Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: POWER BANK XIAOMI POR SOLO 9€

OFERTA TODOCONSOLAS: POWER BANK XIAOMI POR SOLO 9€

Recent Articles:

O alcalde indica que “logo de tres anos difíciles, estamos máis preto ca nunca de impulsar un proxecto sostible para a recuperación dos terreos portuarios”

septiembre 4, 2018 coruna Comentarios desactivados en O alcalde indica que “logo de tres anos difíciles, estamos máis preto ca nunca de impulsar un proxecto sostible para a recuperación dos terreos portuarios”

O alcalde, Xulio Ferreiro, manifestou ante os medios de comunicación que, “logo de tres anos moi difíciles, A Coruña está máis preto ca nunca de impulsar un proxecto sostible para a recuperación dos terreos portuarios”. O rexedor indicou que “as propostas que, durante este tempo, o goberno local tivo que defender moitas veces en solitario, hoxe son ideas de consenso” e se referiu, en concreto, “á revisión dos convenios urbanísticos de 2004, a constitución dun consorcio público no que participen todas as administracións implicadas e a formulación dunha solución para a débeda da Autoridade Portuaria, entendendo que esta non pode ser unha lousa que condicione o futuro da cidade”.

“Neste asunto creo que debemos ter claro cal é o noso obxectivo: pensar no mellor para a cidade da Coruña e que uns terreos que son patrimonio da cidadanía non teñan que ser vendidos para sufragar a débeda da Autoridade Portuaria. Dentro dese obxectivo podemos buscar as fórmulas necesarias”, explicou. “O caso de Valencia deixa claro que, cando hai vontade, pódense atopar solucións. O Goberno local dixo dende o principio que aquí estabamos a falar dunha cuestión de vontade política na que temos que explorar todas as posibilidades legais que poidan existir para evitar a venda dos terreos portuarios”, engadiu.

… Leer más

O Concello reforza o seu compromiso coa atención do colectivo LGTBQI, coa licitación, por trámite de urxencia, da xestión do Espazo Diverso, que amplía e mellora o seu servizo

septiembre 3, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello reforza o seu compromiso coa atención do colectivo LGTBQI, coa licitación, por trámite de urxencia, da xestión do Espazo Diverso, que amplía e mellora o seu servizo

A concelleira de Igualdade e Diversidade saudou este sábado a inminente apertura do proceso de licitación, por trámite de urxencia, da xestión do Espazo Diverso, servizo localizado no Centro Cívico da Cidade Vella, impulsado polo actual goberno local, e que busca dar ferramentas para a inclusión e o fomento das liberdades e dereitos do colectivo LGTBQI. A responsable municipal indicou que a intención do executivo é “poder retomar cantes antes a actividade que se desenvolve neste espazo de forma mellorada e incrementada”.

No ano 2016, o executivo municipal, ante “a invisibización” de espazos de axuda e resposta para este colectivo, decidiu poñer en marcha, de forma piloto, o denominado Espazo municipal das Diversidades e Identidades Sexuais. Ante os bos resultados obtidos, o pasado ano, iniciou os trámites para licitar un novo contrato, máis consolidado e, sobre todo, de maior contía, o que permitiría ampliar e mellorar os servizos ofrecidos. Non obstante, e logo de que a empresa proposta como adxudicataria pola mesa de contratación renunciase finalmente a realizar este servizo, a licitación quedou deserta, motivo polo cal, e ante a necesidade de que o servizo se retome canto antes, a Concellería de Igualdade e Diversidade optou por volver a sacar a concurso a xestión do Espazo Diverso, esta vez polo trámite de urxencia. “Estamos a falar dun espazo de referencia para as persoas e colectivos LGTBQI da cidade e a área metropolitana, xa que é o primeiro e único servizo de atención especializado para esta parte da veciñanza, cun lugar e horario diario de funcionamento”, comentou Fraga, quen lamentou que “houbese quen, dende a oposición, tratase de sacar rédito político a este tema”. “O compromiso deste goberno coa fin das violencias, coa diversidade e a inclusión das identidades de xénero e sexuais non pode ser posta en dúbida. A Xunta de Galicia nunca puxo en marcha un espazo semellante na cidade, nin tampouco quixo colaborar con ningún goberno local para tal fin polo que, dende logo, fomos quen de sacar adiante un servizo pioneiro a nivel municipal”, dixo.

… Leer más

A Concellería de Participación convoca unha nova xuntanza do Co-Lab para definir de maneira colectiva as súas liñas de traballo para o próximo curso

septiembre 3, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Concellería de Participación convoca unha nova xuntanza do Co-Lab para definir de maneira colectiva as súas liñas de traballo para o próximo curso

​A Concellería de Participación e Innovación Democrática organiza un encontro para o sábado 8 de setembro aberto a todas as persoas interesadas en participar, colaborar ou propoñer accións para a seguinte fase do Co-Lab, que comezará nos próximos meses. A xuntanza, que está convocada para as 11.00 horas do día 8 no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX) da rúa Matadoiro, busca definir de maneira colectiva os retos e liñas de traballo para os proxectos que abordará o Co-Lab na súa próxima edición. Os temas propostos e abordados durante este encontro servirán de guía á hora de definir os proxectos que serán desenvolvidos no Laboratorio Cidadán da Coruña.

Como indica a responsable da Concellería de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, este evento “está aberto a todas as persoas que teñan interese en colaborar, contribuír e participar no Co-Lab e no que todas as opinións e ideas son benvidas”. “Queremos manter a marcha e consolidar un proxecto que ten como obxectivo dotar á cidadanía de capacidade e recursos para resolver os problemas de diversa índole que atopan na súa contorna. E o Co-Lab é ese espazo aberto no que toda a cidadanía pode formar parte do de transformación da cidade a través do proxectos que pon en marcha”, apunta Delso, que anima á veciñanza a achegarse a esta convocatoria.

O Laboratorio Cidadán da Coruña “é especialmente relevante porque nos permite construír de xeito colectivo, incorporando as intelixencias da cidadanía e dos colectivos aos procesos da administración, que se converten así en máis horizontais”. O Co-Lab desenvolveu ata o momento seis proxectos: Gabinete de imaxinación política, Soidade, Oasis Monte Alto, Particip-Agra, Co urbanismo nos talóns e Cousateca.

O Goberno local reclama a construción urxente da conexión entre a Vía Ártabra e a AP-9, xa que “nin A Coruña nin a área metropolitana poden seguir esperando”

septiembre 2, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Goberno local reclama a construción urxente da conexión entre a Vía Ártabra e a AP-9, xa que “nin A Coruña nin a área metropolitana poden seguir esperando”

​O goberno local recorda tanto ao executivo estatal como á propia Xunta de Galicia que “nin A Coruña nin o resto de concellos da área metropolitana poden seguir esperando pola conexión da AP-9 coa Vía Ártabra”. Ante as informacións coñecidas esta xornada sobre posibles novos atrasos na execución do proxecto, o Concello coruñés insiste en que “se trata dunha obra esencial para a mobilidade interna dentro da área, así como externa”. “Unha infraestrutura, polo tanto, cuxa construción debe abordarse de forma urxente, sen que sexa posible aceptar novas demoras”, salienta o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, que aludiu aos “atrasos encadeados dos sucesivos gobernos estatais na última década”.

Por outro lado, e a respecto da posibilidade de que a demora na abordaxe do proxecto veña motivada polas alegacións da empresa que explota a AP-9, Audasa, Varela tamén manifestou que “o executivo central debe recordar que as concesionarias non se presentan ás eleccións, polo que non poden decidir polas administracións públicas nin sometelas a chantaxe”. “As necesidades da cidadanía son o primeiro, e iso debería ser a prioridade de calquera administración”, manifestou, á vez que recordou que a conexión da Vía Ártabra, se ben fundamental, non é a única en materia de infraestruturas que demanda tanto A Coruña como o resto de concellos da área metropolitana. “Tan urxente como a construción deste viario é, por exemplo, a transferencia da AP-9 a Galicia, unha demanda histórica e de xustiza que até agora foi continuamente saboteada polo Partido Popular, tanto en Madrid como en Galicia”, apuntou.

Así, ao fío, aludiu aos acordos chegados pola Mesa de alcaldes e alcaldesa metropolitana que “vén manifestando de xeito reiterado a necesidade de que o goberno do Estado aposte polas grandes infraestruturas que Galicia necesita, entendendo que estas son un motor tanto económico como social”. “Confiamos en que o cambio na Presidencia do Goberno se traduza na máxima atención ás necesidades da área metropolitana da Coruña no proxecto orzamentario para 2019 e que o goberno da Xunta sexa capaz de levar estas reivindicacións a onde sexa necesario, independentemente da cor dos concellos da área coruñesa”, dixo.

O Fórum Metropolitano retoma a súa programación durante o mes de setembro con ciclos de maxia e cine

septiembre 2, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Fórum Metropolitano retoma a súa programación durante o mes de setembro con ciclos de maxia e cine

O Forum Metropolitano enche a súa programación para setembro de maxia e cine. Durante este mes o centro municipal acollerá a celebración do cicloForumáxico​, que organiza catro espectáculos de maxia dirixidos a un público familiar. Ademais, retoma a programación de películas con 13 títulos, parte das cales se encadran no ciclo Cine e Gastronomía que se organiza como parte do centenario do pasamento do exalcalde Manuel María PugayParga,​Picadillo,​ enodenominadoOsollosabertos.

O ​Forumáxico p​ ropón espectáculos de comedia, drama ou teatro nos que tamén ten protagonismo a maxia, en diferentes estilos. O programa comeza o 8 de setembro coa posta en escena do espectáculo Sherlock Holmes​, de Cayetano Lledó e continúa o 15 con ​Les artuans​, de Arturo Cobas e Antuán de la Cream. O mago Teto e o seu espectáculo ​O Alquimista poden verse o día 22 e pecha o ciclo o mago Rafa con ​Ahora o​ día 29 de setembro. Todos os pases se celebra as 19.00 horas e as entradas teñen un custe xeral de 5 euros con prezo reducido a 2 euros para menores de tres anos e a posibilidade de mercar un abono familiar de tres entradas por 12 euros.

No tocante á oferta de cine, o Fórum Metropolitano programa na sala Marilyn Monroe estreas en versión orixinal subtitulada como son ​Starred Up​, de David Mackenzie, nos días 6, 7 e 8 de setembro, a libanesa ​L’Insulte​, de Ziad Doueiri, o 13, 14 e 15, ​Jusqu’à la garde​, de Xavier Legand, o 20, 21 e 22 e ​Cartas de Guerra​, de Ivo Ferreira, o 28 e o 29 do mes. As películas proxectaránse ás 20.15 horas os xoves e os venres e ás 15.15 e ás 20.15 os sábado. Esta sala acollerá tamén o ciclo ​Os ollos abertos​, organizado pola ONG AIRE, no que se pasarán os filmes ​Alma Mater ​(luns 24), ​69 minutes of 86 days e ​Tout le monde aime le bord de la mer (martes 25), Fuocoammare (mércores 26) e ​Mediterránea ​(xoves 27). Ao remate de cada película, que comezan ás 19.00 horas e son gratuítas, haberá un coloquio sobre a temática da mesma.

… Leer más