Home » Fiesta » Recent Articles:

MARINEDA CITY ACOGERÁ CADA VIERNES ACTUACIONES CULTURALES DE ARTISTAS GALLEGOS PARA EL PÚBLICO FAMILIAR

abril 4, 2018 Fiesta No Comments

Marineda City pone en marcha, desde este viernes 6 de abril, su nueva propuesta de ocio para público familiar. El ciclo Fun&Friday, que se celebrará todos los viernes en la planta 2 del centro a las 19h, cuenta con una programación semanal gratuita con espectáculos para los más pequeños de la casa con la música, el teatro, la magia y la narración oral como protagonistas.

Pablo Díaz y la banda Tic Tac Tocserán los primeros en actuar, este viernes 6 a las 19h. El prestigioso músico coruñés que debutó en 2009 con un álbum apadrinado por Santiago Auserón, traerá su último trabajo, “Tic, tac, toc”, en el que hace un recorrido por diferentes estilos musicales, como el folk, el rock y el pop, y hará también un pequeño repaso de los temas más emblemáticos de sus anteriores trabajos: “Tic Tac” y “Toc Toc”. … Leer más

O Concello organiza en febreiro festas e obradoiros infantís de Entroido nos centros cívicos dos barrios

enero 24, 2018 Fiesta No Comments

Os centros cívicos da cidade preparan a chegada do Entroido nos barrios cun programa de festas e obradoiros que comenzan o día 7 de febreiro e nos que poderán participar nenas e nenos ata os 12 anos, segundo a actividade. As festas de Entroido celebraranse en 14 centros cívicos entre os días 7 e 11 de febreiro. A elas poderán acudir menores de ata 12 anos, que deberán estar acompañados por unha persoa adulta durante as dúas horas que está previsto que se prolongue o evento. As festas comenzarán ás 17.00 horas e rematarán ás 19.00 horas. Para participar nelas será preciso recoller invitacións, que están dispoñibles dende hoxe nos centros cívicos. As festas, gratuítas, contarán con animación musical e xogos organizados por monitores profesionais.

As celebracións comenzan o día 7 no centro cívico de San Diego. Ao día seguinte será o turno de Palavea e Elviña, mentres que o día 9 toca festa nos Rosales, Mesoiro e Monelos. Os centros da Cidade Vella, Eirís e Os Mallos celebran o día 10 e á tarde seguinte a festa se traslada a Novoboandanza. A derradeira xornada de festa de Entroido terá lugar nos centros de Labañou, Feáns –neste caso, a celebración comezará ás 17.30 horas, media hora máis tarde que no resto–, Castrillón e Monte Alto.

As actividades, que organiza a Concellería de X ustiza Social e Coidados, complétanse con obradoiros gratuítos de elaboración de caretas e de elementos de photocall dirixidas a nenas e nenos de entre 4 e 9 ou 10 anos, segundo o centro. A inscrición para tomar parte nos obradoiros comeza o día 5 de febreiro e deberá facerse no centro cívico correspondente. As prazas adxudicaranse por orde de matrícula e deberán reunir un máximo de 15 participantes e un mínimo de 7 para poder levarse a cabo.

Os talleres impartiranse en catro centros cívicos. Comenzan o día 8 no de Visma cun obradoiro de elaboración de caretas para nenas e nenos de entre 4 e 10 anos en horario de 18.00 a 20.00 horas. O resto de talleres están destinados para idades comprendidas entre 4 e 9 anos, impártense en horario matinal, de 11.00 a 13.00 horas, e celebraranse o luns 12 de febreiro. Nos centros de Pescadores e A Silva farase o obradoiro de elementos de photocall e no de Artesanos o taller de elaboración de caretas.

O Concello pon a punto o dispositivo especial da Cabalgata de Reis, que contará cun equipo de 282 profesionais para velar pola seguridade

enero 2, 2018 Fiesta No Comments

A concelleira de Igualdade e Diversidade –responsable da área municipal de seguridade cidadá–, Rocío Fraga, deu conta este martes do dispositivo de seguridade preparado polos servizos municipais para a Cabalgata de Reis que percorrerá a cidade este venres, 5 de xaneiro, desde a praza de Pablo Iglesias ata María Pita, e no que intervirán un total de 282 profesionais, 108 máis que no ano precedente. En concreto, conformarán o operativo 78 axentes da Policía Local, 6 do corpo de Bombeiros, 45 membros de Protección Civil e 46 da Cruz Vermella, 6 profesionais do 061 e 101 monitores e monitoras. A estas cifras engádense, como indicou a edil, as 15 persoas de produción, as 98 das compañías participantes no espectáculo e 3 pertencentes ao IMCE, ademais das 460 que participan como figurantes, que completan as cifras do espectáculo.

Este ano, tal e como recordou a responsable municipal, a Cabalgata partirá da praza de Pablo Iglesias, no barrio do Castrillón, ás 17.30 horas, para discorrer pola avenida da Concordia cara á rúa Oleoduto, rúa Javier López López, avenida de Monelos, Pérez Ardá, Fernández Latorre, Costa da Palloza, Linares Rivas, Cantóns e A Mariña, nun itinerario duns 4,3 quilómetros. Media hora antes do inicio, ás 17.00 horas, está prevista unha recepción coas súas maxestades cos nenos e nenas que queiran participar, e que terá lugar na Cúpula do Parque de Eirís. Ademais, as carrozas reais non entrarán nesta edición en María Pita, senón que quedarán en Porta Real, para que os reis poidan chegar a pé na praza, acompañados co séquito correspondente, “para facela máis próxima das persoas que queiran estar alí para recibilos”. A comitiva, segundo detallou Fraga, estará composta por 13 carrozas, das que 7 son municipais e o resto, das empresas colaboradoras –Abanca, Cabreiroá, Begano, Repsol, El Corte Inglés, Gadis–, e tamén integrará unha carroza de Bombeiros e 4 trens, onde irán as nenas e nenos que participan como figurantes tras o concurso público aberto o pasado mes. A eles sumaranse menores usuarios e usuarias dos servizos sociais municipais e doutras entidades que traballan neste ámbito, “a quen se convidou a formar parte da cabalgata”. … Leer más

A cidade acollerá mañá a Cabalgata de Reis, que este ano versará sobre ‘A Coruña teatreira’, unha homenaxe “a súa tradición creativa, artística e imaxinativa

enero 4, 2017 Fiesta No Comments

O Concello ten todo preparado para celebrar mañá, xoves 5 de xaneiro, unha nova edición da Cabalgata de Reis, que este ano percorrerá os barrios de Monte Alto e Pescaría desde as 18.00 horas. Tres cuartos de hora antes, ás 17.15 horas, os Reis Magos chegarán ata o lugar de saída da comitiva, na Rolda de Monte Alto, en coches antigos escoltados polas Harley e vehículos da Policía Local, a través da rúa Galán Calvete, na contorna do parque de Carlos Casares e a antiga prisión provincial da Torre. Tal e como sinala o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, a temática deste acto festivo xirará arredor da idea dunha Coruña teatreira, con referencias ao novo circo e o clown, ao teatro de rúa e todo tipo de expresión escénica en espazos abertos, “e vincula así esta celebración á idea a unha cidade creativa, imaxinativa, colorista e artística, e cun deseño adaptado ao público infantil”. A comitiva que acompañará aos Reis Magos este ano estará formada por 13 carrozas (sete do Concello e seis de entidades colaboradoras), ademais da do Servizo Municipal de Bombeiros, e catro trens turísticos. En total, participarán 464 figurantes na cabalgata –na que o executivo coruñés sorteou 323 prazas e cedeu, ademais, 45 para o proxecto solidario Quimions–, e nela está previsto que se repartan, só dende o Concello, seis toneladas de caramelos sen gluten.

Desde as 18.00 horas, a cabalgata discorrerá desde a Rolda de Monte Alto, Avenida de Hércules, rúa da Torre, Panadeiras, Orzán, San Andrés, Santa Catalina, Cantón Grande, Avenida da Mariña e de Montoto, para rematar, contra ás 20.00 horas, na Praza de María Pita, onde a comitiva será recibida polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. A continuación, o rexedor acompañará aos Reis Magos ao balcón municipal, desde onde se dirixirán, co Saúdo Real, as nenas e nenos que se atopen na praza. … Leer más

O Concello abre o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis

diciembre 19, 2016 Fiesta No Comments

O Goberno local abrirá na mañá deste martes, 20 de decembro, o prazo de preinscrición para todas aquelas persoas que queiran participar como figurantes na Cabalgata de Reis que percorrerá as rúas da cidade o próximo 5 de xaneiro. Como na última edición, a veciñanza que desexe colaborar neste acto festivo poderá apuntarse a partir das 09.00 horas da mañá a través da páxina web municipal www.coruna.gal, na que deberán encher un formulario no que darán os seus datos de contacto e autorización para que a súa imaxe poida ser empregada mentres participen na Cabalgata. O prazo rematará ás 20.00 horas do xoves, 22 de decembro. Este ano, a veciñanza poderá optar a 323 prazas, que se sortearán, como na pasada edición, entre as e os solicitantes, garantindo o principio de igualdade. Nesta convocatoria, ademais, o Goberno local cederá 45 prazas de figurantes –un tren– ao proxecto solidario Quimions.

As persoas que desexen colaborar na Cabalgata como figurantes optarán a dúas categorías: as de participantes que irán como ‘séquito a pé’ e as que irán sentadas. Neste último caso, os e as figurantes deben ser nenos e nenas que, a data 1 de xaneiro de 2017, teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 10 anos. O total de prazas ofertadas nesta modalidade é de 233, que se distribuirán entre figurantes das carrozas –tres dos Reis Magos, e catro municipais– (98) e dos tres trens (135). … Leer más

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.