Home » Noticias » Currently Reading:

O Concello amplía a súa oferta de formación do programa Coruña Linguas con dous novos cursos para Primaria e Secundaria cuxo período de inscrición se estende até setembro

Junio 19, 2017 Noticias No Comments

A Concellería de Xustiza Social, dirixida por Silvia Cameán, abriu hoxe o período de inscrición para que alumnado da cidade de Primaria e Secundaria poida participar ao longo do curso 2017-2018 en dous novos cursos de formación en linguas estranxeiras, concretamente Listen and Speak e Idiomas en Secundaria. Os citados cursos comezarán o vindeiro 4 de outubro e estenderanse até o 31 de maio do próximo ano. As clases, que se distribuirán en dúas horas semanais en días alternos, impartiranse en centros escolares da cidade. Ambas actividades veñen a ampliar a oferta municipal do programa A Coruña Linguas, e buscan mellorar a formación do alumnado no coñecemento de linguas estranxeiras. “A nosa intención é dar máis oportunidades aos rapaces e rapazas da cidade, ofrecendo actividades de calidade cuns custes que facilitan o acceso”, explicou Cameán. O prezo das actividades ofertadas é de 15 euros mensuais.

O programa Listen and Speak está dirixido a alumnado de 3o a 6o curso de Primaria. Trátase dun programa de comprensión auditiva, expresión e interacción oral en lingua inglesa. Está orientado á certificación internacional do Trinity College London. Estas clases impartiranse nos CEIP Anxo da Garda, Emilia Pardo Bazán, José Cornide, Juan Fernández Latorre, Labaca, María Barbeiro, María Pita, Prácticas, Ramón de la Sagra, Rosalía de Catro, Sagrada Familia, Salgado Torres, Sanjurjo de Carricarte, San Pedro de Visma, Wenceslao Fernández Flórez e Zalaeta. Pola súa banda o programa Idiomas en Secundaria impartirase no IES Agra do Orzán, Elviña, Eusebio da Guarda, Fernando Wirtz, Monte das Moas, Rafael Dieste, Puga Ramón, Menéndez Pidal, Otero Pedrayo, Salvador de Madariaga.

Os alumnos e alumnas da cidade que desexen solicitar praza nestes cursos poderán facelo dende hoxe, luns 19 de xuño e até o 30 de setembro a través do portal web municipal de educación ( www.edu.coruna.es ). A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición.

A concelleira de Xustiza Social comentou a aposta do Goberno local “por favorecer o coñecemento das linguas estranxeiras, e que esta formación sexa accesible para todas as rendas”. Así, recordou outros programas postos en marcha polo Executivo como Idiomas do Mundo ou Junior Year, onde á hora da escolla do alumnado participante tamén inflúen os criterios de renda dos mesmos.

Comment on this Article:







*

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.