Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

Recent Articles:

O alcalde reúnese cos equipos municipais de Yantian e Shenzhen, dentro das actividades dirixidas a “estreitar lazos e abrir oportunidades de promoción para a cidade”

Abril 23, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, xunto co resto da delegación coruñesa que viaxou esta semana á China, participou nas últimas horas en senllos encontros institucionais con dirixentes da cidade de Shenzhen e o do goberno distrital de Yantian –no curso das diversas visitas e encontros de traballo desenvolvidos–, dentro da axenda da expedición, dirixida a manter contacto periódico entre ambas localidades de cara a explorar áreas de interese común, tanto no campo da promoción económica e comercial como outras como a educativa, a cultural, ou a ambiental, así como turísticas da relación entre as dúas localidades. Neste sentido, o rexedor salientou “as potencialidades que estas teñen para A Coruña e os seus axentes, dado o dinamismo económico desta cidade e do distrito de Yantian, como centro económico de primeiro nivel cun alto grado de internacionalización”, destacando o interese amosado por establecer lazos de colaboración en áreas como a educativa, o desenvolvemento tecnolóxico e as TIC, ou o turismo e o turismo verde, e noutras áreas relacionadas coa sustentabilidade. Do mesmo xeito, os encontros serviron para intercambiar información da cidade e o distrito chinés en relación á potencialidade da actividade portuaria da Coruña, así como das súas infraestruturas –Yantian posúe unha das máis relevantes instalacións portuarias do país asiático, por volume de negocio e actividade en canto ao tráfico de contedores–e de sectores como o da saúde, en especial, nos ámbitos da investigación e o desenvolvemento. Neste sentido, o alcalde puxo de relevo durante os contactos institucionais o papel relevante da Universidade da Coruña na proxección e a capacidade de crecemento da cidade, e as sinerxias entre os sectores produtivos e o ente universitario, “un aspecto que foi moi ben recibido desde as cámaras municipais de Shenzhen e o distrito de Yantian, de cara a poder establecer lazos estratéxicos para ambas localidades”, indicou este sábado Ferreiro, recordando que o obxectivo desta viaxe pasa por “estreitar lazos e abrir oportunidades de promoción para a cidade”.

Durante a xornada, o rexedor, acompañado polo presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, e da directora de promoción económica do Concello, mantivo no Centro Cívico de Shenzhen unha reunión co vicealcalde Wei Shigan, “quen incidiu –indica o primeiro edil coruñés– no carácter portuario da cidade chinesa e a especial oportunidade que supón esta faceta para as relacións coa Coruña”, e quen reafirmou o interese do goberno municipal “por seguir afianzando o contacto coa nosa cidade e colaborar en materias como a educativa, na que abriu a vía para explorar a posibilidade de establecer intercambios estudiantís e se abordou de o papel da Universidade e o seu labor no ámbito da I+D”. … Leer más

LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE ACOGE ESTA TARDE UNA JORNADA SOBRE EPILEPSIA EN ENFERMEDADES RARAS ORGANIZADA POR WEST GALICIA

Abril 22, 2017 coruna No Comments

La Fundación María José Jove acoge esta tarde (16 a 20 horas) una jornada sobre epilepsia en las enfermedades raras organizada por West Galicia, primera asociación de la comunidad de enfermedades raras y epilepsia.

Dirigida tanto a familias como a profesionales, en la jornada intervendrán expertos de la talla del neuropediadiatra de la Universidad de Barcelona, Emilio Fernández Álvarez; el Dr. Ángel Carracedo, director de la Fundación Galega de Medicina Xenómica; la directora sociosanitaria de la Federación Gallega de Enfermedades Raras; y las directoras de Lapis de Cor y del Centro Multidisciplinar Neurosens, Ana Villaror y Andrea Alonso. La jornada concluirá con la intervención de una madre de una persona con Síndrome de West, Sissi Freire, que hablará de su experiencia de vida.

Se denomina también de los Espasmos Infantiles y pertenece al grupo de lo que se llama “Encefalopatías epilépticas catastróficas”. Los espasmos infantiles son un tipo especial de ataque epiléptico que afectan fundamentalmente a niños menores de un año de edad.  En el curso del proceso, los lactantes pierden la sonrisa, abandonan la prensión de los objetos y seguimiento ocular, se vuelven irritables, lloran sin motivo y duermen peor. Disminuye el tono muscular y, si la situación se prolonga, el deterioro es importante. Es frecuente que, en muchos pacientes, el retraso mental se manifieste antes de los espasmos.

O alcalde participa en Yantian no acto da colocación da primeira pedra dunha réplica da Torre de Hércules de 24 metros de altura

Abril 22, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou este venres, dentro da axenda da delegación coruñesa na viaxe que realiza ao distrito chinés de Yantian –na cidade de Shenzhen–, no acto oficial de colocación da primeira pedra para a construción da réplica da Torre de Hércules de 24 metros de altura, que promove o goberno distrital e que se instalará no Parque da Amizade Internacional do Monte Yandun. No acto, o rexedor coruñés salientou o obxectivo común de ambas cidades, plasmado no Memorandum para Intercambios e Cooperación Amistosa asinado hai un ano no pazo de María Pita, de manter un contacto regular e afondar nas vías de cooperación, de cara a explorar áreas de interese común no campo da promoción económica e outras materias estratéxicas. “Ademais de estreitar eses lazos, esta viaxe e este acto serven para achegar A Coruña a esta costa a través do que é, sen dúbida, o símbolo máis recoñecible da nosa cidade, un monumento declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco que é parte inseparable da nosa iconografía e da nosa historia e tamén do carácter marítimo e mariñeiro da Coruña, e peza insubstituíble dos atractivos patrimoniais, turísticos, ambientais, culturais e de ocio”, destacou o rexedor durante a súa intervención, onde se procedeu á colocación simbólica da primeira pedra da reprodución, cunha peza procedente da contorna da Torre orixinal.

Durante a mañá (hora local), a expedición coruñesa, na que tamén participa o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, trasladouse á zona franca do Porto de Yantian para asistir á cerimonia inaugural do Pavillón de España, dirixido a dar visibilidade ás empresas e establecer relacións comerciais, un acto no que estivo presente o alcalde do distrito, Wu Delin. Do mesmo xeito, a delegación visitou a terminal internacional de contedores da zona portuaria de Yantián, unha das máis relevantes do país asiático por volume de negocio e o terceiro porto a nivel mundial neste tipo de tráficos.

Na xornada de onte, a comitiva acudiu á cerimonia de entrega do selo de calidade europea Top Brand por parte da Federación de Industrias de Shenzhen, que outorgou a certificación de calidade a dúas empresas galegas, como son Larsa e Inditex. De igual xeito, o alcalde participou nun encontro coa Federación de Industrias de Shenzhen –que agrupa a máis de 60 cámaras de comercio desta cidade, na que se encadra o distrito de Yantian–, entidade que xa visitou A Coruña en verán do 2015 de cara a fomentar as relacións comerciais entre as dúas zonas e posibilitar oportunidades de negocio. Deste xeito, a visita do primeiro edil coruñés responde ás relacións establecidas, tanto coa Federación de Industrias de Shenzhen como tamén co distrito de Yantian, cuxo alcalde, Wu Delin, visitou en abril do ano pasado A Coruña e asinou co Concello o protocolo destinado a afondar nas vías de cooperación entre A Coruña e o distrito, tanto no campo comercial e económico como no cultural, o ambiental ou no potencial turístico, e outras materias de interese común.

O Concello pon en marcha o Consello Sectorial de Inclusión Social, órgano consultivo no que participarán “entidades e actores implicados na construción dunha cidade máis xusta”

Abril 22, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados, dirixida por Silvia Cameán, vén de realizar unhas normas específicas de funcionamento para botar a andar o Consello Sectorial de Inclusión Social. Este constituirá un novo espazo onde se reforcen as relacións entre o Concello e as entidades cidadás, de forma que estas tamén poidan relacionarse entre si, e aumentar a súa participación, así como facer achegas e propostas en materia de inclusión social. A responsable municipal explicou hoxe en rolda de prensa que a posta en marcha deste órgano de carácter consultivo, no que estarán representados todos os actores con incidencia nas políticas sociais da cidade parte do “esforzo e compromiso que este Goberno amosou dende o primeiro día coas medidas e programas que tenden a facer desta unha cidade máis igualitaria e por tanto máis xusta”, e recordou que as políticas sociais incrementaron o seu peso relativo no total dos orzamentos municipais para este ano até un 11,09%. “Unha das actuacións na loita contra as desigualdades que levábamos no noso programa era a elaboración dun plan pola inclusión social, que nos sirva para deseñar unha estratexia a nivel municipal para detectar, intervir e previr situacións de vulnerabilidade que teñan lugar na cidade”, comentou.

Por outro lado, a edil destacou “a importancia da participación da cidadanía, e en concreto das entidades sociais, na articulación de medidas encamiñadas a facer desta unha cidade mellor”. “A Coruña está a crear un novo modelo de xestión e, por tanto, un novo modelo de cidade, no que se articulen todos os campos necesarios para complementar un sistema integral de participación”, explicou Cameán, que recordou que, precisamente, o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá prevé que, ademais dos órganos que estabelece o propio regulamento, o alcalde pode crear consellos de participación cidadá de carácter sectorial ligados a actividades concretas. … Leer más

O Concello establece este domingo 23 un dispositivo especial de tráfico pola celebración do maratón Coruña42

Abril 21, 2017 Deportes No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible informa do dispositivo de tráfico que se establecerá este domingo, día 23, con motivo da celebración da carreira C42, o VI Maratón Atlántica, que transcorrerá, desde as 08.30 horas, entre os Cantóns, o estadio de Riazor, a enseada marítima e a zona do porto ata Oza, con meta na praza de María Pita, e que provocará restricións no tráfico, polo que o Goberno local recomenda empregar a Ronda do Real Club Deportivo como vía de entrada e saída da cidade. Así, desde as 5.30 e ata as 14.30 horas quedarán cortados ao tráfico os Cantóns, desde Ambrosio Feijóo ata Praza de Mina. Ademais, desde as 8.00 e ata as 13.15 horas procederase ao corte total de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Modesta Goicouría e o Paseo Marítimo (entre a glorieta da Casa dos Peixes ata a das Esclavas), así como da rúa Manuel Murguía desde as Esclavas ata Almirante Lángara. Como desvíos para eludir o percorrido da proba nestes puntos habilitarase o dobre sentido do túnel da praza de Pontvedra, para permitir a conexión de San Andrés con Juan Flórez e Francisco Mariño a través de Duran Loriga, poñendo dobre sentido ata a rúa Hortas. Ademais, cambiarase o sentido da rúa Santa Catalina cara a San Andrés. Nos Cantóns permitirase a saída de vehículos do párking na saída do Obelisco, para virar a dereita a contramán cara a Santa Catalina.

A celebración do maratón, que coincide tamén coa proba popular de 10 km –que sairá do Cantón grande ás 08.45 horas– suporá igualmente o corte de praza de Mina, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera e a avenida do Exército (ata a glorieta de Oza) entre as 08.00 e as 14.00 horas, así como a estrada do Porto. Para permitir percorridos alternativos, habilitarase un carril para cada sentido de circulación desde Praza de Ourense ata o viaduto de Alfonso Molina pola calzada do lado do porto. Ademais, o tráfico de entrada procedente da avenida da Pasaxe desviarase á glorieta de Casablanca, con paso polo túnel dos Castros aberto de forma exclusiva aos vehículos que van ao Porto. Do mesmo xeito, o tráfico de entrada do túnel de Eirís desviarase á glorieta de Casablanca. Para realizar estes percorridos manterase aberto un un carril, en sentido saída da cidade, desde Primo de Rivera cara a Ramón y Cajal, e o mesmo desde rúa Fontán e Padre Feijóo cara a Alfonso Molina.

… Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...