AGENDA INFANTIL

CLICK AQUI para ver la agenda de eventos que se realizaran para los mas peques en la ciudad de La Coruña

PARQUES INFANTILES

EL BOSQUE MAGICO Centro de actividades lúdicas para todos los niños donde podrán disfrutar de fiestas de cumpleaños, servicios por horas, talleres de manualidades, campamentos urbanos, fiestas temáticas, Animación infantil en el exterior (cumpleaños, comuniones, bodas, bautizos), alquiler de hinchables, organización de fiestas deportivas, animación, teatro, eventos…   BULEBULE Bulebule …

JUEGOS ONLINE

CLIC CLIC CLIC: Cuentos interactivos A partir de 3 años Proceso lecto-escritor Idioma: Español Cuentos tradicionales pero versionados de forma muy original y divertida. Los niños tienen que participar para que el cuento continúe. Muy apropiado para niños que empiezan a leer, pero también gusta mucho a los más mayores. …

¡¡Black Friday en TodoConsolas!!

Por fín llegó el día, todo el mundo habla del Black Friday y es que se trata del gran día de super ofertas y jugosos descuentos con el que arrancamos las compras navideñas. Y si tienes pensado regalar tecnología, cambiar de móvil o quizá comprar ese juego que está en …

Recent Articles:

O Concello abre o prazo de inscrición para participar como figurante na Cabalgata de Reis

diciembre 21, 2017 Espectaculos No Comments

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de abrir o prazo de preinscrición para todas aquelas persoas que queiran participar como figurantes na Cabalgata de Reis que percorrerá as rúas da cidade o próximo 5 de xaneiro. Como nas dúas últimas edicións edición, a veciñanza que desexe colaborar neste acto festivo poderá apuntarse a través da páxina web municipal www.coruna.gal/cabalgata . Así, desde hoxe, e até as 20.00 horas do 24 de decembro, todas as persoas interesadas en intervir deberán encher un formulario no que darán os seus datos de contacto e autorización para que a súa imaxe poida ser empregada mentres participen na Cabalgata. A veciñanza poderá optar a 341 prazas, que se sortearán, como nas dúas pasadas edicións, entre as e os solicitantes, garantindo o principio de igualdade. Nesta convocatoria, ademais, o Goberno local tamén cederá 40 prazas de figurantes a nenos e nenas usuarias de programas sociais e entidades vinculadas á Concellería de Igualdade e Diversidade.

As persoas que desexen colaborar na Cabalgata como figurantes optarán a dúas categorías: as de participantes que irán como ‘séquito a pé’ e as que irán sentadas. Neste último caso, os e as figurantes deben ser nenos e nenas que, a data 1 de xaneiro de 2018, teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 10 anos. O total de prazas ofertadas nesta modalidade é de 251, que se distribuirán entre figurantes das carrozas –tres dos Reis Magos, e catro municipais– e dos tres trens. No caso do ‘séquito a pé’ –que estará conformado por 90 figurantes que, vestidos de paxes reais, irán diante das tres carrozas dos Reis Magos–, poderanse inscribir as veciñas e veciños que, a 1 de xaneiro de 2018, teñan máis de 10 anos de idade.

O Concello, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) recollerá, por orde de recepción, as solicitudes presentadas na páxina www.coruna.gal/cabalgata , asignándolles a cada unha delas un número. Posteriormente, para determinar a localización dos e das figurantes, realizarase un sorteo –que tamén servirá para adxudicar prazas en caso de que as solicitudes excedan a oferta dispoñible–. Este sorteo terá lugar o 28 de decembro, ás 12.00 horas, no Coliseum. Así, adxudicaranse as prazas correlativamente a partir do número resultante no sorteo.

Unha vez finalizada a adxudicación, comunicaráselle ás persoas interesadas –mediante correo electrónico ou por teléfono– a súa situación na cabalgata, así como a información necesaria para participar nela: lugar e horario de presentación do día 5 de xaneiro e horario e forma de recollida dos e das menores na praza de María Pita, unha vez finalizada a Cabalgata e o Saúdo Real. Esta folla informativa, que estará dispoñible en www.coruna.gal , deberá presentarse cuberta e asinada xunto as normas –que son de obrigado cumprimento– o día 2 de xaneiro, entre as 16.00 e as 20.30 horas, no Coliseum –porta de prensa–. A organización asignará un resgardo que se deberá presentar o propio día da Cabalgata.

A LA VENTA LAS ENTRADAS DEL FESTIVAL DE TÍTERES MARÍA JOSÉ JOVE

diciembre 21, 2017 Espectaculos No Comments

La próxima semana arrancará la trigésima edición del Festival de Títeres María José Jove, una cita que se ha convertido en un clásico de las navidades. Se trata de una iniciativa de la Fundación María José Jove y del Ayuntamiento de A Coruña, a través del Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), para fomentar la afición de los niños. En su trigésima edición, el certamen incluye ocho espectáculos desde el 26 al 30 de diciembre.

Las entradas para este Festival de Títeres María José Jove están a la venta en la taquilla de la plaza de Ourense, en www.ticketea.com y televenta en el número 902 044 226 si bien para la primera de las funciones “Baila roque baila”, ya no quedan entradas. El precio es de 3 euros la entrada individual y de 6 euros el abono familiar para tres personas. Los interesados podrán, además, comprar las entradas en la sede de la Fundación María José Jove y en el Fórum Metropolitano una hora antes de cada función si quedan entradas. … Leer más

O Concello mantén aberto o prazo de inscrición para os campamentos de Nadal creativos do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano

diciembre 17, 2017 Taller No Comments

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento mantén aberto o prazo de inscrición para participar nos campamentos urbanos de Nadal cos centros Ágora e Fórum Metropolitano, que se desenvolverán entre o vindeiro 22 de decembro e o 5 de xaneiro. Nesta ocasión, a oferta enmárcase na proposta O que ten oficio ten xeitiño. Creatividade nas nosas mans, na que as e os participantes se porán na pel dos distintos gremios que, ao longo da historia, traballaron coas súas mans os produtos da natureza. Así, as nenas e nenos coñecerán o traballo con coiro, madeira ou lá, á vez que elaboran diferentes obxectos creativos nun campamento que ten, como premisa, o fomento de valores cívicos e compañeirismo.

Aos campamentos do Ágora e Fórum poderán asistir as nenas e nenos nados entre os anos 2005 e 2013, e estarán agrupados segundo as súas idades. As actividades terán lugar os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, así como os días 2, 3, 4, e 5 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e a inscrición –cuxa cota é de 35 euros, coma nas últimas edicións– pódese realizar nas conserxerías do Fórum e do Ágora –en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas– até cubrir as prazas dispoñibles. Para favorecer a conciliación, ademais, as familias que así o desexen poderán solicitar a ampliación de horario de 09.00 a 10.00 horas, un servizo que terá un suplemento de 5€ por participante.

CASTING INFANTIL EN CORUÑA THE STYLE OUTLETS

diciembre 15, 2017 Sin categoría No Comments

A Coruña, 15 de diciembre de 2017.-Coruña The Style Outlets convoca un casting infantil mañana sábado día 16 y el domingo 17 de diciembre de 16.00 a 21.00 horas en el Fashion Corner del centro outlet para niños y niñas con edades comprendidas entre los 4 y 12 años. Es un casting abierto para todos los peques de la casa que quieran ser protagonistas de un reportaje de moda de Navidad luciendo las tendencias que las tiendas del Centro tienen preparadas para estas fiestas navideñas.

La participación es totalmente gratuita para todos los niños, sólo tienen que acudir al Centro con alguno de sus padres y/o tutores, cumplimentar la ficha con sus datos personales, posar en el photocall delante del fotógrafo con su mejor sonrisa y automáticamente ya entran en el casting. Además todos los participantes podrán tener su fotografía de recuerdo.

“Queremos que nuestros clientes más pequeños sean los protagonistas de un reportaje navideño de moda que se publicará en un magazine. Sabemos que en Galicia hay una buena cantera de mini modelos y queremos darle a todos la posibilidad de hacer sus pinitos en el mundo de la moda” señala Ainhoa de Paz, gerente de Coruña The Style Outlets.

O Concello completa as obras de mellora da área de xogos da praza Isaac Díaz Pardo, “para convertela no grande espazo de inclusión no barrio de Elviña”

diciembre 7, 2017 Noticias No Comments

O Concello da Coruña vén de completar a renovación, ampliación e mellora da zona de xogos infantil situada na praza Isaac Díaz Pardo. Tal e como destaca o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, a obra seguiu os criterios de deseño para as áreas infantís do goberno local, e que xa puxo en práctica en espazos como a zona de xogos na Praza de Tolerancia. “Os criterios poñen énfase na naturalización dos ambientes, elementos e materiais dos xogos”, explica Varela, “e poñen en valor o espazo de xogo como unha ferramenta de inclusividade, ademais de prestar maior atención ás persoas coidadoras”. Deste xeito, a nova área de xogos de Elviña “converterase no grande espazo de xogo do polígono e atenderá tamén a necesaria conquista do espazo público por parte da veciñanza de todas as idades”, segundo sinala o concelleiro.

A área de xogos licitouse por 230.793,92 euros, e conta con financiamento da Deputación da Coruña, ademais de municipal. Sobre o proxecto inicial para a zona que tiña a anterior corporación, “o goberno actual revisou en profundidade a proposta baixo os criterios de deseño nos que se están a traballar desde Rexeneración Urbana, o que permitiu, entre outras cuestións, ampliar o número de prazas para persoas usuarias, adaptar a posición dos xogos e manter en pé un castiñeiro”, expón o responsable de Rexeneración Urbana. Deste xeito, o novo espazo presentará, en total, dúas áreas de xogo diferenciadas, unha infantil e outra para nenas e nenos de máis idade, cada unha delas coa súa respectiva duna de area –de dous metros e medio de alto para os de maior idade, e de metro e medio para as e os máis cativos–. A zona, á que xa se pode acceder, conta con varias estruturas de xogo, entre os que se inclúen oito postos de randeeiras, castelos, rocódromos, tirolinas, tobogáns e unha estrutura piramidal de redes para escalada. Ademais, o espazo conta cunha ampla superficie con asentos na zona centro, para facilitar o labor das persoas coidadoras para que poidan visualizar as entradas e saídas dos máis cativos e cativas en todo momento.