Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS WII Y WII U

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS WII Y WII U

Recent Articles:

O alcalde salienta que a recuperación das cinco bandeiras azuis nas praias urbanas, así como o título de senda azul para o ‘Sendeiro Atlántico’ da costa coruñesa “referendan o traballo do goberno local a prol do medio ambiente”

junio 14, 2018 coruna Comentarios desactivados en O alcalde salienta que a recuperación das cinco bandeiras azuis nas praias urbanas, así como o título de senda azul para o ‘Sendeiro Atlántico’ da costa coruñesa “referendan o traballo do goberno local a prol do medio ambiente”

O Concello da Coruña recibiu a distinción da bandeira azul para as cinco praias urbanas, ao recuperar a perdida en 2014 polo areal de Oza, e, por segundo ano consecutivo, o recoñecemento de Senda Azul, para o ​Sendeiro Atlánticopromovido polo executivo municipal, que fomenta o uso sostible da costa coruñesa e traza un itinerario que discorre polas praias coruñesas, así como pola contorna de Punta Herminia e a Torre de Hércules e as Illas de San Pedro. Nun acto celebrado en Riazor, o alcalde, Xulio Ferreiro, destacou que estes galardóns son “un recoñecemento ao traballo feito nos últimos anos nas políticas ligadas á rexeneración ambiental”. “Hoxe, día no que A Coruña recibe as bandeiras azuis para Riazor, Matadoiro-Orzán, As Lapas, San Amaro e Oza, quero reivindicar que o cambio era e segue sendo preciso. O cambio nas políticas públicas ligadas á conservación do medio ambiente, de forma que estas non sexan entendidas como unha obriga, senón como unha oportunidade”, indicou.

Así, recordou algunhas das medidas postas en marcha nos últimos tres anos e que, entre outros factores, derivaron nos recoñecementos recibidos esta xornada. “Hai moitos retos que estamos a cumprir con nota en materia ambiental, como o feito de dotar da protección merecida e nunca dada até o momento de dous espazos tan significativos como a contorna de Punta Herminia e as Illas Atlánticas, nestes momentos en trámite de aprobación inicial e definitiva por parte da Xunta”, recordou o rexedor, que tamén fixo alusión ao plan de expansión do arborado, polo que 2018 rematará con 1.500 novas árbores na cidade o que se traduce nun 10% máis e un investimento de máis de 600.000 euros, así como co control sobre as especies que favorecen a propagación de lumes. A recuperación de espazos naturais no ámbito urbano tamén foi outro dos eixes da acción da Concellería de Medio Ambiente, dirixida por María García, polo que o primeiro edil manifestou a importancia da reforma que experimentou a lagoa de Eirís. Ao fío, tamén puxo en valor futuras actuacións neste senso como “a recuperación dos senlleiros espazos fluviais do noso Concello”. “Nos últimos tres anos a veciñanza da Coruña aumentou os seus índices de reciclaxe así como avanzamos no coidado do noso entorno e, especialmente das nosas praias, con programas como Móllate”, dixo o mandatario local, que tamén salientou o traballo desenvolvido en espazos ambientais de carácter histórico como a roseira de Méndez Núñez, “ou nos xardíns de San Carlos e Azcárraga, que tamén serán intervidos en breve”.

… Leer más

Deputación e Concello asinan o convenio para a xestión do Teatro Colón

junio 14, 2018 coruna Comentarios desactivados en Deputación e Concello asinan o convenio para a xestión do Teatro Colón

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinaron o convenio de colaboración para a xestión do Teatro Colón. O Concello, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) xestionará durante dous anos -prorrogábeis dous máis- do espazo cultural da Deputación da Coruña que se reserva trinta días de programación.

O Concello da Coruña, a través do IMCE, xestionará a programación do Teatro Colón a partir do vindeiro 2 de xullo segundo consta no convenio de colaboración asinado hoxe na Deputación da Coruña pola vicepresidenta Goretti Sanmartín Rei e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro nun acto en que tamén participou o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande. … Leer más

O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de catro traballadores no Concello de Abegondo

junio 14, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de catro traballadores no Concello de Abegondo

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica as bases do proceso selectivo para a contratación de un albanel (oficial de segunda), dous peóns de obras públicas e un peón forestal no Concello de Abegondo.

Os custos laborais e de seguridade social serán asumidos pola Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos).

No referente aos catro operarios seleccionados, estes estarán integrados na cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais. … Leer más

Ampliado hasta el 29 de junio el plazo de inscripción al Premio Pyme del Año 2018 de A Coruña

junio 14, 2018 coruna Comentarios desactivados en Ampliado hasta el 29 de junio el plazo de inscripción al Premio Pyme del Año 2018 de A Coruña

La Cámara de Comercio de Santiago de Compostelay la Cámara de Comercio de A Coruña, junto con el Banco Santander, han ampliado hasta el 29 de junio el plazo de inscripción para la segunda convocatoria del premio Pyme del Año de A Coruña. El premio está dirigido a reconocer la labor de las pequeñas y medianas empresas como generadoras de riqueza y creadoras de empleo en el desempeño de su labor cotidiana y cuenta con la colaboración del diario La Voz de Galicia.

Esta segunda edición del Premio Pyme del Año trae varias novedades. Además de la Pyme del Año 2018 de A Coruña, el jurado concederá tres accésits a otras tantas empresas en las categorías de Internacionalización, Digitalización e Innovación y Formación y Empleo. La Pyme del Año de A Coruña concurrirá al Premio Pyme del Año 2018 de España, que se fallará en el primer trimestre de 2019.  … Leer más

O alcalde destaca que o volume de licenzas que outorga o goberno local “é unha mostra de que se pode ser rigoroso e, á vez, permitir que a actividade económica medre na cidade”

junio 13, 2018 Ayuntamiento Comentarios desactivados en O alcalde destaca que o volume de licenzas que outorga o goberno local “é unha mostra de que se pode ser rigoroso e, á vez, permitir que a actividade económica medre na cidade”

O alcalde, Xulio Ferreiro, avanzou que a próxima Xunta do Goberno local aprobará as licenzas de obra para a construción dun edificio de vivendas sociais no Ofimático á empresa pública de xestión do solo da Xunta de Galicia, Xestur, ademais da autorización para a construción dun inmoble na Fábrica de Tabacos. “Son actuacións que se adaptan ao planeamento e que son máis respectuosas cun urbanismo sostible, o que demostra que podemos ser rigorosos e, ao mesmo tempo, permitir que a actividade económica medre na cidade, algo que deriva de máis cousas, por certo, que a construción”, indicou Ferreiro nunha entrevista radiofónica. O rexedor defendeu a aposta do Goberno local por unha diversificación da economía, que está apoiada en actividades innovadoras, entre as que destacou as que se realizan no viveiro de empresas do Papagaio.

O edificio de vivendas de protección oficial (VPO) de Xestur, para o cal foi solicitada a licenza o 22 de febreiro, requiriu da autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aeronáutica (AESA), dependente do Ministerio de Fomento, que foi concedida o 4 de xuño. Esta actuación prevé a construción de 40 domicilios. A estes se lles suman as 64 vivendas proxectadas no edificio autorizado na Fábrica de Tabacos, un proxecto que ten un orzamento de máis de 5 millóns de euros. Ao fío destas licenzas, que recibirán luz verde na próxima reunión do goberno local, o rexedor censurou as voces que “para atacar ao executivo municipal, denigran á cidade, a máis dinámica de Galicia en cultura, en creación de emprego ou a nivel social”. Así, mencionou algúns dos investimentos que se están a executar no municipio, como o carril bici, as obras na rúa da Torre ou intervencións en Feáns ou Palavea. “Repítese moito que non se dan licenzas e é falso. Danse máis agora que en 2014 e ingrésase máis agora que en 2014”, apuntou.

… Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...