AGENDA INFANTIL

CLICK AQUI para ver la agenda de eventos que se realizaran para los mas peques en la ciudad de La Coruña

PARQUES INFANTILES

EL BOSQUE MAGICO Centro de actividades lúdicas para todos los niños donde podrán disfrutar de fiestas de cumpleaños, servicios por horas, talleres de manualidades, campamentos urbanos, fiestas temáticas, Animación infantil en el exterior (cumpleaños, comuniones, bodas, bautizos), alquiler de hinchables, organización de fiestas deportivas, animación, teatro, eventos…   BULEBULE Bulebule …

JUEGOS ONLINE

CLIC CLIC CLIC: Cuentos interactivos A partir de 3 años Proceso lecto-escritor Idioma: Español Cuentos tradicionales pero versionados de forma muy original y divertida. Los niños tienen que participar para que el cuento continúe. Muy apropiado para niños que empiezan a leer, pero también gusta mucho a los más mayores. …

¡¡Black Friday en TodoConsolas!!

Por fín llegó el día, todo el mundo habla del Black Friday y es que se trata del gran día de super ofertas y jugosos descuentos con el que arrancamos las compras navideñas. Y si tienes pensado regalar tecnología, cambiar de móvil o quizá comprar ese juego que está en …

Recent Articles:

Os centros cívicos abrirán durante a Semana Santa un Recuncho do Xogo con actividades para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos

Marzo 13, 2017 Sin categoría No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados organiza, durante os días 10, 11 e 12 de abril, coincidindo cos días laborais da Semana Santa, o Recuncho do Xogo, unha serie de actividades de ocio e tempo libre que se repartirán polos centros cívicos da cidade, dirixidas a nenas e nenos entre os 4 e os 12 anos. O obxectivo da proposta, tal e como indica a concelleira desta área, Silvia Cameán, pasa por favorecer as relacións grupais e fomenten o desenvolvemento das nenas e nenos participantes durante estas xornadas non lectivas. O Concello oferta para estas actividades, que inclúen accións lúdicas, artísticas, e de animación á lectura, entre outras, un total de 400 prazas, entre as que se contan 10 prazas para menores con necesidades educativas especiais (NEE), en grao que lles permita realizar actividades en grupo. Ademais, a concellería resérvase ata o 20% do total das prazas para persoas beneficiarias de programas sociais.

Os persoas interesadas poderán optar por dúas franxas horarias: un horario xeral –cun prezo de 7 euros por participante– que se ofertará en todos os centros cívicos nos que se leve a cabo esta actividade entre as 10.00 e as 13.00 horas, e un horario ampliado –a un prezo de 11 euros–, que se ofertará nunha selección de centros, como son os do Castrillón, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Os Mallos e Os Rosales, e que se estenderá desde as 09.00 ata as 14.00 horas .

As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición os días 24, 25 e 27 deste mes, en horario de 11.00 a 13.00 horas, pola mañá, ou de 17.00 a 20.00 horas, pola tarde. Para facelo, deberán cubrir o folleto de solicitude, que poderán recoller en calquera dos centros cívicos nos que se oferte a actividade, ou ben descargar o documento coa solicitude da páxina web: www.serviciossociales.coruna.es . En ambos os dous casos, o folleto estará dispoñible a partir do vindeiro día 15.

O sorteo de prazos terá lugar o día 27 de marzo ás 20.15 horas en cada centro cívico, e a exposición pública de listados provisionais de persoas admitidas estará dispoñible desde o 3 de abril, de xeito que a inscrición se formalizará os días 4,5 e 6 no mesmo centro cívico e no mesmo horario onde se realizou a preinscrición. Tal e como advirten desde a concellería, aquelas persoas que non formalicen a inscrición nas datas e horarios sinalados perderán a praza.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados reforza as axudas para a atención a menores en escolas infantís para o próximo curso

Marzo 9, 2017 Taller No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados impulsa de cara ao próximo curso 2017/2018 as súas axudas para a atención a menores en escolas infantís, un programa dirixido a prestar apoio a familias con menores de ata tres anos ao seu cargo que teñan necesidade de recibir axuda externa para o coidados das ou dos pequenos neste tramo de escolarización non obrigatoria. O obxectivo, tal e como sinala a concelleira desta área, Silvia Cameán, pasa por proporcionar unha resposta áxil e eficaz ás familias nun lugar próximo ao domicilio, a través dunha axuda para a escolarización e acceso aos servizos asociados, como o servizo de comedor ou de merenda, dos centros nos distintos barrios da cidade –tanto de titularidade municipal como privada–. O programa, que vén de ser aprobado pola concellería, establece unhas axudas que, con carácter xeral, poderán acadar unha contía de ata os 200 euros por mes, o que supón un aumento notable con respecto a anteriores convocatorias, nas que o máximo a aboar polo Concello ascendía a 150 euros mensuais. O orzamento do programa é de 40.000 euros e, como subliña a responsable municipal desta área, este ano modifica ademais o seu baremo “para facelo máis progresivo e máis xusto para as familias beneficiarias”, ao primar criterios de renda, e incluír outros como a situación do e da proxenitora, situación social dos mesmos ou do mesmo –con criterios como a monoparentalidade, situación de violencia machista ou familia numerosa– e, igualmente, situación de saúde do ou da menor. “Programas coma este veñen confirmar o compromiso deste Goberno polo acceso á educación como ferramenta para reducir as desigualdades sociais e a fenda que afasta a aquelas persoas máis desfavorecidas e, polo tanto, máis vulnerables”, salienta a concelleira, que pon en valor medidas que, coma esta, axudan á conciliación da vida laboral, social e persoal das e dos proxenitores, “buscando contribuír tamén a avanzar cara a unha maior igualdade entre homes e mulleres”.

As axudas poderán destinarse para o financiamento da escolaridade infantil privada ou parcialmente financiada (caso de escolas de iniciativa social) dos centros accedan a colaborar, sempre que as familias non poidan acceder a un recurso público gratuíto –coa obriga de tramitar a solicitude nas posteriores convocatorias–, ou ben para acceder á escolaridade no centro infantil municipal, en caso de non obterse praza na rede autonómica. En casos excepcionais, a axuda poderá servir para financiar a matrícula en escolas infantís privadas ou o material escolar, previo informe da Concellería. Os requisitos para optar a este programa pasan por estar empadroado e vivir no municipio e ter solicitado praza en escola pública infantil da cidade, tanto municipal como autonómica, e estar en lista de espera, así como acadar a puntuación mínima no baremo de acceso ao servizo. Ademais, e dado que a escolarización no tramo de idade de entre 0 e 3 anos ten carácter voluntario, tómanse como criterios o feito de que, tendo o ou a menor praza en escola infantil pública desta cidade que non ofreza cobertura no horario laboral ou formativo dos proxenitores, estes necesiten conciliar a súa vida familiar e laboral (deberá acreditarse documentalmente); tamén, a existencia dun risco social de desatención das ou dos nenos (grave ou moderada), ou motivos médicos, educativos ou terapéuticos que aconsellen a escolarización nunha escola infantil.

O Centro Ágora acolle esta fin de semana os tres espectáculos do ciclo de artes escénicas ‘Ilusiooóh!n’ desta tempada

Marzo 2, 2017 Espectaculos No Comments

O ciclo Ilusiooó!hn, promovido pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, regresa esta fin de semana ao Centro Ágora cun novo formato. A iniciativa, que presenta espectáculos nados da fusión de distintas disciplinas artísticas, celebrarase nun único fin de semana, de forma que a veciñanza poida gozar de tres propostas diferenciadas de creación contemporánea de venres a domingo.

Oprimeiroespe ctáculoserá Lullaby,unhaperformancedinámica,cómicaeprovocadoraqueabre espazo ao xogo de improvisación entre un pallaso transgresor e o público. O seu creador e intérprete, Rui Paxiao, foi seleccionado polo Cirque du Soleil para participar nos futuros espectáculos da compañía. A creación presentarase mañá venres, día 3, ás 20.00 horas. O sábado, ás 19.00 horas, será a quenda de Móbil, de La Güasa Teatro Circo, un espectáculo dirixido por Pepa Gil e interpretado polo artista circense José Luis Ruiz El Belga, que acadou numerosos recoñecementos pola súa escenografía en iniciativas como a Feria Europea de Artes Escénicas Para Niños y Niñas (FETEN) ou nos Premios da Asociación de Circo de Andalucía. Finalmente, o domingo 5, tamén ás 19.00 horas, Ilusiooó!hn programa a proposta Sin Remite, de Kikolas, un espectáculo de circo, teatro e humor xestual inspirado na curtametraxe L ́Ecole du Facteurs (1947), do cómico francés Jacques Tati.

As entradas para o ciclo poden adquirise no despacho central de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 horas, e de 16.30 a 19.30 horas), a través de www.ticketea.com ou do teléfono 902.044.226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 horas, sábados de 14.00 a 22.00 horas e domingos de 16.00 a 21.00 horas) por 9 euros cada unha, agás para as persoas desempregadas, maiores de 65 ou posuidoras do Carné Xove, que aboarán 8 euros por cada espectáculo; e as e os menores de 3 anos, cuxa entrada será de 3 euros. Tamén existe a posibilidade de obter un abono para os tres espectáculos por 21€. As entradas tamén poderán adquirirse no Centro Ágora no día de representación, no caso de quedar billetes dispoñibles, desde unha hora antes do inicio da función.

O centro Ágora acolle desde este domingo a nova tempada do ciclo de artes escénicas para menores de idade ‘Bebescena’

Febrero 24, 2017 Taller No Comments

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe José Manuel Sande, informa de que este domingo, 26 de febreiro, regresa á programación habitual de artes escénicas do centro Ágora o ciclo Bebescena, unha proposta dirixida ás nenas e nenos menores de 3 anos e ás súas familias que nace coa intención de que os pequenos e as pequenas se relacionen coa súa familia acompañante, así como con outros bebés e coa contorna, para favorecer o seu desenvolvemento.

O ciclo, que se desenvolverá até o mes de maio, está formado por cinco espectáculos: O aloumiño dunha estrela, Conchas, Redondo, El sueño del sol y la luna e Lalú. A primeira obra, que poderá verse este domingo en dous pases, ás 11.30 e 13.00 horas, será O aloumiño dunha estrela, da compañía ourensá Avoa Youja, baixo a dirección e interpretación de Marta Faílde e Fran Martínez.

As entradas teñen un custo de 6 euros –agás para as e os menores de 3 anos, que son 2 euros– e o Abono 3, que ofrece 3 entradas para a mesma función –e inclúe como mínimo a unha persoa adulta e a unha crianza–, de 15 euros. Poden adquirirse nos puntos habituais, no despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 horas de 16.30 a 19.30 horas), e no propio Ágora, desde unha hora antes de cada espectáculo, ademais no servizo de televenda (902 044 226) e na web www.ticketea.com.

COMEZA O PEQUENO CIRCO DE ENTROIDO 2017! Praza de María Pita. A Coruña

Febrero 23, 2017 Sin categoría No Comments

Unha experiencia choqueira para todos os públicos! A praza de María Pita da Coruña convírtese no epicentro do Entroido na Coruña da man da Compañía Nelson Quinteiro e a proposta Pequeno Circo de Entroido!

Obradoiros que celebran a vida e a ledicia de vivir, pasarrúas, pasatabernas e recitais intertascas, espectáculos de cabaret, burlesque ou un apropósitoen clave musical, espectáculos para os máis pequenos/as da casa, gastronomía, xogos populares ou dilleis.

Non deixes de pasar pola carpa instalada na Praza de María Pita durante os días 25, 26 e 27 de febreiro, porque se vai convertir nun Pequeno Circo de Entroido!

Montaremos un curioso teatriño na carpa de María Pita!

O epicentro de todas as actividades estará no mesmo escenario da carpa, onde será instalado un coqueto teatriño recreando unha barraca de feira ou circo antigo, e que servirá como aglutinador conceptual de toda a programación.
O mesmo, decorado por telóns da man da ilustradora Cristina Veira contará cun chaflán en liña coa campaña do Entroido coruñes, con ilustracións de Alberto Guitián.
Ademais contaremos coa decoración ao vivo da artista e titulada en Belas Artes Alba F. Troiteiro!

Recuperamos a figura dos apropósitos!

Un dos principais motores da nosa programación é a recuperación dos apropósitos, pezas teatrais de natureza lixeira e satírica que na Coruña gozaban de grande tradición.
Para esta ocasión, temos feito algo peculiar, convertindo o mesmo nunha peza musical na que os momentos cantados forman parte do argumento da obra coa figura das “letrillas” como pilar fundamental da montaxe.
Ademais do apropósito, que se subirá ao escenario de María Pita todos os días da programación ás 19:30 h, temos previsto a posta de diferentes espectáculos segmentados por horarios e tramos de idade.


Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.