Home » Taller » Recent Articles:

O Concello completa a ampliación e mellora da zona infantil da praza de Tolerancia, “deseñada en colaboración coas persoas usuarias para dar resposta a unha necesidade clara do barrio”

septiembre 20, 2017 Taller No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acudiu este martes, xunto co concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, e a concelleira de Participación e Innivación Democrática, Claudia Delso, á praza da Tolerancia, onde o Concello vén de rematar as obras de remodelación e ampliación da área infantil, que ve multiplicada por cinco a superficie da zona de xogos, nunha actuación que contou cun investimento de 155.939 euros. O proxecto, tal e como lembrou hoxe o rexedor, responde “a unha reivindicación histórica do barrio que nos últimos tempos capitanearon un grupo de nais desta praza” e foi deseñada de forma conxunta, co diálogo entre as persoas usuarias e o Concello, a través da Concellería de Rexeneración Urbana e o servizo de Infraestruturas, “para poder satisfacer unha necesidade clara que había na zona dun espazo coma este”. “Trátase dunha área ampla, que responde ao modelo que buscamos para os espazos infantís da cidade, onde nenas e nenos de distintas idades poidan convivir no mesmo recinto, e onde, ao tempo, estean integrados os lugares de estancia para pais e nais, avós e avoas”, valorou Ferreiro, que salientou tamén a relación dos xogos coa vexetación e as zonas verdes da área “para mellorar a convivencia, e que os espazos non estean segregados”. Como avanzou, esta área infantil, que hoxe se inaugurou, é a primeira dunha serie de actuacións que seguirán a mesma filosofía, e que continuarán na zona de Elviña, na praza de Isaac Díaz Pardo, e na praza de San Pablo ou coa reforma da praza Elíptica, “para mellorar estes espazos, tan necesarios para poder vivir a cidade”. No mesmo sentido, o alcalde constatou a intención do Concello de dotar nun futuro o parque de San Pedro de Visma dunha zona infantil ampla, de acordo con este mesmo modelo.

Os traballos realizados na praza da Tolerancia serviron para ampliar a zona de xogos, que pasa a ocupar todo o fondo da praza, e que queda acoutada por un peche perimetral e que da a cabida a distintos xogos, agrupados por idades, para deixar as idades máis temperás na zona máis protexida, e que amplía os xogos ata os 12 anos. Na actuación incrementouse o número de xogos, que inclúen algúns elementos comunitarios, para facilitar a socialización dos e das rapazas mediante o xogo. A zona conta tamén cun espazo naturalizado, con equipamentos para os nenos e as nenas e zona verde na que experimentar.

O programa polo aniversario da Torre de Hércules inclúe esta semana tres obradoiros infantís gratuítos

junio 26, 2017 Taller No Comments

A celebración do VIII aniversario da inclusión da Torre de Hércules na lista do Patrimonio Mundial, que se celebra desde mañá e durante toda a semana na contorna do faro, inclúe tamén actividades infantís. Estes días está aberta a inscrición para tres obradoiros, dirixidos a nenos e nenas deata 12 anos. Son de balde e a inscrición, por orde de solicitude, pódese facer en talleresinfantilescoruna@gmail.com. Cada participante pode inscribirse nun único obradoiro, cada un dos cales conta con 15 prazas.

Este xoves, día 29, de 18.00 a 19.30, terá lugar o primeiro deles, un taller de cómic para nenos e nenas de entre 7 e 11 anos que, a través de exercicios de debuxo, poderán aprender a entender a linguaxe do cómic e a deseñar espazos e personaxes ao servizo da historia que se queira contar. O venres 30, á mesma hora, comezará Titiritarium, obradoiro de marionetas de papel para nenos e nenas de 6 a 11 anos no que, empregando tan só papel, os e as participantes construirán monicreques inspirados na época romana. Ademais, aprenderán sinxelas técnicas de manipulación para mover e dar vida aos monicreques. Titiritarium terá unha segunda parte o sábado pola mañá, de 11.00 a 14.00 horas, para o rango de idade de 6 a 12 anos. Nesta ocasión, trátase dun obradoiro de sombras chinesas. As nenas e os nenos cooperarán para construír un teatro no que os protagonistas serán a Torre de Hércules e diferentes heroes romanos. Ao finalizar representarán a historia elaborada.

O Concello entrega “as primeiras licenzas de venta” ao alumnado de 14 centros da cidade participante no Proxecto Semente

abril 27, 2017 Taller No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participaron esta mañá na entrega de “primeiros permisos de venda” ao alumnado da cidade que participa no Proxecto Semente. Trátase dun programa desenvolvido polo servizo de Emprego e Empresa do Concello con centros de educación primaria e educación especial da cidade e que ten como obxectivo fundamental dar a coñecer os pasos básicos para a creación dun proxecto empresarial, así como afondar no cooperativismo. De feito, ao longo de todo o curso, os e as estudantes constitúen unhas cooperativas escolares nas que elaboran produtos que porán á venda posteriormente nun Mercado Escolar, que terá lugar no Obelisco o próximo 26 de maio. Como apoio, os 14 centros participantes recibiron sesións sobre que é o cooperativismo, ademais de cursos sobre artesanía, de cara a aprender a realizar os produtos que posteriormente venderán.

“O Proxecto Semente é destacable por moitos motivos, como por exemplo que a través del os e as máis pequenas aprenden de forma transversal diversas materias, como matemáticas, lingua, plástica ou coñecemento do medio. Ademais é unha aproximación ao mundo da empresa e máis concretamente do cooperativismo”, dixo Ferreiro, quen destacou ademais que os e as alumnas desempeñaron “proxectos igualitarios, baseados na cooperación e na non discriminación, algo que non sempre pasa no mundo laboral das persoas adultas”.

Nesta edición, no Proxecto Semente participan 90 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos, que crearon en total 21 cooperativas escolares distintas. Os centros participantes so os CEIP María Barbeito, Juan Fernández Latorre, Anxo da Guarda, Salgado Torres, Sal Lence, Raquel Camacho e Manuel Murguía, ademais dos CPR Grande Obra de Atocha, Karbo, Cid e Hijas de Jesús, e os centros de educación especial María Mariño, Nuestra Señora del Rosario e Nuestra Señora de Lourdes.

Taller: “Estimulación del Lenguaje”

abril 11, 2017 Taller No Comments

Jungle World nos manda la siguiente info:

Queridos papás y mamás,

Os presentamos una nueva propuesta en nuestra Escuela para Padres:

Taller: “Estimulación del Lenguaje”

Imparte:       Centro Alere (Psicología y Logopedia)

Horarios:      Sábado 22 de abril de 10:30 a 13:30.

Precio:          40 por persona (50 € si vienen papá y mamá).

Y recordad que si no tenéis donde dejar a vuestros hijos mientras asistís al taller, Jungle World organiza actividades para niños todos los sábados*

* Coste no incluido en el precio del Taller

El plazo de inscripción queda abierto desde hoy mismo hasta fin de plazas. Para reservar la vuestra tan sólo tenéis que responder a este correo o llamarnos al 981 25 55 99. Se requerirá un mínimo de participantes para la realización del taller.

Un abrazo,

El equipo de

A Concellería de Xustiza Social e Coidados reforza as axudas para a atención a menores en escolas infantís para o próximo curso

marzo 9, 2017 Taller No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados impulsa de cara ao próximo curso 2017/2018 as súas axudas para a atención a menores en escolas infantís, un programa dirixido a prestar apoio a familias con menores de ata tres anos ao seu cargo que teñan necesidade de recibir axuda externa para o coidados das ou dos pequenos neste tramo de escolarización non obrigatoria. O obxectivo, tal e como sinala a concelleira desta área, Silvia Cameán, pasa por proporcionar unha resposta áxil e eficaz ás familias nun lugar próximo ao domicilio, a través dunha axuda para a escolarización e acceso aos servizos asociados, como o servizo de comedor ou de merenda, dos centros nos distintos barrios da cidade –tanto de titularidade municipal como privada–. O programa, que vén de ser aprobado pola concellería, establece unhas axudas que, con carácter xeral, poderán acadar unha contía de ata os 200 euros por mes, o que supón un aumento notable con respecto a anteriores convocatorias, nas que o máximo a aboar polo Concello ascendía a 150 euros mensuais. O orzamento do programa é de 40.000 euros e, como subliña a responsable municipal desta área, este ano modifica ademais o seu baremo “para facelo máis progresivo e máis xusto para as familias beneficiarias”, ao primar criterios de renda, e incluír outros como a situación do e da proxenitora, situación social dos mesmos ou do mesmo –con criterios como a monoparentalidade, situación de violencia machista ou familia numerosa– e, igualmente, situación de saúde do ou da menor. “Programas coma este veñen confirmar o compromiso deste Goberno polo acceso á educación como ferramenta para reducir as desigualdades sociais e a fenda que afasta a aquelas persoas máis desfavorecidas e, polo tanto, máis vulnerables”, salienta a concelleira, que pon en valor medidas que, coma esta, axudan á conciliación da vida laboral, social e persoal das e dos proxenitores, “buscando contribuír tamén a avanzar cara a unha maior igualdade entre homes e mulleres”.

As axudas poderán destinarse para o financiamento da escolaridade infantil privada ou parcialmente financiada (caso de escolas de iniciativa social) dos centros accedan a colaborar, sempre que as familias non poidan acceder a un recurso público gratuíto –coa obriga de tramitar a solicitude nas posteriores convocatorias–, ou ben para acceder á escolaridade no centro infantil municipal, en caso de non obterse praza na rede autonómica. En casos excepcionais, a axuda poderá servir para financiar a matrícula en escolas infantís privadas ou o material escolar, previo informe da Concellería. Os requisitos para optar a este programa pasan por estar empadroado e vivir no municipio e ter solicitado praza en escola pública infantil da cidade, tanto municipal como autonómica, e estar en lista de espera, así como acadar a puntuación mínima no baremo de acceso ao servizo. Ademais, e dado que a escolarización no tramo de idade de entre 0 e 3 anos ten carácter voluntario, tómanse como criterios o feito de que, tendo o ou a menor praza en escola infantil pública desta cidade que non ofreza cobertura no horario laboral ou formativo dos proxenitores, estes necesiten conciliar a súa vida familiar e laboral (deberá acreditarse documentalmente); tamén, a existencia dun risco social de desatención das ou dos nenos (grave ou moderada), ou motivos médicos, educativos ou terapéuticos que aconsellen a escolarización nunha escola infantil.

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.