Sucesos 04/04/2020

40 persoas as sancionadas no día de hoxe por desobediencia administrativa ao incumpriren o confinamento

by Victor Lamela

40 persoas as sancionadas no día de hoxe por desobediencia administrativa ao incumpriren o confinamento, das cales 6 se produciron na rúa Barcelona. Tamén se produciu 1 detención por desobediencia relacionada co Re decreto lei.

Ademais, informarvos de que a xornada de hoxe foi a que máis persoas sancionadas tivo desde o comezo do confinamento.

Deste xeito, o total de detidos e denunciados pola Policía Local da Coruña tras a declaración do estado de alarma (ata as 21.00 h do día 04/04/2020) son:

– 5 detidos por delitos de desobediencia – resistencia grave á autoridade ou a axentes.

– 1 persoa denunciada ante o xulgado de garda por un delito de desobediencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.

– 6 establecementos denunciados por abrir tendo a actividade suspendida.

– 341 persoas denunciadas por desobediencia administrativa (incumpren o confinamento)

A %d blogueros les gusta esto: