Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

Recent Articles:

O último concerto do ciclo Xoves de Música e a canaria Rosana poñen a nota musical esta semana no Teatro Colón

Abril 18, 2017 Uncategorised No Comments

Este xoves 20 de abril ás 21:00 h pechamos o ciclo Xoves de Música cos grupos The Trunks Band e Agoraphobia. A presente edición do ciclo iniciouse o pasado mes de novembro, nela participarán en total once grupos en seis concertos que se levarán a cabo un xoves ao mes de novembro a abril incluídos. O venres 21 ás 21:00 h Rosana presenta en concerto o seu último traballo ‘En la memoria de la piel’. A programación desta semana péchase o sábado 22 ás 20:00 horas con En bruto’, unha proposta dos humoristas J.J. Vaquero e Iñaki Urrutia.

O ciclo Xoves de Música, patrocinado por SuperBock Negra Sin, ten como obxectivo dar a coñecer o traballo das bandas locais, favorecer o intercambio de experiencias entre os axentes do sector e ofrecerlle aos grupos un espazo de exhibición diferente co que poidan dar resposta a outras demandas, como a produción de material gráfico e de vídeos. As dúas bandas encargadas de pechar o ciclo son The Trunks Band e Agoraphobia. Esta última, só un ano e medio despois de lanzar o seu LP debut ‘Dirty little things’, publica ‘Ready to Play’. Con este traballo, gravado e auto producido integramente nos estudos Nakra de A Coruña, Agoraphobia perfila un son moito máis persoal e maduro que as sitúa como sólidas candidatas a facerse un oco no panorama musical nacional. A outra proposta é a banda sadense de indierock The Trunks Band, gañadores do primeiro premio no concurso de bandas Rock in Rio Tea 2016 e que veñen de gravar o seu segundo traballo ‘Sobre excusas y fragmentos’ da man de Jose Caballero.

O venres 21 ás 21:00 horas Rosana presenta o seu último traballo ‘En la memoria de la piel’, un disco no que espalla enerxía, capacidade de comunicación, sedución e sensibilidade. O encanto das súas novas composicións, as súas melodías e os cambios de ritmo, e o seu magnífico tratamento son o cóctel tentador ante o que é imposible resistirse.

A programación desta semana remata o sábado 22 con ‘En bruto’, unha proposta dos humoristas J.J. Vaquero e Iñaki Urrutia. Unha hora e media de show no que debullarán como se escribe un sketch, analizarán que é o que fai graza e o que non, cantarán e farán castings. … Leer más

O concelleiro de Culturas reafirma que “o Goberno local continuará facendo contratacións artísticas e carteis de autor”

Abril 18, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, declarou ante a titular do xulgado de instrución número 3 da Coruña en calidade de investigado debido a unha denuncia que considera que o deseño dun dos carteis cos que se publicitaron as festas do Entroido 2017 na cidade “ofende sentimentos relixiosos”. O concelleiro, que acudiu ao edificio de Novos Xulgados acompañado polo alcalde, Xulio Ferreiro, así como polos concelleiros e concelleiras do Goberno local, declarou por espazo de 20 minutos. Nese tempo, e segundo explicou logo ante os medios, Sande explicou “todo o proceso de contratación do recoñecido artista local, Alberto Guitián, encargado da elaboración e deseño dos carteis”. “O que deixamos claro, como xa fixemos outras moitas veces, e que neste cartel non houbo ningún ánimo de ofensa. Trátase dun cartel inserido dentro da irreverencia que ten, tradicionalmente, a festa do Entroido. Estamos, ao cabo, ante unha contribución artística máis dun creador local”, considerou. O titular de Culturas explicou que foi el mesmo quen deu o visto e prace as imaxes dos carteis do Entroido 2017. “Esta citación non cambia a nosa actitude. Este Goberno vai seguir facendo contratacións artísticas, a nosa cidade vai seguir sendo un lugar referente de excelencia no mundo gráfico e os carteis seguirán sendo de autor”, indicou, para cualificar o proceso xudicial como algo “anecdótico, pero do que podemos aproveitar o seu simbolismo para defender as liberdades e para defender que non se ameace tampouco algo tan fermoso e tan sinxelo como é o Entroido”.

“Como non existiu nunca ningún ánimo de ofender, nós seguiremos sempre explicando, coa maior disposición, o proceso que seguimos e, por suposto, seguiremos pelexando sempre pola liberdade de expresión e pola liberdade artística”, comentou o edil, que tamén quixo “recoñecer de xeito especial” a presenza de case 200 persoas ás portas dos xulgados, entre cidadanía e membros de comparsas do Entroido coruñés, que apoiaron ao representante municipal. “Vendo a ameaza e os elementos inquietantes que, a escala estatal, está habendo sobre certas liberdades, cuestións que críamos superadas por extemporáneas, faise necesario involucrármonos e comprometernos. É necesario mobilizarse polas liberdades, e o compromiso e implicación de todas as persoas témolo aquí”, agradeceu ás e aos presentes, para recalcar: “Estamos vivindo un clima que permite a intromisión a determinadas liberdades que son ‘sagradas’; se se necesitan batallas culturais, por suposto, imos libralas coa forza da razón”.

“O que quixemos deixar claro, como sempre fixemos até o de agora, é que este Goberno local non ten ningún tipo de espírito ‘anticlerical’ ou de ofensa, o único que defende é a necesaria separación das institucións públicas e os estamentos da igrexa”, recordou, subliñando que o Goberno coruñés “sempre foi respectuoso coas distintas crenzas e desde o primeiro día se axustou ao cumprimento da Constitución, no que ten que ver coa necesaria separación do carácter confesional, cousa que, por certo, non aconteceu con outros gobernos”.

Tras a súa declaración ante a xuíza, o titular de Culturas manifestou sentirse “satisfeito”. “O relato é simple. Contratamos a un artista ao que, por suposto, non se lle deu ningunha directriz. Garantimos a liberdade artística, coa única cancela de que se trataba dun cartel promocional para unha festa tan determinada como é o Entroido”, insistiu o concelleiro, que lembrou que o pasado ano, a Concellería de Culturas xa contratou a outro artista local, neste caso David Pintor, para deseñar os carteis da festa de Entroido.

O informe do Observatorio municipal da Igualdade e a Diversidade destaca que “son as mulleres as principais usuarias dos servizos públicos desta cidade”

Abril 17, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Igualdade e Diversidade, que dirixe Rocío Fraga, vén de analizar os datos tirados do informe do Observatorio Municipal de Igualdade e Diversidade, con colaboración co Observatorio Urbano e o Observatorio Socio Laboral, denominado A Coruña en Cifras. Mulleres e Homes na cidade. A edil destacou que o denominado informe “dá unha mostra clara de que A Coruña é unha cidade de mulleres, onde son precisamente as mulleres as que máis uso fan dos servizos públicos, destacando a súa participación en áreas como a mobilidade ou os deportes”. A responsable municipal destacou a importancia de “estudos coma este que impulsamos”, tendo en conta o compromiso do Concello con que “a igualdade inunde todas as áreas do Goberno local”.

Fraga destacou datos tirados do informe, como que preto de 3 de 4 persoas viaxeiras nas liñas de bus urbano con tarxeta Millennium son mulleres. “Entre viaxeiras de carácter ordinario, e viaxeiras de tipoloxía especial no uso da Millennium, como escolares, universitarias ou pensionistas, o 65,7% das usuarias son mulleres, fronte a un 34,3% de homes”, salientou Fraga, que destacou que a perspectiva de xénero está presente en todos os proxectos do Executivo local, “tamén e de forma especial en todo o replantexamento da mobilidade que estamos a abordar, e que definirá como queremos que sexa esta cidade no futuro”. “O número de usuarias do transporte público medra, como se pode ver nos datos de usuarias da tarxeta Millennium de 2016 con respecto a 2015”, comentou a concelleira, quen destacou un incremento das usuarias dun 4%, de 100.549 a 104.624.

Por outro lado, e tamén relacionado co ámbito da mobilidade sostible, Fraga salienta o emprego por parte de mulleres do servizo de BiciCoruña. “A porcentaxe de mulleres usuarias é practicamente igual que a de homes, sendo unha proporción 47-52%”, comentou.

“Os servizos públicos de carácter cultural e deportivo tamén son máis usados por mulleres que por homes dentro desta cidade”, salientou a concelleira, que fixo fincapé no crecemento dun 6,8% das usuarias da bibliotecas municipais durante o ano pasado con respecto a 2015, quedando o número de socias en 49.415 (57,36%) fronte a 36.732 socios (42,64%). En canto ao uso das escolas deportivas municipais o número de usuarias tamén é moi destacable, sendo a proporción de usuarias de 2.346 mulleres (70,96%) fronte a 960 homes (29,04%). Neste apartado, Fraga destacou tamén programas postos en marcha pola súa área de Goberno xunto con Deportes como para fomentar a inclusión no ámbito deportivo.

As actividades de ocio postas en marcha pola Concellería de Participación nos centros municipais de Fórum Metropolitano e Ágora tamén teñen unha moi destacada proporción de usuarias mulleres. En concreto, e segundo os datos do Observatorio, as persoas participantes dos programas de ocio da primavera de 2016 do Fórum foron 1.000 mulleres (79,6%) fronte a 256 homes (20,4%), sendo as do Ágora 673 mulleres (78,8%) fronte a 181 homes (21,2%). No que atinxe á convocatoria de outono, no Fórum participaron 1.149 mulleres (79,6%) fronte a 295 homes (20,4%), mentres que no Ágora a proporción foi de 746 mulleres (76,70%) fronte a 226 homes (23,3%).

O Fórum Metropolitano acollerá a semana que vén a primeira edición do Festival de Narración Oral ‘Falando a boca chea’, que se dirixe a públicos de todas as idades

Abril 16, 2017 coruna No Comments

O Concello da Coruña presentará a semana que vén a primeira edición dun festival que ten como obxectivo achegar á cidadanía a narración oral. Falando a boca chea, que así se denomina a iniciativa promovida pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, celebrarase do 19 ao 22 de abril no Fórum Metropolitano, e contará coa presenza de recoñecidas voces do ámbito do monólogo, como Cándido Pazó, Charo Pita ou Carlos Blanco. O Festival, na procura de dar pulo á tradición da narración oral galega e que esta sirva como punto de encontro para todos os públicos, empregará distintas localizacións deste recinto municipal para mostrar espectáculos adaptados a todas as idades, e unha programación axustada en distintos horarios para que a veciñanza poida asistir ás distintas propostas. Así, o vestíbulo acollerá todos os días, ás 19.00 horas, pezas destinadas para menores e público adulto, mentres que a biblioteca infantil programará sesións para nenas e nenos de 2 a 4 anos os días 19 e 21 ás 18.00 horas. Por último, o auditorio acollerá espectáculos dirixidos á poboación adulta, tamén todos os días, ás 20.30 horas. Ademais, Falando a boca chea, seguindo a liña dos ciclos de artes escénicas programados no Fórum, ofrecerá sesións dirixidas ao ámbito escolar, con programación de narracións para o alumnado da ESO, Bacharelato e FP nas mañás dos días 20 e 21 de abril.

Os espectáculos que se celebren no vestíbulo do Fórum Metropolitano serán de entrada libre ata completar a capacidade do espazo. O primeiro deles será o de Charo Pita, que terá lugar o mércores 19. O día xoves 20 actuará Ramiro Neira, mentres que o día 21 será a quenda de Caxoto e, o sábado 22, a de Pablísimo. O auditorio contará coa presenza doutros monologuistas, como son Carlos Blanco (19), Oswaldo Digón (20), Cándido Pazó (21) e David Perdomo (22), e a entrada poderá mercarse de forma anticipada tanto no Fórum Metropolitano coma no quiosco da praza de Ourense ou Ticketea.com, por 5€. No día da representación o custo do billete será de 7€, agás no caso do colectivo que pode optar á bonificación (persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou posuidoras do carné xove), en cuxo caso abonarán 6€. Finalmente, os dous espectáculos que acollerá a Biblioteca infantil serán o mércores 19, con Charo Pita, e o venres 21, con Soledad Felloza, e será necesario realizar a inscrición previa na web municipal www.coruna.gal/bibliotecas .

No caso das funcións dirixidas ao público escolar, cuxas sesións xa están pechadas cos centros, Cándido Pazó (20) e Paula Carballeira (21) trasladarán ao alumnado as sús pezas. Pazó leva 443 actuacións para este tipo de público, e defende o monólogo como unha actividade escénica “especialmente axeitada para programar no ámbito educativo, xa que a materia prima que utiliza é a palabra”. Pola súa banda, Carballeira presentará Historias de arrepío , contos de medo “que foron tecendo narradoras e narradores anónimos e que foron transmitidos, na súa maioría, de forma oral”. Ambos espectáculos, que comezarán ás 11.30 horas, terán unha duración de 60 minutos.

A VI Maratón Atlántica mantén aberto ata este domingo o prazo extraordinario de inscrición

Abril 15, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento mantén ata este domingo, día 16, aberto o prazo extraordinario para participar na carreira Coruña42, coñecida como Maratón Atlántica, que celebrará o vindeiro domingo 23 a súa sexta edición baixo o lema ‘A cidade é vosa’. A inscrición pode realizarse, ata as 23.59 horas dese día, a través da web da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com. A proba, que se desenvolve polo casco urbano cun trazado de 42.195 metros homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA), coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos, Individual e de Clubs, que forma parte do calendario estatal da Real Federación Española de Atletismo.

O trazado da Maratón Atlántica, que terá a súa saída ás 08.30 horas no Cantón Grande, percorre o litoral da enseada do Orzán, desde o Aquarium Finisterrae ata o Estadio Municipal de Riazor, para dirixirse cara á zona do porto coruñés, onde as e os atletas correrán á beira do mar entre Oza e Ambrosio Feijóo, para volver aos Cantóns. O circuíto confórmase de tres voltas a este trazado, de 14.000 metros cada unha. Unha vez finalizadas, a cola de meta pasará por Ambrosio Feijóo, avenida da Mariña, avenida de Montoto, Porta Real e María Barbeito, ata chegar á meta, situada na praza de María Pita. O peche da carreira será ás 14.00 horas e, este ano, ademais, establecerase un tempo de 2 horas e 45 minutos para o paso polo medio maratón, na rúa Juana de Vega. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, así como á distancia total, as persoas participantes que sigan en carreira deberán retirarse do circuíto oficial de competición.

Na cita deportiva Coruña42 poderán participar todas aquelas persoas maiores de 20 anos, e estableceranse as seguintes categorías: Promesa (1995, 1996 e 1997), Sénior (desde 19994) e ata sete modalidades de veteranos segundo o ano de nacemento –desde 35 anos cumpridos no día da proba en diante–, ademais da categoría de atletas en cadeira de rodas, na que poderán participar persoas nacidas no ano 1997 e anteriores. Haberá recoñecementos en metálico –non acumulables– para as primeiras clasificadas, así como para os primeiros atletas galegos e coruñeses, e trofeos para quen se sitúe no podio de cada categoría. A organización, ademais, outorgará un premio especial de 1.000 euros –acumulable– a aquelas persoas que superen o récord da proba, sendo este de 2:12:21 na categoría absoluta masculina, e 2:40:23 na feminina. A cerimonia de entrega de premios realizarase ás 14.00 horas, ao peche da carreira.

Ao igual que aconteceu na edición pasada, o maratón manterá o seu carácter accesible, abrindo a participación a deportistas en cadeira de rodas que cumpran as normas del IPC Athletics. Ademais, existe unha bonificación do 50% á hora de formalizar a solicitude de participación para o colectivo de persoas desempregadas, posuidoras de Carné Xove ou maiores de 65 años.

Proba de 10 km

O Maratón Atlántica compartirá un dos seus tramos, como vén sendo habitual, cunha proba popular de 10 km. Na carreira de 10.000 metros, que terá a súa saída ás 08.45 horas do Cantón Grande, poderán participar persoas maiores de 18 anos, e estableceranse as seguintes categorías: Júnior (1998-1999), Promesa (1995, 1996 e 1997), Sénior (desde 19994) e até catro modalidades de veteranos segundo o ano de nacemento –desde 35 anos cumpridos no día da proba en diante–, ademais da categoría de atletas en cadeira de rodas, na que poderán participar persoas nacidas no ano 1999 e anteriores.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...