Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

Oferta de la semana TodoConsolas: 3X2 en MANGA

Oferta de la semana TodoConsolas: 3X2 en MANGA

Recent Articles:

A Deputación lanza o programa #Zeroadiccións co ánimo de atallar as conductas adictivas entre a poboación adolescente

abril 18, 2018 Uncategorised No Comments

A área de Benestar Social, Educación e Igualdade da Deputación da Coruña presentou o seu novo programa de prevención de adiccións destinado á poboación adolescente, co ánimo de erradicar o consumo de substancias nocivas para a saúde e atallar outras conductas adictivas como o uso inaxeitado das novas tecnoloxías ou o xogo online. A iniciativa desenvolverase nas dezaoito comarcas da Coruña e dirixirase fundamentalmente a mozas e mozos de entre 12 e 18 anos.

A deputada de Benestar Social, Educación e Igualdade, Ánxela Franco, sinalou que o programa ten por obxecto actuar “na prevención das adiccións entre a poboación máis nova”, intervindo simultaneamente “nos eidos social, familiar e educativo”, e sempre “por medio da sensibilización e da educación”. … Leer más

A responsable de Seguridade Cidadá recolle as suxerencias sobre mobilidade sostible dun grupo de escolares que participou nunha iniciativa municipal para “que desenvolvan condutas seguras respecto ao tráfico”

abril 18, 2018 coruna No Comments

​Medio cento de alumnos e alumnas de cuarto curso de Primaria do colexio Eirís participaron nunha actividade para o fomento da seguridade viaria organizado pola Concello co obxectivo de que os nenos e as nenas participen de maneira activa na mobilidade da cidade. Como explica a responsable da área de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, esta iniciativa “permite que desenvolvan e integren condutas seguras respecto ao tráfico nunha idade na que comezan a ter autonomía como peóns e a utilizar as bicicletas como vehículo, así como axudarlles a tomar conciencia da importancia do medio na cidade”.

A actividade consistiu en guiar ao alumnado na súa interacción na rúa co tráfico de vehículos e peonil e fomentar a súa visión crítica. Así, as rapazas e rapaces traballaron divididos en dous grupos. No primeiro realizaron un labor de observación das accións de todo tipo de tráfico e anotaron nun boletín de denuncias simbólico aquelas que consideraron inconvintes e sancionables. Mentres, o segundo grupo repartiu flores de papel entre os e as cidadás que tiveron condutas cívicas ou que promovesen a mobilidade sostible. A valoración dos resultados de ambos grupos incluiu tamén un debate sobre que actuacións poderían recomendar como usuarios e usuarias da vía pública para ​promover o uso do transporte sostible. Neste sentido, o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, explicou “que este tipo de actividades axudan a que os nenos e nenas tomen conciencia de todos os tipos de transporte que teñen que ter cabida nas nosas rúas e que as bicicletas e o transporte público son claves para ter una cidade más limpa e máis transitable”.

Finalmente, o alumnado presentou no rexistro municipal as súas suxerencias para mellorar a seguridade vial da cidade, que foro tamén recollidas pola concelleira Rocío Fraga. Esta actividade repetirase tamén con alumnos de quinto de Primaria. ​Tal e como avanzou Fraga, as accións de concienciación arredor da mobilidade sostible continuará o Día Internacional da Bicicleta, que se celebra este xoves, no que o alumnado da Educación Secundaria do IES Monelos, acompañados de nais, pais e profesorado, realizarán unha saída en bicicleta que rematará cunha visita teatralizada ao Castelo de San Antón e un circuíto de habilidades. Os máis de 100 rapaces e rapazas que tomarán parte nesta saída participaron xa en charlas de sensibilización sobre educación vial, biomecánica e ergonomía da bicicleta.

O goberno local trasladará ao Consello Consultivo o expediente completo do Concurso de Adquisición de Vivenda e iniciará a revisión de oficio da compra dos inmobles que solicitou o Pleno, “para que a ninguén lle queden dúbidas da transparencia deste procedemento”

abril 17, 2018 coruna No Comments

A Xunta de goberno local dará luz verde na súa vindeira reunión ao inicio do procedemento de revisión de oficio, a instancia do solicitado polo Pleno municipal na sesión celebrada o pasado 11 de abril, das resolucións de autorización dos contratos de compravenda de dous inmobles sitos nas rúas Joaquín Martín Martínez e Santander, e que forman parte dos seis pisos que o Concello adquiriu dentro do Concurso de Adquisición de Vivenda, que ten como obxectivo facilitar o acceso a unha vivenda a colectivos con especial dificultade, así como contribuír á rexeneración dos barrios da cidade. O alcalde, Xulio Ferreiro, indicou este luns que esta decisión se toma “en base ao compromiso coa transparencia do goberno local, que non ten nada que ocultar sobre este proceso”. Como reafirmou, o executivo municipal trasladará ao Consello Consultivo o expediente completo do concurso de adquisición de vivenda impulsado polo Concello coas propostas de revisión derivadas, tanto do acordo da Xunta de goberno local celebrada o pasado 11 de abril e relativas ás vivendas das rúas Joaquín Martín Martínez e Barreira, como do Pleno extraordinario celebrado nesa mesma xornada, que inclúen o citado piso de Joaquín Martín Martínez e unha vivenda na rúa Santander.

Desta forma, o goberno local incoará un novo expediente de revisión en cumprimento do acordo plenario. “Con este feito damos cumprimento ao acordo plenario”, explicou Ferreiro que, non obstante, fixo notar que o acordo da Cámara municipal acadado a pasada semana “non concreta as causas de nulidade” polas que se insta á revisión dos inmobles da rúa Joaquín Martín Martínez e Santander, trámite necesario para elevar a proposta ao Consultivo.

Precisamente por ese motivo, a vindeira Xunta de Goberno Local non só aprobará a incoación dos expedientes propostos no Pleno (a pesar de estar xa a aprobada a incoación de dous expedientes atendendo aos informes da Asesoría Xurídica do Concello), senón que tamén dará traslado dos acordos acadados aos e ás interesadas, así como ao resto de grupos da corporación, a fin de que poidan “alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes” nun prazo de 15 días hábiles. Unha vez recibidas as alegacións será cando se remita ao Consultivo tanto o expediente completo do Concurso de Vivenda como os informes proposta elaborados. … Leer más

A Deputación da Coruña aposta pola cooperación urbano-rural para potenciar o Turismo sostible na provincia

abril 17, 2018 Uncategorised No Comments

O deputado e responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, ratificou o compromiso da institución co desenvolvemento do Turismo sustentábel na xornada inaugural da “I Conferencia de Turismo Sostible”, que se está a desenvolver na Casa da Cultura Pintor Llorens do Concello de Sada.

Na procura de analizar as múltiples oportunidades que presenta a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, diferentes especialistas dos eidos medioambiental e turístico abordarán, entre a xornada de hoxe e a de mañá, a xestión, conservación e desenvolvemento dun modelo turístico sustentábel e socialmente responsable, para o grande espazo natural da provincia de Coruña. … Leer más

O alcalde reivindica, nun encontro cos rexedores da comarca e o presidente da Deputación, as necesidades de mellora de “infraestruturas viarias clave á hora de favorecer a construción da Área Metropolitana”

abril 17, 2018 coruna No Comments

O alcalde, Xulio Ferreiro, participou nunha xuntanza cos alcaldes e alcaldesa dos concellos da contorna da cidade para abordar actuacións que reclama a veciñanza sobre as infraestruturas viarias da administración provincial no termo municipal co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, así como tamén o proceso de construción da área metropolitana. “O presidente da Deputación sempre se amosou disposto á constitución da área metropolitana e falamos dos traballos previos, preparatorios e estudos necesarios para ir construíndo a área, sexa esa unha lei da área metropolitana ou sexan os pasos intermedios que haxa que dar ata que a lei estea redactada”, indicou Ferreiro. Este encontro forma parte dunha serie de contactos solicitados pola Mesa de Alcaldes e Alcaldesa da comarca para a análise “de infraestruturas viarias clave a hora de favorecer a construción da Área Metropolitana”, e nos que tamén se inclúe á Xunta de Galicia e para “o que non temos aínda data”.

A xuntanza transcorreu en torno ás infraestruturas de comunicación e serviu para facer unha análise das necesidades “e falar dos asuntos concretos” que detectaron os gobernos locais sobre a rede viaria que depende da Deputación. “O que vemos en moitos concellos é que hai estradas de titularidade da Deputación que, polo cambio no comportamento viario, polas novas infraestruturas e tamén pola ausencia delas, están cumprindo unha función que non estaban chamadas a cumprir, e por tanto hai necesidade de adaptarnos a esas realidades”, explicou Ferreiro. O rexedor avanzou tamén que o carril bici metropolitano ten as obras adxudicadas “na parte que discorre pola Coruña e as actuacións comenzarán nos próximos días”, unha vez se completen os traballos previos que xa se están acometendo. Esta vía, pensada para favorecer a mobilidade sostible tamén dende un punto de vista metropolitano, está previsto, como se indicou dende a Deputación, que teña continuidade ata os concellos de Betanzos e Carral, de maneira que articule dúas vías para o tránsito de bicicletas.

… Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...