coruna 30/06/2020

15 organizacións piden ante a Valedora do Pobo igualdade nos medios durante a campaña

by Victor Lamela

Ata 15 organizacións entregaron hoxe na  Valedora  do  Pobo un manifesto reclamando o dereito da cidadanía para coñecer todas as opcións na eleccións.

Entre as organizacións atópanse unha parte importante das non parlamentarias que se presentan cara ao 12 de xullo:  PACMA, Recortes Cero,  Espazo Común, Os Verdes, Veciños  Municipalistas, Por Un Mundo Máis Xusto,  Escanos en Branco, Coalición de Centro Democrático – Autónomos,  UpyD, a coalición Unidos polo Futuro e Contigo Somos Democracia. Ademais doutras organizacións como Somos Ribadumia, Long  Hope ou  SAIn que non se presentan ás eleccións.

O manifesto asegura que nestas eleccións Galicia pode ser “un exemplo de democracia, pluralidade e transparencia”. O texto asegura que “as candidaturas que na actualidade non están no Parlamento, non van dispoñer, en condicións de normalidade, das súas principais ferramentas para chegar ao electorado: mesas de propaganda, repartición de folletos nos mercados, en barrios… mitins, charlas e debates”. E por iso as organizacións asinantes chaman a defender o “dereito para coñecer directamente as propostas das diferentes candidaturas”.  

O manifesto entregado á  Valedora  do  Pobo reclama tres cuestiones. Primeiro proporcionalidade, igualdade e neutralidade informativa, para que o acceso aos programas electorais non se vexa limitado. Segundo, a defensa garantías constitucionais na campaña, tratando a todas as candidaturas, non por igual, senón “en atención  ás circunstancias e necesidades particulares, #a fin de que poidan acceder ás mesmas metas que o resto”.

E terceiro, chama a non esixir ao electorado que “polos seus propios medios pescuden cales son os programas electorais das candidaturas”, senón a facilitalo. Por iso os asinantes esixen “unha distribución do tempo igualitaria, proporcional e compensatoria nos medios de comunicación”, tanto na cobertura, como nos debates e entrevistas. Porque, conclúe o texto, “para decidir, hai que coñecer en condicións democráticas”.

As organizacións asinantes han anunciado que van promover todas as iniciativas necesarias para asegurar unha eleccións democráticas e que Galicia se convérta  nun exemplo, e  chaman a todas as entidades, institucións e organizacións que compartan estes principios para sumarse ao manifesto. Segundo algúns dos asinantes, “supón un precedente que nos pode facer gañar en democracia, e iso é bo para toda a sociedade”.

A %d blogueros les gusta esto: