Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 50€ DE DESCUENTO EN SAMSUNG S9 Y S9 PLUS DE SEGUNDA MANO

OFERTA TODOCONSOLAS: 50€ DE DESCUENTO EN SAMSUNG S9 Y S9 PLUS DE SEGUNDA MANO

Recent Articles:

O Concello habilitará o período entre o 15 de xuño e o 1 de xullo para que as persoas que o soliciten poidan realizar sardiñadas no espazo público “dunha forma responsable e sen risco”

junio 7, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Concello habilitará o período entre o 15 de xuño e o 1 de xullo para que as persoas que o soliciten poidan realizar sardiñadas no espazo público “dunha forma responsable e sen risco”

O Concello da Coruña procedeu este mércores a publicar o bando municipal que regula as actividades estivais relacionadas coa festa de San Xoán, así como coa celebración de churrascadas, barbacoas e sardiñadas. A concelleira de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, destacou o esforzo realizado pola administración local para artellar un dispositivo que garanta que a cidadanía non estará exposta a riscos innecesarios na vía pública durante este verán. Por outro lado, a tamén responsable da área de Igualdade e Diversidade, sinalou a necesidade de que “a veciñanza se corresponsabilice para, entre todos e todas, lograr unhas festas completamente libres de violencias e delitos de odio”. O bando, publicado hoxe nos principais xornais da cidade, convida aos e ás cidadás “a alertar ante calquera manifestación que vulnere a liberdade e o gozo das persoas atendendo especialmente ás violencias machistas, así como as fobias de carácter racista e xenófobo ou contra o colectivo LGTBQI”.

Como norma xeral, o Concello permitirá este ano realizar sardiñadas, churrascadas ou similares en espazos de titularidade pública entre o venres 15 de xuño e o domingo 1 de xullo, ambos incluídos. Para iso, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación previa por escrito a Área de Seguridade Cidadá cunha antelación mínima de 24 horas. A veciñanza que así o desexe poderá descargar da web municipal o modelo de comunicación previa. Co obxectivo de xerar os menores prexuízos posibles, e tendo en conta que estamos a falar de espazos de titularidade pública, as churrascadas só poderán realizarse entre as 13.00 e as 16.00 horas e as 20.00 e as 00.00 horas. “Como nos últimos anos, especificamos que a distancia de grellas e barbacoas ao arborado será, cando menos, de 10 metros, do mesmo xeito que tamén haberá que gardar unha distancia de seguridade con elementos combustibles ou que poidan resultar danados, como mobiliario urbano, cristaleiras, colectores do lixo…”, explicou. Os lumes que se realicen deberán ser de pequenas dimensións e as beirarrúas deberán quedar libres para permitir o tránsito peonil. Ademais, unha vez rematado, as persoas solicitantes deberán deixar limpo o espazo autorizado. … Leer más

A Deputación da Coruña destina 55.500 euros a mellora da rede de saneamento do Porto do Son

junio 7, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña destina 55.500 euros a mellora da rede de saneamento do Porto do Son

O deputado e responsábel da área de Cooperación cos concellos da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde do Porto do Son, José Luis Oujo Pouso, asinaron un convenio de colaboración para abordar a instalación de colectores de saneamento nas parroquias sonenses de Miñortos e Nebra.

Mediante este acordo, a institución provincial apoiará cunha partida económica de 55.500 euros os custes dun proxecto cuxo orzamento total ascende até os 69.375 euros, asumindo, xa que logo, o 80% do importe dunha actuación da que se beneficiarán preto de 1.200 veciños e veciñas do Son. … Leer más

Elefante Elegante presenta no Teatro Colón o espectáculo sensorial “Tropical”

junio 7, 2018 coruna Comentarios desactivados en Elefante Elegante presenta no Teatro Colón o espectáculo sensorial “Tropical”

A área de Cultura da Deputación da Coruña e a compañía de teatro, Elefante Elegante, presentan este venres 8 de xuño (20:30 horas) no Teatro Colón a obra “Tropical”. Un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla ao espectador no universo dunha peculiar viaxe, chea de matices e dimensións.

O escenario do Colón acolle a representación dunha peza que xira arredor dun cruceiro ateigado de turistas entretidos que, durante a súa viaxe, atopan unha balsa repleta de refuxiados.

Coa ironía como fío condutor, a obra presenta os acontecementos que se suceden nunha embarcación empraza a cinco grupo de persoas viaxeiras heteroxéneo, entre os que se atopan turistas, emigrantes, polisóns, músicos e mariñeiros, dando lugar a dúas realidades moi distintas. Dunha parte, a das persoas que viaxan do norte ao sur nun cruceiro sedutor, e pola outra,  as que realizan o itinerario a inversa, do sur ao norte, na procura de fuxir da fame e dos cascallos dos seus países de orixe. No entanto, todas elas teñen un obxectivo común, a procura da felicidade. … Leer más

Crece más del doble desde 2015 el número de proyectos emprendedores apoyados por la Cámara de A Coruña

junio 7, 2018 coruna Comentarios desactivados en Crece más del doble desde 2015 el número de proyectos emprendedores apoyados por la Cámara de A Coruña

La Cámara de Comercio de A Coruña apoyó en 2017 a 354 proyectos emprendedores, más del doble de los que utilizaron los servicios de la entidad en 2015 (161). Además, la Cámara asistió el pasado año la creación de un total de 82 empresas, también más del doble que en 2015. Y es que la actividad emprendedora ha crecido en los últimos años y la Cámara se ha adaptado a las necesidades existentes proporcionando una mayor oferta de actividades dirigidas a este colectivo.

La Cámara de A Coruña también presta servicios como mediadora entre emprendedores y entidades financieras para la obtención de financiación. Así, la suma total de los microcréditos concedidos gracias a la mediación de la Cámara durante 2017 ha ascendido a más de 350.000 euros.

La Cámara de A Coruña cuenta con varios programas cofinanciados por el Fondo Social Europeo, dirigidos a los emprendedores. Uno de ellos es España Emprende, que ofrece apoyo y asesoramiento en todas las fases que componen la vida de la empresa, y otro es el Programa de Apoyo Empresarial a Mujeres (PAEM). … Leer más

A edil María García salienta, no Día do Medio Ambiente, a aposta do goberno local polo programa de educación ambiental, que chegará este curso a máis de 6.190 rapazas e rapaces

junio 6, 2018 coruna Comentarios desactivados en A edil María García salienta, no Día do Medio Ambiente, a aposta do goberno local polo programa de educación ambiental, que chegará este curso a máis de 6.190 rapazas e rapaces

A concelleira María García destacou no Día Mundial do Medio Ambiente, o interese do goberno local por achegar á cidadanía “coñecemento sobre a contorna natural e conservación do medio, de cara a impulsar transformacións nos hábitos individuais e colectivos” a través do programa municipal de educación ambiental. Este ano a área que dirixe reforzou a súa programación coa ampliación das súas actividades de sensibilización e visibilización “tanto na súa diversidade temática, como no formato no que se presentan”, co obxectivo de chegar “a un público máis amplo”, expuxo a edil.

Así, desde o inicio do curso 2017-2018, máis de 5.384 escolares dos centros educativos da Coruña participaron en actividades do programa de educación ambiental, que se estenderá até o final deste mes de xuño para atender a un total de 6.193 rapazas e rapaces. Dentro da programación promovéronse tamén, para diferentes públicos, 13 cursos, xornadas e talleres en distintos equipamentos públicos. En concreto, a Concellería apostou pola diversificación de espazos nos que se realizan as actividades de educación ambiental, “incidindo naqueles lugares ou equipamentos de maior afluencia”, sinalou García. Deste xeito, os centros cívicos acolleron obradoiros vinculados á xestión de residuos, as bibliotecas municipais, charlas sobre literatura de natureza e os mercados municipais foron protagonistas dunha campaña para reducir o uso de bolsas de plástico.

… Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...