Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 10% DE DESCUENTO EN PRODUCTOS HUEWEI DE SEGUNDA MANO

OFERTA TODOCONSOLAS: 10% DE DESCUENTO EN PRODUCTOS HUEWEI DE SEGUNDA MANO

Recent Articles:

A Concellaría de Xustiza Social abre este xoves o prazo para solicitar unha das 14 bolsas de prácticas no estranxeiro para FP que oferta dentro do programa Acoreuropa VI

enero 31, 2018 coruna No Comments

A Concellaría de Xustiza Social e Coidados abre o próximo xoves día 1 e até o 18 de febreiro a convocatoria do proxecto Acoreuropa VI para que titulados e tituladas en ciclos medios de FP poidan solicitar unha bolsa de prácticas en países da Unión Europea. Na segunda edición deste programa, que promove o Concello da Coruña en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, convócanse 14 bolsas de tres meses de duración para prácticas laborais en empresas de Irlanda, Italia, Austria e Francia, que se levarán a cabo entre maio e agosto desde ano.

As persoas beneficiarias da bolsa recibirán unha axuda mensual para cubrir a súa estadía de entre 800 e 1.100 euros, segundo o país de destino, ademais de ter cubertos todos os gastos da viaxe, o aloxamento e os seguros de atención sanitaria e responsabilidade civil. O Concello tamén se fai cargo da búsqueda das empresas e os aloxamentos, así como a organización e xestión de todos os aspectos das prácticas.

O programa está dirixido a persoas tituladas en ciclos medios de FP antes do mes de decembro de 2017 e que cursaran os estudios nalgún dos centros docentes públicos asociados a Acoreuropa VI nesta edición: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIF Someso, IES A Sardiñeira, IES Calvo Sotelo, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, CPR Cruz Vermella, CPR Grande Obra de Atocha e CPR Liceo La Paz.

A inscrición pode facerse na web de educación do Concello ( www.edu.coruna.es ), pero a documentación que xustifica o cumplimento dos requisitos deberá presentarse en calquera dos rexistros municipais, ubicados no pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Mesoiro ou no centro Ágora. Unha comisión será a encargada de seleccionar as e os bolseiros, para o que terán en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal na que, ademais da comisión, haberá representantes do Concello e dos centros docentes asociados ao programa.

As bolsas terán a seguinte distribución: tres prazas en Florencia (Italia), outras tres en 3 Lisboa (Portugal), catro en Cork (Irlanda), dúas bolsas en Viena (Austria) e, finalmente, outras dúas en Burdeos (Francia).

O Concello mantén aberto o prazo de inscrición ordinario do X Medio Maratón Coruña21 até o 10 de febreiro

enero 31, 2018 coruna No Comments

A décima edición do Medio Maratón Coruña21, a primeira das tres grandes carreiras da tempada, celebrarase o domingo 18 de febreiro. A proba, que percorrerá o núcleo urbano do termo municipal, terá a súa saída e meta no Canton Grande e contará cun trazado de 21.097,50 metros homologado pola Real Federación Española de Atletismo. O Concello mantén aberto o prazo de inscrición á proba, que se pode realizar a través da web da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com, até as 00.00 horas día 10 de febreiro, así como de forma presencial –até o 3 de febreiro– no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de Ramón y Cajal e no Marineda City, ademais dos centros da entidade en Santiago de Compostela e Vigo. A cota de inscrición para todas aquelas persoas de colectivos sen bonificación, até o día 10 de febreiro, será de 15€ e, a continuación, abrirase un segundo prazo extraordinario do 11 ao 13 de febreiro, no que o prezo será de 25€. Non se aceptarán inscricións fóra destes dous prazos establecidos. No caso do colectivo que se poida beneficiar da bonificación do 50% –maiores de 65 anos, posuidoras do Carné Xove ou desempregadas–, as persoas deberán acreditar estas circunstancias a través dunha declaración responsable no momento de formalizar a inscrición e, a continuación, enviar os documentos correspondentes –fotocopia do DNI e do Carné Xove, así como do informe de períodos de altas e baixas expedido polo INEM antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia do cartón de desemprego– antes das 00.00 horas do 10 de febreiro. O goberno local lembra que, nesta ocasión, ao igual que nas dúas últimas edicións da proba, Coruña21 manterá o seu carácter accesible ao permitir a participación de deportistas en cadeira de rodas que cumpran as normas do IPC Athletics.

Unha vez formalizada a inscrición, as persoas participantes poderán recoller os seus dorsais –que incluirán un código QR para rexistrar os tempos–, que serán de uso persoal e intransferible, os días 16 e 17 de febreiro no Departamento de Deportes de El Corte Inglés no centro comercial Marineda City, en horario de 17.00 a 21.30 horas o venres 16, e de 10.00 a 21.30 horas o día 17. As e os atletas que non poidan recoller os seus dorsais nestes horarios, poderán facelo o propio día da proba, na zona da saída, entre as 08.00 e as 09.00 horas. A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento lembra que a inscrición, así como o uso de dorsal, é imprescindible para a cronometraxe. … Leer más

A programación do Entroido 2018 levará “actividades a todos os barrios e centrarase no público infantil e na recuperación da tradición cultural dunha festa marcada polo humor”

enero 30, 2018 coruna No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a programación municipal para Entroido 2018, con actividades que se desenvolverán dende este venres, 2 de febreiro, até o 14. Nunha rolda de prensa, acompañado de representantes do Carnaval coruñés –integrantes das comparsas, choqueiras e artistas–, o edil salientou que “o Concello plantexou esta festa dunha forma descentralizada, tratando de levar actividades a todos os barrios, con actuacións especialmente centradas no público infantil e, tamén, cunha vocación ilustrada, tratando de recuperar e poñer en valor a histórica tradición cultural vinculada a unha festa irreverente”.

As actividades relacionadas co Entroido 2018 comezarán xa o vindeiro venres, 2 de febreiro, coa tradicional Festa da Orella, para dar paso, o domingo, ao Concurso de Comparsas, na súa modalidade de música e letra, que terá lugar no Pazo da Ópera, o mesmo escenario que o día 9 acollerá a Festa da Filloa. Esa será a xornada na que se inicie a programación máis forte do Carnaval, coa entronización do Deus Momo (ás 21.00 horas, no Cantón Grande) e o velorio da sardiña, que terá lugar entre as 23.30 e as 01.30 horas no Art Café (Rúa Santo Tomás, 28, baixo) e se repetirá todos os días até o 13 de febreiro. … Leer más

O programa ‘Ao meu xeito!’ posibilitou en 38 centros de ensino da cidade 105 actividades “participadas pola comunidade e adaptadas ás necesidades reais do alumnado”

enero 30, 2018 coruna No Comments

O programa Ao meu xeito!, promovido pola Concellería de Xustiza Social e Coidados, permitiu na súa primeira edición a posta en marcha de 105 accións educativas nun total de 38 centros de ensino da cidade. Como explica a concelleira desta área municipal, Silvia Cameán, as máis dun centenar de actividades programadas partiron das propostas da propia comunidade educativa, tanto das direccións dos centros como das asociacións de nais e pais, “seguindo o espíritu do programa de favorecer o autogoberno dos centros”. Así, organizáronse concertos, obras de teatro, contacontos, obradoiros, charlas e conferencias e actividades extraescolares e deportivas por valor de 65.688 euros achegados pola concellería nesta primeira edición do programa. “O obxectivo agora é continuar a estender a iniciativa entre os centros da cidade, para que poidan articular espazos de autonomía e adaptar os proxectos educativos, participados pola comunidade, ás necesidades reais do alumnado”, indicou Cameán.

Como pon de relevo a responsable municipal, as comunidades dos centros educativos que participaron desta primeira edición escolleron actividades moi variadas que van dende festas clásicas como o magosto e outras accións máis habituais nos centros como contacontos, elaboración de xogos artesanais, animación á lectura ou concertos até obradoiros sobre plantas medicinais, construción bioclimática, sesións de formación no uso de impresoras 3D, en robótica, charlas sobre cultura urbana ou talleres de rap, grafittis ou poesía. Outras actividades están máis orientadas a promover unha alimentación saudable ou formar aos rapaces e rapazas sobre a educación asistida con animais como medio de inclusión para o alumnado con e sen necesidades educativas especiais e/ou diversidade funcional.

O programa municipal Ao meu xeito! está dirixido a favorecer participación e o autogoberno dos centros educativos, para que todos e todas as axentes do ámbito escolar –nais, pais, estudantes, docentes e equipos directivos– poidan deseñar accións educativas e poñelas en práctica contando co apoio económico e de asesoramento do Concello. “No modelo de cidade que promovemos, o da Coruña Próxima, os centros docentes son auténticas escolas de democracia onde a reflexión, a deliberación e os acordos consensuados deben de ser unha estratexia habitual na construción da Educación”, incidiu a concelleira. O programa, para o que estiveron dispoñibles ata 100.000 euros neste curso, vai destinado a escolas infantís municipais (EIM), colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIP), centros de Educación Especial (CEE), centros integrados de Formación Profesional (CIFP), institutos de Ensino Secundario (IES), conservatorios de danza (CDAN), conservatorios de música (CMUS), escolas de arte (EASD), centros públicos de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) e escolas de música (ESMU). As accións que se poden propoñer poden estar enfocadas a implicar á comunidade educativa na mellora do centro ata a realización de actividades educativas complementarias ou extraescolares.

A concellería de Emprego e Economía Social pon en marcha a campaña ‘O noso comercio si que vale’ para dinamizar as compras nos barrios

enero 29, 2018 coruna No Comments

A concellería de Emprego e Economía Social inicia un novo programa para fomentar as compras no comercio de proximidade. Na campaña O noso comercio si que vale sortearanse vales de compras por un valor total de 60.000 euros para canxear en más de 600 tendas dos barrios da cidade, incluidos os postos dos mercados municipais, en dúas tandas. A primeira comezou o pasado luns día 22 e remata o 21 de febreiro. A segunda fase terá lugar o próximo outono. “A finalidade da campaña é axudar aos pequenos estabelecementos a fidelizar a clientela e poñer en valor o comercio de proximidade”, salientou o titular do departamento, Alberto Lema.

Cada tenda dispón dun número determinado de papeletas que repartirá entre a súa clientela segundo o importe da compra realizada. De 10 a 20 euros de gasto a compradora ou comprador recibirá unha papeleta. Entre 20 e 50 euros serán dúas e, a partir dos 50 euros, terán dereito a tres. Os comercios que están adheridos ao programa contan con carteis identificativos e tamén urnas para depositar os títulos para o sorteo, o primeiro dos cales se celebrará o 2 de marzo. As persoas premiadas nesta primeira fase da campaña poderán utilizar os vales entre o 5 e o 24 de marzo para mercar en calquera dos 600 estabelecementos que forman parte da iniciativa.

Cada fase da campaña repartirá 30.000 euros, que se dividen en cinco premios de 1.000 euros, outros cinco de 750 euros, sete vales por 500 euros, 20 de 250 euros, 40 premios de 100, medio centenar de vales por 75 euros e, finalmente, 100 premios de 50 euros.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...