Home » Noticias » Recent Articles:

O Concello completa as obras de mellora da área de xogos da praza Isaac Díaz Pardo, “para convertela no grande espazo de inclusión no barrio de Elviña”

diciembre 7, 2017 Noticias No Comments

O Concello da Coruña vén de completar a renovación, ampliación e mellora da zona de xogos infantil situada na praza Isaac Díaz Pardo. Tal e como destaca o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, a obra seguiu os criterios de deseño para as áreas infantís do goberno local, e que xa puxo en práctica en espazos como a zona de xogos na Praza de Tolerancia. “Os criterios poñen énfase na naturalización dos ambientes, elementos e materiais dos xogos”, explica Varela, “e poñen en valor o espazo de xogo como unha ferramenta de inclusividade, ademais de prestar maior atención ás persoas coidadoras”. Deste xeito, a nova área de xogos de Elviña “converterase no grande espazo de xogo do polígono e atenderá tamén a necesaria conquista do espazo público por parte da veciñanza de todas as idades”, segundo sinala o concelleiro.

A área de xogos licitouse por 230.793,92 euros, e conta con financiamento da Deputación da Coruña, ademais de municipal. Sobre o proxecto inicial para a zona que tiña a anterior corporación, “o goberno actual revisou en profundidade a proposta baixo os criterios de deseño nos que se están a traballar desde Rexeneración Urbana, o que permitiu, entre outras cuestións, ampliar o número de prazas para persoas usuarias, adaptar a posición dos xogos e manter en pé un castiñeiro”, expón o responsable de Rexeneración Urbana. Deste xeito, o novo espazo presentará, en total, dúas áreas de xogo diferenciadas, unha infantil e outra para nenas e nenos de máis idade, cada unha delas coa súa respectiva duna de area –de dous metros e medio de alto para os de maior idade, e de metro e medio para as e os máis cativos–. A zona, á que xa se pode acceder, conta con varias estruturas de xogo, entre os que se inclúen oito postos de randeeiras, castelos, rocódromos, tirolinas, tobogáns e unha estrutura piramidal de redes para escalada. Ademais, o espazo conta cunha ampla superficie con asentos na zona centro, para facilitar o labor das persoas coidadoras para que poidan visualizar as entradas e saídas dos máis cativos e cativas en todo momento.

Hablando de #MediaciónParental, #Educación, #Menores y #RedesSociales con familias (madres/padres, hijos y algunos abuelos) de Arteixo.

noviembre 10, 2017 Noticias No Comments

Nos mandan la siguiente info desde la asociación AtlanTiCs:

En la tarde de ayer (jueves 9 de noviembre) desde la Asociación A tlanTICS , tuvimos la oportunidad de poder hablar con madres, padres, hijos y algunos abuelos de Mediación Parental y Educación en Redes Sociales. Una actividad organizada desde el A NPA SECULO XXI y que contó con la colaboración del IES MANUEL MURGUIA, que tuvo lugar en el Salón de Actos del IES Manuel Murguia de Arteixo, durante dos horas (18:00 a 20:00).

Se hizo un repaso, no solo a los riesgos y peligros a los que estamos todos expuestos en nuestro uso cotidiano de Internet y Las Redes Sociales, sino que se dieron consejos y se informó de diversas web en las que encontrar herramientas e información de utilidad.

Desde las familias debemos normalizar el uso de la tecnología. Es algo que ha venido para quedarse y hay una serie de pautas que debemos tener muy presentes. Lo que en AtlanTICS definimos como los Cuatro Pasos.

Acompañar . Que los menores se encierren en su habitación no es recomendable y el ordenador de casa ha de estar en las zonas comunes.

Interesarse . Cualquier excusa para tener una conversación con nuestro hijos siempre es positiva. Preguntarles por sus gustos en las Redes Sociales, qué ven en Youtube, o a qué juegos les gusta jugar. Será una oportunidad genial de acercarnos a su mundo en Internet.

Supervisar . Poner límites, establecer horarios, y decidir qué contenidos y aplicaciones se descargan al móvil con los menores, pero sin olvidar nuestra figura de tutores.

Crear confianza . Si hemos realizado los pasos anteriores, llegado el caso (que llegará) que se encuentren con un acosador, página web de contenido inapropiado o cualquier otro problema en La Red, habremos creado el ambiente de confianza suficiente como para que nos los cuenten.

Desde AtlanTICs damos las gracias al ANPA SECULO XXI , al IES MANUEL MURGUIA de Arteixo y a todos los asistentes por la acogida, por todas las preguntas que nos hicieron, el intenso debate que se creó ; esperamos verlos en futuras acciones.

Asociación AtlanTICs

Xustiza Social pon en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa ‘Cans e Letras’, destinado a mellorar a integración e as habilidades lectoras de alumnado con necesidades especiais

octubre 17, 2017 Noticias No Comments

A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, visitou o Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes onde este curso, e xunto co tamén CEE Nosa Señora do Rosario, se desenvolverá o programa escolar Cans e Letras, que ten como obxectivo mellorar tanto a integración como a habilidade lectora de alumnado con distintas diversidades. Na súa segunda edición, este programa, que só se desenvolve nunhas cantas cidades do Estado (Madrid, Alacante, Lugo, Murcia, A Rioxa e Zaragoza, ademais da Coruña), beneficiará a 12 rapaces e rapazas con problemas de aprendizaxe. “Estamos especialmente satisfeitas de poder contar, un ano máis, con este programa que se basea en sesións de lectura semanais que se desenvolverán durante sete semanas, dende outubro até decembro, e que están especialmente dirixidas a alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Esta actividade utiliza a técnica READ (Reading Education Assistance Dogs), que consiste na utilización de cans, adestrados por especialistas que os acompañan nas sesións, para favorecer o achegamento á lectura por medio da conexión emocional que se estabelece entre o can e o alumnado”, comentou aresponsablemunicipal.

A edil explicou que, precisamente, “a boa acollida que tivo o ano pasado o programa Cans e Letras fixo que este curso dende o Concello decidísemos non só apostar de novo por el, senón amplialo, ao pasar a desenvolverse en dous centros de educación especial, na vez de só nun”. “Este goberno non deixa a ninguén atrás. Cremos que é moi importante poñer en marcha ferramentas especialmente encamiñadas á integración do alumnado con necesidades especiais, e así o estamos a facer”, salientou a concelleira.

O Concello celebrará do 3 ao 8 de outubro a XII Semana de Prevención de Incendios

septiembre 25, 2017 Noticias No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, –que ten delegadas as competencias municipais en materia de seguridade cidadá– inaugurarán o vindeiro martes, 3 de outubro, a XII Semana da Prevención de Incendios da Coruña, unha iniciativa que busca sensibilizar sobre prácticas seguras e poñer en coñecemento da veciñanza de todas as idades materiais e accións a realizar ante posibles situacións de risco por lume. O programa, que ten na praza de María Pita o centro das actividades, inclúe unha exposición permanente de vehículos antigos e actuais do servizo de bombeiros –que se poderá visitar durante todas as xornadas da semana, en horario de 09.00 a 21.00 horas–, charlas informativas, atención permanente a consultas e actividades infantís, ademais de visitas en distintos centros escolares da cidade, nas que se dará conta das principais medidas de seguridade no ámbito escolar e se formará ao alumnado e profesorado en técnicas como o manexo de extintores, evacuación ou sinalización de emerxencia, entre outras materias. Durante todas as tardes haberá en María Pita actividades interactivas na ‘Casa de Fumes’, unha instalación onde se realizarán simulacros e accións prácticas pensadas para menores e persoas adultas, e charlas abertas a todos os públicos sobre incendios domésticos, manexo de extintores, reanimación cardio-pulmonar básica ou pautas a seguir en caso de accidente de tráfico. No mesmo emprazamento, o persoal do servizo municipal de Extinción de Incendios e Salvamento atenderá ao público que se achegue para resolver dúbidas sobre prevención, normativa ou calquera outra cuestión relativa a seguridade en incendios.

As actividades comezarán o propio martes, día 3, no centro cívico da Cidade Vella, cun curso teórico-práctico sobre plan de autoprotección dirixido a persoal municipal, e unha visita do persoal do servizo de bombeiros ao centro María Barbeito, ademais da presentación pública a cargo do alcalde e a concelleira responsable da área de Seguridade Cidadá. Ao longo da semana haberá tamén visitas ao Curros Enríquez, Nosa Señora do Rosario e María Pita, ao tempo que polas tardes, e durante todo o día durante a fin de semana, continuarán as accións divulgativas na praza de María Pita.

Toda a información estará dispoñible na web municipal de Seguridade Cidadá: www.coruna.gal/seguridadecidada .

A Concellería de Xustiza Social e Coidados incrementa en máis dun 50% as bolsas comedor para o vindeiro curso, ata as 1.529

septiembre 21, 2017 Noticias No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados, que ten as competencias municipais na área de educación, trasladará á vindeira Xunta de Goberno local, que se celebra este venres, a proposta de ampliación de crédito do programa de comedores escolares para o curso 2017/2018, que permitirá incrementar estas bolsas nun 53% respecto ao ano precedente, ata acadar as 1.529 no inicio de curso. O Concello destinará a este programa un orzamento total de 1.180.000 euros, ao sumar aos 950.0000 euros destinados como orzamento inicial aprobado para este curso outros 230.000 euros –que se reparten en 169.000 euros para este ano e 161.000 para o vindeiro–. Como salienta a responsable municipal desta área, a concelleira Silvia Cameán, a cifra supón supón un “aumento máis que relevante” respecto aos anos precedentes, nos que se destinaron 772.000 euros (en 2016/2017), 720.000 euros (en 2015/2016), 595.000 euros (en 2014/2015) e 475.000 (2013/2014). “Seguimos incrementando o esforzo neste programa, co obxectivo que ningún neno e ningunha nena que o necesite quede fóra deste servizo, que busca dar cobertura ás familias en situación de vulnerabilidade social, independentemente do centro onde cursen os seus estudos. Por iso elevamos o orzamento, para atender o aumento da demanda e o maior número de familias que cumpren os requisitos para seren beneficiarias”, subliña Cameán, que destaca que o orzamento para o curso 2017/2018 duplica o do último curso do anterior goberno local, “o que indica as prioridades de cada quen”. “Para este goberno local e para esta concellería, o prioritario é poñer por diante ás persoas e destinar os recursos que sexan necesarios para crear igualdade de oportunidades e facilitar a vida das veciñas e veciños desta cidade”, salienta.

O programa municipal de bolsas comedor está destinado a apoiar as unidades familiares con menores ao seu cargo e que teñen imposibilidade ou grave dificultade para prestar a atención adecuada. Vai dirixido a persoas empadroadas no Concello da Coruña, matriculadas en centros públicos ou concertados con servizo de comedor que non teñan cumprido os 18 anos e cuxa renda per cápita non supere os 6.000 euros anuais (ademais de axustarse ao baremo establecido). Na valoración da situación familiar téñense en conta tres factores diferenciais, como son a situación laboral, a situación económica das unidades familiares e a situación socio-familiar da ou do solicitante, na que se analizaron situacións como a pertenza a unha familia numerosa, casos de discapacidade na unidade familiar, e grao do mesmo. Para este curso, ademais, o Concello vén de introducir unha serie de novidades no programa, como é que o principal criterio a ter en conta para a súa adxudicación será o económico, na busca de axudar a aquelas familias que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade, e a introdución de criterios relativos á saúde dos e das rapazas, de maneira que se terá en conta, na valoración, o feito de que o alumnado teña algunha intolerancia alimentaria. Como indica a titular de Xustiza Social, estes cambios para o curso 2017-2018 foron acadados “en consenso coas educadoras de todos os centros, e coa participación e opinión de todas as técnicas implicadas directa e indirectamente neste recurso”.

Tipos e axuda

A gratuidade da bolsa pode ser total para aqueles e aquelas menores que cursan estudos nun centro público que teña servizo de comedor, ou dun máximo de 80 euros ao mes no caso de alumnado matriculado nun centro sostido parcialmente con fondos públicos (concertado), unha contía que pode elevarse ata os 98 euros en casos excepcionais, atendendo á situación económica dos e das participantes. En concreto, no cálculo de puntos para poder optar ás bolsas comedor tense en conta de maneira principal a situación económica das familias solicitantes, cun máximo de 10 puntos por este motivo (no que os 10 son para as rendas per capita de menos de 3.000 euros anuais e 0, para as de máis de 6.000 euros). Ademais, nesta anualidade o teito económico creceu de 4.500 a 6.000 euros, de acordo cos indicadores do IPREM. Á marxe dos criterios económicos, tamén se ten en conta a situación laboral das e dos proxenitores, como é o feito de que ambos traballen e a incompatibilidade horaria, así como a situación social (monoparentalidade, familias numerosas, familias que sufriron situación de violencia de xénero).

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.