Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 10% EN MÓVILES DE SEGUNDA MANO

OFERTA TODOCONSOLAS: 10% EN MÓVILES DE SEGUNDA MANO

Recent Articles:

O alcalde asina con 25 entidades da cidade o acordo marco do Pacto Local polo Emprego, que promove a inserción laboral e a coordinación de políticas activas para o fomento da actividade económica

noviembre 24, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou hoxe con 25 entidades do tecido empresarial e social da cidade o acordo marco que establece as bases do Pacto Local polo Emprego. Foi nun acto en María Pita no que, ademais do concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participaron os e as representantes das asociacións participantes nesta iniciativa, que busca “promover a mellora da empregabilidade e a inserción laboral das persoas demandantes de emprego do Concello da Coruña”. Tanto a administración local como as institucións e asociacións que firmaron este Pacto comprométense non só a favorecer un traballo en rede e coordinado co obxectivo de fomentar a actividade económica e, por tanto, a contratación, senón tamén a facilitar o cumprimento do Plan Municipal de Emprego, artellado de forma participada entre o goberno local e os principais actores implicados no sector.

Ademais do propio Concello, o resto de entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego son a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), Arquitectura sen Fronteiras, Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Asociación Down Coruña, Asociación de Empresarias da Coruña, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), Asociación de Jóvenes Empresarios da Provincia da Coruña (AJE), Asociación de Traballadores por conta propia de Galicia (ATA-Galicia), Cámara de Comercio da Coruña, Cáritas interparroquial da Coruña, CCOO, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Cooperativas Espazocoop, Cruz Vermella na Coruña, Ecos do Sur, Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES), Fundación Juan Soñador, Fundación Juana de Vega, Fundación Mujeres, Fundación Ronsel, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Universidade da Coruña (FUAC), UGT e Universidade da Coruña (UDC). … Leer más

O Concello apoia a celebración de obradoiros de sensibilización ambiental dirixidos ao público infantil con instrumentos reciclados

noviembre 24, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Medio Ambiente, área que dirixe María García, informa que durante todos os sábados dos meses de novembro e decembro, están a ter lugar os Obradoiros de mantras e sensibilización ambiental dirixidos ao público infantil e a persoas con diversidade funcional. A iniciativa, que conta co apoio do Concello da Coruña a través da convocatoria de subvencións Cultura Ambiental, está impulsada pola Asociación Cultural Tres por Cuatro, e conta coa participación do músico Robert Pier. A proposta ofrece ás nenas e nenos de entre 4 e 11 anos a oportunidade de achegarse á ecoloxía a través dun repertorio musical de breves cancións, creado por Pier, no que os elementos naturais son os protagonistas. Ademais, a iniciativa propón crear instrumentos con materiais reciclados recollidos con anterioridade, como botellas de plásticos, latas, chapas ou outros, e que se lle poidan dar utilidade para acompañar o ritmo dos mantras propostos polo artista.

Tras visitar os barrios dos Rosales e Labañou, este sábado a proposta terá lugar no Centro Cívico da Cidade Vella entre as 11.00 e as 13.00 horas. Xa no mes de decembro, os obradoiros continuarán no Ágora, Eirís, Monelos e pechará o ano no Museo de Arte Contemporáneo (MAC). A participación nos obradoiros é gratuíta, pero as prazas por sesión son limitadas, polo que é necesario realizar a inscrición previa no correo electrónico t resporcuatro.12@gmail.com

A praza de María Pita acolle este sábado un acto aberto á cidadanía polo Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

noviembre 24, 2017 coruna No Comments

A praza de María Pita acollerá este sábado, 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, unha concentración aberta á cidadanía para visibilizar en común e mostrar o rexeitamento ás violencias machistas, dentro da campaña ‘A Coruña en Negro contra as Violencias Machistas’, unha iniciativa na que participan 75 concellos e 3 Deputacións de Galicia. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, será o encargado de ler o manifesto, nun acto ao que o Concello convida a sumarse a todas as persoas, entidadesecolectivosdacidade.

Desde a Concellería de Igualdade e Diversidade, impulsora desta iniciativa na cidade, chaman igualmente a acudir con roupa negra e cos materiais da campaña #ACoruñaEnNegro, que se poden descargar dende a web da propia concellería, http://www.coruna.gal/igualdade , ou en http://ennegrocontraasviolencias.gal , e tamén poden solicitarse directamente á oncellería a través do correo senviolenciasmachistas@coruna.es, ou ben recollerse o propio sábado 25 en María Pita, a partir das 11.00 horas, cando se procederá ao reparto de camisetas e materiais coa imaxe da campaña. Como tamén indican desde a área municipal de Igualdade e Diversidade, todas aquelas persoas que desexen participar pero que non poidan acudir á convocatoria poderán sumarse enviando unha foto súa, ou do seu equipo de traballo, con algúns dos materiais da campaña ‘A Coruña en Negro’. Estas imaxes difundiranse a través das redes sociais municipais e formarán parte dunha galería vinculada á campaña. Tamén poden compartirse desde os perfís persoais empregando os cancelos #ACoruñaEnNegro e #ContraAsViolencias, que é a etiqueta común para todos os municipios de Galicia, e citando á Concellaría de Igualdade no perfil @IgualdadeCoruna.

O Concello impulsa a renovación do estadio de Riazor “coa adxudicación dunha obra que mellora un equipamento urbano icónico e que proxectará a imaxe da Coruña no exterior”

noviembre 23, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e os concelleiros de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentaron este mércores a proposta gañadora para levar a cabo a redacción e execución do proxecto de reforma e conservación da cuberta e das estruturas metálicas das bancadas do estadio de Riazor, unha vez que a adxudicación recibiu o visto bo da Xunta de goberno local, esta mesma mañá. A proposta, adxudicada á firma Arias Infraestruturas por 7,162 millóns de euros, supón, en palabras do primeiro edil, “unha obra máis que relevante para a cidade, porque significa darlle unha nova imaxe ao que xa é un edificio icónico, no que vai ser o estadio do século XXI”. “O estadio de Riazor é un dos símbolos da Coruña e esta obra vai permitir solucionar o problema estrutural das cubertas, e ao mesmo tempo, mellorar un equipamento urbano con gran valor funcional que se sitúa no centro da Coruña, o que consideramos que é, fronte a outros modelos, un valor que servirá para proxectar a imaxe da cidade no exterior”.

Con esta proposta, que foi a mellor valorada tecnicamente polo persoal municipal, resólvense, segundo apuntou o rexedor, cuestións prioritarias, “como é afrontar a cuestión estrutural, pero tamén a calidade estética do proxecto, as posibilidades de mantemento e conservación da cuberta ou a súa protección contra o ambiente mariño e a corrosión pola proximidade do mar”: Ferreiro subliñou tamén a redución de tempos de obra que supón esta elección, que prevé a execución total da reforma no ano 2018, e destacou que a proposta seleccionada programa ademais futuras intervencións que lle darían ao estadio unha solución estética unitaria e definitiva. “Esta proposta xa está contemplando solucións estruturais que compatibilizan a obra das cubertas, que é responsabilidade do Concello, cunha intervención no resto do peche do estadio, e cónstame que o Deportivo está interesado en dar continuidade a todo o resto de melloras”, incidiu, advertindo que as recreacións do proxecto recollen, non só o resultado da obra das cubertas, senón a previsión de como quedaría a reforma completa. Tamén, o alcalde avanzou, como proxecto “de futuro”, a medio ou longo prazo, actuacións de mellora na contorna do estadio, que poidan complementar a súa reforma “e servir para aumentar a calidade de vida e o atractivo do barrio, e reforzar o valor icónico do estadio”. … Leer más

O Concello culminará de xeito inminente as obras do Camiño do Correlo, “que permitirán adaptar unha vía histórica ás necesidades actuais de accesibilidade e mobilidade”

noviembre 23, 2017 coruna No Comments

O Concello prevé rematar nas próximas semanas as obras que está a acometer no Camiño do Correlo, en Feáns, unha actuación que xa está en marcha e que “dá resposta a unha petición formulada pola asociación veciñal da zona para mellorar a accesibilidade ao núcleo histórico do barrio, de forma que a cidadanía desta parte do distrito 4 vexa igualados os seus dereitos aos do resto do municipio”. Así o aseverou o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, que esta semana acompañou ao alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, a supervisar o avance desta importante actuación.

As obras, que foron adxudicadas por 110.994,51 euros, comprenden a urbanización do Camiño do Correlo, vía orixinariamente rural que é un elemento fundamental de unión nos camiños que conectan Feáns con Santa Icía e Pastoriza. “O que pretendemos é poñer en valor un espazo tan significativo adecuando as súas características ás necesidades contemporáneas da poboación”, comentou o responsable municipal, que explicou que a intervención consiste en “compatibilizar o espazo para o tráfico de automóbiles e de peóns”. “Os usos contemporáneos que se lle dan a este tipo de vías son moi variados, xa que non só se reducen á circulación de automóbiles e maquinaria agrícola, senón que cada vez incorporan máis usos de lecer, como zonas de paseos, socialización de maiores ou práctica do sendeirismo. Estes novo usos fan necesario que garantamos unha coexistencia segura entre o peón e o automóbil”, explicou o concelleiro Varela, que conveu que “no caso do Correlo entendemos que unha vía con calzada e beirarrúas non era a solución máis axeitada”.

Desta forma, o departamento de Rexeneración Urbana proxectou unha actuación no Correlo que dote a vía dunha plataforma única, empregando diferentes materiais de forma que se diferencien con facilidade as distintas zonas. O espazo reservado aos automóbiles será unha superficie asfaltada cunha anchura de 3 metros, mentres que os laterais para o uso peonil quedarán resoltos en formigón, ao igual que as interseccións onde se conecte a calzada con outros camiños rurais. “Ao usar distintos materiais tamén advertimos, de xeito máis sinxelo, os cruces ou os espazos estreitos”, explicou Varela.

“Ademais, outras das accións importantes que levamos a cabo para modernizar, adaptar e igualar o Camiño do Correlo a outras vías da cidade consiste en introducir no subsolo os servizos urbanos de saneamento e electricidade, renovando os mesmos e adaptándoos aos estándares do termo municipal”, comentou. Esta intervención inclúe a condución de drenaxe da auga das fincas que se atopan nas beiras do camiño, a rede de pluviais e o soterramento da rede eléctrica, que até agora era aérea, así como as redes de alumeado público e as conducións de reserva.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...