AGENDA INFANTIL

CLICK AQUI para ver la agenda de eventos que se realizaran para los mas peques en la ciudad de La Coruña

PARQUES INFANTILES

EL BOSQUE MAGICO Centro de actividades lúdicas para todos los niños donde podrán disfrutar de fiestas de cumpleaños, servicios por horas, talleres de manualidades, campamentos urbanos, fiestas temáticas, Animación infantil en el exterior (cumpleaños, comuniones, bodas, bautizos), alquiler de hinchables, organización de fiestas deportivas, animación, teatro, eventos…   BULEBULE Bulebule …

JUEGOS ONLINE

CLIC CLIC CLIC: Cuentos interactivos A partir de 3 años Proceso lecto-escritor Idioma: Español Cuentos tradicionales pero versionados de forma muy original y divertida. Los niños tienen que participar para que el cuento continúe. Muy apropiado para niños que empiezan a leer, pero también gusta mucho a los más mayores. …

¡¡Black Friday en TodoConsolas!!

Por fín llegó el día, todo el mundo habla del Black Friday y es que se trata del gran día de super ofertas y jugosos descuentos con el que arrancamos las compras navideñas. Y si tienes pensado regalar tecnología, cambiar de móvil o quizá comprar ese juego que está en …

Recent Articles:

400 rapaces da provincia participarán este verán en Coruña nos campamentos deportivos da Deputación

junio 6, 2018 CAMPAMENTOS Comentarios desactivados en 400 rapaces da provincia participarán este verán en Coruña nos campamentos deportivos da Deputación

Catrocentos rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia participarán este verán nos campamentos deportivos da Deputación que celebrarán na Coruña.

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade (ambas incluídas) e desenvolveranse no centro Calvo Sotelo, no concello da Coruña, en catro quendas; do 1 ao 6 de xullo, do 8 ao 13 de xullo, do 15 ao 20 de xullo e do 22 ao 27 de xullo.

O prezo do campamento é de 85 euros e inclúe transporte interno, estadía, manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades programadas. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de xuño.

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de actividades que inclúe dende a práctica de equitación, actividades náuticas, equitación, sendeirismo, ademais de practicar fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic ou baile ata visita a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña. … Leer más

Xustiza Social abre a semana que vén o prazo de preinscrición nos campamentos municipais de verán, que aumentan a súa oferta para contar con 3.277 prazas

junio 3, 2018 CAMPAMENTOS Comentarios desactivados en Xustiza Social abre a semana que vén o prazo de preinscrición nos campamentos municipais de verán, que aumentan a súa oferta para contar con 3.277 prazas

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abrirá o vindeiro 6 de xuño o prazo de preinscrición para os campamentos de verán municipais urbanos, de día e tradicionais, que este ano ampliarán a súa oferta, pasando de 2.751 a 3.277 prazas, á vez que manteñen o seu prezo para as e os participantes. Destas, o 20% reservarase para menores beneficiarios dos servizos sociais e, do mesmo xeito, cada quenda inclúe prazas para nenas e nenos con Necesidades Educativas Especiais (NEE) ou diversidades. A medida, tal e como apunta a edil Silvia Cameán, está dirixida a promover “a socialización e a participación activa en iniciativas lúdico-educativas das e dos menores da Coruña durante o seu tempo de lecer, á vez que se favorece a conciliación laboral e familiar no período non lectivo, sen que isto supoña un custo a maiores para as e os seus responsables”. A este respecto, e como novidade, o Concello ampliará tamén as quendas dos campamentos urbanos dos centros cívicos, pasando de catro a seis, o que permitirá que este ano se celebren desde o 25 de xuño e até o 7 de setembro.

Precisamente os campamentos dos centros cívicos, dirixidos a menores de entre os 4 e os 12 anos, ofertarán este ano un total de 2.681 prazas, 531 máis que no 2017, das cales 56 estarán reservadas para menores con NEE ou diversidade. Nos campamentos urbanos realizaranse actividades lúdicas, xogos cooperativos ou producións plásticas, entre outras propostas, e dedicaranse todas as xornadas unha hora diaria á practica da lingua inglesa. Esta tipoloxía de campamento ofrecerá tamén unha excursión en cada quenda, agás para as que se celebren en xuño e setembro.

… Leer más

Xustiza Social abre o prazo de matrícula para o curso que vén nas escolas infantís municipais, nas que o ano pasado o 15% do alumnado obtivo a tarifa gratuíta

junio 1, 2018 Noticias Comentarios desactivados en Xustiza Social abre o prazo de matrícula para o curso que vén nas escolas infantís municipais, nas que o ano pasado o 15% do alumnado obtivo a tarifa gratuíta

A Concellería de Xustiza Social e Coidados vén de publicar a lista definitiva de nenos e nenas admitidos e en lista de agarda na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2018-2019, que se pode consultar no web ​www.edu.coruna.es/ga/reim​. Tras a finalización do prazo de alegacións á lista provisional de adxudicacións, esta mañá abriuse o prazo de matrícula, que se pechará o vindeiro 14 de xuño.

Este será o segundo curso no que a REIM, que dispón de 829 prazas, conte con oito tramos de tarificación, unha medida impulsada polo goberno local e que axustan o importe da tarifa correspondente a cada tramo á capacidade económica familiar que se deriva da súa inclusión nun determinado tramo da renda. Tal e como apunta a titular da área de Xustiza Social, Silvia Cameán, esta modificación “favorece que familias nunha situación de maior vulnerabilidade poidan contar con tarifas que se axustan a súa situación vital”. Así, o curso pasado, 126 alumnas e alumnos foron beneficiarias da tarifa gratuíta, o que supuxo un 15% do alumnado da Rede, que conta con nove centros –A Caracola, Arela, Agra do Orzán, Carricanta, Os Rosais, Luís Seoane, Monte Alto, Os Cativos, Carmen Cervigón–. Ademais deste treito gratuíto, o resto de tarifas das escolas infantís van dende os 5 euros ao mes para nos casos de ingresos per cápita inferiores ao 50% do IPREM ate un máximo de 105 euros para unidades familiares con ganancias superiores nun 200% ao IPREM.

“Este goberno entende a educación pública como unha ferramenta fundamental para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, por iso traballa para xerar igualdade de oportunidades desde o propio acceso á educación infantil, para non deixar atrás a ningunha nena ou neno desta cidade, independentemente da súa situación económica”, apunta a concelleira.

O goberno local amplía o Servizo Municipal de Canguraxe coa apertura dun novo espazo de atención á infancia en Palavea, “para favorecer a conciliación e a mellora da calidade de vida da veciñanza”

mayo 29, 2018 Noticias Comentarios desactivados en O goberno local amplía o Servizo Municipal de Canguraxe coa apertura dun novo espazo de atención á infancia en Palavea, “para favorecer a conciliación e a mellora da calidade de vida da veciñanza”

O Concello da Coruña conta, desde esta semana, cun novo Espazo de Atención á Infancia (EAI). O novo lugar, localizado no centro cívico de Palavea proporcionará ás e aos menores de entre 4 e 12 anos acollemento e permitirá o desenvolvemento de actividades de carácter lúdico-educativas. A proposta forma parte do Servizo Municipal de Canguraxe, que vén de renovar os contratos tanto dos EAI e as Ludotecas Coeducativas, como da modalidade de Atención á Infancia a domicilio, por un total de ​263.445,63€ euros. O programa, que conta cunha maior dotación orzamentaria, favorece, ademais da creación do novo espazo en Palavea, a ampliación do horario de atención nos centros cívicos. A nova proposta da Concellería de Igualdade e Diversidade, área dirixida por Rocío Fraga, tamén aposta pola renovación de materiais ou o incremento de 400 horas para a atención de necesidades específicas de conciliación que precisen as mulleres vítimas de violencias machistas, ou que se atopen en risco de exclusión social.

Así, co EAI de Palavea, a área de Igualdade afonda na expansión do servizo de canguraxe en novos barrios da cidade, xa que se suma á rede de EAI e ludotecas municipais que se atopan nos centros cívicos de Labañou, Castrillón, Sagrada Familia, Mesoiro e Monte Alto. “Estes espazos, que presentan a actividade lúdica como un recurso educativo, de socialización e creativo no tempo de lecer das nenas e dos nenos, contribúen á conciliación da vida laboral e persoal das nosas veciñas, tanto as empadroadas no Concello como todas aquelas que teñan o seu posto de traballo, sexa por conta propia ou allea, no termo municipal”, apunta Fraga, quen engade que o alumnado que estea cursando estudos nun centro de ensino coruñés “tamén poderá participar das actividades do EAI”. “Estamos a falar dun servizo municipal que avoga por defender unha igualdade efectiva e que mellora a calidade de vida da veciñanza, á vez que ofrece un servizo cun destacado carácter metropolitano, xa que se amplía en Palavea nunha aposta por chegar tamén á cidadanía residente na contorna e que traballa acotío na Coruña”, engade a concelleira.

O novo EAI de Palavea abrirá, en período lectivo segundo indique o calendario escolar, entre as 16.00 e as 20.30 horas, mentres que no período non lectivo –vacacións de Nadal, Entroido, Semana Santa e o verán, ademais dos festivos autonómicos e locais– poderase utilizar entre as 08.00 e as 15.00 horas. As actividades que se ofertarán, ao igual que nos outros espazos municipais, organízanse en distintos bloques, como xogo libre, xogo dirixido –obradoiros e actividades de animación socio-cultural– e apoio ao estudo, que inclúe a realización de tarefas escolares ou a aprendizaxe de técnicas de estudo. “Os EAI achegan un conxunto organizado e integrado de actividades que promoven a educación para a igualdade, ben con carácter específico ou de xeito transversal, evitando a transmisión e reprodución de estereotipos de xénero”, lembra Rocío Fraga.

Cada menor poderá facer uso dos diferentes Espazos de Atención á Infancia ou ludotecas –ou combinación de ambos– até un máximo de 40 horas totais ao mes, coa finalidade de fomentar, na medida do posible, un tempo compartido entre as persoas responsables do ou da menor e as nenas e nenos. “En todo caso, as circunstancias persoais e familiares das distintas unidades familiares serán valoradas polo equipo do Servizo Municipal de Canguraxe”, apunta a concelleira. Durante o período non lectivo, non haberá un número máximo de horas de uso do servizo. ​Para poder acceder ao mesmo –así como a outros programas de canguraxe, como Ludotecas Coeducativas ou Atención á Infancia a domicilio–, as persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude por rexistro. O Centro de Información ás Mulleres (CIM) tramitará o acceso ao servizo municipal e verificará que as solicitantes cumpren os requisitos básicos para poder participar no programa.

A Deputación da Coruña anima a participar no III Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar

mayo 29, 2018 EVENTOS Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña anima a participar no III Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar

A área de Cultura da Deputación da Coruña lanza por terceiro ano consecutivo o certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar, coa intención de animar a rapazada e a mocidade que está a dar os seus primeiros pasos no mundo da música para que coa axuda das  mestras e mestres enchan as rúas con cancións na nosa lingua.

O certame musical Quero Cantar consta de dúas categorías, unha primeira para rapazada de ata 12 anos e outra segunda para mozas e mozos de entre 13 e 16 anos e ofrece como incentivos a posibilidade de participar nun disco e de gravar un videoclip, así como premios de 1500, 1000 e 500 euros para os tres primeiros clasificados en cada categoría.

O prazo para presentación de cancións para a terceira edición do concurso remata o 19 de outubro e despois será un xurado formado por persoas profesionais quen decidirá que cinco cancións de cada categoría pasan a formar parte do disco e, de entre estas, as tres de cada modalidade que pasan á gala final que se ha celebrar o día 17 de novembro no Teatro Colón da Coruña. … Leer más

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.