Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

Recent Articles:

O Goberno local levará a Pleno unha moción en apoio e defensa pública da liberdade de expresión, “así como do carácter irreverente do entroido coruñés”

Abril 9, 2017 coruna No Comments

O grupo de Goberno levará dúas mocións ao próximo Pleno municipal ordinario, que se celebrará este luns, 10 de abril, no Pazo de María Pita, a partir das 17.00 horas. Na primeira delas, proporá á Corporación o apoio á liberdade de expresión e a defensa pública do carácter lúdico e irreverente do entroido coruñés, mentres que, na segunda, solicitará o rexeitamento ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2017.

A primeira moción que presentará o grupo que sustenta o Goberno local instará ao Pleno a apoiar, publicamente, a todas aquelas persoas ou entidades que estean a ser cuestionadas no seu dereito á liberdade de expresión e de reunión pacífica. O texto explica que “nos últimos tempos se veñen detectando no Estado Español numerosos acontecementos que deixan patente as eivas no que atinxe ao respecto da liberdade de expresión en todas as súas variantes”, e lembra que unha entidade como Amnistía Internacional xa recordou ás autoridades do mesmo, “en particular ao Goberno central”, que deben revisar a lexislación “coa finalidade de garantir e facilitar o exercicio efectivo do dereito á liberdade de expresión e reunión pacífica”. Ao fío, o texto que presentará o executivo municipal apela tamén á liberdade de expresión artística, en relación ao deseño dun dos carteis cos que se publicitaron as festas de Entroido 2017 –obra do creador local Alberto Guitián–, polo que o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, deberá comparecer o próximo día 17 de abril en calidade de investigado por “unha denuncia que considera que este ofende sentimentos relixioso”. “O citado cartel”, segundo a moción, “non ten vontade de ofensa, xa que simplemente reproduce un disfrace habitual do Entroido coruñés, dentro do carácter irreverente e lúdico que caracteriza esta festa”. Así, o Goberno municipal solicita o apoio público do Pleno “a prol do dereito popular á irreverencia, en particular ás entidades, asociacións e comparsas que, durante décadas, fixeron posible esta festa na Coruña”, así como ao edil de Culturas, “ante a investigación da que é obxecto a causa da promoción dun cartel que amosa a un home ataviado cun disfrace propio das características satíricas que tivo o Entroido da Coruña”. “Os poderes públicos deben aceptar o dereito a crítica, sempre desde o respecto, habitual na festa do Carnaval, unha manifestación cidadá que tratou de ser invisibilizada e perseguida durante décadas no Estado”, sinala o texto.

Por outro lado, o grupo de Goberno tamén presentará ante a Cámara outra moción para que se inste ao Goberno central a retirar o Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2017, ao considerar “insuficientes” as dotacións consignadas para investimentos na cidade da Coruña, “cantidades irrisorias para afrontar proxectos millonarios, como son os 31.620€ consignados para o enlace ferroviario co Porto Exterior”. “As dotacións para a Coruña neste Proxecto revelan cantidades insuficientes e demoras inxustificadas en proxectos vitais para a cidade, como son a ampliación de Alfonso Molina, a estación Intermodal e o ferrocarril de proximidade, o acceso terrestre ao Porto Exterior ou o desenvolvemento dos Plans Estais de Vivenda”, lembra a moción.

“Este Proxecto, que consolida os recortes en políticas sociais de exercicios anteriores mentres aumenta o investimento en Defensa nun 323%, mostra a total falla de compromiso do Goberno de Mariano Rajoy cos concellos, pois reduce nun 1,8% os recursos totais asignados ao sistema de financiamento das Entidades Locais”, sinala o texto asinado polo grupo que sustenta o Goberno coruñés, que considera que a proposta do executivo central “non dá unha resposta axeitada ás demandas dos concellos de levantar as limitacións á contratación de persoal que pesan sobre as Administracións locais saneadas e que impiden a correcta prestación dos servizos públicos”. “O Goberno central ten a intención, con esta proposta orzamentaria, de inviabilizar calquera proceso de remunicipalización de servizos públicos externalizados, impedindo a incorporación do persoal que viña prestando estes servizos”, indica.

A proposta da moción é que o Pleno tamén solicite que os grupos parlamentares do Congreso e Senado recollan nas súas emendar parciais propostas de incremento das dotacións previstas para investimentos na cidade da Coruña, e que o alcalde, Xulio Ferreiro, dea traslado dos acordos que se aproben neste sentido tanto o ao Presidente do Goberno do Estado, os grupos parlamentares e, para o seu coñecemento, ao Presidente da Xunta de Galicia.

O Goberno local propón a instalación dun banco corrido na dársena da Mariña para dotar de seguridade á zona e facilitar que o espazo cumpra cos usos portuarios

Abril 8, 2017 Uncategorised No Comments

O Goberno local vén de propoñer, coa finalidade de mellorar a seguridade peonil na dársena da Mariña, a instalación dun banco corrido de pedra en paralelo ao bordo do cantil, e cunha separación de tres metros e medio de distancia ao mesmo, de forma que a posta en marcha deste tipo de barreira dote de maior seguridade ao espazo, á vez que facilite que este siga a cumprir cos usos portuarios propios da zona. A solución proposta polo executivo coruñés vén referendada polos informes técnicos municipais, que consideran a decisión como a máis acaída, ao conciliar, coa implantación dunha barreira arquitectónica, o interese de salvagardar a seguridade na Mariña co de facilitar que se manteña o seu uso portuario e de respecto á protección patrimonial da fábrica de sillería do borde do cantil, ademais de conservar a utilización do espazo como área de esparexamento para a veciñanza.

O banco proposto polo Goberno municipal percorre a parte pública do bordo da dársena, desde o Náutico até o principio do Parrote, cun equipamento disposto en dous grandes treitos rectos, e que inclúen a protección, mediante a modificación e ampliación das varandas que se atopan nas escaleiras –tanto na zona do Rosalía como no Parrote– que permiten o acceso aos peiraos. Os módulos do banco contan cunha separación de 12 centímetros, coincidente coa tira do pavimento. Debido a formulación desta actuación, non sería necesaria a realización dunha nova obra na zona, senón que se procedería, directamente, a súa colocación sobre a Mariña.

Debido á excepcionalidade da situación, e de acordo coa Autoridade Portuaria da Coruña –titular do terreos–, na necesaria adopción de medidas de seguridade, o executivo municipal está a traballar na elaboración dun procedemento de contratación, que permita dispoñer, á maior brevidade posible, do material necesario para poder proceder a súa implantación.

O Goberno local presenta os novos vehículos que se incorporarán á frota do servizo de Protección Civil, “que permitirán mellorar a súa asistencia ante calquera situación na que se precise do seu labor”

Abril 8, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presentou na praza de María Pita os novos vehículos que se incorporarán, de inmediato, ao equipamento municipal que a agrupación de persoal voluntario de Protección Civil do Concello da Coruña dispón para desenvolver o seu labor na cidade. Así, desde hoxe, o servizo conta cun novo automóbil 4×4, tres motos cedidas pola Policía Local e catro bicicletas, “que facilitarán a mobilidade dos seus membros durante a celebración de eventos, como cabalgatas ou carreiras”, que se suman á frota actual, formada por doce coches, unha ambulancia, oito bicicletas e cinco embarcacións. “Esta incorporación de equipamentos permitirá mellorar a asistencia que presta o servizo, que poderá dar unha resposta axeitada fronte a calquera situación de emerxencia que se poida producir durante os mesmos”, afirmou o rexedor, quen esta mañá felicitou, persoalmente, ao grupo voluntario coruñés, que o pasado mes de marzo recibiu a Medalla de Ouro da Asociación Nacional de Agrupaciones y Asociaciones de Voluntarios de Protección Civil de España (ANAV), unha condecoración que chega como recoñecemento o labor que desenvolve a entidade na cidade. Ademais, a ANAV tamén decidiu outorgar, a título póstumo, a Cruz dos Servizos Distinguidos ao voluntario coruñés Juan Bermúdez Puente, falecido recentemente.

“A diferenza doutros servizos municipais, Protección Civil é un corpo que se nutre, fundamentalmente, de persoal voluntario”, explicou o alcalde, quen sinalou que, arestora, a agrupación conta con catro membros do funcionariado, e 75 voluntarias e voluntarios, “que colaboran habitualmente, e de forma altruísta, nos dispositivos de seguridade municipais, e ás e aos que temos que agradecer que dediquen parte do seu tempo en axudar á veciñanza”. … Leer más

MARINEDA CITY PONE EN MARCHA UN PARQUE DE SKATE

Abril 7, 2017 coruna No Comments

Marineda City inaugura hoy en la plaza exterior del centro comercial una instalación de skate destinada a la práctica libre de este deporte y compuesta por una pista grande en forma de U para y otra más pequeña, que en total suman 150m2 de superficie.

De esta forma, hasta el domingo 9 de abril, tanto los aficionados al skate como cualquier persona interesada podrá patinar en el skate park de Marineda. Además, habrá monitores especializados para los niños y niñas a partir de 5 años que quieran probar a patinar en la pista mini. Para acceder a las instalaciones, que son libres y gratuitas, tan solo es necesario apuntarse en el propio skate park. También habrá material disponible para aquellos que no dispongan de tabla y protecciones.

El parque de skate de Marineda City estará abierto al público desde mañana viernes al domingo en horario de 17 a 21h el viernes, de 11 a 14h y de 16 a 21h el sábado, y el domingo, de 11 a 14h.

 

Competiciones de skate

El sábado 8 de abril, el skate park albergará dos competiciones abiertas a aficionados a este deporte. Entre las 17h y las 18.30h habrá un torneo de rampa y de 19 a 20h, una competición de GameOfSkate. Los interesados en participar pueden inscribirse de forma gratuita en las instalaciones a las 16h.

O Goberno local destaca a súa aposta por xerar novas oportunidades de emprego e economía social a través da xestión de residuos

Abril 7, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presidiu a inauguración da xornada + Que Residuos baseada en experiencias de economía social e na xestión municipal dos residuos. Nun acto no que tamén participaron a concelleira de Medio Ambiente, María García, o titular de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, o alcalde de Abegondo e presidente do Consorcio das Mariñas, José Antonio Santiso, e o director de CEIDA, Carlos Vales, o rexedor destacou a aposta que está a facer o Concello da Coruña pola creación de novos nichos de emprego a través dos procesos de aproveitamento de residuos e economía circular. Ferreiro recordou que, nestes momento, o Goberno local está a preparar o que será o prego do novo contrato de recollida de lixo. “Este introducirá melloras para unha xestión máis sostible dos residuos, pero tamén ha de atender a demandas veciñais e introducir cuestións tan relevantes como a corresponsabilidade”, explicou, para destacar: “O noso desexo é tamén que neste contrato teña cabida a medio prazo a participación de novos actores, como por exemplo entidades cooperativas ou de economía social”. Desta forma, segundo explicou, o Concello poderá implicar “a moitos máis axentes neste proceso de recollida de lixo e de recuperación do mesmo”. “Falamos non só de sostenibilidade ambiental, senón de novas oportunidades de xeración de emprego e de riqueza”, destacou.

Ferreiro destacou experiencias nesta liña impulsadas polo Goberno local como a xestión da recollida da roupa usada por parte da entidade social Padre Rubinos, ou a recollida do aceite doméstico usado en base a un convenio de colaboración entre a administración local e colectivo Mulleres Colleiteiras. “Son proxectos beneficiosos para a cidadanía dende unha perspectiva triple, tanto dende o punto de vista ambiental, como dende o punto de vista económico e dende o da xustiza social”. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...