Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS PS4 (SEGUNDA MANO)

OFERTA TODOCONSOLAS: 3X2 EN JUEGOS PS4 (SEGUNDA MANO)

Recent Articles:

O Concello convoca a XV edición do concurso de fotografías de viaxes para xente moza ‘Viaxarte’

agosto 23, 2018 Exposición Comentarios desactivados en O Concello convoca a XV edición do concurso de fotografías de viaxes para xente moza ‘Viaxarte’

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), convoca a XV edición do concurso de fotografía de viaxes ​Viaxarte​, que está destinado a mozos e a mozas residentes en España con idades comprendidas entre 15 e 30 anos. A fotografía e serie fotográfica que gañen o concurso serán premiadas con viaxes ás principais capitais europeas. Ademais, as imaxes premiadas, xunto cunha selección das presentadas ao certame, serán editadas nun catálogo.

As fotografías presentadas a este concurso, que teñen que estar relacionadas coa temática viaxeira, estarán expostas durante o mes de outubro na sala Plataforma14. O xurado valorará nelas tanto a proposta expresiva e a correción técnica como a capacidade evocadora da imaxe. O prazo de admisión de orixinais abrirase esta semana, tras a publicación das bases no ​Boletín Oficial da Provincia,​ e manterase aberto até o 3 de setembro ás 13.30 horas. Toda a información sobre o concurso está dispoñible no Centro Municipal de Información Xuvenil (Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1) ou no teléfono 981 184 294. As bases completas do concurso pódense consultar na web ​www.coruna.gal/cmix

Viaxarte ​enmárcase dentro do programa de turismo xuvenil ​Móvete, ​posto en marcha o pasado ano pola Concellería e que engloba as iniciativas da área municipal de mocidade arredor da temática de viaxes. Para máis información, pode consultarse a páxina web do programa,www.coruna.gal/movete

As obras de accesibilidade do distrito dos Mallos cumpren un mes con actuacións nunha trintena de pasos de peóns

agosto 22, 2018 coruna Comentarios desactivados en As obras de accesibilidade do distrito dos Mallos cumpren un mes con actuacións nunha trintena de pasos de peóns

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, destacou a boa marcha das actuacións de mellora de accesibilidade que o goberno local está a desenvolver no distrito dos Mallos dentro dun ambicioso proxecto de 10 meses de execución e un orzamento de máis de 537.000 euros. O responsable municipal manifestou que, en menos de catro semanas, a administración local realizou xa obras de calado na mellora da accesibilidade e na seguridade da zona, entre as que destacan intervención en preto dunha trintena de pasos de peóns.

En concreto, segundo os datos do departamento de Rexeneración Urbana e sempre no marco do proxecto de mellora de accesibilidade no antigo distrito 4, o Concello acometeu actuacións de renovación e remodelación en 15 pasos, estando a executar neste momento intervencións noutros 12. Estas obras acométense, neste momento, no entorno da Rolda de Nelle, Nosa Señora de Fátima, Rolda de Outeiro e avenida de Arteixo, se ben este proxecto contempla actuacións en moitos máis ámbitos, que se irán abordando de forma progresiva. En concreto, os pasos de peóns onde xa se remataron as actuacións previstas distribúense entre as rúas Río Avia, Río Sarela, Rolda de Nelle, Dolores Rodríguez Sopeña, San Roberto, Río Mandeo e San Jaime.

O titular de Rexeneración Urbana recorda que, cando remate este proxecto, teranse realizado preto de 530 actuacións nos barrios dos Mallos, A Sardiñeira, Estación de San Cristóbal, Sagrada Familia, Santa Margarida, San Pedro de Mezonzo e a parte da Falperra máis próxima á Rolda de Nelle. “As actuacións que se están a desenvolver seguen a liña de coidado de espazo público nos barrios. Moitos dos pasos de peóns desta zona presentaban deficiencias que viñan dende a súa propia construción, como non ter as medidas adecuadas. As intervencións que se están a realizar nos pasos de peóns son individualizadas e van máis alá do mero pintado, xa que hai dende obras para a ampliación das orellas da beirarrúa até en pasos que até este momento non contaban con rebaixa”, explicou o responsable municipal. O proxecto de mellora de accesibilidade comprende actuacións en 276 vados en pasos de peóns que se atopan en mal estado e non contan con rebaixas, así como outras 170 en pasos que non cumpren a normativa vixente en materia de accesibilidade. Ademais, as obras previstas comprenden tamén actuacións en 66 pasos de obra máis recente así como a adaptación de 17 paradas de autobús, o que mellorará de xeito considerable a accesibilidade do transporte urbano.

O concelleiro Varela salientou tamén a distribución das obras por áreas de actuación, de forma que estas xeren os menores prexuízos posibles á cidadanía durante a súa execución. Ao longo deste mes leváronse a cabo actuacións correspondentes á parte leste do barrio da Sagrada Familia, entre a avenida de Arteixo e a rúa Nosa Señora de Fátima. De seguido, a área de Rexeneración Urbana avanzará cara ao oeste, traballando entre as rúas Nosa Señora de Fátima e Cardenal Cisneros. As accións restantes na área Sagrada Familia –entre Cardenal Cisneros e a avenida de Fisterra– completaranse durante os dous meses seguintes.

A continuación, as actuacións concentraranse no barrio de Santa Margarida, entre a Rolda de Nelle e o perímetro do propio parque, para continuar cunha semana de traballos no grupo de mazás da Colonia Juan Canalejo entre a Rolda de Nelle, avenida de Arteixo, Pla y Cancela e Juan Castro Mosquera. Xa de cara ao inicio do 2019 acometeranse distintos traballos, ao longo de 5 semanas e media, no interior do barrio dos Mallos –delimitado polas roldas de Nelle e Outeiro, e as avenidas de Arteixo e dos Mallos–. As demais actuacións no resto do barrio, e até a avenida de Alfonso Molina, realizaranse no período máis longo de intervención, cunha extensión prevista de 2 meses e unha semana. Finalmente, a área de Rexeneración Urbana intervirá durante o prazo dun mes na parte dos Mallos situada entre a rolda de Outeiro e os equipamentos da Sardiñeira.

A Concellería de Culturas outorga subvencións a 27 propostas de creadores e creadoras da cidade dentro do programa Grupo Xerminal

agosto 22, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Concellería de Culturas outorga subvencións a 27 propostas de creadores e creadoras da cidade dentro do programa Grupo Xerminal

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento resolveu a concesión das subvencións do ​Plan de Apoio á Creatividade Grupo Xerminal​, unha das liñas de apoio ao tecido cultural local da cidade postas en marcha polo goberno local e que, neste caso, busca dar soporte ás iniciativas do eido das artes escénicas, a música, o libro, o audiovisual, así como calquera outro tipo de manifestación artística. Un total de 27 propostas obtiveron unha subvención, que pode acadar un máximo de 3.600 euros para financiar o 100% do proxecto, que pode presentar diversas modalidades, como exposicións ou instalacións temporais, exhibicións, recitais, performance ou intervencións sobre o territorio. Tal e como indica o edil de Culturas, José Manuel Sande, esta liña, que suma 87.804,82 euros en subvencións que se conceden por concorrencia competitiva, “reforza, impulsa e dá visibilidade ao traballo das distintas creadoras e creadores que existen na cidade, de maneira que teñen unha nova ferramenta para manter a súa produción e continuar a alimentar o pulso creativo da cidade”.

Nesta primeira edición da iniciativa, á que se destinaron 120.000 euros de orzamento, presentáronse un total de 41 proxectos, dos que 11 non foron admitidos por non cumprir coas bases da convocatoria e outros tres porque non acadaron a puntuación mínima para optar á subvención, cuxa convocatoria foi avaliada por unha comisión de persoas representantes do tecido asociativo e de institucións culturais da cidade. Os criterios de valoración, tal e como se indicaba nas bases, tiveron en conta o interese cultural e a calidade do proxecto, a súa calidade artística e técnica, a investigación e innovación, a cooperación ou sinerxias con axentes culturais, sociais ou educativos da Coruña; a intervención sociocultural do proxecto e á súa viabilidade e precisión, así como a traxectoria e coñecementos da persoa solicitante dentro do ámbito da iniciativa que propoña. ​”Cómpre destacar a variedade de propostas, vencelladas a todas as áreas e ámbitos artísticos indicados nas bases, con especial énfase na intervención no espazo urbano, o que conforma proxectos creativos enraizados na cidade”, apunta Sande.

Esta nova liña de axudas é unha das cinco convocatorias de concorrencia competitiva que a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento impulsa este ano para facilitar a promoción e visibilidade do tecido cultural e creativo coruñés e as que dedica un total de 620.000 euros. O concelleiro salienta que, entre as iniciativas seleccionadas nos programas Grupo Xerminal e Cultura de Barrio, a cidade contará con 41 novos proxectos culturais, “que nacen polo apoio á creación local e do entendemento da versatilidade do feito artístico”, e que se levarán a cabo nos vindeiros catro meses.

O ​Plan de Apoio á Creatividade Grupo Xerminal,​ que recolle o seu nome do centro de estudos coruñés Germinal que desenvolveu a súa actividade no primeiro terzo do século XX e que estivo vinculado á cultura obreira, ao movemento libertario e á historia política e cultural da cidade, está pensado para dar apoio dende a administración local ás iniciativas dos creadores e das creadoras que residen no municipio. Así, só poden ser beneficiarias as persoas físicas que teñan a súa residencia na cidade da Coruña cunha antigüidade mínima desde o 1 de xaneiro de 2018 ou persoas con outra residencia que formen parte de colectivos nos que a metade dos participantes si habiten no termo municipal coruñés.

O Concello capturou 2.970 exemplares de raíña de avespa asiática na campaña de trampeo deste ano, o que supón un incremento do 130% respecto ao pasado

agosto 21, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello capturou 2.970 exemplares de raíña de avespa asiática na campaña de trampeo deste ano, o que supón un incremento do 130% respecto ao pasado

A segunda campaña anual de colocación de trampas para evitar a proliferación de niños de avespa asiática na cidade saldouse este ano coa captura de 2.972 exemplares de raíña desta especie. A concelleira responsable de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, salienta “o gran incremento dun 130% de capturas que se está a levar a cabo este ano respecto do pasado, no que caeron nas trampas distribuídas pola cidade un total de 1.290 exemplares de raíña”.

A campaña arrancou a principios do mes de marzo, cando os departamentos de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá colocaron 207 trampas por toda a cidade, con maior intensidade nas zonas onde se detectou máis actividade da velutina, o que supón 57 máis destes obxectos con cebo para a atracción destas avespas que no pasado ano. Este período de captura, que se realiza durante a primavera, ​cando a temperatura está entre 12 e 15 graos, por ser a época de máis actividade das raíñas e na que os niños están crecendo, prolongouse ata mediados de xuño​.Como indica Fraga, os resultados deste período de trampeo amosa que as zonas con maior actividade da velutina no municipio se atopan en Elviña, Castrillón, Eirís, Mesoiro-Pococaco, Feáns-Obradoiro-Urbanización Breogán, Zapateira e Bens, “zonas con menor densidade de poboación e máis espazos verdes”, polo que solicitou á veciñanza que teña precaución e se dirixa aos servizos de seguridade do Concello, a través dos teléfonos 012 ou 112, cando se detecte unniño de velutina.

A edil de Seguridade Cidadá lembra que, ademais do sistema de trampeos que o Concello iniciou o pasado ano, o Servizo Municipal de Extinción de Incendios e Salvamento asumiu en xuño de 2016 a eliminación dos niños. “Dende entón, son xa 339 os niños capturados no municipio, dos que 94 corresponden a este ano”, apunta Fraga, que indica que este ano a retirada dos mesmos se retrasou debido ​a cuestións meteorolóxicas, “xa que a seca do pasado outono afectou ao nacemento de novas raíñas, que son as que fan os niños, logo de hibernar”​. Neste sentido, a edil destacou e agradeceu o “magnífico labor que realiza o servizo de bombeiros da cidade que amosa a súa rapidez e capacidade de resposta nestes traballos”. As chamadas da cidadanía son derivadas á Xunta de Galicia, administración que centraliza a retirada de niños e que dá o aviso correspondente ao Concello para que, en virtude do convenio asinado hai dous anos e medio, elimine o avespeiro. “Dende que a Xunta marca súa retirada, o noso servizo a efectúa en menos de 48 horas”, indicou Fraga.

… Leer más

O Consorcio Contra Incendios da Coruña estuda incorporar novos supostos de exención e bonificación de taxas

agosto 21, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Consorcio Contra Incendios da Coruña estuda incorporar novos supostos de exención e bonificación de taxas

A sede da Deputación da Coruña acolleu unha reunión do pleno da Consorcio contra Incendios e Salvamento da Coruña na que, entre outros asuntos, abordouse a posibilidade de introducir cambios na ordenanza que regula as taxas que se pagan polo servizo.

Os cambios propostos suporían a exención de taxas en máis supostos que os previstos actualmente (catástrofes, servizos requiridos por xuíces ou forzas e corpos de seguridade do Estado, servizo de prevención realizados a instancia do propio Consorcio…) incorporando cuestións como as actuacións realizadas en vivendas que carezan de seguro e que sexan residencia habitual cando non se dispoña doutro inmoble residencial e os ingresos da unidade familiar non excedan per cápita o 50% do IPREM (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples).

Con estes cambios, que prevén introducirse a partir de 2019, as familias máis desfavorecidas ou en situacións máis vulnerables veríanse exentas do pago da taxa correspondente tras sufrir un sinistro que requira da asistencia do servizo provincial de bombeiros.

Asimesmo, o Consorcio estudará tamén a proposta de bonificar con ata un 50% a taxa que pagan os concellos da provincia cando son suxeitos pasivos dunha intervención do Consorcio Provincial Contra Incendios.

A reunión estivo presidida polo titular da Deputación e do Consorcio, Valentín González Formoso, e contou coa asistencia do director xeral de Emerxencias, Luís Menor, os deputados provinciais Ánxela Franco e José Luis García, a, secretaria territorial da Xunta na provincia da Coruña, Patricia Martínez, a xefa territorial da Consellería de Presidencia, María Barreiro, e o xerente do Consorcio, Luís Barca, e a secretaria do mesmo, Graciela Riveiro.