Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: PLAN RENOVE GALAXY S8/S8+

OFERTA TODOCONSOLAS: PLAN RENOVE GALAXY S8/S8+

Recent Articles:

O alcalde salienta que “os proxectos que están parados nesta cidade son os que dependen doutras administracións” e solicita “lealdade institucional polo ben da veciñanza”

Mayo 28, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, fixo balance dos dous anos pasados dende a celebración das eleccións municipais de 2015 que posibilitaron a chegada a María Pita do actual equipo de Goberno. O rexedor, nunha entrevista radiofónica, manifestou sentirse “satisfeito” co traballo feito até agora polo equipo municipal, se ben incidiu en que “o traballo será máis visible a partir de agora”, xa que se materializarán moitas das actuacións encamiñadas. “Moito do traballo realizado vaise ver na rúa a partir de agora. É o caso por exemplo do importante labor que desenvolveu a Concellería de Medio Ambiente que leva moito tempo traballando para conseguir acadar o obxectivo do ‘vertido cero’, polo que leva moitos anos agardando esta cidade, e que consiste en que non se realice ningunha emisión incontrolada á ría”, explicou. Tamén indicou os avances en materia de mobilidade que se poderán visibilizar en breve. “Hai uns meses lanzamos xa o pacto pola Mobilidade. Estamos falando cos grupos municipais e esperamos poder darlle para diante nas próximas semanas. Pero, mentres, tanto estamos avanzando moito no carril bici, tanto no metropolitano como no aumento da rede da cidade”, dixo, para referirse tamén a outras intervencións que serán tanxibles en breve. Como avanzou, “vanse notar moitas actuacións na rúa grazas aos contratos de mantemento e reparación de beirarrúas e áreas peonís da cidade”, nos que o Goberno inviste máis de 3,2 millóns cada ano, así como o contrato de sinalización vertical e pintado. Na mesma liña, sinalou que tamén estará en vigor en breve o novo contrato de parques e xardíns, así como o ano que vén o contrato de limpeza viaria, “que adaptará o servizo ás necesidades reais e actuais dos barrios”.

Por outro lado, e con respecto ao grupo de Goberno, Ferreiro destacou “a unión do equipo”, algo que “fai que as tensións se leven moito mellor”. “Iso, creo que é bo para nós e para a cidadanía, penso que conservamos a frescura dunha formación nova que chegou aquí con moita ilusión”. Non obstante, e non tocante a relacións institucionais, o alcalde reflexionou sobre o papel da administración central e a autonómica en proxectos claves na cidade “nos que o Goberno local xa fixo os seus deberes, pero nos que, pola súa banda non se está a avanzar”, e puxo o exemplo da Intermodal, do Plan de Transporte Metropolitano, do Centro de Saúde de Santa Lucía ou da renovación e humanización de Alfonso Molina. “Todo isto demostra que cando se fala de proxectos na cidade, os únicos que están parados son os que dependen doutras administracións: Goberno do Estado ou da Xunta”, dixo.

“No caso de Alfonso Molina, o Executivo municipal fixo os seus deberes, que se centraban en facer un estudo sobre os bordes e a humanización da vía e remitirllo a Fomento no prazo que tiñamos marcado. Se o novo ministro, non obstante, non ten tempo para dedicarllo á cidade ou hai un atraso deliberado, non o sei…”, manifestou, a respecto da falta de resposta por parte do Executivo central. “Podemos falar tamén, na mesma liña, da Intermodal, onde o Goberno municipal fixo todo o que se lle encomendou pero agora existe unha diferencia de criterios entre Xunta e ADIF para a construción da estación”, comentou. “En verdade creo que nin a Xunta nin a Administración central están apostando todo o que tiñan que apostar pola cidade da Coruña, é algo que me preocupa especialmente”, indicou. “Dende logo, resulta moi complicado chegar a acordos con xente que non se quere reunir con nós”, manifestou o mandatario local, que recordou ao respecto do proxecto do mercado e o centro de saúde de Santa Lucía que o pasado decembro tentou reunirse con conselleiro de Sanidade. “Pedinlle unha xuntanza para falar do tema, pero estou esperando desde entón”, dixo, á vez que reclamou “lealdade institucional baseada unicamente no ben da cidadanía”.

De feito, no que atinxe a este tema, Ferreiro recordou que a vontade do Goberno local é a de “non abandonar o mercado”. “Apostamos por que os mercados municipais sexan ágoras, centros vivos, non só de compra, senón tamén de ocio e esparexemento cidadán nos barrios da cidade e, polo tanto, o que non podemos é renunciar a el”, insistiu, recordando que a Administración local deu diversas opcións á Xunta en canto ao emprazamento do centro de saúde necesario na zona. “Queremos un centro de saúde, pero tamén queremos un mercado”, recalcou.

O alcalde reivindica o labor dos corpos de seguridade municipais “e o seu empeño, que comparten con Goberno local e cidadanía, para ter unha cidade libre de violencias machistas”

Mayo 27, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quixo reivindicar no día de hoxe a figura dos e das integrantes dos corpos de seguridade do Concello, especialmente a Policía Local, que hoxe celebra o seu día con actividades para todos os públicos na Praza de María Pita. Foi nun acto institucional que tivo lugar este venres no Salón de Plenos municipal no que o rexedor entregou distincións a membros en activo da Policía Local, así coma distintas medallas e diplomas a permanencia a aquelas persoas que cumpren 30 e 40 anos de servizo. No acto, o primeiro edil destacou o traballo diario deste corpo “que entendemos debe dirixir os seus esforzos á xestión da convivencia da cidadanía, primando as políticas de prevención sobre as sancionadoras”. Ao fío, recordou que “A Coruña sitúase coma unha das cidades máis seguras de toda Europa” e fixo fincapé nas políticas encamiñadas dende o Concello, e por extensión, tamén por parte da área de seguridade, “para facer desta unha Cidade Libre de Violencias Machistas”.

“Erradicar por completo as violencias machistas é o primeiro obxectivo deste Goberno local e creo que tamén da cidadanía”, dixo Ferreiro, que incidiu en que o pasado ano, segundo os rexistros municipais, a Policía Local levou a cabo 129 detencións, das cales 52 estiveron relacionadas con delitos de violencia de xénero ou de violencia no ámbito familiar, fronte aos 27 casos de 2015. “As violencias machistas desenvólvense de distintos xeitos na nosa sociedade e para nós é unha alegría saber que a cidadanía da Coruña se corresponsabiliza na súa loita. Cremos que as campañas de sensibilización e de información levadas a cabo por este Concello están a dar os seus froitos. A cidade da Coruña sabe que a loita contra as violencias machistas é un asunto de todos e de todas, xuntas loitamos pola súa erradicación, visibilizando e denunciado os actos de violencia”, explicou. … Leer más

O proceso de Orzamentos Participativos abre hoxe a súa segunda fase, na que se poderán apoiar 421 dos proxectos achegados pola veciñanza para o conxunto da cidade e os distritos

Mayo 27, 2017 coruna No Comments

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, deu a coñecer este venres a nova fase –de apoio ás propostas– na que entra hoxe, e ata o vindeiro 14 de xuño, o proceso de Orzamentos Participativos, a ferramenta posta en marcha o ano pasado polo Goberno local coa finalidade de que a veciñanza da Coruña poida decidir, de forma directa, unha parte do investimento do presuposto municipal do ano seguinte, e que nesta segunda edición ascende a tres millóns de euros. “Esta é unha fase fundamental de cara á priorización das actuacións, para saber cales son as que reciben máis apoio dos e das veciñas da cidade, que son protagonistas en todo o proceso, porque son quen fan as propostas, quen as votan e quen finalmente deciden cales se incorporan nos Orzamentos Municipais de 2018”, incidiu a responsable municipal, quen salientou a “vocación estrutural e transversal” deste mecanismo de participación directa impulsado polo Goberno municipal, “unha aposta pola participación da cidadanía que se ve referendada co aumento das propostas acadado este ano”. Como tamén indicou a responsable municipal, nesta edición dos Orzamentos Participativos incrementáronse nun 20% as achegas da veciñanza durante a primeira fase do proceso, que se pechou o pasado domingo; delas, un total de 421 –121 referidas ao conxunto da cidade e 300, aos distritos– pasarán a este novo estadio do proceso, despois dunha primeira revisión técnica, que serviu para desbotar as que son inviables, ao non cumprir os requisitos básicos, ben por non entrar na categoría de investimento, non ser competencia municipal ou non poder ser correctamente valoradas por tratarse de propostas múltiples ou demasiado inconcretas.

Do mesmo xeito, Delso valorou a diversidade de propostas recollidas –referentes ao espazo público, mobiliario urbano, incremento de árbores e espazos verdes na cidade, novas zonas peonís nos barrios ou infraestruturas para a mocidade, entre outras–, “que apelan a unha cidade para as persoas, con demandas que son interesantes e sensatas”. Nesta edición do proceso, as propostas repártense entre proxectos de cidade e de distrito, a través do uso do Mapa de Distritos proposto polo Goberno local como base do proceso participativo, para acadar un equilibro de investimentos nos barrios da cidade. Deste xeito, un millón de euros do proceso irá destinado financiar propostas ou actuacións globais, dirixidas ao conxunto da cidade, e dous millóns repartiranse de forma equitativa entre os dez distritos, con 200.000 euros para proxectos en cada un deles.

Como apuntou a concelleira durante a súa comparecencia cos medios de comunicación, nesta fase de apoios, as persoas que queiran tomar parte poderán dar o seu respaldo ás propostas recabadas na fase de achegas, de cara a seleccionar o listado de proxectos que será avaliado polos servizos municipais para comprobar a súa viabilidade técnica, antes da votación final da que sairán as propostas elixidas para incluírse nos Orzamentos municipais do 2018; tal e como recalcou a concelleira, para participar nesta segunda fase non é preciso ter presentado propostas previamente. Poderán facelo todas aquelas persoas maiores de 16 anos e empadroadas na cidade, que terán a posibilidade de apoiar proxectos para toda a cidade e para un distrito da cidade á súa elección, que pode ser o de residencia, o do lugar de traballo ou o que elixa en base a calquera outra consideración. Para facelo, deberán rexistrarse na plataforma dixital que dá soporte ao proceso, www.aportaaberta.coruna.es . As propostas máis apoiadas pasarán á fase de avaliación técnica e económica.

Como recordou Delso, o proceso de Orzamentos Participativos conta, tamén nesta fase, con puntos de apoio á participación, nos que recibir soporte presencial e consultar a información e o listado en papel das propostas de cidade e de distrito, para que as veciñas e veciños participantes poidan coñecelas ao detalle. Estes puntos están situados nas bibliotecas municipais, no CMIX (o centro municipal de información xuvenil do Fórum Metropolitano), na sede da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e a Área Metropolitana (avenida de Glasgow, 7), na rede de centros cívicos municipais da cidade e, igualmente, no autobús itinerante que se situará, ao longo deste período de apoios, en distintos puntos da cidade. En concreto, o vindeiro luns, o bus estará, de 12.00 a 14.00 horas, na Cidade Deportiva de Riazor, de 16.30 a 18.30 horas, na praza de Pontevedra e de 19.00 a 20.30 horas, no centro cívico de Feáns; o martes, 30 de maio, de 12.00 a 14.00 horas, situarase na cidade deportiva da Torre; o xoves, 1 de xuño, recalará, de 12.00 a 14.00 horas na piscina municipal de San Amaro, e de 17.,30 a 20.00 horas, na sociedade cultural deportiva Centro Novo. O martes, 6 de xuño, de 10.00 a 12.00 horas, o bus situarase xunto á Casa da Auga, para acudir logo ao parque de Santa Margarita, onde estará entre as 16.30 e as 18.00 horas, mentres que de 18.30 a 19.30 horas, estará no centro cívico de San Pedro de Visma. O xoves, 8, estará na praza de Lugo entre as 12.00 e as 14.,00 horas, e no polideportivo de San Diego entre as 17.00 e as 18.30 horas. O venres, 9, o bus iniciará o percorrido ás 10.00, e ata as 12.00 horas, no centro cívico da Cidade Vella, para acudir ás 12.00 á escola infantil de Elviña (avenida Humboldt), ata as 14.00 horas; pola tarde, estará no centro cívico de Eirís entre as 17.00 e as 18.30 horas e en Palavea, entre as 19.00 e as 20.30 horas. Por último, o bus estará, pola mañá, no Paseo da Mariña, entre as 11.30 e as 13.30, e pola tarde, de 17.00 a 18.30 horas no polideportivo de San Diego e de 19.00 a 20.30 horas, no centro cívico de Monelos. Igualmente, haberá encontros coa veciñanza no centro veciñal de Bens (martes, 30 de maio, ás 18.00 horas), na Silva (luns, 5 de xuño, ás 17.00 horas) e no centro veciñal de Bens (xoves, 8 de xuño, ás 20.00 horas).

Toda a información sobre o proceso tamén está dispoñible no teléfono de atención cidadá 010 e na web www.aportaberta.coruna.es

O Concello porá en marcha este domingo un dispositivo especial de tráfico pola celebración do XI Tríatlon Cidade da Coruña

Mayo 27, 2017 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible ten previsto poñer o próximo domingo, 28 de maio, un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración da XI edición do Tríatlon Cidade da Coruña. A competición, que comezará ás 09.00 horas da mañá, terá a súa saída, meta e zona de transición na Dársena da Mariña. O primeiro segmento da proba será na mesma Dársena, mentres que o segundo treito, que as e os participantes percorrerán en bicicleta, desenvolverase entre Porta Real, avenida de Montoto, avenida da Marina, Cantóns, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera, Avenida do Exército e a glorieta da Ronda de Outeiro situada baixo o viaduto da avenida do Exército, o que provocará o peche ao tráfico deste circuíto. Por último, o terceiro segmento do XI Tríatlon Cidade da Coruña será a carreira a pé, e celebrarase entre o paseo do Parrote e o Paseo Marítimo até o edificio da Hípica polo carril bici e zona peonil, polo que non producirá afección ao tráfico.

Ante o peche do circuíto entre Porta Real e a Ronda de Outeiro –a partir das 08.30 horas– darase conexión entre a avenida do porto coa avenida Alfonso Molina polos carrís máis próximos ao peche do porto, habilitando un carril para cada sentido de circulación. Cambiarase, ademais, o sentido de circulación de Santa Catalina, polo que o tráfico sairá cara a San Andres. Mentres, en Linares Rivas, desde a praza de Ourense ata Alfonso Molina, manterase o carril dereito, sentido saída da cidade, ao igual que en Primo de Rivera, desde o estacionamento até Ramón y Cajal. … Leer más

O Concello presenta o XXXI Gran Premio Internacional Marcha Cantóns da Coruña, que este ano incorpora unha proba popular cuxos beneficios irán á Cociña Económica

Mayo 26, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a XXXI edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña – Trofeo Sergio Vázquez, que se desenvolverá na tarde do próximo sábado, 3 de xuño. O edil destacou a “singularidade e tradición” dunha proba “que é un referente internacional polo seu circuíto urbano, plano e atractivo para a realización de grandes marcas”. “A dimensión desta proba, que sitúa A Coruña no panorama internacional, é incuestionable. Aquí venceron atletas ilustres como Maurizio Damilano, Reyes Sobrino, Jefferson Pérez, Paquillo Fernández ou Liu Hong”, salientou o concelleiro sobre a proba, que este ano contará coa participación do equipo español masculino e feminino dos 20 km., que veñen de acadar recentemente a medalla de ouro na Copa de Europa de Marcha en Ruta que tivo lugar na localidade checa de Podebrady. A competición, que se desenvolverá arredor dun circuíto de 1.000 metros entre a avenida da Mariña, o Cantón Pequeno e o Cantón Grande, comezará ás 18.30 horas para as participantes da categoría feminina, e ás 18.50 horas para os atletas da masculina; pero a actividade deportiva iniciarase desde primeira hora da tarde na zona, xa que a partir das 16.45 horas terán lugar distintas probas segundo as categorías e idades de participantes.

Como novidade principal o GP Cantóns da Coruña incorpora este ano “un compoñente social a súa celebración”, segundo indicou Sande, como é a primeira edición dunha proba popular de dous quilómetros, aberta a toda a cidadanía, cuxos beneficios pola inscrición irán á Cociña Económica, “unha iniciativa moi apropiada que apoia a labor diaria, e tan significativa, dunha entidade histórica na cidade”. Todas as persoas que participen nesta marcha de carácter solidario, que será de 2 km, portarán o dorsal número 131, en conmemoración dos anos da entidade benéfica coruñesa. As inscricións para esta marcha, que terá lugar o mesmo día 3 de xuño, ás 17.50 horas, poderán realizarse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com . O custo para persoas maiores de 14 anos será de 5 euros, mentres que para os menores desta idade será de 3 euros.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...