Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

Oferta de la semana TodoConsolas: 3X2 en MANGA

Oferta de la semana TodoConsolas: 3X2 en MANGA

Recent Articles:

O goberno local leva a Pleno unha moción que insta ao Executivo central a dar cumprimento ao Pacto de Estado contra as violencias machistas

abril 24, 2018 coruna No Comments

​O goberno local levará ao próximo Pleno ordinario unha moción na que insta ao executivo central a dar cumprimentos aos compromisos acadados dentro do Pacto de Estado en Materia de Violencia de Xénero. Esta iniciativa parte dos acordos acadados polos concellos que a principios de mes participaron en Madrid no Foro de Municipios polo Pacto de Estado en Materia de Violencia de Xénero, que reclamaban a necesidade de que “as administracións locais reciban a axuda e as ferramentas necesarias para poder dar respostas á cidadanía”. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, manifestou que “a moción, que presentamos de acordo con outros municipios como Madrid, Barcelona, Málaga, Bilbao, Salobreña, Sevilla ou Valencia, reivindica o compromiso das entidades locais coa loita contra ás diversas manifestacións da violencia machistas, e solicita ao goberno central que cumpra os seus xa escasos compromisos”. A edil salientou, ao fío, “o despropósito que supón o proxecto de orzamentos do Estado, que non cumpre co acordado”. De feito, o Pacto de Estado, que establece vías directas de financiamento coas administracións locais, prevé que os presupostos xerais destinen por esta vía un incremento anual de 20 millóns de euros aos concellos durante os próximos cinco exercicios, algo que non se recolle no proxecto orzamentario para este ano. “Esta é unha das medidas que reclamamos na moción, así como a modificación da lei de racionalización e sustentabilidade na administración local, de forma que a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención das violencias machistas sexa unha competencia municipal que non poida estar suxeita a recortes nin contencións”, explicou Fraga.

A moción tamén reivindica “a presentación dos proxectos de lei necesarios para acometer as reformas lexislativas contempladas no Pacto de Estado”, así como a adopción de medidas lexislativas e da índole que fose necesaria para garantir a estabilidade e cualificación dos cadros de persoal que prestan servizos de atención ás violencias machistas no ámbito municipal, “de xeito que contemos con profesionais especializadas neste ámbito, contratadas en igualdade de condicións con respecto ao persoal funcionario”.

Por último, a moción tamén recolle a necesidade de establecer “un acordo sobre estándares mínimos para a atención integral municipal ás vítimas das violencias machistas, que leve aparellado un estudo de custos por poboacón de cara a súa efectiva implantación, co fin de garantir unha resposta adecuada a todas as vítimas da violencia, con independencia do seu lugar de residencia”.

A Deputación destina 1,7 millóns de euros ás asociacións agrarias, confrarías de pescadores e entidades de promoción económica da provincia

abril 24, 2018 Uncategorised No Comments

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP  e na Base Nacional de Subvencións a convocatoria de varias liñas de subvencións, destinadas a apoiar ás asociacións agrarias e labregas e ás entidades sen ánimo de lucro da provincia que desenvolvan accións de promoción económica.

O prazo para solicitar estas subvencións comeza mañá martes e remata o vindeiro 21 de maio ás 14.00 horas. As solicitudes realizaranse de forma telémática a través da plataforma Subtel.

As liñas abertas hoxe suman un orzamento de 1.250.000 euros, aos que hai que sumar outros 482.000 € que a Deputación destina en 2018 para apoiar ás confrarías de pescadores e cuxas bases veñen de ser publicadas a principios deste mes de abril. … Leer más

O Concello avanza no labor de sensibilización e visibilización das diversidades afectivo sexuais con novas actividades do Espazo Diverso abertas á cidadanía nos meses de abril e maio

abril 23, 2018 coruna No Comments

​A Concellería de Igualdade e Diversidade programa, para os meses de abril e maio, novas actividades de sensibilización e recoñecemento do coletivo LGTBQI. O Espazo Municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero, situado no centro cívico da Cidade Vella, ofrece desde mañá, luns 23, proxeccións, parladoiros e obradoiros abertos á cidadanía “coa finalidade de afondar na visibilidade das diversidades afectivo sexuais”, explica a concelleira Rocío Fraga. O Espazo Diverso, tal e como se coñece ao servizo de atención a persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, queer e intersexuais para o asesoramento e información en temas relativos ás diversidades afectivas e sexuais e á defensa dos seus dereitos, dá continuidade a unha serie de iniciativas “que vén desenvolvendo desde a súa posta en marcha e que referenda a aposta deste goberno por recoñecer as diversidades e favorecer a creación de espazos de seguridade para a integración da veciñanza”. “Este mesmo mes de abril, por exemplo, o Espazo impartiu, en colaboración coa Escola Universitaria de Enfermería da Coruña, unha nova edición do ​Obradoiro sobre Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero ao alumnado de 1o de Grao de Enfermería, para achegar a profesionais do ámbito da saúde información e recursos actualizados sobre as realidades dos colectivos minorizados pola súa orientación ou identidade de xénero”, explica a concelleira.

Así, mañá luns 23, ás 19.00 horas, e dentro da programación habitual do ​VideoforumLGTBQI do Espazo Diverso, proxectarase a película ​1:54, que permitirá reflexionar ás persoas asistentes sobre o acoso escolar. O traballo aborda, a partir da revelación pública da orientación sexual do protagonista a través das redes socais, a angustia e ​o medo a ser estigma​tizado na contorna. Na seguinte semana, o 30 de abril a partires das 19.30 horas, o servizo da área de Igualdade abordará a realidade trans a partir dunha conversa e vídeo-debate co activista André Portela, do colectivo Amizando.

… Leer más

A Deputación abre no Pazo de Mariñán un debate sobre a cultura como dereito

abril 23, 2018 coruna No Comments

“Cultura e Sociedade en Galiza: Iniciativas e Experiencias” é o título da primeira xornada do programa “A Cultura é un Dereito” que a área de Cultura da Deputación da Coruña bota a andar o vindeiro mércores día 25 no Pazo de Mariñán. Organizada en Colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, o encontro achegará distintas experiencias no ámbito da cultura e debaterá arredor da súa condición de dereito para toda a poboación.

O asociacionismo que dinamizou a cultura galega e o dereito a participar na cultura son os principais protagonistas da xornada que este mércores se desenvolverá no Pazo de Mariñán e para a que xa están as prazas cubertas. En distintas mesas de debate, máis de vinte especialistas e representantes de proxectos  singulares no ámbito da cultura animarán a reflexión sobre os cambios experimentados e a situación actual desde o punto de vista da condición de dereito da cultura. … Leer más

O goberno da Coruña rexeita o pacto entre Xunta e Fomento que blinda os convenios urbanísticos de 2004 sobre os terreos portuarios, e que foi deseñado de costas á cidade, ás institucións e a súa xente

abril 22, 2018 coruna No Comments

​O goberno municipal da Coruña rexeita enerxicamente a oferta pactada pola Xunta de Galicia, Puertos del Estado e o Ministerio de Fomento para blindar os convenios urbanísiticos de 2004 e salvar así a operación especulativa nos peiraos de San Diego, argallada de costas á cidade, ás súas institucións e a súa xente. O executivo local anticipa que, nesas condicións e co contido do convenio que se propón, o Concello da Coruña non adquirirá cota de propiedade dese condominio. O consistorio municipal convida ás administracións estatal e autonómica, gobernadas polo Partido Popular, a rectificar agora que aínda están a tempo: aproveitando que o convenio non está asinado, deben deixar sen efecto, con carácter inmediato, o polémico protocolo e retomar as conversas co Concello.

O executivo local considera que calquera negociación sobre a fachada litoral da Coruña debe partir de tres permisas que son irrenunciables: a revisión dos convenios de 2004, o tratamento da beira atlántica no seu conxunto, non troceada, e a garantía da titularidade e o uso públicos de todos os terreos portuarios. O goberno municipal lembra tamén que aínda non recibiu resposta nin da Xunta nin do Ministerio de Fomento á súa proposta de protocolo, enviada e comunicada no mes de outubro a ambas institucións, nin ao convite realizado aos seus dirixentes para participar os vindeiros días 27 e 28 de abril no Foro Cidadán Tecendo Litoral, un espazo de reflexión aberto á cidadanía para abordar o futuro do bordo litoral, e no que o executivo municipal exporá a súa proposta para os terreos portuarios así como o resultado da investigación levada a cabo nestes meses dentro do proceso Tecendo Litoral. A inscrición para participar no mesmo pódese realizar a través da páxina web municipal ​www.coruna.gal/tecendo-litoral/gl

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...