Deportes 05/09/2019

A alcaldesa felicita o equipo de bombeiros polas 11 medallas obtidas nas Olimpíadas de Chengdu, en China

by Victor Lamela

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu en María Pita o equipo de bombeiros da cidade que regresou das Olimpíadas de Bombeiros e Policías que se realizaron en Chengdu, en China, e que acadou 11 medallas.

A alcaldesa felicitou os integrantes do equipo coruñés polos resultados obtidos e o esforzo realizado, e animounos a seguir co seu adestramento.
O equipo coruñés, integrado por 11 bombeiros, foi o que máis medallas logrou de todos os participantes españois. Os bombeiros da cidade acoden a esta cita olímpica desde 2009.

Algúns dos integrantes do equipo que visitou China trasladaranse o próximo mes de outubro á cidade de Braga, Portugal, para participar no Campionato de Europa de subida de torre no mosteiro do Bom Jesus do Monte.

A %d blogueros les gusta esto: