Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 50€ DE DESCUENTO EN SAMSUNG S9 Y S9 PLUS DE SEGUNDA MANO

OFERTA TODOCONSOLAS: 50€ DE DESCUENTO EN SAMSUNG S9 Y S9 PLUS DE SEGUNDA MANO

Recent Articles:

A Deputación da Coruña seguirá instando ao goberno central para que incorpore a recuperación do Pazo de Meirás a súa axenda política

junio 5, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña seguirá instando ao goberno central para que incorpore a recuperación do Pazo de Meirás a súa axenda política

A Deputación da Coruña diríxirase novamente ao goberno do Estado para solicitar que sitúe a recuperación do Pazo de Meirás na súa axenda política. O anterior goberno, a través do Ministerio de Presidencia e de Patrimonio Nacional, negárase a iniciar o proceso a pesar do informe xurídico, encargado pola Deputación da Coruña, que sinalaba que o Estado era quen debía iniciar o procedemento para que o inmoble pasase a ser un ben público.

A moción de censura muda tamén o panorama para a recuperación do Pazo de Meirás e desde a Deputación da Coruña dirixiranse ao goberno para que se implique activamente no proceso de recuperación xudicial do edificio en mans da familia Franco. A solicitude vén avalada polo informe Xurídico encargado pola propia Deputación da Coruña, a instancias da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, que situaba no Goberno Central a posibilidade de iniciar a vía xudicial para que a propiedade inmobiliaria rematase por ser un ben público. … Leer más

A Concellería de Participación oferta 90 prazas gratuítas para os campamentos de verán da área de mocidade, que abren mañá o prazo de preinscrición

junio 5, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Concellería de Participación oferta 90 prazas gratuítas para os campamentos de verán da área de mocidade, que abren mañá o prazo de preinscrición

​A Concellería de Participación e Innovación Democrática abrirá 5 de xuño, o prazo de solicitude para participar nos campamentos de verán da área de Mocidade que se celebrarán o vindeiro mes de xullo. A iniciativa, dirixida a mozas e mozos de 12 a 17 anos da cidade, manterá por terceiro ano o seu carácter gratuíto e contará cun total de 90 prazas, as mesmas que na pasada edición.

As e os asistentes, organizados por grupos de idade, participarán en actividades lúdicas como xogos de rastrexo e de pistas, de cooperación ou orientación e ​geocaching​, ademais doutras relacionadas co medio ambiente, como obradoiros creativos con material reciclable, roteiros pola contorna natural ou de coñecemento e recollida de algas. Tamén haberá propostas multideportivas e no medio acuático, como iniciación ao snorkel, tiro con arco, kaiak e outras iniciativas de deporte alternativo.

Os campamentos desenvolveranse de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas, no polideportivo de Labañou a través de dúas quendas –do 2 ao 13 de xullo a primeira, e do 16 ao 27 segunda– e contarán con 45 prazas para cada unha delas. Para facilitar o desprazamento das mozas e dos mozos ás instalacións –así como aos espazos urbanos nos que se realicen actividades ao aire libre–, a Concellería habilitará un autobús que realizará un itinerario de ida e volta con paradas pola cidade –Os Castros, Catro Camiños, Praza de Ourense, Monte Alto, Riazor e Polideportivo de Labañou–, cuxo percorrido definitivo establecerase nunha xuntanza coas persoas participantes. Este transporte tamén será gratuíto para as mozas e mozos.

… Leer más

Culturas colabora nas xornadas ‘Tempo do óxido’, “unha ollada que, a través da música, os medios e o sindicalismo, recupera a memoria e os lugares” da época da reconversión naval

junio 5, 2018 coruna Comentarios desactivados en Culturas colabora nas xornadas ‘Tempo do óxido’, “unha ollada que, a través da música, os medios e o sindicalismo, recupera a memoria e os lugares” da época da reconversión naval

​O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a programación do proxecto ​Rock, Rebeldía e Reconversión. Tempo do óxido​, unha iniciativa que mediante unha exposición, un roteiro, coloquios e música “bota unha ollada a través da memoria dos protagonistas á primeira época da democracia, na que a sociedade esixía outra información e outra diversión é na que máis que sectores produtivos se derrubaban xeitos de entender o traballo”. “Unha época na que sindicalismo, xornalismo e música eran reflectidos, tamén nos medios, como unha razón e explicación de cambio”, apuntou nunha presentación na que tamén participaron o xornalista, membro de Radio Océano e impulsor das xornadas, Xosé Manuel Pereiro, e o secretario xeral de Comisión Obreiras e traballador de Astano, Suso Díaz, quen participará nun dos coloquios.

As actividades, que terán lugar entre o 10 e o 14 de xuño, comezan cun roteiro a pé que repasa espazos relevantes da produción musical da época na cidade, ​Os lugares do óxido​, como bares e locais de ensaio, “os lugares onde paraba a xente e que eran os sitios de axitación”, como indicou Pereiro. Será o día 10 entre as 12 e as 14 horas. O luns 11 abrirase a exposición ​A realidade reflectida na Fundación Luís Seoane, unha mostra de fotonoticias, noticias e outras publicacións que repasan como foron recollidos polos medios de comunicación os acontecementos sociais e culturais do momento e que se completará con imaxes e vídeos de grupos e artistas da época. Entre os días 12 e 14 realizaranse os coloquios, tamén na Fundación Luís Seoane, que rematarán cunha sesión de dj a cargo das persoas protagonistas das charlas. A primeira, que terá lugar o martes 12 de xuño ás 20 horas, titúlase ​Silencio na fábrica ​e é unha conversa entre Suso Díaz, Rafael Pillado e Carlos Neira, líderes sindicais da reconversión naval, “unha época na que a información laboral tiña unha grande importancia”, como apuntou Díaz. ​Música de fondo​, que será o mércores 13 ás 20 horas, reúne Jesús Ordovás, Nonito Pereira e Carlos Galán, críticos e locutores para falar da produción musical da época e a súa relación coa realidade social. Por último, ​O ruído nos medios xunta aos xornalistas Xosé Gaciño, Manuel Rivas e María Xosé Porteiro para analizar a maneira de contar o que pasaba.

“Entendemos que estes lugares e tempos do óxido era oportuno revisitalos porque forman parte da experiencia e da memoria da cidade e facémolo a través dunha serie de actividades que permiten recuperar un pedazo de historia”, explicou Sande.

LA ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA CONSIGUE UN EXITO DE VISIBILIZACION GRACIAS A LOS VETERANOS DEL DEPORTIVO Y UN COMBINADO DE DEPORTISTAS FEMENINAS EN FAVOR DE LA ONG ACCEM

junio 5, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en LA ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA CONSIGUE UN EXITO DE VISIBILIZACION GRACIAS A LOS VETERANOS DEL DEPORTIVO Y UN COMBINADO DE DEPORTISTAS FEMENINAS EN FAVOR DE LA ONG ACCEM

El pasado domingo 3 de Junio el polideportivo de Novo Mesoiro acogió un Torneo de Visibilización organizado por la Academia Red Blue 5 Coruña, dentro del marco de Actividades programadas en la IV convocatoria de Deporte Solidario e Inclusivo de la Fundación Emalcsa.

El evento solidario se enfocó con la idea de dar visibilidad al trabajo desempeñado por la ONG ACCEM y dar visibilidad al deporte femenino en general. Con esta idea se celebró un triangular en el que
además de la presencia del equipo de Veteranos del Deportivo y del propio equipo femenino de la Academia Red Blue 5 Coruña, participó un combinado de deportistas femeninas de diferentes modalidades encabezado por la campeona olímpica Sofia Toro, y las jugadoras los equipos Club
Baloncesto Maristas,Angela y Andrea, Adelaida y Sarayd del CBS Cambre y Marta, Dayana y Maria del  Basquet Coruña. … Leer más

González Formoso considera a Escola Coruña, en Senegal, como un “proxecto emblemático” das accións de cooperación exterior da Deputación

junio 5, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en González Formoso considera a Escola Coruña, en Senegal, como un “proxecto emblemático” das accións de cooperación exterior da Deputación

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho da institución provincial seu homólogo da ONG Ecodesarrollo Gaia, Guillermo Fernández-Obanza, co que analizou o desenvolvemento de distintos proxectos que contan con axuda provincial para o seu desenvolvemento.

Entre eles destaca a Escola Coruña, creada hai quince anos na rexión de Tonghor Yoff-Dakar(Senegal) na que estudan uns 120 nenos e nenas da localidade e que serve ademáis como centro sociocomunitario para a formación de adultos, dispensario de primeiros auxilios e sede da iniciativa “Coruña Cura”, un programa de atención médico-sanitaria despraza cada ano dende Galicia a esta zona a médicos e enfermeiras voluntarios que se ocupan de atender cuestións de saúde e promover hábitos saudables entre a poboación … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...