AGENDA INFANTIL

CLICK AQUI para ver la agenda de eventos que se realizaran para los mas peques en la ciudad de La Coruña

PARQUES INFANTILES

EL BOSQUE MAGICO Centro de actividades lúdicas para todos los niños donde podrán disfrutar de fiestas de cumpleaños, servicios por horas, talleres de manualidades, campamentos urbanos, fiestas temáticas, Animación infantil en el exterior (cumpleaños, comuniones, bodas, bautizos), alquiler de hinchables, organización de fiestas deportivas, animación, teatro, eventos…   BULEBULE Bulebule …

JUEGOS ONLINE

CLIC CLIC CLIC: Cuentos interactivos A partir de 3 años Proceso lecto-escritor Idioma: Español Cuentos tradicionales pero versionados de forma muy original y divertida. Los niños tienen que participar para que el cuento continúe. Muy apropiado para niños que empiezan a leer, pero también gusta mucho a los más mayores. …

¡¡Black Friday en TodoConsolas!!

Por fín llegó el día, todo el mundo habla del Black Friday y es que se trata del gran día de super ofertas y jugosos descuentos con el que arrancamos las compras navideñas. Y si tienes pensado regalar tecnología, cambiar de móvil o quizá comprar ese juego que está en …

Recent Articles:

A Concellería de Xustiza Social activa en Semana Santa o programa de alimentación de menores en períodos non lectivos “para garantir unha comida equilibrada diaria durante as vacacións”

Abril 5, 2017 Noticias No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados, que dirixe a edil Silvia Cameán, vén de aprobar o programa de Alimentación para menores en períodos non lectivos ‘Comidas en verán’, dirixido a proporcionar a nenas e nenos que teñen esta necesidade unha comida equilibrada e nutritiva durante os períodos de vacacións, similar á que reciben no comedor escolar durante o período lectivo. Deste xeito, o programa ten como finalidade prestar o servizo de comedor de menores en períodos non lectivos de maneira gratuíta para as familias con recursos económicos insuficientes e dar continuidade ao servizo aos e ás menores que acoden a el durante o curso escolar como beneficiarios das Bolsas Comedor municipais. A medida, dirixida a nenas e nenos de entre 4 e os 16 anos pertencentes a colectivos en risco de exclusión ou familias con necesidades especiais de apoio neste ámbito, activarase xa durante a Semana Santa, e conta un investimento este ano de 60.000 euros, o mesmo do anterior exercicio, e despois dun importante incremento respecto ao do ano 2015, co anterior Goberno local, que supoñía un total de 4.500 euros.

“O Goberno local mantén o seu compromiso coas persoas en situación de vulnerabilidade, con especial atención aos nenos e as nenas, de xeito e cre necesario artellar todas as ferramentas que sexan precisas para garantir que ningunha persoa nesta cidade, especialmente menores de idade, pasen fame”, salienta a responsable municipal, quen recorda que neste curso, un total de 998 familias son beneficiarias do programa de bolsas comedor, que presta cobertura ás familias en situación de vulnerabilidade social, independentemente do centro onde cursen os estudos, na mesma finalidade de asegurar que ningunha nena ou neno que o necesite queda fóra do servizo.

No caso do programa de alimentación para menores en períodos non lectivos, este contempla diferentes modalidades de atención, para adaptarse na medida do posible ás peculiaridades e necesidades de cada familia, que son distintas dependendo das súas circunstancias sociais, culturais, económicas e de situación dos seus domicilios, e co obxectivo de garantir que a dieta sexa adecuada. Desta maneira, poderase aboar o custo do almorzo e/ou comida, no caso de que a Federación de ANPA de centros públicos organice nestes períodos non lectivos actividades que inclúan esta prestación e proporcione o servizo de comedor, xa sea vinculado ou non a unha actividade de lecer e tempo libre, campamento, etc. Nesta situación, a contía da prestación será o prezo que rexa no acordo alcanzado entre as ANPA e o provedor do servizo, do mesmo xeito que ocorre co programa municipal de bolsas comedor para períodos lectivos. Outra das posibilidades que se ofrecen é o pago pola recollida de menú en comedores sociais a elección das familias, por un prezo máximo de 7 euros ao día. O programa establece tamén a opción de que a familia beneficiaria poida retirar o menú diario do ou da menor en restaurantes, casas de comidas ou establecementos hostaleiros autorizados que o proporcionen, por un prezo máximo de 7 euros, ou ben consumilo no propio lugar. A maiores, a Concellería de Xustiza Social contempla a provisión de vales de alimentos para aquelas familias con menores a cargo que poidan facerse responsables de modo adecuado da súa alimentación de maneira autónoma, a través das axudas de emerxencia social.

A actividade infantil do Aquarium ‘Aventura coas Focas’ ofrece 80 prazas para as sesións de abril

Marzo 23, 2017 Sin categoría No Comments

O Aquarium Finisterrae abre durante a xornada de hoxe, xoves, 23 de marzo, o prazo de preinscrición para participar nas sesións de abril do programa ‘Aventura coas focas’, unha experiencia dirixida a nenas e nenos de máis de sete anos, que se desenvolve durante a fin de semana e na que as e os participantes poderán formar parte nas tarefas de preparación da comida das focas e na súa alimentación. Nesta convocatoria, a actividade ofrece 80 prazas para as oito sesións previstas durante catro fins de semana –todos os sábados e domingos do mes ás 11.00 horas, a excepción de Semana Santa–, e nas que os e as menores deberán ir acompañadas dunha persoa adulta.

Para participar é preciso formalizar a preinscrición no día de mañá, entre as 10.00 e as 13.00 horas, a través dun formulario electrónico dispoñible na dirección web https://goo.gl/forms/qqIPG2wfOniSigNJ2 . Os formularios que cheguen fóra dese horario quedarán excluídos da convocatoria. Ademais, para facilitar que o maior número de persoas poida acceder á actividade, aqueles e aquelas que xa obtiveran praza nalgunha sesión dos meses de febreiro e marzo non poderán repetir neste mes.

As persoas que participen deberán aboar unicamente o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que ‘Aventura coas Focas’ é unha actividade sen custo adicional.

Taller de “musica in culla” y “fotografía en familia”

Marzo 21, 2017 EVENTOS No Comments

Arkhé nos manda la siguiente info de un taller:

El 1 y 2 de Abril estará con nosotras Paola Anselmi, impartiendo un seminario introductorio a la pedagogía de Música in Culla (Música desde la cuna), para nosotras es todo un privilegio contar con ella.
Música in Culla  toma como base la MLT de E. Gordon y a partir de ahí se ha creado una nueva pedagogía ideal para trabajar con bebés y niños pequeños que nos tiene totalmente fascinadas, realmente la música es una maravillosa herramienta para trabajar  con los peques.

Os animo a no desperdiciar  esta oportunidad Paola es una de las mejores docentes con las que me he cruzado en mi vida, el uso que hace de la expresión corporal, de la fantasía su forma de conectar con los niños…a mi me parece realmente increíble.

Para nosotras ha supuesto un gran esfuerzo traer a Paola y a Bianca desde Roma y no creo que lo volvamos a repetir más adelante

Aunque el seminario es de 0 a 3 esta forma de trabajar es totalmente extrapolable a niños mayores; las propuestas que hace y los recursos que nos ofrece son realmente muy versátiles.

Buscad en facebook o en youtube, hay mucha información y si tenéis dudas estoy a vuestra disposición.

No es necesario tener conocimientos de música para poder hacer este seminario introductorio.

… Leer más

Os centros cívicos abrirán durante a Semana Santa un Recuncho do Xogo con actividades para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos

Marzo 13, 2017 Sin categoría No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados organiza, durante os días 10, 11 e 12 de abril, coincidindo cos días laborais da Semana Santa, o Recuncho do Xogo, unha serie de actividades de ocio e tempo libre que se repartirán polos centros cívicos da cidade, dirixidas a nenas e nenos entre os 4 e os 12 anos. O obxectivo da proposta, tal e como indica a concelleira desta área, Silvia Cameán, pasa por favorecer as relacións grupais e fomenten o desenvolvemento das nenas e nenos participantes durante estas xornadas non lectivas. O Concello oferta para estas actividades, que inclúen accións lúdicas, artísticas, e de animación á lectura, entre outras, un total de 400 prazas, entre as que se contan 10 prazas para menores con necesidades educativas especiais (NEE), en grao que lles permita realizar actividades en grupo. Ademais, a concellería resérvase ata o 20% do total das prazas para persoas beneficiarias de programas sociais.

Os persoas interesadas poderán optar por dúas franxas horarias: un horario xeral –cun prezo de 7 euros por participante– que se ofertará en todos os centros cívicos nos que se leve a cabo esta actividade entre as 10.00 e as 13.00 horas, e un horario ampliado –a un prezo de 11 euros–, que se ofertará nunha selección de centros, como son os do Castrillón, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Os Mallos e Os Rosales, e que se estenderá desde as 09.00 ata as 14.00 horas .

As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición os días 24, 25 e 27 deste mes, en horario de 11.00 a 13.00 horas, pola mañá, ou de 17.00 a 20.00 horas, pola tarde. Para facelo, deberán cubrir o folleto de solicitude, que poderán recoller en calquera dos centros cívicos nos que se oferte a actividade, ou ben descargar o documento coa solicitude da páxina web: www.serviciossociales.coruna.es . En ambos os dous casos, o folleto estará dispoñible a partir do vindeiro día 15.

O sorteo de prazos terá lugar o día 27 de marzo ás 20.15 horas en cada centro cívico, e a exposición pública de listados provisionais de persoas admitidas estará dispoñible desde o 3 de abril, de xeito que a inscrición se formalizará os días 4,5 e 6 no mesmo centro cívico e no mesmo horario onde se realizou a preinscrición. Tal e como advirten desde a concellería, aquelas persoas que non formalicen a inscrición nas datas e horarios sinalados perderán a praza.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados reforza as axudas para a atención a menores en escolas infantís para o próximo curso

Marzo 9, 2017 Taller No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados impulsa de cara ao próximo curso 2017/2018 as súas axudas para a atención a menores en escolas infantís, un programa dirixido a prestar apoio a familias con menores de ata tres anos ao seu cargo que teñan necesidade de recibir axuda externa para o coidados das ou dos pequenos neste tramo de escolarización non obrigatoria. O obxectivo, tal e como sinala a concelleira desta área, Silvia Cameán, pasa por proporcionar unha resposta áxil e eficaz ás familias nun lugar próximo ao domicilio, a través dunha axuda para a escolarización e acceso aos servizos asociados, como o servizo de comedor ou de merenda, dos centros nos distintos barrios da cidade –tanto de titularidade municipal como privada–. O programa, que vén de ser aprobado pola concellería, establece unhas axudas que, con carácter xeral, poderán acadar unha contía de ata os 200 euros por mes, o que supón un aumento notable con respecto a anteriores convocatorias, nas que o máximo a aboar polo Concello ascendía a 150 euros mensuais. O orzamento do programa é de 40.000 euros e, como subliña a responsable municipal desta área, este ano modifica ademais o seu baremo “para facelo máis progresivo e máis xusto para as familias beneficiarias”, ao primar criterios de renda, e incluír outros como a situación do e da proxenitora, situación social dos mesmos ou do mesmo –con criterios como a monoparentalidade, situación de violencia machista ou familia numerosa– e, igualmente, situación de saúde do ou da menor. “Programas coma este veñen confirmar o compromiso deste Goberno polo acceso á educación como ferramenta para reducir as desigualdades sociais e a fenda que afasta a aquelas persoas máis desfavorecidas e, polo tanto, máis vulnerables”, salienta a concelleira, que pon en valor medidas que, coma esta, axudan á conciliación da vida laboral, social e persoal das e dos proxenitores, “buscando contribuír tamén a avanzar cara a unha maior igualdade entre homes e mulleres”.

As axudas poderán destinarse para o financiamento da escolaridade infantil privada ou parcialmente financiada (caso de escolas de iniciativa social) dos centros accedan a colaborar, sempre que as familias non poidan acceder a un recurso público gratuíto –coa obriga de tramitar a solicitude nas posteriores convocatorias–, ou ben para acceder á escolaridade no centro infantil municipal, en caso de non obterse praza na rede autonómica. En casos excepcionais, a axuda poderá servir para financiar a matrícula en escolas infantís privadas ou o material escolar, previo informe da Concellería. Os requisitos para optar a este programa pasan por estar empadroado e vivir no municipio e ter solicitado praza en escola pública infantil da cidade, tanto municipal como autonómica, e estar en lista de espera, así como acadar a puntuación mínima no baremo de acceso ao servizo. Ademais, e dado que a escolarización no tramo de idade de entre 0 e 3 anos ten carácter voluntario, tómanse como criterios o feito de que, tendo o ou a menor praza en escola infantil pública desta cidade que non ofreza cobertura no horario laboral ou formativo dos proxenitores, estes necesiten conciliar a súa vida familiar e laboral (deberá acreditarse documentalmente); tamén, a existencia dun risco social de desatención das ou dos nenos (grave ou moderada), ou motivos médicos, educativos ou terapéuticos que aconsellen a escolarización nunha escola infantil.

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.