Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

¡OFERTA TODOCONSOLAS! Esta semana TodoConsolas realiza un descuento de 35€ en modelos de segunda mano de iPhone 6s/7/8 y modelos plus

¡OFERTA TODOCONSOLAS! Esta semana TodoConsolas realiza un descuento de 35€ en modelos de segunda mano de iPhone 6s/7/8 y modelos plus

Recent Articles:

O alcalde destaca as actuacións en materia de rehabilitación que o goberno local acometerá en Durmideiras e que farán do mercado e a súa praza “o centro da vida do barrio”

octubre 1, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o resto de concelleiros e concelleiras do goberno local realizaron  un encontro coa veciñanza de Durmideiras, dentro do programa participativo ‘Dillo Ti’. O rexedor explicou as próximas actuacións que o executivo ten previsto acometer no barrio, entre as que destaca o proxecto de rehabilitación e revitalización do mercado e a praza de Durmideiras, que conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros. “Neste momento, podedes ver como os paneis informativos da actuación están xa colocados no barrio. Este proxecto será executado a partir do ano que vén, nunha parte grazas aos fondos europeos DUSI conseguidos polo goberno local”, comentou o primeiro edil, que destacou a importancia de que as prazas de abastos “non sexan só centros de abastecemento, senón tamén centros de vida dentro do barrio”. O proxecto contempla, ademais da renovación dos postos, unha reconfiguración da praza de abastos, que pasará a estar orientada cara ao exterior, e que contará cun espazo polivalente na zona central para usos sociocomunitarios e un pequeno recinto baixo-cuberta onde poder situar un servizo de abastecemento, na planta superior.

Ao fío das actuacións en materia de rehabilitación na zona de Durmideiras, Ferreiro tamén destacou as actuacións que se están a acometer no cemiterio de San Amaro. “Imos impulsar novas actuacións de mellora, que complementarán as que xa postas en marcha neste mandato e que tamén están suxeitas a eses fondos europeos captados polo Concello”, explicou, á vez que fixo fincapé no proxecto de catalogación de tumbas históricas posto en marcha pola Concellería de Medio Ambiente. “Destinar fondos ao cemiterio de San Amaro é fundamental, tendo en conta que se trata dun gran patrimonio histórico, non só para este barrio, senón para toda a cidade”, dixo. … Leer más

O Concello mantén aberto até o domingo 1 o prazo extraordinario de inscrición da carreira Coruña10, na que participarán máis de 3.300 atletas populares

septiembre 30, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento mantén aberto ata as 23.59 horas deste domingo, 1 de outubro, o prazo de inscrición para participar na XI edición de Coruña10, a carreira popular de maior traxectoria das organizadas polo Concello e que se celebrará o domingo 8 de outubro. Na mañá deste venres, o edil José Manuel Sande deu conta do número de inscricións da proba, que xa supera as 3.330 entre todas as súas categorías. Destas, máis de 2.600 son da carreira absoluta, na que as e os atletas populares percorrerán, desde as 10.00 horas da mañá, 10.000 metros a través do Paseo Marítimo da enseada do Orzán, entre as rotondas do Millennium e Torre de Hércules. A meta, de novo, situarase fronte ao Pazo dosDeportesdeRiazor.

A inscrición para participar na carreira Coruña10 pode realizarse a través da páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares até as 23.59 horas do día 1 de outubro. Nesta segunda quenda extraordinaria, a cota é de 8 euros agás para as persoas menores de idade, que é gratuíta. Para participar non será necesario alugar chip para a cronometraxe, xa que o dispositivo estará integrado no dorsal.

A Concellería de Deportes lembra que, por segundo ano consecutivo, a proba reforzará o seu carácter integrador, e favorecerá a participación de atletas en cadeira de rodas homologadas para a práctica deportiva e que cumpran as normas do IPC Athletics. A carreira está aberta á participación de persoas maiores de 18 anos, nas seguintes categorías: Junior (atletas do ano 1998-1999), Promesa (1995, 1996 e 1997), Senior (desde 1994), catro modalidades de veteranos en función da idade e, por último, a de persoas con diversidade funcional que disputen a proba en cadeira de rodas (nadas ou nados en 1999 e anos anteriores). Haberá recoñecementos para as primeiras persoas clasificadas de cada categoría, así como para as e os primeiros atletas locais e de Galicia, nunha cerimonia que terá lugar a partir das 13.00 horas. A organización, ademais, premiará a todas aquelas persoas que superen o récord da proba (situado en temos de 28:09 na categoría absoluta masculina, e 31:40 na feminina).

O regulamento completo da carreira está dispoñible para consulta na web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares . Neste espazo iranse actualizando os servizos que terán as e os corredores o vindeiro 8 de outubro, así como outras novidades da competición.

O Goberno local pon en marcha o Consello Municipal da Memoria Democrática, un órgano consultivo e de participación para a reparación das vítimas da Guerra Civil e a ditadura e a atención e apoio as súas familias

septiembre 30, 2017 coruna No Comments

O goberno local da Coruña impulsa a creación dun Consello Municipal da Memoria Democrática, un órgano consultivo e de participación vinculado ás políticas municipais para a recuperación da memoria persoal e familiar das vítimas da guerra civil e a ditadura e a atención e apoio á súa descendencia directa. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou a súa inminente constitución –que se plasmará nun decreto que o rexedor asinará a próxima semana– durante a súa intervención na homenaxe á memoria dos homes que formaron parte do coñecido como Batallón Miliciano de Galicia, asasinados na Fonsagrada en 1937, un acto celebrado esta tarde xunto ao faro de Oza, e organizado polo Concello en colaboración coa AsociaciónpolaRecuperacióndaMemoriaHistórica(ARMH).

Como avanzou Ferreiro, o Consello nace coa finalidade de promover a reparación moral e a recuperación da memoria persoal e familiar daquelas persoas que padeceron persecución ou violencia por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenza relixiosa durante a Guerra Civil e a ditadura, e para dar resposta ao establecido na Lei de Memoria Histórica e atender ás demandas das vítimas en termos de verdade, xustiza e reparación, “dentro do compromiso inalterable deste goberno local coa memoria”. “Seguimos avanzando no traballo para a recuperación da memoria e a reparación e a restitución da dignidade ás vítimas, como a fixemos coa retirada do rueiro da cidade de todo referente da represión franquista, o que supón a adecuación á Lei de Memoria Histórica pero tamén un acto de xustiza para coas vítimas da ditadura, para a súa descendencia e para a cidade”, salientou alcalde, que avanzou a futura creación dunha Oficina Municipal de Atención ás Vítimas, en consonancia coa moción impulsada polo grupo de goberno e aprobada polo Pleno municipal o pasado mes de febreiro.

O Consello da Memoria Democrática estará aberto á participación, tanto dos grupos municipais, como de asociacións, entidades, investigadores e historiadores que traballen pola recuperación da memoria histórica. A proposta do goberno local inclúe, ademais da representación do propio goberno coruñés –a través do alcalde, como presidente, e o concelleiro de Culturas– e do resto de grupos municipais, a dous membros designados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e representación do Ateneo Republicano de Galicia, da Real Academia Galega, do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, ademais de dous membros designados pola Universidade da Coruña e dous profesionais da investigación ou historiadores de recoñecido prestixio designados polo alcalde, e tamén á directora do Arquivo Municipal.

Entre as funcións deste órgano estará a emisión de informes sobre aqueles proxectos ou programas relativos ás políticas municipais dirixidas á recuperación da memoria persoal e familiar das vítimas da guerra civil e a ditadura e á atención e apoio aos seus descendentes directos, especialmente no referente á oficina de atención ás vítimas, así como o asesoramento e a proposición de medidas que contribúan á recuperación da memoria, ao restablecemento dos dereitos dos descendentes das vítimas e á mellor comprensión social das causas e consecuencias da persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a ditadura. Do mesmo xeito, o Consello terá entre as súas competencias a de garantir a participación plural dos diferentes axentes sociais na formulación das políticas municipais de recuperación da memoria e apoio aos descendentes das vítimas, e a de impulsar a coordinación e cooperación con outras administracións públicas e entidades privadas que traballen na consecución dos obxectivos de recuperación da memoria democrática, ademais de promover espazos de estudo e debate en relación coas materias da súa competencia.

O acto celebrado esta tarde no peirao de Oza pechouse co descubrimento dunha peza escultórica en homenaxe aos integrantes do Batallón Galicia realizada polo artista Jorge Pastor e que quedará instalada no porto de Oza, lugar no que a milicia partiu cara a Asturias o 5 de xaneiro de 1937, a bordo na lancha La Libertaria. Na homenaxe participaron, xunto co alcalde e representantes da ARMH, a familia de José Moreno Torres, comandante do Batallón Galicia, e representantes de entidades veciñais, sindicais e sociais da cidade– rendeuse homenaxe aos integrantes do Batallón Galicia.

O Concello comeza o proceso para a construción de tres novas ecohortas no Ágora, Parque de Eirís e Novo Mesoiro, resultado dun proceso participativo coa veciñanza

septiembre 29, 2017 coruna No Comments

O Concello da Coruña ten en marcha o proceso que derivará na construción de tres novas hortas urbanas na cidade que contarán, en conxunto, con 217 parcelas de terreo, e que estarán situadas na zona do centro municipal Ágora, no Parque de Eirís e en Novo Mesoiro. A súa localización e características derivan dun proceso participativo coa veciñanza, o sétimo que se aborda dentro do programa A Porta Aberta, que desenvolve a concellería dirixida por Claudia Delso. Segundo informou este xoves en rolda de prensa a edil de Medio Ambiente, María García, a próxima semana iniciaranse as obras nas futuras hortas do Ágora e Eirís, mentres que se ultima o proxecto da de Novo Mesoiro, debido a que a aparición na parcela proposta dunha vía de auga obriga a realizar un replantexamento do mesmo. A responsable municipal indicou que a intención do executivo é que os tres novos espazos estean rematados contra final de ano, de cara a poder iniciar, posteriormente, o proceso de inscrición das persoas interesadas en facer uso destas hortas urbanas de forma gratuíta.

Os e as veciñas da cidade que participaron no proceso participativo posto en marcha para definir as características, localización e modelo de xestión destes espazos terán preferencia no proceso de inscrición que se artellará para poder facer uso das parcelas. “Estamos moi satisfeitas porque damos resposta a unha demanda cidadá. As hortas urbanas de xestión ecolóxica son proxectos que entroncan directamente coa nosa liña de goberno, que fala do disfrute do espazo público, das políticas de proximidade e a protección do medio ambiente e a natureza”, destacou a concelleira García, que manifestou que a localización das novas hortas urbanas busca “dar servizo a tres amplas zonas da cidade”. … Leer más

O goberno local cualifica de “decepcionante” a Declaración Ambiental do proxecto de Dragado da Ría do Burgo, “que chega máis dun ano tarde e non responde ás demandas deste Concello”

septiembre 29, 2017 coruna No Comments

A concelleira de Medio Ambiente, María García, valorou o informe favorable do goberno do Estado en relación á Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de dragado da Ría do Burgo. A responsable municipal defendeu que a publicación do ditame no Boletín Oficial do Estado “non era sen tempo”, e que o anuncio “obrigará ao executivo central a dotar de orzamento ás partidas preceptivas para desenvolver o proxecto de saneamento nos Presupostos Xerais”. “Agora o goberno do Estado xa non ten escusa para non dotar, co investimento necesario, a execución do proxecto, fundamental para o desenvolvemento ambiental, social e laboral da comarca”, dixo García. “Non hai que felicitar especialmente ao Ministerio porque cumpra, por fin, as súas propias resolucións, que tiñan que ter chegado, por certo, en xuño de 2016. Levamos máis dun ano esperando por este informe, e agardamos que non dea continuidade á estratexia de dilación á que estamos afeitos”, incidiu. “O que si hai que destacar é que a declaración non recolle as alegacións presentadas por este Concello, parte afectada no proxecto”, expresou a edil, quen destacou “a falta de diálogo” do Ministerio durante o proceso. “A pesares das reiteradas solicitudes de entrevista coa ministra Tejerina, esta segue, dous anos despois, sen recibir á Mesa da Ría. Levamos moito tempo esperando por este proxecto de dragado e hai entidades directamente afectadas ás que hai que ter en conta neste tipo de procedementos”, expresou.

A concelleira, que cualificou o ditame como “decepcionante”, sinala que a Declaración de Impacto Ambiental aprobada polo Ministerio de Medio Ambiente “non recolle demandas fundamentais para o Concello, parte implicada nesta cuestión”, como é a constitución, dentro do Plan de Vixilancia ambiental, dunha Comisión de Seguimento na que estea integrada tanto o consistorio coruñés e outros da comarca, como representantes técnicos de todas as administracións públicas afectadas, a confraría e a Universidade, “co obxectivo que este órgano poida exercer ese seguimento continuo sobre o proxecto”. A responsable municipal tamén destacou que a Declaración que obtivo o visto e prace do Ministerio “tampouco dá resposta á proposta do executivo municipal de aproveitar o proxecto de dragado para acometer a restauración ecolóxica da zona”. “A ría é un espazo natural de extrema importancia para a comarca. É o pulmón verde da área metropolitana, e deben tomarse medidas realmente efectivas para protexelo e conservalo, non só polo seu elevado valor ecolóxico senón tamén social, laboral e de saúde pública. Desde o Concello da Coruña non podemos entender que nin o goberno do Estado nin a Xunta de Galicia manifesten, despois de décadas de desleixo, o seu compromiso cun futuro sostible da comarca”, expuxo.

A este respecto, a concelleira puxo de manifesto a “incerteza” que presenta o proxecto para a confraría e o sector do marisqueo, xa que a administración autonómica “segue sen asistir ás convocatorias da Mesa da Ría e sen aclarar o seu apoio”. “As traballadoras e traballadores, a día de hoxe, non saben se terán que parar de mariscar durante amplas fases do proceso. Desde o Concello da Coruña entendemos que é absolutamente incompatible que se poidan levar a cabo, de maneira simultánea, a actividade do marisqueo e de dragado. O sector, parte implicada directamente neste proceso, pregúntase como e cando poderá traballar e, se no caso de ter que realizar paros, terá compensacións”, explicou a responsable municipal.

“Deste estuario viviron milleiros de persoas da comarca coruñesa, pero a progresiva perda de traballos e contaminación da ría fixo que moita xente tivera que retirarse desta actividade, sen poder ver a ría saneada. Esperamos que as mariscadoras que agora están en activo poidan seguir gozando do seu posto de traballo, unha actividade sustentable que se realiza nun espazo natural de extraordinario valor ecolóxico, para o cal precisa o urxente saneamento da ría”, dixo a titular da área de Medio Ambiente.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...