Home » Noticias » Currently Reading:

Xustiza Social abre o prazo de matrícula para o curso que vén nas escolas infantís municipais, nas que o ano pasado o 15% do alumnado obtivo a tarifa gratuíta

junio 1, 2018 Noticias No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados vén de publicar a lista definitiva de nenos e nenas admitidos e en lista de agarda na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2018-2019, que se pode consultar no web ​www.edu.coruna.es/ga/reim​. Tras a finalización do prazo de alegacións á lista provisional de adxudicacións, esta mañá abriuse o prazo de matrícula, que se pechará o vindeiro 14 de xuño.

Este será o segundo curso no que a REIM, que dispón de 829 prazas, conte con oito tramos de tarificación, unha medida impulsada polo goberno local e que axustan o importe da tarifa correspondente a cada tramo á capacidade económica familiar que se deriva da súa inclusión nun determinado tramo da renda. Tal e como apunta a titular da área de Xustiza Social, Silvia Cameán, esta modificación “favorece que familias nunha situación de maior vulnerabilidade poidan contar con tarifas que se axustan a súa situación vital”. Así, o curso pasado, 126 alumnas e alumnos foron beneficiarias da tarifa gratuíta, o que supuxo un 15% do alumnado da Rede, que conta con nove centros –A Caracola, Arela, Agra do Orzán, Carricanta, Os Rosais, Luís Seoane, Monte Alto, Os Cativos, Carmen Cervigón–. Ademais deste treito gratuíto, o resto de tarifas das escolas infantís van dende os 5 euros ao mes para nos casos de ingresos per cápita inferiores ao 50% do IPREM ate un máximo de 105 euros para unidades familiares con ganancias superiores nun 200% ao IPREM.

“Este goberno entende a educación pública como unha ferramenta fundamental para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, por iso traballa para xerar igualdade de oportunidades desde o propio acceso á educación infantil, para non deixar atrás a ningunha nena ou neno desta cidade, independentemente da súa situación económica”, apunta a concelleira.

Comment on this Article:

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.