Home » Noticias » Currently Reading:

Medio Ambiente celebra o Día dos Humedais cunha xornada de educación ambiental para escolares na lagoa urbana de Eirís

febrero 1, 2018 Noticias No Comments

A concelleira de Medio Ambiente, María García, participou este xoves nunha xornada de educación ambiental para a posta en valor das zonas húmidas co alumnado do CEIP Juan Fernández Latorre, na véspera da celebración do día internacional destes ecosistemas, que se celebra dende 1971. As e os escolares visitaron a lagoa de Eirís, que está próxima ao seu centro de estudo, para coñecer de cerca como funciona o seu ecosistema e realizar unha acción no entorno, que consistíu na colocación de caixas niño para favorecer a presenza de aves na área.

Como recorda García, a Concellería de Medio Ambiente abordou a finais do pasado año traballos de restauración ambiental desta zona húmida urbana para mellorar a rexeneración do espazo e a circulación da auga, coa instalación de dispositivos de bombeo sumerxidos, pequenas cascadas para aumentar a osixenación e a adaptación das especies vexetais do entorno. “Xa se deixa notar o efecto das obras, pois temos constatado un aumento da presenza de especies na zona e a cría, por primeira vez, de aves como a galiñola, que non estaba rexistrada en ningún espacio urbano da cidade”, indica. As dez caixas niño que instalaron as alumnas e os alumnos do CEIP Juan Fernández Latorre axudarán a favorecer a presenza destas novas especies na contorna da lagoa de Eirís.

A xornada de educación ambiental completouse cunha formación sobre estes valiosos ecosistemas, detallando algunha das ameazas e problemas que padecen e a importancia da súa conservación. Tamén se incidíu nos aspectos históricos do Día dos Humedais e a súa celebración, que este ano se dedica, precisamente, á importancia destes ecosistemas para una futuro urbano sostible.

Comment on this Article:







*

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.