Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS WII Y WII U

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS WII Y WII U

Recent Articles:

Goretti Sanmartín anima ao novo goberno do Estado a iniciar o proceso xudicial para que o Pazo de Meirás pase a ser un ben público

julio 4, 2018 coruna Comentarios desactivados en Goretti Sanmartín anima ao novo goberno do Estado a iniciar o proceso xudicial para que o Pazo de Meirás pase a ser un ben público

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, remite ao ministro de Cultura, José Guirao unha carta en que explica a situación do proceso de reclamación do Pazo de Meirás e achega os informes xurídico e histórico encargados pola institución. Goretti Sanmartín anima ao novo goberno a iniciar o proceso xudicial para que o Pazo pase a ser un ben público.

En carta remitida ao ministerio de Cultura, Goretti Sanmartín lembra que desde a Deputación da Coruña xa remitiran ao novo goberno dirixido por Pedro Sánchez os informes xurídico e histórico que abren as portas á recuperación do Pazo de Meirás como ben público. “Neses documentos, xa en mans do goberno de Pedro Sánchez desde comezos do mes de xuño, explicítase o camiño para recuperar o Pazo sen indemnización ningunha á familia Franco, ao considerar nulo o acto de compra-venda ficticio que asinou o ditador despois de  levar xa tempo usando o inmoble como vivenda oficial”, explicou Goretti Sanmartín. … Leer más

A Concellería de Medio Ambiente instala en 75 palmeiras da cidade un sistema para a detección precoz do picudo vermello

julio 3, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Concellería de Medio Ambiente instala en 75 palmeiras da cidade un sistema para a detección precoz do picudo vermello

A Concellería de Medio Ambiente está a instalar un sistema tecnolóxico que permite detectar nos seus primeiros estadios as infeccións da praga do picudo vermello nas palmeiras da Rosaleda, Cidade Vella e os xardíns de Méndez Núñez. “Estamos a poñer en marcha medidas de prevención para protexer os exemplares con valor singular, ambiental e patrimonial da cidade, para asegurarnos de que a praga non chegue aos exemplares de maior valor da cidade”, indica a edil de Medio Ambiente, María García. O escaravello do picudo, un insecto procedente de Asia que chegou á Península hai xa 25 anos, é moi daniño para as palmeiras, en especial das especies canaria e datilera, xa que ataca ao interior da árbore e cando esta comeza a dar síntomas externos o seu estado de deterioro xa é moi avanzado. Por iso, e vendo a afección que está a causar nos concellos da costa de Pontevedra e algúns da ría de Arousa, o Concello comezou esta semana a preparar 75 palmeiras nas que se instalará un sistema de detección sísmica que percibe a vibración que produce o picudo vermello nas primeiras fases de afección.

“Este luns comezaron os traballos de limpeza de copas das palmeiras que son precisos para colocar este sistema, que durante tres anos enviará datos de maneira periódica e alertará en caso de que a praga chegue a estes xardíns históricos”, indica García. A concelleira explica que a iniciativa, que ten un custe de 23.000 euros, “é o único sistema que, ata o momento, dá resultados para o coidado preventivo das palmeiras e enmárcase na atención que o Goberno local mantén cos espazos verdes máis antigos da cidade e nos que se atopan os exemplares máis valiosos, tantoa nivel ambiental como dende un punto de vista patrimonial”.

O Concello ponse a disposición das entidades comerciais e hostaleiras da cidade ante o temporal da fin de semana e convoca para hoxe unha xuntanza para valorar as consecuencias nestes sectores

julio 3, 2018 Sucesos Comentarios desactivados en O Concello ponse a disposición das entidades comerciais e hostaleiras da cidade ante o temporal da fin de semana e convoca para hoxe unha xuntanza para valorar as consecuencias nestes sectores

​O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, vén de convocar a 12 entidades comerciais e da hostalería da cidade a unha reunión este martes no Pazo de María, que estará presidida polo alcalde, Xulio Ferreiro, e no que se fará balance dos danos que tivo no sector o temporal vivido a pasada fin de semana na cidade. A intención do goberno local é poñerse a disposición das asociacións de comercio de cara a minimizar as consecuencias que tivo a tromba de auga e que afectou a varios locais comerciais da cidade.

O departamento dirixido por Alberto Lema convocou para este martes a representantes tanto da Federación Provincial de Comercio, como Federación Unión Coruñesa de Comercio (FUCC), ademais de a Asociación Comercial e Empresarial da Cidade Vella (ACECA), a Asociación de Comerciantes Distrito Mallos, a Área Comercial Distrito Picasso, Área Comercial Obelisco, Asociación Gran Área Comercial Riazor, Asociación Zona Zero Coruña e Asociación de Comerciantes Fernández Latorre-Catro Camiños. Por outro lado, tamén foi convocada a Asociación de Hostalería da Mariña, a Asociación de Hostalería da Coruña e o colectivo Coruña Cociña.

Lema salienta que, xa nas horas posteriores á treboada, os servizos de seguridade do Concello atenderon 35 incidencias tanto en locais comerciais como en inmobles de particulares derivadas, na súa maioría, da entrada da auga. “A situación vivida esta fin de semana foi realmente excepcional dada a cantidade de auga caída (entre as 17.00 e as 17.30 horas contabilizouse unha media de 20 litros por metro cadrado), o que, unido á situación de preamar, evitou un desaugue normalizado, aínda a pesar de que a rede de saneamento e as estacións de bombeo funcionaron correctamente”, recordou, á vez que puxo en valor “o traballo realizado tanto polos Bombeiros como polo resto de servizos de seguridade da cidade, que axudaron a normalizar a situación nun tempo récord”. “Agora, atendidas xa as incidencias máis inmediatas, toca facer balance das consecuencias no sector e ver que medidas podemos poñer en marcha para minimizar os danos provocados”, indicou.

OFERTA TODOCONSOLAS: 15% DE DESCUENTO EN CONSOLAS PORTATILES

julio 2, 2018 Todo Consolas, TodoConsolas Comentarios desactivados en OFERTA TODOCONSOLAS: 15% DE DESCUENTO EN CONSOLAS PORTATILES

OFERTA TODOCONSOLAS: 15% DE DESCUENTO EN CONSOLAS PORTATILES

… Leer más

O grupo de goberno local leva a Pleno mocións para que A Coruña sexa un “territorio libre de caza” e para instar a Fomento a incrementar a operatividade do aeroporto de Alvedro

julio 2, 2018 coruna Comentarios desactivados en O grupo de goberno local leva a Pleno mocións para que A Coruña sexa un “territorio libre de caza” e para instar a Fomento a incrementar a operatividade do aeroporto de Alvedro

O Pleno municipal debaterá este luns dúas mocións impulsadas polo grupo de goberno para que A Coruña sexa un “territorio libre de caza” e para que o Ministerio de Fomento, a través de AENA, incremente a operatividade do aeroporto de Alvedro, ante os bos datos de crecemento que rexistra.

A primeira iniciativa, que será defendida pola concelleira de Medio Ambiente, María García, insta á Xunta de Galicia a tomar as medidas necesarias para suspender a ordenación dos denominados “dereitos cinexéticos” no termo municipal da Coruña, tanto por motivos de interese xeral, como porque o Tecor (Terreo Cinexéticamente Ordenado) San Fernando-Vicente, próximo aos núcleos de Mesoiro e Novo Mesoiro, non conta coa superficie mínima esixida pola lei de caza de Galicia. “Na Coruña, dende hai décadas, contamos cun tecor, o que antes se denominaba coto de caza, que afecta pola súa proximidade a distintos núcleos de poboación. Nunha cidade onde escasean as zonas verdes e as zonas de recreo, a caza é unha actividade excluínte, xa que moitas persoas non se achegan até o monte por medo a sufrir algún accidente”, comenta a titular municipal, que tamén recorda que a caza, en si mesma, “cuestiona os principios do benestar animal”.

A moción tamén explicita que a caza ten unha compoñente contaminante “xa que deixa na nosa cidade milleiros de perdigóns de chumbo, responsables do envelenamento e morte de aves e dos seus predadores”. “Por se todo isto fora pouco, ademais de pola alarma veciñal que xera este espazo a unha parte da veciñanza, o tecor da Coruña non conta coa superficie mínima e contínua de 2.000 hectáreas esixidas pola Lei de Caza de Galicia de 2013, o cal non só aumenta a súa perigosidade, senón que constitúe un argumento máis para cesar coa actividade cinexética”, apunta a moción. “A Xunta, dende logo, non pode mirar cara a outro lado cando ten un espazo que non se adapta a súa propia normativa e que, ademais, non ten en conta o crecemento e a evolución dos barrios da cidade”, resume a titular de Medio Ambiente.

… Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...