AGENDA INFANTIL

CLICK AQUI para ver la agenda de eventos que se realizaran para los mas peques en la ciudad de La Coruña

PARQUES INFANTILES

EL BOSQUE MAGICO Centro de actividades lúdicas para todos los niños donde podrán disfrutar de fiestas de cumpleaños, servicios por horas, talleres de manualidades, campamentos urbanos, fiestas temáticas, Animación infantil en el exterior (cumpleaños, comuniones, bodas, bautizos), alquiler de hinchables, organización de fiestas deportivas, animación, teatro, eventos…   BULEBULE Bulebule …

JUEGOS ONLINE

CLIC CLIC CLIC: Cuentos interactivos A partir de 3 años Proceso lecto-escritor Idioma: Español Cuentos tradicionales pero versionados de forma muy original y divertida. Los niños tienen que participar para que el cuento continúe. Muy apropiado para niños que empiezan a leer, pero también gusta mucho a los más mayores. …

¡¡Black Friday en TodoConsolas!!

Por fín llegó el día, todo el mundo habla del Black Friday y es que se trata del gran día de super ofertas y jugosos descuentos con el que arrancamos las compras navideñas. Y si tienes pensado regalar tecnología, cambiar de móvil o quizá comprar ese juego que está en …

Recent Articles:

MARINEDA CITY ACOGERÁ CADA VIERNES ACTUACIONES CULTURALES DE ARTISTAS GALLEGOS PARA EL PÚBLICO FAMILIAR

abril 4, 2018 Fiesta No Comments

Marineda City pone en marcha, desde este viernes 6 de abril, su nueva propuesta de ocio para público familiar. El ciclo Fun&Friday, que se celebrará todos los viernes en la planta 2 del centro a las 19h, cuenta con una programación semanal gratuita con espectáculos para los más pequeños de la casa con la música, el teatro, la magia y la narración oral como protagonistas.

Pablo Díaz y la banda Tic Tac Tocserán los primeros en actuar, este viernes 6 a las 19h. El prestigioso músico coruñés que debutó en 2009 con un álbum apadrinado por Santiago Auserón, traerá su último trabajo, “Tic, tac, toc”, en el que hace un recorrido por diferentes estilos musicales, como el folk, el rock y el pop, y hará también un pequeño repaso de los temas más emblemáticos de sus anteriores trabajos: “Tic Tac” y “Toc Toc”. … Leer más

A Concellería de Xustiza Social abre hoxe, 3 de abril, o prazo de reserva de matrícula para o próximo curso nas escolas infantís municipais

abril 2, 2018 Noticias No Comments

​O período de solicitude de reserva de praza para o alumnado xa escolarizado na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) comeza hoxe, 3 de abril, e estará aberto ata o día 12. Tal e como informan desde a Concellería de Xustiza Social e Coidados, o calendario do proceso de admisión para o curso 2018-2019 establece que, unha vez acabe este período de reserva de matrícula, coñecerase a dispoñibilidade de prazas para os nenos e nenas de ata 3 anos que comecen a súa escolarización na REIM, que poderán solicitala entre o 17 de abril ata o 4 de maio, ambos días incluídos. Os listados provisionais da adxudicación das prazas coñecerase o 14 de maio e, tras un período de reclamacións, farase pública o día 1 de xuño a lista definitiva de nenos e nenas admitidos e en lista de agarda. Será polo tanto o primeiro de xuño cando se abra o prazo de matrícula, que se pechará o día 14 de xuño.

A Rede de Escolas Infantís Municipais conta con nove centros -A Caracola, Arela, Agra do Orzán, Carricanta, Os Rosais, Luís Seoane, Monte Alto, Os Cativos, Carmen Cervigón-, que ofertan 829 prazas. Para acceder a estas escolas, é preciso que o ou a menor teñan cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso e non ter 3 anos a 31 de decembro de 2018. Ademais, terán prioridade os nenos e nenas empadroados no Concello antes do pasado 1 de xaneiro.

Toda a información sobre o proceso de matrícula para a Rede de Escolas Infantís Municipal está dispoñible no portal web ​www.edu.coruna.es/ga/reim​.

O Concello abre o vindeiro 17 de abril o período para a solicitude de praza na Rede de Escolas Infantís Municipais

marzo 14, 2018 Noticias No Comments

O período para a solicitude dunha praza na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para nenos e nenas ata os 3 anos estará aberto dende o 17 de abril ata o 4 de maio, ambos días incluídos. A Concellería de Xustiza Social e Coidados publica hoxe o calendario do proceso de admisión para o curso 2018-2019, que establece tamén entre o 3 e o 12 de abril o tempo de reserva de praza para os e as menores xa escolarizados nesta rede municipal.

Os novos ingresos serán para os nenos e as nenas nados nos anos 2016, 2017 e 2018, para quen se poderá solicitar praza nun máximo de dúas escolas infantís municipais. As vacantes dispoñibles nos 9 centros dependentes do Concello coñeceranse o 16 de abril, unha vez o alumnado actual remate a súa reserva de praza. Para acceder a estas escolas, é preciso que o ou a menor teñan cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso e non ter 3 anos a 31 de decembro de 2018. Ademais, terán prioridade os nenos e nenas empadroados no Concello antes do pasado 1 de xaneiro.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados valora criterios de renda e situación sociofamiliar e laboral á hora de puntuar as candidaturas. Deste xeito, as unidades familiares que teñan unha renda inferior ao 100% do IPREM (menos de 7.519,58 euros) obterán a puntuación máxima neste apartado, 4 puntos. No apartado da situación social e familiar teranse en conta diversidades funcionais dos e das menores e tamén da unidade familiar, a condición de familia numerosa, monoparental ou o número de persoas que conformen a unidade familiar e a presenza de irmás ou irmáns con praza no REIM. A situación de emprego ou desemprego da nai ou do pai tamén sumará puntos, que se multiplicarán por dous no caso das familias monoparentais.

A publicación dos listados provisionais das prazas adxudicadas será o 14 de maio, tras o que se abrirá un período de reclamacións. O 1 de xuño farase pública a lista definitiva e de agarda, e ese mesmo día abrirase o prazo de matrícula, que se pechará o día 14 de xuño.

A Rede de Escolas Infantís Municipais conta con 9 centros -A Caracola, Arela, Agra do Orzán, Carricanta, Os Rosais, Luís Seoane, Monte Alto, Os Cativos, Carmen Cervigón-, que ofertan 829 prazas. O Concello cubre o custo dun 2% das prazas ofertas, as que só poden optar nenos e nenas cuxas familias teñan uns ingresos per cápita inferiores ao 100% do IPREM, e tamén o das unidades familiares que teñan máis dun ou dunha menor matriculados nas escolas infantís municipais. As tarifas van dende os 5 euros ao mes para nos casos de ingresos per cápita inferiores ao 50% do IPREM ate un máximo de 105 euros para unidades familiares con ganancias superiores nun 200% ao IPREM. Existen tamén tarifas complementarias para o servizos como o comedor, almorzo, merenda ou ampliación de xornada.

Toda a información sobre o proceso de matrícula para a Rede de Escolas Infantís Municipal está dispoñible no portal web www.edu.coruna.es/ga/reim .

Emprego organiza a campaña ‘Erre que erre’ de “pedagoxía e concienciación” sobre o consumo responsable en centros escolares e mercados

marzo 13, 2018 Noticias No Comments

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou a campaña Erre que Erre que o goberno local pon en marcha con motivo do día do Consumo Responsable, que se celebra o próximo xoves día 15, e que “incidirá na pedagoxía e na concienciación” con actividades en centros escolares, mercados municipais e un programa de radio que abordará unha das reclamacións máis frecuentes dos consumidores e das consumidoras da cidade como son os problemas relacionados coa factura da luz.

No debate en torno a este recibo participará a directora da Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC), Lidia Blanco, así como representantes doutras “entidades especializadas en consumo da cidade” como a Asociación de Amas de Casa da Coruña, a Asociación de Usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), o Colexio Oficial de Avogados e o Espazo Coop. “Unha das materias que concentra máis demandas dos consumidores e consumidoras da Coruña é a factura da luz que ten, entre outras características a de resultar completamente ilexible. A cidadanía apenas é capaz de interpretar que tipos de gastos e por que conceptos van na factura da luz”, indicou Lema. O foro celebrarase mañá no CEIP da Sagrada Familia, ás 12.30 horas, e será emitido por Radio Coruña Cadena Ser.

As actividades con escolares de 2o de Primaria levaranse a cabo en 12 centros da cidade co “obxectivo de concienciar ao alumado sobre a necesidade de ir cara a un consumo responsable de aforro, dende punto de vista social e ambiental” e facendo fincapé na reciclaxe e a reutilización. A este respecto, o edil de Emprego resaltou que este tipo de campañas de concienciación en escolares “teñen un gran impacto e incidencia pola maior sensibilidade que se demostra en idades

moi temperás, nas que hai unha receptividade maior”.

As accións de concienciación chegarán tamén os mercados municipais, “espazos que son un exemplo de consumo responsable nos que se acurta a distancia entre produtores e consumidores”. Alí repartiranse bolsas de tela para incidir na reutilización e afondar tamén “na creación dese sentimento de que o consumo nas prazas se diferencia pola súa responsabilidade social e tamén ambiental”.

O Concello duplica en tres anos o investimento nas bolsas de comedor, que nesta convocatoria simplificará os trámites para as familias que foron beneficiarias no curso pasado

marzo 9, 2018 Noticias No Comments

A Xunta de goberno local aprobou hoxe as bases da convocatoria das bolsas de comedor para o próximo curso, nas que se investirán 1,5 millóns de euros, o doble que dende o inicio da lexislatura, e que simplifica este ano o proceso de solicitude para aquelas familias que xa foron beneficiarias en cursos anteriores. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, explica ademais que “con este novo sistema as familias que xa recibiron unha bolsa no curso poden renovar a súa bolsa mediante unha declaración responsable, que simplifica o proceso, se a súa situación non variou respecto ao ano anterior”. En caso de que si exista algunha diferencia, só terán que aportar a documentación que acredite ese cambio de situación. “Pretendemos así continuar o camiño iniciado por este goberno local para facer máis accesible, completa, inclusiva e sinxelas estas axudas, para a que nos últimos anos se incrementou a partida nun 107,7%, até os 1.500.000 euros co obxectivo que ningún neno e ningunha nena que o necesite quede fóra deste servizo, e se comezou a cubrir por completo o custe do servizo nos casos de menores matriculados en centros públicos”, lembra Cameán. O periodo de solicitude das bolsas será de dez días a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As bolsas de axuda para o comedor do Concello están destinadas a unidades familiares de convivencia con menores ao cargo que estean escolarizados en centros de ensinanza sostidos con fondos públicos e se atopen no termo municipal. O pasado ano o goberno local concedeu 1.529 bolsas, que, como no vindeiro curso, cubrirán o total do custo do comedor para aqueles e aquelas menores que cursan estudos nun centro público e dun máximo de 80 euros ao mes no caso de que o alumnado estea matriculado nun centro sostido parcialmente con fondos públicos. Esta contía pode chegar aos 98 euros en casos excepcionais que valorarán os e as técnicos municipais, atendendo á situación económica dos e das participantes, “para dar cobertura ás familias en situación de vulnerabilidade social, independentemente do centro onde cursen os seus estudos”.

A convocatoria para o curso que vén recolle outras modificacións que avanzan na liña de tentar equilibrar e facer máis xustas as condicións de acceso ás bolsas, que están suxeitas á lei de subvencións, pero exentas de tributación. Deste xeito, a unidade de convivencia non terá en conta a todas as persoas maiores de idade para a valoración, se non as que que teñan relación directa cos e cas menores, é dicir pais e nais (ou titores legais, familias de acollida e parellas de feito) irmáns e irmás maiores de idade e os seus cónxuxes, fillos e fillas de ámbolos proxenitores e avós e avoas. “Iso beneficia ás familias que viven con compatriotas ou nas que coexisten varias unidades de convivencia xuntas”, apunta Cameán.

Na valoración da situación familiar téñense en conta tres factores diferenciais, como son a situación laboral, a económica das unidades familiares, a social da persoa solicitante e tamén criterios de saúde na unidade familiar ou nos e nas menores que se introduciron o pasado ano, como a intolerancia alimentaria. O principal criterio a ter en conta para a súa adxudicación será o económico, na busca de axudar a aquelas familias que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade, polo que se repartirán un máximo de 10 puntos (no que os 10 son para as rendas per capita de menos de 3.000 euros anuais e 0, para as de máis de 6.000 euros). Este ano, para valorar a situación económica dos traballadores por conta allea teranse en conta os ingresos de todo 2017, e non xa das tres últimas nóminas ou dos dous últimos trimestres como se facía anteriormente, xa que se considera un criterio máis igualitario. As bases incorporan este ano os criterios de valoración có que se fai o cómputo de baremación para darlle máis transparencia ao proceso.