de barrio. O edil destacou a importancia “da didáctica” e que de tanto familias, “como os e as máis pequenas, que son a cidadanía do futuro, sexan conscientes da importancia de promocionar o comercio de proximidade”. En concreto, os distintos pasarrúas infantís do Samaín arrincaron este luns –no que máis de 75 rapaces e rapazas dos CEIP José Cornide, Labaca e Sal Lence visitaron establecementos comerciais da Avenida de Oza, As Conchiñas-Rúa Barcelona, e a Avenida Pablo Picasso–, e continuarán até este xoves. En total, case 300 escolares de Educación Primaria, con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos, e que participaron nas pasadas semanas nuns obradoiros sobre a orixe e a tradición do Samaín, toman parte nestes pasarrúas, ataviados cos disfraces que eles mesmos confeccionaron.

unnamed

Ademais do Curros Enríquez, nesta xornada o Colexio Esclavas tamén levou a cabo o seu propio pasarrúas, neste caso na zona de Riazor. Alumnado do CEIP San Pedro de Visma e do Wenceslao Fernández Flórez visitarán mañá os establecementos comerciais dos barrios dos Rosais, Os Mallos e a zona Eirís-Monelos, mentres que o xoves será a quenda do CEIP Zalatea, que percorrerá a zona do Obelisco e o Orzán.

Esta iniciativa de coñecemento do comercio de proximidade únese a outra campaña desenvolvida polo Concello e na que participan case 100 establecementos de toda a cidade, que ofrecen a súa clientela a posibilidade de gañar un dos 200 vales de compra de 30 euros que sortean.

Como remate das actividades do Samaín, o vindeiro luns, 31 de outubro, celebrarase a Procesión da Santa Compaña, que sairá da Praza de Lugo ás 17.30 horas e rematará na Praza de María Pita. A esta marcha acudirán, con todos os seus disfraces, os nenos e nenas dos colexios participantes, se ben a actividades está aberta a toda a cidadanía.