Home » CAMPAMENTOS » Currently Reading:

Os centros cívicos municipais ofrecen 540 prazas para participar nos campamentos urbanos infantís deste Nadal

noviembre 14, 2017 CAMPAMENTOS No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abrirá os vindeiros días 1 e 2 de decembro o prazo para preinscribirse nos campamentos urbanos de Nadal dos centros cívicos municipais, que nesta edición ofertan 540 prazas para nenos e nenas (15 delas para menores con necesidades especiais) e que se celebrarán en 19 centros da rede, como son o centro cívico de Artesáns, os de Feáns, Os Mallos, A Silva, Labañou, Palavea, O Castrillón, Mesoiro, o dos Pescadores, o centro cívico da Cidade Vella, Monelos e Os Rosales e, igualmente, os de Eirís, Monte Alto, Sagrada Familia, Elviña Novoboandanza, San Diego e Santa Margarita. A concellería resérvase ata un 20% das prazas dispoñibles para ofertar a persoas beneficiarias de programassociais.

As actividades, dirixidas a nenas e nenos nados entre xaneiro do 2004 e decembro do 2012, terán lugar os días 22, 26, 27, 29 e 29 de decembro, e 2,3,4 e 5 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas –con posibilidade de horario ampliado, entre as 09.00 e sa 14.30 horas nos centros cívicos de Castrillón, Mesoiro, Monte Alto, Mallos, Monelos, Rosales e San Diego–, e incluirán xogos individuais e cooperativos, actividades lúdicas, artísticas e musicais, cunha hora diaria para a práctica da lingua inglesa. O custo por participante é de 26 euros, e 32 o do horario ampliado.

O prazo de preinscrición estará aberto o 1 e 2 de decembro, de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas en cada un dos centros –realizarase naquel no que se queira obter praza–, e o sorteo de prazas realizarase en cada centro ás 20.35 horas do día 2. En todos os centros haberá sorteo, xa que en función da demanda realizarase a distribución final de grupos. As listas de persoas admitidas e de reserva faranse públicas o 14 de decembro, e poderán consultarse nos centros cívicos, no teléfono de información 010 e na web municipal. Desde a concellería advirten de que só será posible realizar unha preinscrición por menor; en caso de detectarse varias, anularanse todas as preinscricións. A inscrición definitiva realizarase os días 15 e 16, de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas no centro cívico onde se obtivo a praza. Nese momento será necesario aboar o custo por participante e asinar as autorizacións correspondentes.

Comment on this Article:







*

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.