Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS WII Y WII U

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS WII Y WII U

Recent Articles:

El conselleiro de Economía destaca “la gestión eficaz y eficiente de la Cámara de Comercio de A Coruña”

junio 21, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en El conselleiro de Economía destaca “la gestión eficaz y eficiente de la Cámara de Comercio de A Coruña”

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia, visitó la sede de la Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de A Coruña, en su primera reunión con los nuevos miembros del Pleno de la institución, recientemente elegidos, con quienes mantuvo una charla-coloquio durante la sesión plenaria para tratar los principales temas de interés para el tejido productivo coruñés. Durante su intervención, el conselleiro de Economía felicitó a la Cámara de A Coruña “por todo el trabajo realizado durante los últimos años, especialmente desde la desaparición de las cuotas obligatoria,s y por su gestión eficiente y eficaz”.

Además, apeló al trabajo conjunto entre instituciones y a mantener un diálogo fluido, “ya que la administración autonómica comparte los nuevos retos y objetivos de la Cámara: ayudar a las empresas a crecer y modernizarse a través de la innovación, la formación y la internacionalización”. Francisco Conde resaltó que es importante intensificar esta relación en la medida en que estamos viviendo un cambio de paradigma y modelo económico. … Leer más

A Deputación publica un informe en que se detalla a percepción da mocidade sobre a violencia de xénero

junio 21, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación publica un informe en que se detalla a percepción da mocidade sobre a violencia de xénero

A área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña publica os resultados do programa de prevención e sensibilización da violencia de xénero entre a mocidade “Suprime o Control”, que nesta edición contou coa participación de máis de 1.000 alumnas e alumnos de 14 centros educativos da provincia. Entre outros datos, o informe mostra que case a metade consideran que os ciumes son síntoma de afecto. A deputada Ánxela Franco defende que o informe deixa claro “que a educación é a mellor ferramenta contra a violencia machista”.

O alumnado dos institutos de ensino secundario das comarcas do Eume, Betanzos, Terras de Melide e A Coruña, vén de participar no proxecto socioeducativo que a Deputación da Coruña desenvolve dende o ano 2015 co ánimo de analizar cal é a percepción que ten a mocidade sobre os roles sexistas, as condutas de acoso e control, as relacións tóxicas ou as actitudes previas ao maltrato. … Leer más

Mozas e mozos debuxan ás mulleres pioneiras nunha das iniciativas do premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña

junio 20, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en Mozas e mozos debuxan ás mulleres pioneiras nunha das iniciativas do premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña

Máis de 250 foron as ilustracións elaboradas por mozos e mozas de centros educativos relacionados coas artes que participaron no concurso para a elaboración do Catálogo Ilustradas, posto en marcha por Promove, Consultoría e Formación SLNE, proxecto galardoado cun dos premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade, convocados pola área de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña. Este venres entregaranse os premios na sede da institución nun acto en que tamén se presentará o catálogo.

Alumnas e alumnos de centros de ensino de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol recibirán este venres o premio pola súa participación no Concurso Catálogo Ilustradas no que se recibiron máis de 250 ilustracións que retrataban mulleres pioneiras en distintas disciplinas. … Leer más

O Concello abre ao público o Centro de Interpretación das Baterías de San Pedro, que contará con visitas guiadas ata o 15 de setembro

junio 20, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello abre ao público o Centro de Interpretación das Baterías de San Pedro, que contará con visitas guiadas ata o 15 de setembro

A Concellería de Medio Ambiente abre dende onte ao público, e ata o 15 de setembro, o Centro de Interpretación das Baterías de Costa do Monte de San Pedro, que contará tamén con visitas guiadas. Ademais de ao museo e o centro, os e as visitantes poderán participar destes percorridos con guía ao telémetro, a sala do posto de observación, á sala de dirección de tiro e á peza exterior. O parque de San Pedro alberga unha das baterías de costa, que data de 1929, mellor conservadas do mundo, polo que a Concellería de Medio Ambiente aposta pola súa integración no parque dende un punto de vista que pretende achegar educación ambiental, cultural e o fomento dun turismo verde. “A composición atlántica e peninsular da cidade foi sempre estratéxica e queremos manter esa visión precisamente dende o parque que albergan as mellores vistas da cidade”, apunta a edil responsable.

As visitas guiadas, que aceptan grupos dun máximo de 15 persoas, están dispoñibles ás 12.00 e ás 17.00 horas e é preciso facer a reserva de praza no teléfono 981 184 337 ou enviando un correo electrónico a ​informacionambiental@coruna.es​. Ademais das visitas programadas polo departamento de Medio Ambiente, é posible tamén realizar o paseo cunha das visitas caracterizadas que oferta o Consorcio de Turismo, na que un guía representa o papel de cabo da batería para trasladar á audiencia a 1929 e detallar a infraestrutura que converteu ao ​Golfo Ártabro nun dos mellores protexidos do mundo. Estas visitas realízanse os venres ás 16.30 horas e é preciso apuntarse con antelación no 600 877 278 ou na web www.visitasguiadas.coruna.es O horario do centro de interpretación, que abre de martes a domingo, é de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas.

O programa de coidado integral do espazo público ‘A Pé de Barrio’ inicia a súa segunda edición tras realizar máis de 13.300 actuacións de rexeneración e limpeza nas rúas da cidade

junio 20, 2018 coruna Comentarios desactivados en O programa de coidado integral do espazo público ‘A Pé de Barrio’ inicia a súa segunda edición tras realizar máis de 13.300 actuacións de rexeneración e limpeza nas rúas da cidade

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, María García, e os titulares de Rexeneración Urbana e Mobilidade Sostible, Xiao Varela e Daniel Díaz Grandío, presentaron este martes a nova edición do plan intensivo de coidado no espazo público ​A Pé de Barrio que, ao longo dun ano, realizou 13.312 actuacións de rexeneración urbana e mellora en 66 barrios da cidade. Ademais, tras 12 meses de vixencia, o programa volve comezar o seu periplo pola cidade. En concreto, dende esta xornada e até o 17 de setembro, ​A Pé de Barrio estará no Distrito 10, co que levará a cabo accións en 13 barrios (A Torre-Orillamar, Durmideiras, Monte Alto-As Lagoas, Agra de San Amaro, Zalaeta-Orzán, As Atochas-Pelamios, Cidade Vella-Maestranza e Pescaría). O rexedor salientou, nun acto público celebrado na praza das Lagoas, que “pasado un ano dende que este plan integral botou a andar, podemos dicir que cumprimos co noso compromiso, que era o de levar a cabo o plan de limpeza e coidado do espazo público máis intensivo e máis equitativo que nunca se levou a cabo neste Concello”. “Un dos obxectivos cos que se impulsou este programa hai un ano foi o de tratar de reequilibrar as atencións que viñan recibindo os distintos barrios da cidade en épocas pasadas. Era necesario atender a todos os barrios, tamén aqueles que, tradicionalmente, foron esquecidos”, dixo o primeiro edil. “Aquelas zonas que outros gobernos relegaron a periferia, teñen para nós a mesma importancia que o centro”, dixo. “O espazo público é a cidade común, o lugar que compartimos, onde convivimos e onde nos atopamos. Nunha cidade de barrios é esencial coidar o espazo público”. “Ao longo de 12 meses atendemos 66 barrios distintos da cidade distribuídos nos 10 distritos”, engadiu.

… Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...