Home » Noticias » Currently Reading:

O Goberno local aproba as novas tarifas das Escolas Infantís Municiais, que amplían os tramos tarifarios e inclúen rebaixas no prezo de ata o 90%

junio 1, 2017 Noticias No Comments

A Xunta de Goberno local aprobará mañá, venres, os cambios a aplicar, a partir do vindeiro curso escolar, nas tarifas da Rede de Escolas Infantís Municipais, que inclúen rebaixas de entre o 9% e o 90%, de cara a mellorar as condicións da práctica totalidade das familias usuarias, atendendo especialmente a aquelas con rendas máis baixas. Deste xeito, a Concellería de Xustiza Social e Coidados, que ten as competencias municipais en materia de Educación, porá en marcha unha serie de medidas, que pasan pola ampliación do número de tramos da tarifa, que aumentan de catro a oito nesta convocatoria para o acceso ás escolas infantís municipais –o que supón un intervalo de renda menor en cada tramo–, e por acomodar o importe da tarifa correspondente a cada tramo á capacidade económica familiar que se deriva da inclusión nun determinado tramo da renda, para evitar que o importe a aboar poida supoñer un obstáculo no acceso a unha praza nalgunha das escolas.

No relativo ao novo sistema tarifario, o Concello distingue oito tramos, e establece unha Tarifa Cero para as rendas máis baixas –de acordo cos requisitos estipulados no regulamento das Escolas Infantís Municipais–, unha cota cero que, segundo as estimacións da área municipal de educación, podería triplicarse respecto ás 32 familias que se benefician dela na actualidade, ata as 108. No seguinte tramo (Tarifa 1), as familias con rendas per cápita iguais ou inferiores ao 50% do IPREM (o indicador estatal que marca a liña para o recibo de subvencións) terán que aboar mensualmente 5 euros (55 anuais). A Tarifa 2 pasa a supoñer 20 euros mensuais e está reservada a familias cunha renda entre o 50% e o 75% do IPREM, mentres que a Tarifa 3, para persoas cunha renda de entre o 75% e o 100% do IPREM, será de 40 euros (440 ao ano). As rendas per cápita que representen entre o 100% e o 125% do IPREM deben aboar unha tarifa de 60 euros (660 euros anuais), mentres que o tramo entre o 125% e o 150% do IPREM queda reducido a 80 euros ao mes. O Goberno local inclúe novos tramos, para os e as menores de familias con rendas de entre o 150% e o 200% do IPREM, para as que se reserva un pago anual de 95 euros mensuais (1.045 euros ao ano). Por último, aquelas perceptoras con unidades familiares por enriba do 200% do IPREM que non teñan dereito por ningunha consideración a tarifa cero aboarán 105 euros cada mes, 1.155 euros ao curso (Tarifa Xeral).

As modificacións nas tarifas das Rede de Escolas Infantís atinxen tamén ás tarifas complementarias –aquelas referidas aos servizos de comedor, horas complementarias, almorzo e merenda–, que se actualizarán en base ao incremento do IPC, algo que se fixo por última vez hai 8 anos.

Comment on this Article:







*

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.