AGENDA INFANTIL

CLICK AQUI para ver la agenda de eventos que se realizaran para los mas peques en la ciudad de La Coruña

PARQUES INFANTILES

EL BOSQUE MAGICO Centro de actividades lúdicas para todos los niños donde podrán disfrutar de fiestas de cumpleaños, servicios por horas, talleres de manualidades, campamentos urbanos, fiestas temáticas, Animación infantil en el exterior (cumpleaños, comuniones, bodas, bautizos), alquiler de hinchables, organización de fiestas deportivas, animación, teatro, eventos…   BULEBULE Bulebule …

JUEGOS ONLINE

CLIC CLIC CLIC: Cuentos interactivos A partir de 3 años Proceso lecto-escritor Idioma: Español Cuentos tradicionales pero versionados de forma muy original y divertida. Los niños tienen que participar para que el cuento continúe. Muy apropiado para niños que empiezan a leer, pero también gusta mucho a los más mayores. …

¡¡Black Friday en TodoConsolas!!

Por fín llegó el día, todo el mundo habla del Black Friday y es que se trata del gran día de super ofertas y jugosos descuentos con el que arrancamos las compras navideñas. Y si tienes pensado regalar tecnología, cambiar de móvil o quizá comprar ese juego que está en …

Recent Articles:

PRE BLACK FRIDAY de TodoConsolas: Samsung Galaxy S7 Edge de 32GB

Noviembre 15, 2016 TODO CONSOLAS No Comments

Calentamos motores para el Black Friday con esta oferta PRE BLACK FRIDAY de TodoConsolas: Samsung Galaxy S7 Edge de 32GB , segunda mano en cualquier estado por sólo 477€

unnamed

… Leer más

A Asociación Comercial Zona Obelisco e Proxecto Quimions unen forzas na gala Palabra de Muller

Noviembre 15, 2016 EVENTOS No Comments

Mellorar o día a día dos rapaces e rapazas con cancro, este é o fin último de Proxecto Quimions, unha iniciativa conducida por Patricia Campos que busca agora traballar na humanización de diversas áreas do Hospital Materno Infantil. E para conseguilo, Proxecto Quimións e a Asociación Comercial Zona Obelisco únense para por en marcha a Gala Benéfica Palabra de Muller, un espectáculo conducido por nove artistas que encherá de risas e música o Teatro Colón o vindeiro xoves 24, e que foi presentado hoxe en rolda de prensa pola propia Patricia Campos, Antonio Amor –Presidente da Asociación Comercial Zona Obelisco-, e os artistas Yesica Val e Carlos Bau.

Este evento, enmarcado na semana da violencia de xénero, pretende poñer voz ás mulleres en clave de humor. A súa intención é fomentar a colaboración dos cidadáns coa Asociación Proxecto Quimions, que destina todo o seu esforzo a facilitar e humanizar o día a día dos pacientes oncolóxicos de todas as idades na cidade.

Tal e como explicaba Patricia Campos, impulsora do Proxecto Quimions, “a colaboración entre o Proxecto Quimions e Asociación Comercial Obelisco está sendo esencial, coa cesión dun espazo no Centro Comercial Papagayo para o noso proxecto, e agora implicáronse nesta gala con todas as súas forzas”.

Para Antonio Amor, Presidente da Asociación Zona Comercial Obelisco, esta unión era algo natural “quixemos involucrarnos dende o primeiro momento, e colaborar na medida do posible”.

Con estes fíos teceron a base para unha gala que estará conducida por María Solar e contará coa participación do dúo musical In Feminino Plural –formado por Silvia Penide e Carla López-, Yésica Val, Adelaida Pittaluga, Diana Sieira, o dúo cómico formado por Iria Mourón e Marta Mato e Sara Escudero.

As entradas están xa a venda a un prezo de 10€, sen distinción de espazos “porque o que buscamos e que a xente se implique e colaboren enchendo o teatro, apoiando ás artistas que esa noite subirán ás táboas”, en palabras de Patricia Campos.

Na rolda de prensa estiveron tamén presentes Yesica Valm, unha das humoristas participantes, e Carlos Bau, músico coruñés e compositor do tema da campaña Quimions.

O Concello abre o prazo de inscrición dos novos Xogos Escolares, “unha aposta polo deporte base como xerador de hábitos saudables”, así como “ferramenta para fomentar a igualdade”

Noviembre 10, 2016 CAMPAMENTOS No Comments

O Concello da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición da IV edición dos Xogos Escolares, o programa de torneos dirixidos a alumnado desde 2o de Educación Primaria até Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos da cidade, e que ten como obxectivo principal impulsar a práctica deportiva entre as rapazas e rapaces coruñeses a través da competición plantexada desde un punto de vista lúdico, e adaptada ás distintas idades. Segundo indicou esta mañá o edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, os Xogos “responden a unha aposta polo deporte base como xerador de hábitos saudables e transmisorde valores positivos”.Esta proposta, que desenvolve o “papel pedagóxico e social do deporte” e está dirixida ás franxas de idade da infancia e mocidade, é unha vertente que Sande considerou “necesaria” e que complementa, neste sentido, “outras actividades gratuítas municipais que favorecen a integración social e a adquisición de hábitos saudables”, como as Escolas Deportivas, o programa Coruña en Forma, e outros eventos de carácter popular, como o propio Día do Deporte na rúa e praia, “e reforzan tamén a aposta do Goberno local pola instalación e mellora dos equipamentos deportivos que se atopan no espazo público”, á disposición da veciñanza, “fortalecendo o camiño posto en marcha nos últimos meses”.

unnamed1

A competición desenvolverase ao longo de catro meses, desde xaneiro ata abril de 2017, e contará con 9 modalidades diferenciadas e adaptadas ás idades do alumnado, entre as que destaca, como novidade, a creación da categoría de fúbtol sala feminino, “na liña de fomento da práctica deportiva entre as mulleres na que vén traballando o Goberno local”, expuxo o concelleiro, ao lembrar o impulso á creación do I Trofeo Teresa Herrera de Baloncesto Feminino, e o aumento da participación de mulleres nas carreiras populares. … Leer más

O Concello amplía o ‘Educasaúde’ cun proxecto de Almorzos Saudables e unha acción formativa sobre saúde escolar para persoal docente

Noviembre 1, 2016 Noticias No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados inicia mañá mércores o proxecto Almorzos Saudables, dentro do programa Educasaúde, que se desenvolve nunha decena de centros de ensino da cidade e que ten como finalidade fomentar os hábitos saudables entre a poboación infantil e xuvenil, e concienciar ás familias para transmitir condutas adecuadas, orientadas a unha vida saudable. Neste caso, o proxecto, unha das novidades que se incorporan este ano a este programa municipal, vai dirixido a un grupo específico de alumnas e alumnos do IES Elviña, arredor de 40 estudantes con dificultades para acceder ás cinco comidas diarias establecidas como base dunha boa alimentación. O obxectivo, segundo o expón a responsable municipal desta área, Silvia Cameán, pasa por proporcionar ao alumnado obxecto desta intervención coñecementos sobre alimentación, a partir dos almorzos saudables e, ao tempo, asegurar ás e aos participantes un almorzo completo, “na procura de que todas as veciños e veciñas, e en especial as menores de idade, poidan ter acceso a unha alimentación digna”.

A este fin, o equipo técnico, composto por un pediatra e unha nutricionista, traballará no deseño de cinco propostas de almorzo completo, un por cada día da semana, que se elaborarán e servirán na cafetería do centro de ensino. A nutricionista acudirá un día por semana, durante cinco semanas para explicar ao grupo os compoñentes da proposta deseñada, así como as súas propiedades e as razóns da combinación deses alimentos, “de maneira que proporcione coñecementos básicos de nutrición da forma máis ampla posible e, do mesmo xeito, axude a seu programa estes mozos e mozas a sensibilizarse co tema e tomar conciencia da necesidade de complementar a dieta”, expón a concelleira. … Leer más

A campaña de promoción do comercio de proximidade co gallo do Samaín amplíase cos pasarrúas infantís nos que participan máis de 300 nenos e nenas de toda a cidade

Octubre 25, 2016 Espectaculos No Comments

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, visitou hoxe aos rapaces e rapazas do CEIP Curros Enríquez que participaban nun dos pasarrúas infantís co gallo da festividade do Samaín que o Concello organizou nas principais rúas comerciais da cidade, de cara a promocionar os establecementos de barrio. O edil destacou a importancia “da didáctica” e que de tanto familias, “como os e as máis pequenas, que son a cidadanía do futuro, sexan conscientes da importancia de promocionar o comercio de proximidade”. En concreto, os distintos pasarrúas infantís do Samaín arrincaron este luns –no que máis de 75 rapaces e rapazas dos CEIP José Cornide, Labaca e Sal Lence visitaron establecementos comerciais da Avenida de Oza, As Conchiñas-Rúa Barcelona, e a Avenida Pablo Picasso–, e continuarán até este xoves. En total, case 300 escolares de Educación Primaria, con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos, e que participaron nas pasadas semanas nuns obradoiros sobre a orixe e a tradición do Samaín, toman parte nestes pasarrúas, ataviados cos disfraces que eles mesmos confeccionaron.

unnamed

Ademais do Curros Enríquez, nesta xornada o Colexio Esclavas tamén levou a cabo o seu propio pasarrúas, neste caso na zona de Riazor. Alumnado do CEIP San Pedro de Visma e do Wenceslao Fernández Flórez visitarán mañá os establecementos comerciais dos barrios dos Rosais, Os Mallos e a zona Eirís-Monelos, mentres que o xoves será a quenda do CEIP Zalatea, que percorrerá a zona do Obelisco e o Orzán.

Esta iniciativa de coñecemento do comercio de proximidade únese a outra campaña desenvolvida polo Concello e na que participan case 100 establecementos de toda a cidade, que ofrecen a súa clientela a posibilidade de gañar un dos 200 vales de compra de 30 euros que sortean.

Como remate das actividades do Samaín, o vindeiro luns, 31 de outubro, celebrarase a Procesión da Santa Compaña, que sairá da Praza de Lugo ás 17.30 horas e rematará na Praza de María Pita. A esta marcha acudirán, con todos os seus disfraces, os nenos e nenas dos colexios participantes, se ben a actividades está aberta a toda a cidadanía.

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.