Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 10% DESCUENTO EN ELECTRONICA SONY

OFERTA TODOCONSOLAS: 10% DESCUENTO EN ELECTRONICA SONY

Recent Articles:

O alcalde destaca que o Concello conseguiu o obxectivo de reconducir a reforma da Vedra e pasar “dun proxecto fóra de época a unha avenida urbana que será máis sostible e humanizada”

Julio 2, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestouse sobre o proxecto de ampliación e mellora da Avenida da Vedra, que o Ministerio de Fomento ten en período de exposición pública dende esta xornada, como paso previo a súa publicación no BOE. O rexedor indicou que, a expensas dunha revisión do mesmo en profundidade que poida conlevar necesidades de mellora puntual, “a primeira ollada indica que se trata dunha noticia positiva” xa que o proxecto recolle de forma xeral “a postura que o Concello defendeu dende o principio”. “Fomos capaces de reconducir un proxecto que entendiamos que estaba fóra de época, baseado unicamente no asfalto, e ir a outro que pasa por unha avenida urbana que introducirá melloras nas cuestións tráfico pero que, á vez, dará solución a moitos outros problemas”, destacou o rexedor, que fixo fincapé en que as achegas municipais lograron que o proxecto “dea resposta á problemática da relación da avenida cos máis de 30.000 veciños e veciñas que viven nas súas marxes”. “Conseguimos dar unha solución a problemas de conectividade, sendo a demandada pasarela de Pedralonga un elemento esencial que esperemos que se execute canto antes”, engadiu, en relación á segregación desta infraestrutura do conxunto do proxecto na busca de maior celeridade. “A introdución dos carrís bici e a humanización en global da avenida é algo que este Concello defendeu dende o principio en todo o proceso negociador que culminou o pasado ano”, indicou, quen insistiu en que “non obstante, agora é o tempo de mirar con lupa o proxecto”, ante a posibilidade de que nalgún tema en concreto sexan necesarias melloras.

O mandatario saudou, por tanto, a exposición pública do proxecto, aínda que lamentou a demora do mesmo por parte do Ministerio de Fomento, “xa que contabilizamos un atraso de case un ano dende que chegamos a un acordo”. Ferreiro comentou que o Concello xa está a analizar polo miúdo ao estar en período de exposición pública. “O que pedimos neste momento é máxima celeridade no prazos de execución da obra unha vez remate este período de exposición, para que esta obra se converta nunha realidade”, explicou.

Por outro lado, o alcalde tamén foi preguntado hoxe polo acordo entre o R.C. Deportivo da Coruña e a financeira con sede na cidade, Abanca, pola que a entidade deportiva poderá cancelar a débeda urxente con Facenda. “Dende o Deportivo se nos indicou que esta operación era moi importante de cara ao refinanciamento da súa débeda, o que lle permitiría quitarse unha lousa moi importante e dar un salto de calidade que por suposto tamén sería bo para a cidade, xa que ademais de símbolo popular e icono coruñés, o Dépor tamén é un motor económico de primeiro orde”, relatou o primeiro edil. “O que se nos pedíu foi a autorización do nome comercial para as competicións nas que xogue o Dépor. O noso estadio, especialmente simbólico para a cidade, segue a chamarse de forma oficial Estadio Municipal de Riazor, pero lle damos esa autorización para que no marco das comunicacións do club e nas competicións poida engadir ese nome comercial, por outro lado, dunha empresa da cidade”, comentou. “Dáse unha conxunción que non existe noutros estadios, onde si hai nomes comerciais, que non obstante nada teñen que ver coa cidade”, opinou, lembrando tamén que o acordo asinado co Deportivo “tamén beneficia ao deporte base municipal, á difusión da imaxe da cidade, ás importantes melloras do estadio de Riazor e a proxectos de grande valor para A Coruña”.

O Concello reactiva o Pacto Social polo Emprego como unha ferramenta participativa con actores sociais e económicos co obxectivo de reducir a taxa de paro e favorecer o acceso ao emprego e o desenvolvemento empresarial

Julio 2, 2017 coruna No Comments

O alcalde, Xulio Ferreiro, acompañado polo concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presidiu a convocatoria do Pacto Local polo Emprego celebrada en María Pita coa participación dunha vintena de institucións e entidades, e dirixida a reactivar este instrumento, que ten como función ser unha sorte de estrutura básica de participación entre actores sociais, económicos e institucións destinada a desenvolver e executar o Plan Municipal de Emprego, que se basea fundamentalmente en facilitar o acceso ao mercado laboral a aqueles colectivos en maior situación de vulnerabilidade. “Hoxe damos un novo impulso ao traballo en rede e mancomunado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade daqueles colectivos con máis dificultade de acceso ao mercado laboral e tamén, en materia de emprendemento, para focalizar mellor cales son os sectores polos que debemos apostar pois son capaces de xerar máis calidade e valor engadido e, por tanto, emprego tamén de calidade”, salientou o titular de emprego, que deu conta, durante a sesión, das accións desenvolvidas durante o período 2016-2017 en materia laboral. Neste sentido, Lema salientou a posta en marcha do plan Coruña Emprega, que se desenvolve en virtude dun convenio de tres anos de duración asinado con Inditex, e que busca favorecer a inserción socio-laboral de persoas pertencentes a colectivos vulnerables ou con dificultades para o acceso ao mercado laboral, como mulleres, persoas desempregadas de longa duración, mocidade e maiores de 45 anos, a través de itinerarios personalizados e especializados.

O Plan Municipal de Emprego –que seguirá a desenvolver novas propostas precisamente grazas á reactivación do Pacto Local polo Emprego– “está dirixido a mellorar as condicións de vida da cidadanía especialmente dos colectivos máis vulnerables, incorporando unha visión compartida por parte dos actores locais, e a través dunha metodoloxía participativa, na que colaboran institucións e axentes implicados no mercado laboral, para coordinar actuacións”. O plan artéllase a través de sete eixes, como son a participación cidadá, a diagnose e prospección laboral, a calidade e innovación no emprego, a promoción do Emprego, a actividade empresarial e emprendemento, a cooperación inter-institucional e, por último, a responsabilidade sociolaboral e igualdade. … Leer más

A celebración do VIII aniversario da Torre de Hércules remata esta fin de semana con actividades de voluntariado ambiental

Julio 1, 2017 coruna No Comments

O fin da semana de actividades arredor do VIII aniversario da inclusión da Torre de Hércules na Lista do Patrimonio Mundial chega con actividades ambientais, que contan coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e do Grupo Naturalista Hábitat, que vén de convocar para o domingo 2 de xullo unha acción dirixida á eliminación de especies exóticas invasoras. A adhesión a esta actividade de voluntariado ambiental, que se desenvolverá o domingo entre as 10.30 e as 13.30 horas en Punta Herminia, é de balde e está aberta ao público xeral. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse con antelación a través do formulario de inscrición dispoñible na web www.gnhabitat.org, no correo electrónico inscricion@gnhabitat.org ou a través do teléfono 981.135.014, xa que haberá 50 prazas que se distribuirán segundo a orde de solicitude das mesmas.

Por outra banda, mañá, a partir das 10.30 horas, os Recreadores de Galicia estarán presentes nesta celebración con diversas representacións, desfiles e dramatizacións. Como en anos anteriores, ademais, a partir das 18.00 horas escenificarán a ofrenda a Hércules (Ara Solis). Paralelamente, e durante todo o día, a Asociación Veciñal As Atochas-Monte Alto celebrará as Merendiñas na Torre , que rematarán cun concerto de música infantil. Finalmente, a xornada do sábado pecharase coa actuación de Theatron Producciones Escénicas, que interpretará a comedia de Plauto Anfitrión , que relata o nacemento de Hércules.

Para a xornada do domingo, ás 20.00 horas, Theatron ofrecerá tamén o roteiro dramatizado Torre de Hércules, onte e hoxe , que tivo que ser suspendido o pasado xoves por mor das inclemencias do tempo. Tamén durante todo o día, desde as 12.00 horas e até as 21.00 horas, as persoas que se acheguen á contorna da Torre poderán participar nun evento de food-trucks , coa posibilidade de degustar diversas preparacións de cociña de autor, tanto doces como salgadas.

A concellería de Rexeneración Urbana resolveu entre o 13 e o 26 de xuño 127 expedientes de obras e 53 de inicio de actividade

Julio 1, 2017 Uncategorised No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, trasladou á Xunta de Goberno local celebrada no Pazo de María Pita o informe relativo ás licenzas e demais títulos habilitantes tramitados desde a súa área entre os días 13 e 26 do presente mes de xuño, en cumprimento co compromiso adquirido polo equipo de Goberno tras a entrada en vigor da delegación no titular desta área da resolución das solicitudes de licenza cuxo orzamento de execución material sexa inferior a 1,2 millóns de euros. Segundo se recolle no documento trasladado á Xunta de Goberno local, a concellería resolveu nese período un total de 180 expedientes, dos cales 22 correspóndense con licenzas urbanísticas e 105 máis, con comunicacións previas ao inicio de obras, ás que se engaden as comunicacións previas tramitadas en relación ao inicio de actividades ou apertura de establecemento, un total de 53. Tal e como sinala o concelleiro, “dentro do compromiso desta área e do Goberno local para afondar na transparencia da xestión”, os grupos da oposición, xa contan con este informe, no que se especifica, con detalle, a información das licenzas de obra xestionadas neste período e, igualmente, a resolución do expediente.

Ademais destes títulos habilitantes, a Xunta de Goberno local deu luz verde á rehabilitación do edificio número 29 da Avenida Pedro Barrié de la Maza (Hotel Riazor), así como á construción dun edificio destinado a 14 vivendas na rúa José Cornide.

A X Baixada Popular de San Pedro de Visma terá lugar este domingo, dentro do circuíto de Carreiras Populares

Junio 30, 2017 Deportes No Comments

O próximo domingo, 2 de xullo, regresa o Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, organizado pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, coa celebración da X edición da Baixada Popular de San Pedro de Visma. A proba, que se desenvolverá entre as 10.30 horas e as 13.30 da mañá no Parque de Bens, terá como lugar de saída a zona máis próxima a Igrexa de San Pedro de Visma. As e os participantes poderán recoller os seus dorsais no Centro Cívico o sábado, día 1, en horario de 11.00 horas a 13.30 horas, e de 17.00 horas a 20.30 horas, así como o domingo, nas zonas habilitadas a tal efecto no lugar de saída, até unha hora antes do inicio de cada unha das carreiras. A proba absoluta, que terá unha distancia total de 6.490 metros aproximadamente, comezará ás 10.30 horas, e a continuación celebraranse as probas das diferentes categorías, para dar paso, ás 13.00 horas, á entrega de premios.

Con motivo da celebración desta proba, a Concellería de Mobilidade Sostible despregará un dispositivo especial de tráfico durante a mañá do domingo. Deste xeito, cortarase totalmente ao tráfico –en ambos sentidos–, desde as 08.30 horas e até as 13.30 horas, o treito situado entre a rúa San Pedro de Visma até o cruzamento coa DP-3003. A partir das 10.15 horas e até as 13.30 horas a DP-3003, establecerase tamén un corte total á circulación no tramo inicial de San Pedro de Visma até o cruzamento coa entrada co Espazo de Protección Animal Municipal.

O Circuíto Coruña Corre regresará no mes de setembro coas últimas dúas probas desta quinta edición, que serán a VI Volta a Oza (10 de setembro) e a V Carreira Popular do Ventorrillo (24 de setembro). Para máis información, pode visitarse www.coruna.gal/carreiraspopulares

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...