Home » Taller » Currently Reading:

DESTACADO: ¡OS BOLECHAS CHEGAN A CORUÑA ESTE FINDE! (GRATUITO)

enero 20, 2015 Taller No Comments

O 24 e o 25 de xaneiro Os Bolechas visitarán Espacio Coruña cunha morea de actividades para os máis pequen@s.

Imprimir

Pasacalles: A familia Os Bolechas viran no seu coche R4 e percorrerán toda a planta baixa de Espacio Coruña coa súa música. Os personaxes pasearán, saudando e facéndose fotos cos nenos e nenas que veñan a coñecelos.

Obradoiros: Nun recinto preparado con mobiliario infantil os nenos e nenas gozarán cos obradoiros dos Bolechas: (Debuxo, chapas e maquillaxe).

Os nenos en nenas que participen nos obradoiros de debuxo poderán entrar nun sorteo dos seguintes regalos: unha biblioteca básica dos Bolechas, un curso de inglés dos Bolechas e un DVD cos temas dos Bolechas (O sorteo realizarase o domingo 25 de xaneiro, ás 20.30 e será preciso estar presente).

Exposición de debuxos: con todos os debuxos dos nenos e nenas faremos unha exposición que estará en Espacio Coruña até o día 31 de xaneiro.

Cando?

Sábado 24 e Domingo 25 de xaneiro

De 18.00 h. A 20.30

Comment on this Article:







*