Home » Noticias » Currently Reading:

O goberno local “afonda no seu compromiso coa seguridade viaria” e presenta un mapa para dar a coñecer entre a veciñanza os máis de 45 quilómetros de Camiños Escolares Seguros da Coruña

septiembre 19, 2017 Noticias No Comments

O goberno local dá un novo paso na mellora da difusión da seguridade viaria na contorna dos centros escolares coa apertura, de cara á cidadanía, do Mapa de Camiños Escolares Seguros, unha proposta impulsada pola Concellería de Mobilidade Sostible que mostra toda a información, dun modo accesible, das diferentes rutas seguras que poden utilizar as cativas e os para desprazarse aos centros educativos adscritos ao programa. Este novo visor xeográfico, que se pode consultar a través da web municipal, ten como finalidade achegar á veciñanza as 70 rutas recoñecidas baixo este programa, ao que están adscritos 11 CEIPS e 2 EIM da cidade.Camiños Escolares, tal e como sinalou o edil Daniel Díaz Grandío, naceu coa intención de mellorar a seguridade viaria nas contornas dos colexios así como de facilitar o acceso das e dos cativos aos mesmos. “Nesta aposta por favorecer a mobilidade peonil desde as idades máis novas, a apertura deste visor xeográfico dá unha resposta á necesidade de canalizar o fluxo de información alén do alumnado e profesorado, para chegar en especial ás AMPAS, as nais e pais das e dos estudantes, pero tamén para o resto da veciñanza da Coruña”, explica o edil, quen lembra que esta iniciativa “afonda no compromiso que o Goberno local mantén coa promoción da seguridadeviarianoespazopúblico”.

En total os Camiños Escolares Seguros no termo municipal suman un total de máis de 45 quilómetros, en toda a cidade, de vías seguras para as nenas e nenos. “Este mapa presenta, dun xeito máis accesible e usable, toda a información que até o de agora non estaba cohesionada”, explica Grandío, quen sinala que “se trata dunha primeira versión do mesmo, pero que admitirá melloras nos vindeiros meses”. “O traballo con elementos xeográficos abre a posibilidade de implementar melloras no propio visor. A idea do goberno local é crear un novo espazo de traballo aberto á cidadanía no que se poidan engadir melloras e ferramentas que faciliten o acceso á información da comunidade escolar”.

A presentación desta proposta, que ten lugar no marco da Semana da Mobilidade, reforza a aposta do executivo coruñés por este programa municipal de seguridade viaria que, até o venres, darase a coñecer, da man de Stop Accidentes, á entrada e saída de clase dos CEIPS que participan na iniciativa.

O Mapa de Camiños Escolares Seguros pode visualizarse a través do portal web municipal

https://ide.coruna.es/arcgis/apps/MapSeries/index.html?appid=d591d1c9b60341e3bb3ccf5e4ed4a 162

Mapa de aparcabicis

Ademais desta proposta, dentro da Semana da Mobilidade o goberno local lanzou, en colaboración co Laboratorio de Enxeñería Cartográfica (cartoLAB) da E.T.S. de Enxeñería de Camiños da UDC, un mapa participativo para definir a localización, no termo municipal, de novos aparcadoiros de bicicletas. Desde o seu lanzamento o pasado día 14, o mapa recolleu, tal e como afirma o concelleiro, “máis de 420 propostas da cidadanía para estes novos equipamentos”. Desta consulta, segundo apunta Díaz Grandío, o goberno local extraerá a información para implantar as novas estruturas, “co obxectivo de seguir a fomentar, de novo, o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade”.

Tanto este mapa como as propostas achegadas pola veciñanza poden visualizarse na dirección web https://emapic.es/custom/bicicoruna/aparcabicis

Comment on this Article:







*

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.