Home » EVENTOS » Currently Reading:

Os centros cívicos celebran desde hoxe actividades infantís con motivo do Samaín

octubre 25, 2017 EVENTOS No Comments

Os centros cívicos municipais desenvolven desde hoxe e ata o vindeiro 5 de novembro unha serie de actividades para menores, nas que se inclúen festas infantís, de entrada gratuíta con invitación, en horario de tarde, e que comezan hoxe mesmo no centro cívico de San Diego. Na tarde de mañá, a actividade trasládase aos centros cívicos municipais de Elviña e Monelos e o venres, 27, ao dos Rosales. Durante a fin de semana, as festas celebraranse nos centros de Monte Alto, Os Mallos, Eirís e Labañou, o sábado, e da Cidade Vella, o domingo. Na semana vindeira, a actividade chagará, o martes, 31, ao centro cívico do Castrillón e xa durante a fin de semana a Feáns, o sábado, e a Mesoiro, o domingo, esta última no pavillón municipal. Os horarios de cara unha das celebracións estarán dispoñibles en cada centro, onde tamén se poderán recoller as invitacións, e os e as menores que queiran participar deberán iracompañadasdunhapersoaadulta.

Ademais, con motivo do Samaín a rede de centros cívicos programa tamén unha serie de talleres, que comezan este venres en Palavea (16.30 horas), cunha actividade de caretas e maquillaxe, e o sábado, 28, o centro cívico de Novoboandanza desenvolverá este mesmo taller entre as 17.00 a 19.00 horas. As persoas interesadas en participar nestes talleres deberán contactar co centro cívico para formalizar a inscrición nos talleres.

Comment on this Article:







*

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.