Home » Espectaculos » Currently Reading:

O Concello abre o prazo de inscrición para participar como figurante na Cabalgata de Reis

diciembre 21, 2017 Espectaculos No Comments

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de abrir o prazo de preinscrición para todas aquelas persoas que queiran participar como figurantes na Cabalgata de Reis que percorrerá as rúas da cidade o próximo 5 de xaneiro. Como nas dúas últimas edicións edición, a veciñanza que desexe colaborar neste acto festivo poderá apuntarse a través da páxina web municipal www.coruna.gal/cabalgata . Así, desde hoxe, e até as 20.00 horas do 24 de decembro, todas as persoas interesadas en intervir deberán encher un formulario no que darán os seus datos de contacto e autorización para que a súa imaxe poida ser empregada mentres participen na Cabalgata. A veciñanza poderá optar a 341 prazas, que se sortearán, como nas dúas pasadas edicións, entre as e os solicitantes, garantindo o principio de igualdade. Nesta convocatoria, ademais, o Goberno local tamén cederá 40 prazas de figurantes a nenos e nenas usuarias de programas sociais e entidades vinculadas á Concellería de Igualdade e Diversidade.

As persoas que desexen colaborar na Cabalgata como figurantes optarán a dúas categorías: as de participantes que irán como ‘séquito a pé’ e as que irán sentadas. Neste último caso, os e as figurantes deben ser nenos e nenas que, a data 1 de xaneiro de 2018, teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 10 anos. O total de prazas ofertadas nesta modalidade é de 251, que se distribuirán entre figurantes das carrozas –tres dos Reis Magos, e catro municipais– e dos tres trens. No caso do ‘séquito a pé’ –que estará conformado por 90 figurantes que, vestidos de paxes reais, irán diante das tres carrozas dos Reis Magos–, poderanse inscribir as veciñas e veciños que, a 1 de xaneiro de 2018, teñan máis de 10 anos de idade.

O Concello, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) recollerá, por orde de recepción, as solicitudes presentadas na páxina www.coruna.gal/cabalgata , asignándolles a cada unha delas un número. Posteriormente, para determinar a localización dos e das figurantes, realizarase un sorteo –que tamén servirá para adxudicar prazas en caso de que as solicitudes excedan a oferta dispoñible–. Este sorteo terá lugar o 28 de decembro, ás 12.00 horas, no Coliseum. Así, adxudicaranse as prazas correlativamente a partir do número resultante no sorteo.

Unha vez finalizada a adxudicación, comunicaráselle ás persoas interesadas –mediante correo electrónico ou por teléfono– a súa situación na cabalgata, así como a información necesaria para participar nela: lugar e horario de presentación do día 5 de xaneiro e horario e forma de recollida dos e das menores na praza de María Pita, unha vez finalizada a Cabalgata e o Saúdo Real. Esta folla informativa, que estará dispoñible en www.coruna.gal , deberá presentarse cuberta e asinada xunto as normas –que son de obrigado cumprimento– o día 2 de xaneiro, entre as 16.00 e as 20.30 horas, no Coliseum –porta de prensa–. A organización asignará un resgardo que se deberá presentar o propio día da Cabalgata.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Comment on this Article:







*