Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS PS4 (SEGUNDA MANO)

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS PS4 (SEGUNDA MANO)

Recent Articles:

O Pleno aproba de forma definitiva o estudo de detalle necesario para a ampliación do comedor do CEIP Ramón de la Sagra

octubre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Pleno aproba de forma definitiva o estudo de detalle necesario para a ampliación do comedor do CEIP Ramón de la Sagra

O goberno local deu un novo paso no seu compromiso coa educación pública de calidade e coa mellora dos centros educativos públicos da cidade, logo de que o Pleno municipal ratificase a aprobación definitiva do estudo detalle para a ordenación de volumes no CEIP Ramón de la Sagra, trámite necesario para levar a cabo o proxecto municipal de ampliación do comedor que emprega o alumnado deste centro educativo. A iniciativa saíu adiante cos votos a favor do grupo de goberno, o PP e o PSOE (a concelleira do BNG non puido asistir á sesión plenaria por motivos de saúde). Como indicou o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, o estudo de detalle é un trámite que consiste na ordenación dos volumes que ocupan a parcela de equipamento público, necesario segundo o actual PXOM para poder ampliar o comedor. O pasado ano, o goberno local xa acometeu as obras de reparación e mellora da zona de xogos infantís deste centro educativo “que se atopaba moi degradada, especialmente logo das polémicas obras acometidas pola Xunta de Galicia para a substitución dunha cuberta con presenza de amianto”. O responsable municipal salientou a dilixencia coa que o executivo levou a cabo os trámites precisos para abordar esta actuación. O estudo de detalle foi aprobado de forma inicial en maio pola Xunta de Goberno Local, mentres que en xuño conseguiu o informe favorable de Patrimonio e en setembro a luz verde de aviación civil sobre servidumes aeronáuticas.

… Leer más

O alcalde traslada á ministra de Economía as reivindicacións do colectivo de pensionistas na entrevista mantida esta mañá en María Pita

octubre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en O alcalde traslada á ministra de Economía as reivindicacións do colectivo de pensionistas na entrevista mantida esta mañá en María Pita

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, recibiu no Pazo de María Pita á ministra de Economía, Nadia Calviño. Nun breve encontro, logo de que a responsable política asinara no libro de ouro da cidade, o rexedor trasladoulle de forma persoal unha carta coas reivindicacións do colectivo de pensionistas Modepen que, entre outras cuestións, solicitan do goberno central a derrogación das reformas laborais dos anos 2010 e 2012 xa que “as súas consecuencias, nefastas para a calidade do emprego, poñen en risco, ademais, a sustentabilidade do futuro das pensións”. Do mesmo xeito, o rexedor solicitou a “implicación” da ministra, de orixe coruñés, para acadar unha solución participada que garanta o uso e titularidade pública dos terreos do bordo litoral, así como a necesaria asunción de medidas que eviten que estes espazos poidan ser usados como fórmula de compensación ante a débeda da Autoridade Portuaria, contraída de forma maioritaria pola obra de construción do Porto Exterior de Punta Langosteira.

Nunha comparecencia posterior ante os medios, e en canto ás reivindicacións do colectivo de persoas pensionistas, Ferreiro manifestou que existen abondosos datos que corroboran a necesidade de que o executivo central aborde medidas que palien a situación destas persoas.

“Hai datos que creo que cómpre ter en conta e que evidencian o empobrecemento deste colectivo, como os do propio INE, que indican que Galicia é a comunidade máis envellecida do Estado e que na Coruña o colectivo de persoas maiores de 64 anos ascende ao 24%”, indicou o primeiro edil, que tamén recordou que a Enquisa de Condicións de Vida de 2016 evidenciaba que case o 30% das familias teñen a súa principal fonte de ingresos nas pensións.

“Penso que a ministra foi sensible ao que lle comentei”, comentou o alcalde, que referendou o compromiso do goberno local co colectivo de pensionistas, que motivou, o pasado febreiro, unha moción presentada polo grupo que sustenta ao goberno no Pleno municipal e na que se reclamaba, entre outras cuestións, a derrogación das últimas reformas laborais e a desaparición da fenda de xénero nas pensións, que deben revalorizarse co IPC real.

Con respecto ao futuro do bordo litoral, Ferreiro insistiulle á ministra “na necesidade de que o goberno de España amose receptividade ás demandas da Coruña para a protección destes terreos”. “É positivo que as palabras vaian dando paso aos feitos”, dixo o alcalde en relación á xuntanza entre Concello e Puertos del Estado que está pendente de concretar, así como ao anuncio por parte do Ministerio de Fomento “de que hai disposición a convocar a comisión de seguimento dos convenios de 2004, tal e como lle vimos demandando dende hai tempo”.

Non obstante, o alcalde coruñés advertiu de que “xunto a estes sinais positivos, existen outros que non o son tanto”. Así, fixo notar a súa preocupación con respecto ás ultimas declaracións do titular de Fomento sobre a construción da conexión ferroviaria con Langosteira. “É unha obra moi necesaria e é necesario que o financiamento desta obra quede garantido, xa que é o que nos permitirá dotar de operatividade o porto exterior”, dixo Ferreiro. “Pero, evidentemente, o debate non pode ser entre o tren a Punta Langosteira ou a condonación da débeda da Autoridade Portuaria ou a asunción de medidas equivalentes”, contrapuxo, á vez que recordou que esta é unha demanda avalada por acordos maioritarios ou unánimes acadados tanto no Pleno da Coruña como da Deputación, no Parlamento de Galicia ou no Congreso.

… Leer más

Valentín González Formoso recibe na Deputación á ministra de Economía e Empresa, Nadia Calviño

octubre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en Valentín González Formoso recibe na Deputación á ministra de Economía e Empresa, Nadia Calviño

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu na sede da institución provincial á ministra de Economía e Empresa do Goberno de España, Nadia Calviño.

No salón de plenos, a ministra escribiu un pequeño texto no Libro de Ouro da Deputación, agradecendo “a hospitalidade a esta coruñesa de corazón” durante un acto ao que asistiron tamén o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e os portavoces dos distintos grupos políticos representados na corporación provincial. … Leer más

Máis de 200 unidades de convivencia perciben na Coruña a Renda Social Municipal, que cumpre dous anos desde a súa implantación

octubre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en Máis de 200 unidades de convivencia perciben na Coruña a Renda Social Municipal, que cumpre dous anos desde a súa implantación

A Renda Social Municipal cumpre dous anos desde a súa posta en marcha. A medida, impulsada pola Concellería de Xustiza Social, ten como obxectivo atender as necesidades máis básicas de persoas en situación de vulnerabilidade da cidade a través dunha cobertura económica e un itinerario de inserción sociolaboral para que favorecer que poidan recuperar a súa autonomía. “A Renda Social é unha prestación que non existía na cidade até o ano 2016, e que agora permite a máis de 200 unidades de convivencia poder pagar as súas necesidades básicas para a vida”, explica Silvia Cameán, quen destaca que, ao longo dos nove primeiros meses deste 2018, o Concello investiu un total de 753.732,47 euros na iniciativa, que pasou de contar con 132 unidades de convivencia beneficiarias no mes de xaneiro até subir ás 204 o pasado setembro. Durante o pasado 2017, o primeiro exercicio completo no que se resolveron os expedientes desta prestación, concedéronse un total de 137 axudas nas que o Concello investiu 397.889,65 euros.

Tal e como lembra Cameán, a Renda Social Municipal foi unha das primeiras medidas impulsadas polo goberno local de cara á transformación do modelo de servizos sociais na Coruña, coa finalidade de ofrecer unha atención máis próxima e personalizada, e que vén referendada, entre outras medidas, pola recente descentralización dos servizos sociais nos barrios. “Estamos moi orgullosas desta prestación, que foi posible poñer en marcha grazas á implicación de distintos servizos municipais así como de entidades do terceiro sector da cidade. Despois de dous anos, os datos falan dunha medida que está completamente implementada e cunha evolución claramente favorable. Avanzamos cara a unha cidade máis xusta e igualitaria, cara a unha Coruña cun maior número de oportunidades para todas a súa veciñanza e que sitúa a todas as persoas nun primeiro plano”, expón Cameán, quen destaca que algunhas das extincións da Renda Social deste exercicio veñen motivadas “porque as familias están a atopar un emprego que lles permite manter a súa autonomía”.

… Leer más

O Concello convoca o concurso fotográfico para o Calendario Municipal 2019, que renderá homenaxe á memoria e á historia da cidade

octubre 7, 2018 Fotografía Comentarios desactivados en O Concello convoca o concurso fotográfico para o Calendario Municipal 2019, que renderá homenaxe á memoria e á historia da cidade

​O Concello da Coruña abrirá mañá, 6 de outubro, o prazo de presentación de propostas para participar no concurso fotográfico ‘Calendario Municipal 2019’, que servirá para seleccionar as 12 fotografías actuais que forman parte do almanaque que o ente municipal edita cada ano –que se completa con 12 imaxes antigas– e, en caso de decidilo así o xurado, elixir tamén a foto da primeira páxina do mesmo. Nesta edición, a temática das fotografías versará sobre ​A Coruña da memoria​, co obxectivo de render homenaxe á historia da cidade a través do seu patrimonio, dos espazos emblemáticos e simbólicos, tanto a nivel arquitectónico como sentimental, que forman parte do pasado, do presente e do futuro de todos e todas as coruñesas.

As persoas que queiran participar poderán facelo con até un máximo de tres fotografías en cor, cuxo formato será un arquivo dixital en formato JPG cun mínimo de 3 megapíxeles e sen levar ningunha marca identificativa da súa autoría. Os traballos deberanse enviar ao enderezo electrónico ​concursofotografico@coruna.es​, como arquivo adxunto –no caso de que o envío teña máis dunha fotografía, deberá ser un arquivo Zip– ou pola plataforma We Transfer, e indicando no asuntodocorreoalenda ‘Concursocalendariomunicipal2019’.Oprazoderecepcióndeimaxes estará aberto desde mañá, sábado, até o martes 6 de novembro. As bases completas do certame están dispoñibles na páxina principal da web municipal, ​www.coruna.gal

… Leer más