Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS PS4 (SEGUNDA MANO)

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS PS4 (SEGUNDA MANO)

Recent Articles:

O goberno local dará luz verde hoxe ao proxecto de reforma do edificio do Remanso, que prevé un investimento de 420.000 euros e deseña un equipamento polivalente e accesible

octubre 5, 2018 coruna Comentarios desactivados en O goberno local dará luz verde hoxe ao proxecto de reforma do edificio do Remanso, que prevé un investimento de 420.000 euros e deseña un equipamento polivalente e accesible

O goberno local dará luz verde hoxe venres ao proxecto de reforma do edificio do Remanso, un “paso decisivo de cara a acometer o proceso que derivará na licitación e posterior posta en marcha das obras” que servirán para que a cidadanía recupere un espazo público de carácter polivalente que responda ás demandas de infraestruturas sociais da veciñanza e que está especialmente pensando para a mocidade e os colectivos informais. O proxecto prevé un orzamento base de licitación de algo máis de 423.000 euros. A concelleira de Participación, Claudia Delso, amosou a súa satisfacción por que o proxecto do Remanso conte xa non só cun proxecto redactado e aprobado, senón con todas as autorizacións sectoriais pertinentes. A este respecto, o titular de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, aludiu á complexidade que derivaba do feito de que o futuro equipamento se atopa na zona de afección do Camiño de Santiago. “Por este motivo, as obras comprendidas no proxecto de reforma tiveron que contar coa autorización de dirección xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia”, dixo, á vez que recordou que, de forma paralela á elaboración do proxecto técnico, o goberno local tramitou todos os necesarios cambios de planeamento para poder axustalo á normativa urbanística. “Algo que non ocorría, por certo, co proxecto que tiña o executivo municipal do PP”, evidenciou.

Deste modo, a Xunta de goberno local de mañá non só aprobará o proxecto de reforma do pavillón, senón que tamén encomendará a redacción da acta de replanteo do proxecto, de acordo coa actual Lei de Contratos do Sector Público.

O proxecto debuxa un edificio que se distribúe en dous andares, que compoñen dúas salas de forma regular duns 80 metros2​ ​cada unha, con entradas independentes desde o exterior e vestíbulos de 20 m2​ máis adosados cada unha delas, que poden funcionar como ampliación da mesma, ademais dunha estancia de servizo, para acopio de mobiliario e outros servizos que amplían e axilizan a versatilidade das salas. Ambas contan con baños, accesos mediante ascensor e escaleiras e, como subliñou Varela, están deseñadas para ser o máis polivalente posible, de xeito que poidan funcionar de maneira independente ao mesmo tempo. Para iso, contan tamén con illamento acústico, que permite a actividade simultánea.

A titular de Participación salienta que o proxecto prevé tamén un espazo flexible que, polas súas características, poderá ser usado tanto por persoas individuais como por colectivos informais e entidades sen ánimo de lucro, de xeito que poida dar cabida tanto a actividades puntuais como de tipo regular.

O proxecto tamén contempla a intervención no exterior do actual edificio, equipamento que trata de ter o menor impacto visual posible sobre a praza, reducindo o volume construtivo con respecto á edificación actual para dar máis relevancia á zona verde e reducir a afección ao Camiño de Santiago. O proxecto elimina a cuberta actual a dúas augas e mantén a pérgola de formigón existente na praza, que se sanea e se dota, nunha zona, dunha cuberta de vidro. O proxecto tamén prevé a reconfiguración e acondicionamento da parada de buses, así como avoga por dotar o entorno de accesibilidade mediante a substitución das escaleiras da parte máis próxima á fonte de Catro Camiños por ramplas. “O proxecto tratou en todo momento de respectar e aproveitar a infraestrutura existente, conseguindo custos moi inferiores aos do proxecto do anterior goberno, que superaban o millón de euros”, apuntou o concelleiro.

A Deputación da Coruña destina 455.000 euros para apoiar ás confrarías de pescadores da provincia

octubre 5, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña destina 455.000 euros para apoiar ás confrarías de pescadores da provincia

A Deputación da Coruña destina este ano unha partida de 455.614,38 euros para apoiar a 31 confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia na contratación de persoal e na modernización dos seus procesos de produción e comercialización.

A resolución desta liña de axudas para a contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, aluguer de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades ou contratación de servizos externos, como a vixiancia, publícase hoxe no Boletín Oficial da Provincia. As axudas oscilan entre os 3.600 e os 20.000 euros. … Leer más

Os Locais de Ensaio municipais celebrarán o xoves 11 unha nova edición do Festival Solidario Coruña En Directo

octubre 5, 2018 coruna Comentarios desactivados en Os Locais de Ensaio municipais celebrarán o xoves 11 unha nova edición do Festival Solidario Coruña En Directo

A Sala O Túnel da Coruña acollerá o vindeiro xoves 11 unha nova edición do Festival Solidario Coruña En Directo, a iniciativa musical promovida polas bandas que forman parte dos Locais de Ensaio municipais e cuxos beneficios se destinan a unha entidade social. Con esta cita serán 14 as ocasións nas que se celebre o evento, cuxo formato tamén tenta dar protagonismo a grupos que comezan a dar os primeiros pasos no eido musical, ademais de mostrar o traballo de bandas que comparten cartel con proxectos de longa traxectoria, como sucede no Festival Noroeste.

A sala, situada no recinto do Coliseum, abrirá as súas portas a partires das 19.00 horas para dar paso a diferentes estilos musicais, como o rock, pop, indie, metal hip hop ou música tradicional galega. En total serán cinco horas de concerto nas que participarán 43 mozas e mozos de 10 bandas dos Locais de Ensaio: 011Studios, Chomoloco, Crimson & Clover, Dequenvessendo, Norwaves, Sala 5, Shock, Theta Waves, Tripod3 e Wondermind.

A proposta Coruña en Directo ten un claro carácter solidario, polo que os beneficios que se recaden da cita destinaranse ao Banco de Alimentos Rías Altas. A entrada, como é habitual, será de balde, polo que, para poder acceder á sala, o público deberá achegar algún tipo de alimento non perecedoiro. Nesta ocasión, será necesario depositar, como mínimo, dous litros de leite. Para máis información sobre esta iniciativa, así como sobre os Locais de Ensaio municipais, pódese visitar o blog do programa, ​http://locaisdensaio.blogspot.com

O Concello consolida coa reforma do edificio veciñal do Campanario un espazo “vital para garantir a dinamización e a dignidade” desta área da cidade

octubre 4, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello consolida coa reforma do edificio veciñal do Campanario un espazo “vital para garantir a dinamización e a dignidade” desta área da cidade

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e a edil de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, comprobaron esta semana o bo desenvolvemento das obras de reforma integral que o Concello acomete dende o pasado mes de xullo no edificio da asociación de veciños do Campanario, unha actuación que busca mellorar tanto a funcionalidade dos diferentes espazos do edificio como as súas condicións de accesibilidade e habitabilidade. “O edificio é centro importante da vida comunitaria dun área da cidade que foi sistematicamente esquecida e apartada das políticas públicas postas en marcha polos anteriores gobernos locais. A mellora das súas condicións é vital para garantir a dinamización e tamén a dignidade desta parte da cidade”, defendeu Cameán, quen lembrou que este edificio, que data de 1968, alberga actividades que teñen grande acollida no Campanario como, por exemplo, o espazo de compensación socioeducativa extraescolar que leva a cabo a Concellería de Xustiza Social no Portiño.

A actuación, que ten un período de execución de nove meses e un investimento de 307.778,48 euros, “vén a solventar unha vella demanda da veciñanza que reclamaba o acondicionamento do edificio”, como apuntou Varela. As obras consisten na distribución de novas estancias máis funcionais no interior do edificio –que se converterán en aulas, despachos, salas de usos múltiples, aseos e almacéns–, a instalación de saneamento, fontanería, calefacción, ventilación, electricidade, telecomunicacións, a realización dunha nova cuberta, a mellora da envolvente térmica do inmoble e a eliminación de humidades, así como a adaptación de todos os elementos para garantir o acceso a persoas de mobilidade reducida.

… Leer más

O alcalde salienta que as adhesións que suma o concurso de ideas sobre o bordo litoral, como a da Escola de Arquitectura, “demostran que o deseño do futuro da cidade debe basearse na participación”

octubre 4, 2018 coruna Comentarios desactivados en O alcalde salienta que as adhesións que suma o concurso de ideas sobre o bordo litoral, como a da Escola de Arquitectura, “demostran que o deseño do futuro da cidade debe basearse na participación”

​O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acudiu á Escola de Arquitectura da Coruña co obxectivo de dar a coñecer aos a ás futuras profesionais deste ámbito as liñas básicas do concurso de ideas posto en marcha polo goberno local para afondar no debate cidadán sobre o futuro do bordo litoral. O rexedor, que acudiu á cita acompañado polo concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, manifestou que o grao de adhesións que está a sumar o concurso, a cuxo xurado vén de sumarse a propia Escola de Arquitectura, “demostra que o futuro da cidade debe basearse na participación”. O rexedor recordou que as propostas gañadoras do concurso serán elixidas por un xurado formado, na súa parte institucional, por representantes das administración públicas implicadas no futuro do bordo litoral e que contará, ademais, cun comité asesor no que estarán representados os principais sectores da cidade, como os sindicatos ou a universidade.

Así, nunha xornada na que tamén estaba presente o director da Escola de Arquitectura, Fernando Agrasar, Ferreiro salientou a importancia deste concurso de ideas como “un paso máis nun debate que trata de poñer claras as prioridades da cidade”. “Creo que existen marcos onde é preciso discutir e abordar as premisas financeiras, pero existen outros, de debate sobre o futuro, nos que debe estar cidadanía”, dixo, á vez que recordou que o resultado de todo este proceso “​non será unha proposta pechada e definitiva, senón un elemento de referencia que, sumado a outros e a toda a reflexión acumulada, dará pé á elaboración de algo así como un plan director para a transformación do borde litoral”. Ao fío, o primeiro edil ​recordou que as cinco propostas que resulten gañadoras dentro do concurso de ideas serán logo analizadas e discutidas pola cidadanía, nunha seguinte fase de votación.

… Leer más