Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 50€ DE DESCUENTO EN SAMSUNG S9 Y S9 PLUS DE SEGUNDA MANO

OFERTA TODOCONSOLAS: 50€ DE DESCUENTO EN SAMSUNG S9 Y S9 PLUS DE SEGUNDA MANO

Recent Articles:

O Concello inicia as obras de rehabilitación das cubertas do estadio municipal de Riazor, que provocarán desde mañá cambios na circulación no perímetro das instalacións

mayo 28, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello inicia as obras de rehabilitación das cubertas do estadio municipal de Riazor, que provocarán desde mañá cambios na circulación no perímetro das instalacións

O goberno local da Coruña iniciará mañá as obras de reforma e mellora da cuberta e das estruturas metálicas das bancadas do estadio de Riazor, despois de concluír cos traballos previos iniciados o pasado mes de abril. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, salienta a envergadura da actuación, que conta cun investimento de case 7,2 millóns de euros e cuxa execución provocará desde esta semana modificacións de relevo na circulación rodada na contorna da instalación municipal, “tanto para os vehículos privados como para o servizo de transporte público”. “O labor que se desenvolveu nos últimos meses permitirá que os traballos de montaxe e execución sexan o menos molestos posibles, aínda que, como toda actuación de tanta importancia polo volume a tratar, como é o caso de Riazor, poida provocar incomodidades tanto para a veciñanza da contorna das instalacións, polo desenvolvemento de xeito continuo dos traballos, como para a propia circulación na cidade”, expón Varela, que indica que o perímetro do recinto de obra estará delimitado para acometer a intervención coas medidas de seguridade axeitadas.

Así, desde mañá, martes 29, a partires das oito da mañá, cortaranse os dous carrís de sentido saída da cidade no Paseo da Habana, cara a Gregorio Hernández e Peruleiro, á vez que se eliminará a posibilidade de realizar o xiro á esquerda en Eduardo Dato, procedente de Calvo Sotelo e do Paseo Marítimo. De cara a manter a circulación no sentido entrada, cara á avenida de Bos Aires e praza de Pontevedra, suprimirase o estacionamento na vía. Ademais, instalaranse columnas de semáforos temporais para reducir o tempo de paso. … Leer más

OFERTA TODOCONSOLAS: GOD OF WAR POR 42€ (Segunda mano)

mayo 28, 2018 Todo Consolas, TodoConsolas Comentarios desactivados en OFERTA TODOCONSOLAS: GOD OF WAR POR 42€ (Segunda mano)

OFERTA TODOCONSOLAS: GOD OF WAR POR 42€ (Segunda mano)

… Leer más

O Concello notificou a 255 persoas propietarias de fincas a obriga de limpar e adecuar as súas parcelas, dentro do Plan Municipal de Prevención de Lumes

mayo 28, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello notificou a 255 persoas propietarias de fincas a obriga de limpar e adecuar as súas parcelas, dentro do Plan Municipal de Prevención de Lumes

O Concello ​vén de notificar ás persoas propietarias 255 parcelas catastrais do termo municipal a obriga (de acordo coa Lei 3/2017 de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia) de ter limpa a súa parcela antes do vindeiro 30 de maio, dentro do Plan Municipal de Prevención de Lumes despregado para este ano Trátase das fincas que a inspección municipal, xunto co servizo de Bombeiros e responsables do distrito forestal, identificou pola falta de adecuación aos requisitos da norma, que require a xestión da biomasa vexetal así como a retirada das especies prohibidas (eucaliptos, piñeiros e acacias) polo seu potencial pirófito e a ampliación das franxas de protección de 30 a 50 metros nos perímetros das edificacións sinaladas pola lei e de 10 metros no caso de vías de comunicación.

Como fai notar a concelleira de Medio Ambiente, María García, este prazo mudou respecto a anos anteriores, no que o período para a limpeza se prolongaba ata o 30 de xuño, tal e como xa se lle comunicou aos propietarios e propietarias destas fincas. Este cambio afecta, tanto ás parcelas que recibiron requirimento, como ao conxunto de terreos suxeitos ao Plan de Lumes. As comunicacións realizadas ás persoas propietarias lembran que a norma autonómica estipula multas de entre 1.000 e 10.000 euros, que se poden reiterar ata que non se cumpra con esta obriga. García advirte que, unha vez superado o prazo do 30 de maio, o Concello procederá a comprobar se os traballos de limpeza foron realizados.

Dentro do seu Plan de Prevención de Lumes, o Concello está tamén a abordar as tarefas de limpeza e roza, así como de eliminación destas especies pirófitas nas parcelas municipais, nas que se está ampliando a franxa de seguridade de 30 a 50 metros onde hai vivendas como esixe a lei. García indica que o servizo municipal está a atender tamén peticións da veciñanza, como no caso dos eucaliptos que estaban situados na rúa Lázaro Cárdenas.

O Concello adxudica de forma definitiva as 217 parcelas das ecohortas de Novo Mesoiro, Agra do Orzán e Eirís

mayo 27, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello adxudica de forma definitiva as 217 parcelas das ecohortas de Novo Mesoiro, Agra do Orzán e Eirís

A Concellería de Medio Ambiente vén de publicar a resolución definitiva da convocatoria para facer uso das hortas urbanas dos barrios da Agra do Orzán, Eirís e Novo Mesoiro. Tras o proceso de alegacións, a área que dirixe María García deu a coñecer nesta xornada a lista definitiva das solicitudes admitidas, que se pode consultar desde esta tarde no webwww.coruna.gal/medioambiente​. As persoas interesadas en facer uso das parcelas e das mesas de cultivo deberán presentar, no prazo de 10 días naturais, a súa conformidade coa asignación das mesmas. No caso de non facelo, considerarase que renuncian á concesión, polo que se procederá a asignar as hortas en función das solicitudes que se atopan na lista de espera.

As novas áreas de ecohortas, cuxa construción, deseño e selección de localización formaron parte de procesos participativos, constan dun total de 217 parcelas, das cales o goberno local reservou unha porcentaxe para persoas xubiladas ou maiores de 65 anos, veciños e veciñas receptoras de rendas sociais e para asociacións sen ánimo de lucro, de carácter social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental, así como centros públicos de ensino dos distritos ou áreas da contorna. As hortas, que non están suxeitas ao pago de ningunha taxa, contan ademais con accesos adaptados para persoas con diversidade funcional.

A concesión das parcelas e das mesas de cultivo das hortas urbanas será por dous anos, pero poderase prolongar até os tres. As persoas e as entidades admitidas na convocatoria deberán cultivar o terreo empregando técnicas ecolóxicas, obxectivo para o que contarán con programas de formación vinculados á xestión de hortas, produción ecolóxica e compostaxe comunitaria. Para máis información sobre as ecohortas, pódese consultar o web ​http://ecohortas.coruna.gal

A Concellería de Xustiza Social pon en marcha unha nova edición do programa ‘Cóxegas’ “para afondar na aposta pola conciliación da vida laboral e familiar, á vez que se ofrecen actividades integradoras”

mayo 27, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Concellería de Xustiza Social pon en marcha unha nova edición do programa ‘Cóxegas’ “para afondar na aposta pola conciliación da vida laboral e familiar, á vez que se ofrecen actividades integradoras”

​A Concellería de Xustiza Social e Coidados propón para o vindeiro mes de xuño unha nova edición do programa de conciliación Cóxegas, iniciativa posta en marcha polo executivo municipal no curso 2016-2017 en colaboración coa Federación de ANPA de centros públicos da cidade. Máis de 320 nenas e nenos de distintos centros de educación infantil e primaria públicos da cidade participarán nunha nova edición dunha proposta que ofrece actividades lúdicas e axeitadas a cada grupo de idade nun entorno seguro. “​Cóxegas nace como resposta á demandas das familias dos CEIP da cidade e dá un paso máis no camiño da conciliación, á vez que favorece o desenvolvemento cognitivo, psicomotor ou afectivo-social das nenas e dos nenos a través do xogo”, afirma a concelleira Silvia Cameán. Tal e como salienta a edil, a continuidade deste programa en períodos nos que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares “referenda ademais a aposta do goberno local por favorecer e garantir a conciliación entre a vida laboral e familiar da veciñanza até o final do curso escolar”.

As actividades desenvolveranse entre o 1 e o 21 de xuño, de luns a venres en horario de 16.00 a 18.00 horas, baixo o lema Crea a túa propia aventura. ​Sucederanse propostas vinculadas aos xogos e o deporte, á animación teatral ou á expresión plástica, entre outras, baixo un enfoque integrador. Así, as nenas e nenos serán protagonistas mediante a creación, en común, dunha aventura virtual ao longo das tres semanas de duración do programa, que se pechará cunha actividade final aberta ás familias. “De novo o goberno da Coruña aposta pola educación como ferramenta fundamental para a integración da súa veciñanza”, destaca Cameán, quen lembra a creación doutras iniciativas desde a súa área, encamiñadas a ofrecer novas actividades lúdico-educativas nos centros escolares, “como as que nacen a partires do programa ​Ao meu xeito, dirixidas á posta en marcha de actividades que solventen necesidades reais do alumnado e cuxa última convocatoria estará vixente até o 31 de maio”.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...