Home » Taller » Currently Reading:

O Concello completa a ampliación e mellora da zona infantil da praza de Tolerancia, “deseñada en colaboración coas persoas usuarias para dar resposta a unha necesidade clara do barrio”

septiembre 20, 2017 Taller No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acudiu este martes, xunto co concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, e a concelleira de Participación e Innivación Democrática, Claudia Delso, á praza da Tolerancia, onde o Concello vén de rematar as obras de remodelación e ampliación da área infantil, que ve multiplicada por cinco a superficie da zona de xogos, nunha actuación que contou cun investimento de 155.939 euros. O proxecto, tal e como lembrou hoxe o rexedor, responde “a unha reivindicación histórica do barrio que nos últimos tempos capitanearon un grupo de nais desta praza” e foi deseñada de forma conxunta, co diálogo entre as persoas usuarias e o Concello, a través da Concellería de Rexeneración Urbana e o servizo de Infraestruturas, “para poder satisfacer unha necesidade clara que había na zona dun espazo coma este”. “Trátase dunha área ampla, que responde ao modelo que buscamos para os espazos infantís da cidade, onde nenas e nenos de distintas idades poidan convivir no mesmo recinto, e onde, ao tempo, estean integrados os lugares de estancia para pais e nais, avós e avoas”, valorou Ferreiro, que salientou tamén a relación dos xogos coa vexetación e as zonas verdes da área “para mellorar a convivencia, e que os espazos non estean segregados”. Como avanzou, esta área infantil, que hoxe se inaugurou, é a primeira dunha serie de actuacións que seguirán a mesma filosofía, e que continuarán na zona de Elviña, na praza de Isaac Díaz Pardo, e na praza de San Pablo ou coa reforma da praza Elíptica, “para mellorar estes espazos, tan necesarios para poder vivir a cidade”. No mesmo sentido, o alcalde constatou a intención do Concello de dotar nun futuro o parque de San Pedro de Visma dunha zona infantil ampla, de acordo con este mesmo modelo.

Os traballos realizados na praza da Tolerancia serviron para ampliar a zona de xogos, que pasa a ocupar todo o fondo da praza, e que queda acoutada por un peche perimetral e que da a cabida a distintos xogos, agrupados por idades, para deixar as idades máis temperás na zona máis protexida, e que amplía os xogos ata os 12 anos. Na actuación incrementouse o número de xogos, que inclúen algúns elementos comunitarios, para facilitar a socialización dos e das rapazas mediante o xogo. A zona conta tamén cun espazo naturalizado, con equipamentos para os nenos e as nenas e zona verde na que experimentar.

Comment on this Article:







*

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.