Home » Sin categoría » Currently Reading:

COMEZA O PEQUENO CIRCO DE ENTROIDO 2017! Praza de María Pita. A Coruña

febrero 23, 2017 Sin categoría No Comments

Unha experiencia choqueira para todos os públicos! A praza de María Pita da Coruña convírtese no epicentro do Entroido na Coruña da man da Compañía Nelson Quinteiro e a proposta Pequeno Circo de Entroido!

Obradoiros que celebran a vida e a ledicia de vivir, pasarrúas, pasatabernas e recitais intertascas, espectáculos de cabaret, burlesque ou un apropósitoen clave musical, espectáculos para os máis pequenos/as da casa, gastronomía, xogos populares ou dilleis.

Non deixes de pasar pola carpa instalada na Praza de María Pita durante os días 25, 26 e 27 de febreiro, porque se vai convertir nun Pequeno Circo de Entroido!

Montaremos un curioso teatriño na carpa de María Pita!

O epicentro de todas as actividades estará no mesmo escenario da carpa, onde será instalado un coqueto teatriño recreando unha barraca de feira ou circo antigo, e que servirá como aglutinador conceptual de toda a programación.
O mesmo, decorado por telóns da man da ilustradora Cristina Veira contará cun chaflán en liña coa campaña do Entroido coruñes, con ilustracións de Alberto Guitián.
Ademais contaremos coa decoración ao vivo da artista e titulada en Belas Artes Alba F. Troiteiro!

Recuperamos a figura dos apropósitos!

Un dos principais motores da nosa programación é a recuperación dos apropósitos, pezas teatrais de natureza lixeira e satírica que na Coruña gozaban de grande tradición.
Para esta ocasión, temos feito algo peculiar, convertindo o mesmo nunha peza musical na que os momentos cantados forman parte do argumento da obra coa figura das “letrillas” como pilar fundamental da montaxe.
Ademais do apropósito, que se subirá ao escenario de María Pita todos os días da programación ás 19:30 h, temos previsto a posta de diferentes espectáculos segmentados por horarios e tramos de idade.


Comment on this Article:







*

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.