Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS PS4 (SEGUNDA MANO)

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS PS4 (SEGUNDA MANO)

Recent Articles:

O Concello inicia hoxe as obras de renovación do firme do último tramo da Rolda de Outeiro, na que se investiron 830.000 euros para a mellora das condicións de circulación

agosto 27, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello inicia hoxe as obras de renovación do firme do último tramo da Rolda de Outeiro, na que se investiron 830.000 euros para a mellora das condicións de circulación

O Concello inicia mañá as obras no último tramo da Rolda de Outeiro no que está previsto a renovación do firme, entre as avenidas de Arteixo e do Ferrocarril. Esta actuación completa o proxecto municipal de repavimentación nunha das vías que concentra máis tráfico da cidade e na que se teñen realizado obras para a mellora da calzada dende a avenida de Fisterra ata a rúa Mercede, un treito que suma 2.130 metros de lonxitude. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, destaca que esta iniciativa, na que o Goberno local ten investido preto de 830.000 euros en total, serve tamén para realizar melloras puntuais en beirarrúas, pasos peonís e paradas de autobús.

Varela indica que, neste tramo entre as avenidas de Arteixo e do Ferrocarril, existen deficiencias no firme que é preciso abordar para garantir a seguridade da circulación, así como a comodidade das persoas usuarias. A obra, que ten un orzamento de algo máis de 154.000 euros e un período máximo de execución de dous meses, consiste na rehabilitación da capa superior da calzada mediante o fresado do actual pavimento, sobre o que se estenderá unha nova capa de rodadura. Porén, a actuación será máis profunda naqueles treitos nos que se detectou unha maior degradación do firme co obxectivo de adecualo ao nivel de tráfico que soporta e igualar as condicións de toda a vía. Nestes puntos, fresarase todo o pavimento e se realizará a escavación precisa para asentar unha base do firme. É o caso, como detalla o edil, da intersección da Rolda de Outeiro coa rúa Francisco Catoira, na que se acometerá a demolición da calzada existente de formigón para proceder á reconstrución completa do firme.

… Leer más

O Consorcio de Turismo actualiza os mapas turísticos da cidade e edita un novo folleto sobre a Cidade Vella para “impulsar o seu crecemento e descuberta”

agosto 27, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Consorcio de Turismo actualiza os mapas turísticos da cidade e edita un novo folleto sobre a Cidade Vella para “impulsar o seu crecemento e descuberta”

​O Consorcio de Turismo actualiza os mapas turísticos da cidade nunha reedición que recolle a nova planimetría do municipio tras modificacións urbanas e o crecemento experimentados dende a publicación anterior, realizada hai tres anos. Nesta nova edición dos materiais para os e as visitantes, o Consorcio inclúe un novo folleto dedicado á Cidade Vella publicado en sete idiomas e que xa está dispoñible nas dependencias de municipais dedicadas ao turismo. Como indica o concelleiro de Emprego e Economía Social e tamén presidente do Consorcio, Alberto Lema, esta actuación “está enmarcada no Plan de Revitalización da zona histórica da cidade e ten como obxectivo impulsar o seu crecemento e descuberta”. “Queremos ofrecer ás persoas que nos visitan pero tamén á veciñanza unha guía dedicada en exclusiva a descubrir o patrimonio histórico e cultural que alberga este espazo e que se pode apreciar mellor dende a súa peonalización no pasado mes de xuño”, indica Lema.

O folleto adicado á Cidade Vella está encabezado pola frase de María Pita ​Quen teña honra, que me siga ​e fai unha homenaxe á figura da heroína coruñesa, un dos nomes propios da cidade, ó que se unen outros persoeiros femininos como é o caso de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro. Editado en sete idiomas, (galego, español, inglés, francés, portugués, alemán e italiano), o despregable está pensado como reforzo na dinamización, tamén no eido do turismo, da Cidade Vella dentro do seu Plan de Revitalización. O rueiro toma como punto de partida a céntrica praza na que se localiza o consistorio e ofrece un percorrido por vinte puntos de interese e monumentos das rúas do casco histórico local, incluíndo o Castelo de San Antón.

Os mapas están editados en tres formatos. O primeiro deles, de maior tamaño, ten como principal novidade un completo e revisado rueiro da cidade, así como unha información máis extensa sobre os servizos de interese para os e as visitantes, como poden ser a actualización das liñas de transporte público, comunicacións co aeroporto de Alvedro, as áreas de circulación peonil do centro urbano ou o monte de San Pedro e a súa contorna. Inclúe tamén como outra das novidades a varios establecementos hoteleiros nos arredores da cidade e unha revisión dos accesos viarios. É especialmente importante, neste senso, a presenza do túnel do Parrote, un dos eixos de maior tráfico rodado no núcleo urbano.

O novo folleto, que amplía o seu radio de cobertura xeográfica, está deseñado nun modelo que simula unha páxina web vertical coa idea de ofrecer unha estrutura máis visual. Segundo a xerenta do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Lanzada Calatayud, a actualización responde “á demanda das suxestións realizadas polo sector hostaleiro da cidade, incluíndo a presenza daqueles establecemento non situados no centro urbano”, así como outras novidades tiradas das opinións de turistas e visitantes nas distintas oficinas da cidade e recollidas tamén en enquisas a nivel de rúa.

A versión despregable, que xa se pode consultar na páxina web, está publicado en tres idiomas (galego, español e inglés). Tamén está xa na rúa un terceiro formato, de menor tamaño, que inclúe dez puntos imprescindibles para visitar A Coruña: praza de María Pita, Cidade Vella, porto e galerías, Paseo Marítimo e praias, castelo de San Antón, Torre de Hércules e o seu parque escultórico, Museos Científicos, monte de San Pedro, a arquitectura modernista e a cociña atlántica. As explicacións tamén se poden ler en galego, español ou inglés. Este modelo se distribuirá fundamentalmente nas oficinas de Turismo e tamén en hoteis, centros de hostalería ou eventos.

O novo material está xa dispoñible na Oficina de Turismo municipal da Praza de María Pita e no Centro de Interpretación e Atención ó Visitante (CIAV) da Torre de Hércules. Nos próximos meses, e como complemento a esta iniciativa en contexto coa política informativa do sector, Turismo A Coruña prevé a edición doutras publicacións como unha completa guía da cidade que incluirá rutas, aloxamentos e outros servizos turísticos, un folleto gastronómico, outro informativo sobre a Torre de Hércules e o parque escultórico, así como unha ruta da área metropolitana.

O Goberno local considera que “é unha cuestión de vontade política darlle á Coruña o mesmo trato que a Valencia” na condonación da débeda do Porto

agosto 26, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Goberno local considera que “é unha cuestión de vontade política darlle á Coruña o mesmo trato que a Valencia” na condonación da débeda do Porto

O goberno local insiste en que o executivo central “pode e debe” tratar á Coruña do mesmo xeito que a outros territorios do Estado e emprázao a buscar unha solución conxunta entre ambas administracións para que a débeda contraída pola Autoridade Portuaria da Coruña non teña que ser pagada á custa da venda da fachada litoral da cidade. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, lembra ao Goberno central que “non hai impedimento normativo ningún para tomar esta decisión e quitar das costas da cidade unha carga que pode condicionar o seu desenvolvemento”. “É unha cuestión de vontade política darlle o mesmo tratamento á Coruña que a Valencia”, afirma Varela, quen estende esta necesidade de compromiso político ao resto de forzas políticas e á administración autonómica.

Tal e como explica o concelleiro, as diferenzas entre a situación da débeda da Autoridade Portuaria da Coruña, que é consecuencia dos préstamos de financiamento para a construción do Porto Exterior e da inclusión de medidas de flexibilización de pagamento, “non son motivo para non atender a demanda da cidade, que xa foi trasladada o pasado xoves á Delegación do Goberno”. Neste sentido, Varela indica que, fronte á situación de Valencia na que a débeda se contraeu pola celebración da Copa América de Vela, a da Autoridade Portuaria da cidade prodúcese para a realización dun obra de interese xeral, “razón de máis para condonala”. Ademais, Varela lembrou que o organismo portuario depende directamente de Puertos del Estado, e, por tanto do Ministerio de Fomento, “polo que a súa débeda non é, nin pode ser, allea ao Goberno do Estado”.

“O Goberno local leva denunciando a situación do Porto dende que chegou a María Pita. Temos proposto unha folla de ruta na que pedimos a constitución dun consorcio para a súa xestión, algo que se achaca agora dende o Goberno do Estado como unha diferenza fundamental fronte ao caso de Valencia. Se ese é o problema, a solución é doada: constituamos o consorcio, como solicitamos a Puertos del Estado en outubro do ano pasado”, reclama Varela. O Pleno municipal aprobou por unanimidade, en xullo do pasado ano, unha moción na que se demandaba ao Estado a constitución do consorcio e o alixeiramento da carga financeira do Porto, así como a conexión ferroviaria con Langosteira.

Varela reclama ao “Goberno do Estado que reflexione e non defraude as expectativas depositadas tras o cambio na presidencia”. Neste sentido, avanzou que o Goberno local da Coruña “esgotará todas as vías de diálogo para conseguir que A Coruña goce das mesmas oportunidades que Valencia”.

O Concello comeza a vindeira semana a execución do carril-bici entre a Palloza e Matogrande “que se unirá cos tramos metropolitano e da universidade para configurar unha rede ciclable útil”

agosto 26, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello comeza a vindeira semana a execución do carril-bici entre a Palloza e Matogrande “que se unirá cos tramos metropolitano e da universidade para configurar unha rede ciclable útil”

As obras para a construción do tramo de carril-bici entre a Palloza e Matogrande darán comezo a próxima semana. A actuación iniciarase na rotonda que une a avenida de Monelos coa rúa Pérez Ardá, na que, ademais de incluír os carrís bici, se incrementará a accesibilidade e a comodidade para as e os peóns. “As modificacións están deseñadas para humanizar un rotonda que só estaba pensada para axilizar o tránsito de vehículos. Agora terá unha escala máis humana, na que teñan cabida itinerarios para outro tipo de mobilidades como a peonil e en bicicleta”, explica o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío.

Este novo tramo, que ten un tempo de execución de nove meses e un investimento de 304.000 euros, suporá a ampliación da rede de carril-bici da cidade en 2,11 quilómetros e transcorrerá dende a Casa do Mar ata Matogrande, pasando polas rúas Ramón y Cajal, Alcalde Pérez Ardá e Salvador de Madariaga. A intervención na rotonda de Matogrande, a primeira fase da obra, permitirá “incrementar a seguridade peonil e tamén reducir o tempo dos seus percorridos, xa que se desprazarán os pasos cara ao interior para asegurar un traxecto máis natural”, explica Díaz Grandío. Ademais, eliminaranse dúas saídas de vía rápida, as que van dende a rúa Caballeros ata Pérez Ardá e Salvador de Madariaga, que estarán destinadas a pasos seguros para crear un círculo de cruce seguro para os e as ciclistas, que contarán con cruces sinalizados paralelos aos pasos peonís. Como destaca o edil, esta rotonda “será tamén punto de conexión co tramo de carril-bici de 475 metros que se está a realizar na rolda de Outeiro, entre a rúa da Mercede e Alcalde Pérez Ardá”. “Coa execución deste treito entre Palloza e Matogrande avanzamos na configuración dunha rede ciclable ben conectada e útil para a mobilidade, que vaia máis alá dun espazo para o ocio, xa que se unirá aos treitos do carril-bici metropolitano e do que conecta coa universidade ”, indica.

… Leer más

O Concello subscribe un convenio co Hockey Club Liceo que afonda no promoción e fomento da práctica deportiva

agosto 25, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello subscribe un convenio co Hockey Club Liceo que afonda no promoción e fomento da práctica deportiva

A Xunta de goberno local aprobou a firma dun convenio de colaboración entre o Concello e co Hockey Club Liceo polo que a entidade percibirá unha subvención nominativa de 85.000 euros destinada a realizar actividades para o fomento da práctica deportiva. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salientou que se trata dun “novo paso do goberno local no seu empeño por favorecer a actividade dos históricos clubs deportivos e que estes se abran á cidadanía”. Así, recordou que este convenio se une aos subscritos a principios de mes con 32 entidades deportivas da cidade por valor total de 444.000 euros e que, ao igual que este, están destinados á promoción do deporte, a igualdade no mesmo, e o fomento de hábitos de vida saudables. Tamén, e de cara a favorecer o acceso da cidadanía aos espazos culturais e científicos, o executivo municipal acordou a posibilidade de aplicar unha tarifa reducida de entrada ao Aquarium Finisterrae para o público en xeral durante o tempo no que poida permanecer pechada a sala Nautilus do citado espazo debido as obras que comportará a substitución da máquina deshumectadora do recinto (unha actuación, por certo, que está recollida nos orzamentos municipais para este exercicio).

Por outro lado, e en canto a outros asuntos aprobados pola Xunta de goberno local correspondentes a súa área, o titular de Culturas salientou o impulso dado esta xornada á posta en funcionamento do complexo deportivo do Castrillón, polo cal a cidadanía deste barrio da Coruña poderá ter acceso a unha piscina pública. Tal e como se indicou en días pasados, a reunión do executivo municipal deu luz verde ao anteproxecto da obra de reforma e adecuación do equipamento para o que, ademais, se reservarán 2,5 millóns de euros, aportacións que o Concello lle fará á Empresa Municipal de Vivenda (EMVSA), ente municipal encargado da construción e explotación deste espazo.

Noutra orde de asuntos, o goberno local tamén autorizou este venres a Galena Hoteles, a nova adxudicataria da explotación do edificio que alberga o Hotel Atlántico a subarrendar unha parte do inmoble de xeito parcial. En concreto, a Xunta de goberno deu o visto e prace, a que a firma hoteleira subarrende o espazo que, na actualidade, ocupa o Casino Atlántico á mesma sociedade até o 21 de agosto de 2023, a fin de que poida manter a súa actividade. A posibilidade do subarrendamento estaba prevista nos pregos municipais que rexen o arrendamento do hotel. En concreto, a cláusula 23 indicaba que o arrendatario “deberá explotar de maneira persoal a actividade, sen que quepa traspaso, subarrendo nin cesión da explotación, agás autorización expresa do órgano de contratación”. O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, salientou que, de acordo coa Lei 29/1994 de Arrendamentos Urbanos, o Concello se reserva o dereito, durante o prazo de duración do subarrendo, a unha elevación da renda que se lle esixe ao arrendatario por valor dun 10% anual.

Por outro lado, e como vén sendo habitual, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, deu conta das licenzas e outros títulos habilitantes tramitados pola súa área entre o 6 e o 21 de agosto. En total, resolvéronse 183 expedientes, dos que 27 se correspondían con licenzas urbanísticas, 84 comunicacións previas ao inicio de obras, 40 comunicacións previas a inicio de actividade ou apertura de establecementos e 20 autorizacións de exercicio de actividade en réxime de declaración responsable.