Home » Noticias » Currently Reading:

Emprego organiza a campaña ‘Erre que erre’ de “pedagoxía e concienciación” sobre o consumo responsable en centros escolares e mercados

marzo 13, 2018 Noticias No Comments

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou a campaña Erre que Erre que o goberno local pon en marcha con motivo do día do Consumo Responsable, que se celebra o próximo xoves día 15, e que “incidirá na pedagoxía e na concienciación” con actividades en centros escolares, mercados municipais e un programa de radio que abordará unha das reclamacións máis frecuentes dos consumidores e das consumidoras da cidade como son os problemas relacionados coa factura da luz.

No debate en torno a este recibo participará a directora da Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC), Lidia Blanco, así como representantes doutras “entidades especializadas en consumo da cidade” como a Asociación de Amas de Casa da Coruña, a Asociación de Usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), o Colexio Oficial de Avogados e o Espazo Coop. “Unha das materias que concentra máis demandas dos consumidores e consumidoras da Coruña é a factura da luz que ten, entre outras características a de resultar completamente ilexible. A cidadanía apenas é capaz de interpretar que tipos de gastos e por que conceptos van na factura da luz”, indicou Lema. O foro celebrarase mañá no CEIP da Sagrada Familia, ás 12.30 horas, e será emitido por Radio Coruña Cadena Ser.

As actividades con escolares de 2o de Primaria levaranse a cabo en 12 centros da cidade co “obxectivo de concienciar ao alumado sobre a necesidade de ir cara a un consumo responsable de aforro, dende punto de vista social e ambiental” e facendo fincapé na reciclaxe e a reutilización. A este respecto, o edil de Emprego resaltou que este tipo de campañas de concienciación en escolares “teñen un gran impacto e incidencia pola maior sensibilidade que se demostra en idades

moi temperás, nas que hai unha receptividade maior”.

As accións de concienciación chegarán tamén os mercados municipais, “espazos que son un exemplo de consumo responsable nos que se acurta a distancia entre produtores e consumidores”. Alí repartiranse bolsas de tela para incidir na reutilización e afondar tamén “na creación dese sentimento de que o consumo nas prazas se diferencia pola súa responsabilidade social e tamén ambiental”.

Comment on this Article:







*

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.