Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS WII Y WII U

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS WII Y WII U

Recent Articles:

O Concello adxudica a modernización e eficiencia da iluminación nos Rosais, “que completa unha actuación integral na seguridade e accesibilidade do barrio”

julio 10, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello adxudica a modernización e eficiencia da iluminación nos Rosais, “que completa unha actuación integral na seguridade e accesibilidade do barrio”

O Concello autorizará na próxima Xunta de Goberno local, que se celebrará de maneira extraordinaria, a adxudicación das obras de modernización e mellora da eficiencia da iluminación pública dentro do perímetro delimitado por Os Rosais, a Rolda de Outeiro, Manuel Murguía e a avenida de Labañou. A actuación, que ten un orzamento de licitación de 1.160.918,70 euros, precisará 15 semanas de traballo. O edil de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, salienta que, con esta adxudicación, “o Concello está dando resposta dende varias frontes a vellas demandas dos barrios, xa que, ademais da mellora da iluminación, estase actuando para a renovación do pavimento e o asfalto e a sinalización da zona”. “Con esta actuación completamos unha intervención de carácter integral no barrio, que incrementará a seguridade e a accesibilidade nos Rosais”, apuntou.

Esta actuación, que forma parte do paquete de medidas comprendidas nos investimentos financeiramente sostibles aprobados o pasado 21 de novembro en Pleno, comprende os barrios do​s Rosais, Cidade Escolar, Estadio de Riazor, San Roque de Fóra e Labañou, nos que se vai acometer a renovación en 36 rúas e prazas. En total, cambiaranse 630 luminarias de haloxenuros metálicos e vapor de sodio por outras LED, “o que repercutirá nun aforro de consumo, xa que teñen un período de vida máis longo e permiten axustar, por control remoto, a potencia da rede segundo a necesidade”. “Tendo en conta só a potencia, sen a xestión máis eficiente que permitirá a nova tecnoloxía, estímase que suporá un aforro de 35.000 euros ao ano”, indica Varela. Con esta intervención nas luminarias tamén se corrixirán outros aspectos da iluminación das rúas como aqueles puntos que teñan un menor niveis de luz, para acadar unha iluminación homoxénea, e se reducirá a contaminación, tanto a de deslumbramento como a de resplandor ou a luz intrusa, sendo esta última a que afecta aos domicilios que están próximos a unha luminaria.

A modernización do alumeado suporá tamén a substitución de sete cadros de mando e a renovación doutros oito, nos que se mellorará a protección contra raios e sobretensións, así como na posta a terra. “Trátase dunha posta a punto de toda a rede na que tamén se revisarán o estado das arquetas e dos brazos que suxeitan as luminarias e se actuará sobre elas se é preciso, e na que tamén se renovarán as conducións e conexións”, engadiu Varela.

O Concello asina coa Deputación un convenio para o financiamento de máis de 40 concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia na cidade e na provincia durante a presente tempada

julio 10, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello asina coa Deputación un convenio para o financiamento de máis de 40 concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia na cidade e na provincia durante a presente tempada

O alcalde, Xulio Ferreiro, asinou un convenio co presidente e coa vicepresidenta da Deputación provincial, Valentín González e Goretti Sanmartín, para o cofinanciamento de máis de corenta concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia na cidade e no resto da provincia. O acordo entre ambas administracións, que forman parte do Consorcio para a Promoción da Música do que depende a orquestra, ten como obxectivos “a promoción da cultura a través da música, facilitar o acceso da cidadanía á música de calidade e mellorar a ensinanza musical e a formación das novas xeracións de intérpretes”. A Deputación da Coruña achega, mediante subvención nominativa, 1,5 millóns de euros para a realización de concertos e outras actividades, que se celebran ao longo do presente ano.

“A Orquestra Sinfónica de Galicia, unha das máis prestixiosas do Estado, é unha mostra da pluralidade e talento que ten o tecido cultural da cidade, e con este convenio permitirmos que tanto as persoas abonadas como moito outro público que non ten ou non pode ter un acceso fácil a manifestacións artísticas deste nivel gocen das súas actuacións”, indicou Ferreiro. Neste sentido, o rexedor salientou que a programación descentralizada da Orquestra Sinfónica e das súas formacións máis nova incide na liña de traballo municipal, posta en marcha pola área de Culturas, Deporte de Coñecemento, de abrir e aproximar o feito artístico á cidadanía e de democratizar o acceso á cultura. “Como institución pública e de proximidade é importante garantir a dimensión social desta proposta, apostar porque esta programación musical favoreza tamén a creación de novos públicos”, apuntou. Un obxectivo no que coincidiron tanto González Formoso, quen destacou que o convenio “serve para achegar a oferta da orquestra a localidades pequenas que non poderían ter esta oportunidade senón fose polo convenio”, como Sanmartín, que resaltou o labor formativo que realiza o conxunto, tanto na posibilidade de formar novos públicos como con obradoiros especializados nos centros de ensino.

A Orquestra Sinfónica de Galicia ten programados 30 concertos na Coruña dentro da tempada regular, aos que hai que sumar outros extraordinarios en datas por determinar. Ademais, a súa actividade na provincia, para a que hai pechados 10 concertos iniciais, amplíase este ano, xa que tocará en Sada por primeira vez, e mantén concertos en Santiago, Ferrol –onde actuará catro veces–, e Betanzos, así como noutros concellos por determinar. O impulso á formación de novas e novos músicos recóllese no respaldo ás actividades da Orquestra Nova, a Orquestra de Nenos e o Coro Novo e os Nenos cantores, que actuarán en diversos puntos da provincia.

O Concello soterrará a liña eléctrica na confluencia entre rúa Vizcaya e avenida do Mallos para mellorar a accesibilidade peonil

julio 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello soterrará a liña eléctrica na confluencia entre rúa Vizcaya e avenida do Mallos para mellorar a accesibilidade peonil

O Goberno local, a través da Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, levará a cabo o soterramento das liñas eléctricas situadas na rúa Vizcaya con avenida dos Mallos nunha actuación para a mellorar a accesibilidade da veciñanza e que comezará a mediados de xullo. “Temos na cidade bastantes exemplos de postes eléctricos que se colocaron, hai décadas, de maneira provisional e que aí seguen, en moitos casos entorpecendo o tránsito peonil, incumprindo a normativa de accesibilidade das beirarrúas e sendo un elemento discordante da nosa paisaxe urbana”, explica o edil de Rexeneración Urbana, Xiao Varela. Por iso, o Concello vén traballando na súa eliminación mediante actuacións de canalización dos cables como a que se vai realizar na rúa Vizcaya na súa confluencia coa avenida dos Mallos. En concreto, retiraranse dous postes e se executarán canalizacións para soterrar os cables do alumeado municipal, as telecomunicacións e a electricidade, así como as arquetas precisas.

Como explica o concelleiro, o poste da avenida dos Mallos está situado xusto enriba do vao do paso peonil “o que imposibilita a accesibilidade, entorpece o tránsito dos veciños e das veciñas e corta a continuidade dunha rúa principal no barrio, xa que vertebra a parte alta do mesmo e comunica a rolda de Nelle e a de Outeiro”. Así, a planificación das obras, que teñen un prazo de execución de dous meses e un custe de 43.439 euros, comprende tamén a reposición da beirarrúa, na que se crearán orellas de protección para ampliar o espazo peonil, e da calzada.

“Fixemos un traballo de identificación destes puntos onde hai cableado aéreo e estamos executando obras de adecuación á normativa de accesibilidade, como a que xa realizamos na avenida de Arteixo, coa eliminación do poste á altura do número 45; como está a facerse coa liña de media tensión que cruza o Castro de Elviña ou se fixo co convenio que asinamos con operadoras de telecomunicacións para soterrar as súas liñas en 130 puntos da cidade”, indica Varela, que considera que estas situacións responden a “outro tempo onde non había a sensibilidade que temos hoxe en día na concepción do espazo urbano e tamén da súa imaxe”. Así, o concelleiro adiantou que cada obra prevista na Cidade Vella, unha zona con especial valor patrimonial e histórico, contempla a retirada do cableado.

A Concellería de Igualdade e Diversidade reforza a atención xurídica no CIM para dar resposta a todas as consultas por violencia machista

julio 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Concellería de Igualdade e Diversidade reforza a atención xurídica no CIM para dar resposta a todas as consultas por violencia machista

A Concellería de Igualdade e Diversidade reforza a atención xurídica que se ofrece con medios propios no Centro de Información á Muller, que disporá de 720 horas anuais máis deste tipo de atención para dar resposta a todas as consultas por violencia machista. “A pesar da asfixia imposta aos concellos polas normativas estatais, que imposibilitan novas contratacións de persoal propio, e o incumprimento de financiamento acordado no Pacto de Estado sobre violencia de xénero, o Concello precisa actuar para mellorar un servizo que non admite dilacións nin listas de espera”, afirma a edil Rocío Fraga, que indica que o CIM atende, ademais, situacións de urxencias e fai seguimento de todas as atencións realizadas “coa fin de conseguir unha auténtica e efectiva atención integral das mulleres e os seus fillos e fillas, tal e como esixe a normativa estatal e galega”.

A concelleira explica que, se ben o número de persoas atendidas no CIM non aumenta significativamente nos últimos anos, se vén detectando un aumento nas consultas motivadas por violencia machista. “O número de consultas a causa da violencia de xénero pasou de representar o 47,8% respecto do total de consultas atendidas no 2015, ao 70,80% no 2016 e ao 73,3 % no 2017”, exemplifica. “Con este reforzo de persoal, que fará 720 horas ao ano, poderemos ter a unha atención dunha experta tres días á semana de 09.00 a 14.00 horas para mellorar a atención”, apunta. A atención xurídica, así como a psicolóxica e social do CIM abarca tamén ás mulleres e menores da Casa de Acollida, que tivo a 42 persoas residentes en total no 2017 e 55 no 2016.

O Centro de Atención á Muller forma parte da rede da Xunta pero é xestionado polo Goberno local que, no seu compromiso de convertelo nun servizo “estable e consolidado”, ten traballado para “suprimir a temporalidade de moitos dos postos de traballo, así como no reforzo do servizo, ao que xa se incorporou unha mediadora na Rede Municipal de Acollemento para cubrir a demanda das usuarias e que permitiu desenvolver actividades,postas a andar este ano, que fomentan o autocoñecemento, a educación emocional e a reinserción social e laboral das mulleres”.

O programa ‘Coruña en forma’ amplía actividades e espazos na terceira edición “desta proposta gratuíta e descentralizada nos barrios” que dá continuidade á programación deportiva durante os meses de verán

julio 7, 2018 coruna Comentarios desactivados en O programa ‘Coruña en forma’ amplía actividades e espazos na terceira edición “desta proposta gratuíta e descentralizada nos barrios” que dá continuidade á programación deportiva durante os meses de verán

O programa ​Coruña en forma incorpora unha nova actividade e outro espazo para a práctica deportiva dentro da programación da súa terceira edición, que comeza hoxe, sábado. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, deu a coñecer esta mañá a planificación deportiva –que é aberta a todos os públicos e gratuíta– prevista polo Goberno municipal para os meses de xullo a setembro, como maneira de dar continuidade ao labor das Escolas Deportivas municipais durante o verán e favorecer e fomentar a práctica deportiva como hábito de vida saudable entre a cidadanía de todas as idades. “Hai moitas liñas de dirección da nosa política deportiva coas que enlaza esta proposta, como é a gratuidade e o acceso para todos e todas ao deporte, algo que se pode gozar non só conxuntamente senón de maneira accesible, e tamén coa idea de posta en valor dos espazos urbanos e a descentralización das actividades nos barrios”, resumiu o concelleiro.

O programa ​Coruña en forma​, que reparte as súas oito actividades por 11 espazos da cidade, consta de tres bloques de actividades, todas elas dirixidas por monitores e monitoras e que non requiren inscrición previa. No primeiro deles se propoñen actividades como Tai Chi, pilates, ximnasia aeróbica e zumba –a novidade deste ano–, que se desenvolven de luns a venres en diferentes horarios e localizacións, entre eles Riazor, o miradoiro do Matadoiro, o parque Europa, a praia de Oza e o parque de Vioño, espazo que tamén se incorpora para afondar na descentralización das actividades polos barrios. Tamén se utilizarán seis parques biosaudables da cidade –naprazaElípticadosRosales,LuísDíazGonzález,parquedeSantaMargarita,Sagrada Familia, parque de Oza e San Diego– para propoñer diferentes exercicios os luns, martes, xoves e venres entre 10.00 e 11.00 horas. Ademais, hai un terceiro grupo de actividades enfocadas cara ao lecer activo como son as andainas, as rutas a patíns ou saídas cos cans, cuxa axenda pode consultarse na web ​www.coruna.gal/portal/gl/cidade/deportes/coruna-en-forma

… Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...