Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 15% DE DESCUENTO EN CONSOLAS PORTATILES

OFERTA TODOCONSOLAS: 15% DE DESCUENTO EN CONSOLAS PORTATILES

Recent Articles:

A Concellería de Medio Ambiente amplía a campaña de sensibilización ambiental en San Xoán a catro distribuidoras alimentarias da cidade, que substituirán as bolsas de plástico polas de papel na semana do San Xoán

junio 19, 2018 Fiestas Comentarios desactivados en A Concellería de Medio Ambiente amplía a campaña de sensibilización ambiental en San Xoán a catro distribuidoras alimentarias da cidade, que substituirán as bolsas de plástico polas de papel na semana do San Xoán

Catro das principais distribuidoras alimentarias da cidade substituirán durante esta semana previa á celebración do San Xoán as bolsas de plástico que se entregan coa compra por outras de papel, dentro da campaña de sensibilización sobre residuos que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente. A edil responsable do departamento, María García, destacou que, con esta iniciativa, “substituiranse 177.550 bolsas de plástico por unhas ambientalmente máis sostibles, con material biodegradable, que se distribuirán en 75 centros de compra da cidade de Vegalsa, Gadisa, El Corte Ingles e Froiz, dúas máis que no pasado ano ”.

Como salienta a concelleira, esta liña de sensibilización realízase en vésperas de San Xoán “por ser un dos eventos con maior impacto ambiental da cidade, e que está sendo monitorizado dentro do Plan de Eventos Sostibles”. García sinala que a campaña pretende concienciar da problemática da xeración de lixo en xeral e plástico en particular pola problemática que xera nos océanos este material, e tamén sobre a necesidade de substituír por outro tipo de envase as bolsas dun só uso, como pautan as novas directivas europeas, e sensibilizar sobre a necesidade de reducir o lixo que se depositan nas praias, nomeadamente de plásticos, “por ser un tipo de residuo moi volátil, o que fai moi difícil garantir que non acaba no mar”. Neste sentido, a campaña “intenta fomentar nas persoas consumidoras o uso de alternativas menos contaminantes que as bolsas de plástico, como son as bolsas reutilizables ou biodegradables de cartón”.

García deu a coñecer os cinco modelos de bolsas diferentes que se repartirán e que están​vinculados á campaña de sensibilización ​Móllate! que realiza Medio Ambiente con estudantes de centros escolares da cidade. Por parte das empresas, participaron na presentación a responsable de RSC, Lorena Sánchez, e a técnica responsable de residuos de Vegalsa, Nerea Altaír; o director de comunicación e relacións externas de El Corte Inglés, Pati Blanco; e a directora de comunicación de Froiz, Brígida Nieto.

A Torre de Hércules celebra o seu noveno aniversario como monumento Patrimonio Mundial con cinco días de actividades para todos os públicos

junio 19, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Torre de Hércules celebra o seu noveno aniversario como monumento Patrimonio Mundial con cinco días de actividades para todos os públicos

A Torre de Hércules celebra este mes de xuño o seu IX aniversario como membro da lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Co gallo desta efeméride, o o Concello da Coruña programa entre o 27 de xuño e o 1 de xullo distintas actividades abertas á cidadanía, que se estenderán tamén á contorna do faro e outros espazos da cidade, como é o caso do concerto conmemorativo que a Banda Municipal ofrecerá o mércores 27 na praza das Bárbaras, na Cidade Vella.

O inicio do programa festivo chegará da man da iluminación especial da Torre, que terá lugar na noite do 26 ao 27 de xuño. Dende o propio mércores 27, e até o sábado 30, sucederanse as recreació​ ns históricas ​Ave Crunia da man das asociacións culturais Royal Green Jackets, Esgrima Antiga e Gallaecia Viva. Esta actividade incluirá tamén a ​Escola de pequenos lexionarios e gladiadores, un photocall romano, charlas divulgativas e dramatizacións das vidas militar e civil romanas, así como unha recreación histórica do Século de Ouro. As representacións contarán ademais co acompañamento da compañía de teatro Noite Bohemia, que realizará xogos de mesa romanos para todos os nenos e nenas que se acheguen o día 27. A mesma agrupación, que vén de ser escollida polo Ministerio de Cultura para participar no Concurso de Teatro Grecolatino de Sagunto, representará o sábado 30 a obra ​Troyanas.

Tamén o propio día 27 terá lugar a inauguración, dentro da Torre, dunha exposición de fotografía, como resultado do concurso celebrado nas pasadas semanas a través da rede social Instagram, no que se solicitaba ás persoas participantes que compartisen imaxes gozando da contorna da

… Leer más

O alcalde salienta “o cambio de prioridades do Concello, de cara a situar as persoas no centro das súas políticas”, así como o alto cumprimento do programa, no balance dos tres anos de mandato do goberno local

junio 19, 2018 Ayuntamiento Comentarios desactivados en O alcalde salienta “o cambio de prioridades do Concello, de cara a situar as persoas no centro das súas políticas”, así como o alto cumprimento do programa, no balance dos tres anos de mandato do goberno local

​O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, destacou a priorización das políticas sociais como un dos piares da acción do goberno municipal. Fíxoo durante un almorzo informativo que mantivo coa prensa local no Pazo de María Pita, e no que o rexedor coruñés cualificou como “altísimo” o grado da execución do programa que o goberno coruñés se comprometeu a levar a cabo no ano 2015. “En xustiza social fixemos avances importantes, como a posta en marcha da Renda Social Municipal ou a sinatura de convenios para a loita contra pobreza enerxética, para que ningunha veciña ou veciño quede sen luz ou sen auga, á vez que tamén abrimos un centro de baixa esixencia ou incrementamos o servizo de atención ao domicilio”, sinalou o alcalde, quen tamén lembrou a aposta polo investimento na mellora dos centros escolares, así como a implementación de programas de reforzo educativo ou o cambio de tarifas nas matrículas das escolas infantís municipais, que inclúen unha tarifa gratuíta. “Na Coruña, con este goberno, cambiaron as prioridades, comezando polo coidado de quen máis o precisa. Nestes tres anos quixemos traer as políticas sociais e educativas a un primeiro plano e fixemos un esforzo economicamente importante neste aspecto”, aseverou Ferreiro.

O alcalde ​salientou o “nivel altísimo de cumprimento” do programa electoral e avaliou como realizadas o 70% das iniciativas do documento mentres que “practicamente todas as demais está en proceso”. Neste sentido, mencionou algúns dos proxectos nos que está a traballar o Goberno municipal como a revisión do contrato de mobilidade urbana, “que vén precedido dun traballo xurídico e económico rigoroso e serio e que vai permitir melloras no servizo e tarifas máis adecuadas á realidade”. “Non hai nada ou case nada ao que dixeramos que renunciamos. En todas as áreas se van cumprindo obxectivos e hai cousas das que presumir e sentirse orgullosos e orgullosas”, apuntou. O rexedor incidiu que, do resultado da aplicación destas políticas, conseguiuse o ​reequilibrio do investimento municipal nos barrios, que cualificou como “unha cuestión de xustiza”, así como o acompañamento ao tecido social, económico e creativo da cidade, que se converteu “nun piar máis da acción de goberno ao longo destes tres anos”. “A Coruña é unha cidade dinámica, moderna, de vangarda. O noso labor, como goberno municipal, debe ser acompañar e impulsar as súas potencialidades”, afirmou.

No repaso aos tres anos de mandato, Ferreiro destacou algunhas das actuacións postas en marcha polo Goberno local nos diferentes ámbitos de goberno, como a protección dos espazos naturais levado a cabo por Medio Ambiente, a recuperación do patrimonio da que destacou a rehabilitación do castro de Elviña ou a acción en materia de memoria histórica. O rexedor considerou que están a traballar de “maneira serie e dialogada” á hora de abordar algúns dos retos do mandato, como a peonalización da Cidade Vella, “​da que ninguén está en contra porque se fixo un esforzo para atopar solucións para veciños e veciñas”, apuntou. Sobre a xestión resaltou a “redución da débeda nun 25%, a saída do plan de axuste, a mellora dos sistemas de recadación e xestión e a recuperación paulatina dos dereitos dos traballadores e das traballadoras públicas”. Ferreiro destacou tamén como un logro a introdución dun modelo de participación cidadá para a veciñanza, “que agora considera normal cousas que hai tres anos eran unha novidade”, como os encontros do Goberno municipal nos barrios nos Dillo ti ou os orzamentos participativos. Ao fío da celebración esta fin de semana da primeira edición do Festival SAL posto en marcha “con medios públicos, dende o Consorcio de Turismo”, o alcalde considerou que o “éxito rotundo” do encontro confirma o “bo camiño marcado polo Plan Estratéxico de Turismo”. “Mantemos unha aposta clara pola creación e abrimos tamén a cidade ao mellor que se está a afacer fóra. As cifras do Coliseum son moi boas e o Festival Noroeste é exemplo dun traballo feito con coherencia, que da bos resultados e nos sitúa no mapa”, afirmou.

… Leer más

O Goberno local prepara un dispositivo de seguridade para San Xoán con 374 efectivos, “similar ao do pasado ano a pesar de non existir a ameaza dunha gran preamar”

junio 19, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Goberno local prepara un dispositivo de seguridade para San Xoán con 374 efectivos, “similar ao do pasado ano a pesar de non existir a ameaza dunha gran preamar”

O dispositivo de seguridade e emerxencias da festividade de San Xoán contará con 374 efectivos que comezará o seu despregue ás 07.30 horas do día 23 de xuño e comezará a reducirse segundo o desenvolvemento da festa a partir das 06.00 horas do día 24. A concelleira con competencias en Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, explicou este luns que o Concello “mantén este ano un dispositivo de seguridade cun número de efectivos similar, só un menos, ao do pasado San Xoán pese a non existir a ameaza dunha gran preamar”. Fraga deu a coñecer esta mañá os detalles do dispositivo previsto “para unha noite na que se xuntan boa marea, bo tempo e fin de semana” e no que participarán Policía Local, o Servizo municipal de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS), Protección Civil, Policía Nacional, Urxencias Médicas do 061 e voluntariado da Cruz Vermella, que contarán tamén co apoio do centro móbil de coordinación e vídeo vixilancia. Fraga indicou que este ano se controlarán especialmente os accesos ás praias e as zonas de especial protección, como a contorna do areal de As Lapas, e se sinalizará a preamar sobre a area, que será arredor das 02.30 horas, para advertir á cidadanía do nivel máximo que acadará o mar.

Recursos humanos e materiais

Tal e como detallou Fraga, participarán no dispositivo 149 axentes da Policía Local, agrupados en 68 patrullas, que cubrirán tres quendas –mañá, tarde e noite– tanto uniformados como de paisano, e serán os e as encargadas de “realizar o control sobre as fogueiras, barbacoas e o tráfico e seguridade na zona das praias, así como noutras áreas da cidade”. O Corpo Nacional de Policía fará o reforzo durante a quenda da noite con 40 axentes, mentres que os accesos ás praias de Riazor, Orzán, As Lapas e Punta Herminia estarán controlados por 40 vixilantes de seguridade privada, que traballarán dende as 10.00 horas do día 23 de xuño ata as 14.00 horas do 24. O Servizo municipal de Extinción de Incendios e Salvamento estará conformado durante o tempo que dure o dispositivo especial por 44 persoas, das que 10 forman parte do grupo de rescate acuático, que estarán no mar cunha embarcación. Os bombeiros dividiranse en 10 dotacións, catro das cales estarán traballando nos barrios. Das restantes, catro estarán nas praias, prestando especial atención ao control da falla e no posto de mando avanzado que se establecerá na Coiraza, e dúas no parque. Os servizos de Salvamento e Socorrismo disporán de oito socorristas distribuídos nas praias de Riazor, Orzán, Lapas e Oza, ademais de dous patróns de embarcacións, dúas embarcacións, un coordinador, un médico, un auxiliar de enfermería e un técnico.

… Leer más

LA OBRA SOCIAL “LA CAIXA” Y LA FUNDACIÓN MARÍA JOVE JOVE RENUEVAN SU COMPROMISO PARA PROMOVER LA INCLUSIÓN DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD A TRAVÉS DEL DEPORTE

junio 19, 2018 Deportes Comentarios desactivados en LA OBRA SOCIAL “LA CAIXA” Y LA FUNDACIÓN MARÍA JOVE JOVE RENUEVAN SU COMPROMISO PARA PROMOVER LA INCLUSIÓN DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD A TRAVÉS DEL DEPORTE

La Fundación María José Jove y la Obra Social “la Caixa” han afianzado la alianza que iniciaron en 2014 para impulsar la actividad física adaptada en Galicia. Para ello, Felipa Jove Santos, presidenta de la Fundación María José Jove y Emilio Barreiro, director territorial de CaixaBank en Galicia, han renovado esta mañana el convenio mediante el cual ambas entidades se asocian para llevar a cabo ESFUERZA, programa que facilita la práctica de deporte a personas con diversidad funcional.

Esta alianza se traduce en la co- financiación por parte de la Obra Social “la Caixa” y de la Fundación María José Jove de ESFUERZA, programa que cada año permite la práctica de actividad física a más de 750 personas. En concreto, ESFUERZA 2018-2019 ofrece 360 plazas para el programa de verano que consta de vela, piragüismo, senderismo inclusivo y ayuda en playa y 392, en el de invierno, con cursos de natación, fitness, piragüismo y senderismo. Además, el programa incluye el Open Náutico Esfuerza y otras acciones especiales como la participación en el descenso del Sella adaptado, Semana Blanca de Esquí adaptado, etc. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...