Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: POWER BANK XIAOMI POR SOLO 9€

OFERTA TODOCONSOLAS: POWER BANK XIAOMI POR SOLO 9€

Recent Articles:

O Bloque preguntará por escrito no Pleno de outubro pola continuidade das actividades no Cárcere Provincial

septiembre 21, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Bloque preguntará por escrito no Pleno de outubro pola continuidade das actividades no Cárcere Provincial

O Bloque presentou unha batería de preguntas para a súa resposta por escrito para o vindeiro Pleno ordinario de outubro a respecto da continuidade das actividades que hoxe en día se están a desenvolver nas instalacións do antigo Cárcere Provincial.

As iniciativas foron presentadas logo de que a formación nacionalista mantivera unha reunión co colectivo Proxecto Cárcere que actualmente está a empregar o edificio do antigo penal en virtude do concurso realizado o pasado ano 2017 polo Concello da Coruña. … Leer más

A recuperación da música tradicional en Monte Alto, a reflexión sobre o bordo litoral en Oza e un festival sostible no Parque de Santa Margarita protagonizan as actividades de ‘Cultura de Barrio’ desta fin de semana

septiembre 21, 2018 coruna Comentarios desactivados en A recuperación da música tradicional en Monte Alto, a reflexión sobre o bordo litoral en Oza e un festival sostible no Parque de Santa Margarita protagonizan as actividades de ‘Cultura de Barrio’ desta fin de semana

As rúas da Coruña énchense de actividade esta fin de semana co desenvolvemento de iniciativas de asociacións culturais e colectivos no marco da convocatoria ​Cultura de Barrio, a liña de axudas posta en marcha pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento no 2017 co obxectivo de favorecer a descentralización da actividade sociocultural nos barrios da Coruña. Tres das propostas que resultaron gañadoras nesta segunda convocatoria, e que terán lugar esta fin de semana, promoverán iniciativas vinculadas á memoria, á reflexión e á concienciación ambiental durante o sábado 22 e o domingo 23. Todas as actividades, como é habitual en Cultura de Barrio, son gratuítas e abertas á veciñanza.

Así, ao longo da xornada deste sábado 22, o coro Cántigas da Terra renderá unha ​Homenaxe a Brisas da Cruña, o histórico cuarteto de gaiteiros fundando no ano 1969, por Miguel López Paradela, Xosé Casal Vázquez, e os irmáns Manuel e Antón Ambite Seijido. Desde a súa creación, a agrupación coruñesa, con máis de 30 anos de traxectoria, foi unha das que tivo máis pegada no país, chegando a gravar dous LP referenciais na música patrimonial galega.

O obxectivo de Cántigas é divulgar o legado de Brisas da Cruña así como a relevancia que tivo a banda para a música tradicional galega, ademais de visibilizar o papel do folclore na historia da Coruña, en particular no barrio de Monte Alto. Para iso, organizarán un parladoiro cos membros da banda ás 17.00 horas no local de Cántigas –Ramón del Cueto, 31–, ademais dun concerto-foliada aberto á veciñanza que terá lugar no Campo da Leña a partires das 20.30 horas e no que intervirán Os Enxebres de Cacheiras, Os Melidaos, Os Gaiteiriños e Cántigas da Terra, ademais da homenaxeada Brisas da Cruña. Para completar o carácter didáctico e formativo da xornada, pola mañá realizarase un obradoiro gratuíto de toque pechado para gaita –técnica dos antigos gaiteiros– co músico e membro da Banda Sementeira, Luís Bolón. As prazas para este taller, que tamén terá lugar na sede de Cántigas, son limitadas, e a inscrición pódese realizar contactando co propio coro, no teléfono 654.413.497 ou ​info@cantigasdaterra.com

… Leer más

O Concello aborda desde este sábado a segunda fase do proceso participativo para definir os usos e a xestión das Naves do Metrosidero, “un espazo público que debemos construír como unha referencia para a mocidade”

septiembre 20, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello aborda desde este sábado a segunda fase do proceso participativo para definir os usos e a xestión das Naves do Metrosidero, “un espazo público que debemos construír como unha referencia para a mocidade”

O goberno local abordará entre esta fin de semana e o mes de decembro a segunda fase do proceso participativo posto en marcha pola concellería que dirixe Claudia Delso para definir os usos e a xestión das Naves do Metrosidero, espazo onde o executivo municipal proxecta habilitar un equipamento público que responda ás necesidades da veciñanza e estea especialmente centrado na mocidade. En rolda de prensa, a responsable da área de Participación e Innovación Democrática indicou que o proceso posto en marcha polo Concello “está a desenvolverse nos tempos previstos, polo que esperamos ter un proxecto definido e conformado da man da propia cidadanía no momento no que rematen as obras de rehabilitación que o Ministerio de Fomento, propietario do espazo até a súa cesión ao Concello, está a acometer en tres das naves existentes”. Desta forma, os vindeiros encontros participativos abertos a toda a cidadanía terán lugar lugar este sábado, 22 de setembro, así como os vindeiros sábados 6 de outubro, 10 de novembro e 15 de decembro no Centro Cívico da Cidade Vella, e en horario de 10.30 a 14.00 horas.

Delso recordou que este proceso se enmarca dentro de todas as políticas transversais para a mocidade que implementa o goberno local e servirá de base para a redacción do proxecto ampliado de usos e mecánicas de xestión das Naves do Metrosidero. “Nos últimos anos, ademais de poñer en marcha, con moi bos resultados, o Espazo Xuvenil da Sagrada Familia, impulsamos programas como a Revista Coruña Mutante, o Plan de Emprego Xuvenil ou os proxectos Educación na Rúa, que xa están implantados nos barrios de Labañou, Os Rosales e Cidade Vella. Agora, estamos inmersas nun traballo coa cidadanía para, entre todas, definir os usos e xestión dun novo equipamento público”, recordou a concelleira.

… Leer más

O goberno local instala 23 novos contedores da rede municipal de recollida de aceite doméstico, que superou nos oito primeiros meses do ano as cifras de residuos recadados de todo o 2017, con máis de 47.495 kg

septiembre 20, 2018 coruna Comentarios desactivados en O goberno local instala 23 novos contedores da rede municipal de recollida de aceite doméstico, que superou nos oito primeiros meses do ano as cifras de residuos recadados de todo o 2017, con máis de 47.495 kg

A Coruña conta, desde esta semana, con 23 novos contedores para a recollida de aceite doméstico en distintos barrios da cidade. A instalación vén derivada dunha das propostas veciñais gañadoras da pasada edición dos Orzamentos Participativos, o que amplía así até un total de 45 colectores, situados en distintos puntos do termo municipal. Tal e como expón a concelleira de Medio Ambiente, María García, o goberno local iniciou en 2016 a instalación de 20 contedores, que se ampliaron no 2017 con outros 22, “ao detectar que existía unha necesidade na cidade neste sentido, xa que a rede municipal só contaba con dous espazos fixos de recollida situados nos puntos limpos de Eirís e Os Rosales, até os que se tiña que desprazar a veciñanza para realizar unha separación en orixe efectiva”. “Este aumento progresivo do número de contedores nas proximidades de todos os centros cívicos, mercados municipais e outros espazos de interese veu acompañado tamén dun grande incremento da sensibilización veciñal coa recollida de aceite doméstico, que se cuadriplicou en só tres anos”, salienta García.

Así, a rede municipal de recollida de aceite doméstico recadou, só entre os meses de xaneiro a agosto deste ano, un total de 47.496 kg, o que supera en máis de 4.000 kg o total de residuos desta clase recollidos no 2017 –43.916,2 kg–, e cuadriplica a cifra de 2016, que non chega aos 11.000 kg. “É unha nova moi positiva para este Concello ver a implicación e a sensibilización veciñal respecto a este material, un dos produtos que máis contaminan o medio mariño, en especial nunha cidade rodeada de mar como é A Coruña”, afirma García. “As cifras tamén referendan a aposta desde executivo polos programas municipais de xestión de residuos vinculados á economía social e o fomento do emprego verde”, apunta a edil, quen lembra que o Concello conta, no caso da recollida de aceite, coa colaboración do colectivo Mulleres Colleiteiras.

… Leer más

Jornada gratuita en la Cámara de A Coruña sobre notificaciones y facturas electrónicas

septiembre 20, 2018 coruna Comentarios desactivados en Jornada gratuita en la Cámara de A Coruña sobre notificaciones y facturas electrónicas

La Cámara de A Coruña acogerá el próximo 25 de septiembre una jornada gratuita sobre notificaciones obligatorias y novedades en materia de facturación electrónica, que está organizada en colaboración por Wolters Kluwer y la propia entidad cameral. De la mano de Bartolomé Borrego, de la División de Nuevas Tecnologías en la AEAT, los asistentes conocerán las últimas novedades sobre el régimen de notificaciones electrónicas obligatorias, así como la reciente obligatoriedad de utilización de facturas electrónicas para subcontratistas.

¾  Día: martes 25 de septiembre

¾  Hora: de 17.00 a 18.30 horas

¾  Lugar: Sede de la Cámara de Comercio de A Coruña (C/Alameda, 30)

¾  Inscripciones:https://a3.wolterskluwer.es/eventos/notificaciones-electronicas-obligatorias-acoruna-25092018