coruna 10/07/2020

60 personalidades propoñen unha alternativa ao Cume da CEOE Manifesto ‘Nin Un Recorte Máis’

by Victor Lamela

Onte presentouse na Praza  do Toural de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo que no Congreso dos Deputados e noutras 30 capitais, o manifesto ‘Nin Un Recorte Máis’ asinado por 60 personalidades, 40 organizacións e máis de 1000 asinantes.

Os asinantes responden co texto ao Cume da  CEOE que, segundo din, propón “unha década de recortes” como alternativa á crise provocada pola pandemia. O documento está asinado por personalidades como os actores Santi Millán e Antonio Resines, os directores Emilio Martínez Lázaro e Fernando  Colomo, o xornalista Raúl do Pozo, o  exfiscal Anticorrupción Carlos  iménez Villarejo, os escritores Javier Cercas,  Benjamín Prado, Rosa Montero, Juan José  Millás, o xurista José Antonio Martín  Pallín, os economistas Juan Torres, Santos M.  Ruesga e Julio  Rodriguez, o fundador da OMT, Rafael  Matesanz, ou o pintor Antonio López.

Na rolda de prensa, Pastora Fernández, portavoz de Recortes Cero en Galicia, promotores do manifesto, preguntada pola Comisión de Reconstrución do Congreso, asegurou que defenden “todos os ámbitos nos que se busca o consenso e a unidade, pero encima da mesa hai dous camiños enfrontados, o do Cume da  CEOE cun obxectivo claro, que nos volvamos a apertar o cinto un 20%, e o da redistribución da riqueza”.  

O título do manifesto é unha declaración de intencións, “nin un recorte máis”, e chama a todo o país a apoialo. De feito, no título do manifesto publicado nas redes e na prensa dixital, pode lerse “Manifesto nº1”. Pastora Fernández explicou que van continuar traballando para que sexan “centos de organizacións e miles de profesionais e cidadáns os que apoien este camino”.

O texto propón cinco medidas como alternativa para redistribuír da riqueza, “dispoñendo dunha pequena parte dos multimillonarios beneficios de empresas que cuadriplican o PIB de España e que nunha parte obtivéronos grazas a que toda a sociedade apertámonos o cinto”, conclúe Fernández:

1.- Fortalecer os servizos públicos

2.- Blindar as pensións na Constitución

3.- Impulsar unha reforma fiscal progresiva, xa que bancos e multinacionais pagan tres veces menos impostos que as pemes

4.- Subir os salarios, mediante unha redistribución salarial, cun tope salarial por arriba que permita elevar os soldos máis baixos

5.- E  reindustrializar o país.

A %d blogueros les gusta esto: